Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Estancias Clínicas IV Código 750G01028
Titulación
Grao en Enfermaría
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 12
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
Cobas Couto, Elvira
Correo electrónico
elvira.cobas@udc.es
Profesorado
Cobas Couto, Elvira
Miralles Frutos, Concepción
Varela Feal, Nuria Esther
Correo electrónico
elvira.cobas@udc.es
c.miralles@udc.es
nuria.varela.feal@udc.es
Web http://moodle.udc.es
Descrición xeral Son estancias clínicas, correspondentes ao nivel intermedio de de a aprendizaxe práctica, nas que se lle esixe ao estudante un maior grao de profundización e integración dos concimientos adquiridos. Están dirixidas á incorporación dos estudantes en institucións sanitarias de atención primaria de saúde e no ámbito comunitario. Pretende a integración de coñecementos teóricos, habilidades e actitudes en situacións reais, de saúde-enfermidade e relacionadas con individuos e familias da comunidade.

Competencias do título
Código Competencias do título
A62 Integrar os coñecementos, as habilidades e actitudes da enfermaría para dar a atención ás persoas nas diferentes situacións de saúde, baseados nos principios e valores profesionais, competencias de comunicación asistencial, razoamento clínico, xestión clínica e xuízo crítico asociados ás competencias descritas nos obxectivos xerais e as materias que conforman o titulo, en forma de rotatorio clínico independente e con avaliación final de competencias; nos Centros de Saúde, Hospitais e outros centros asistenciais.
B1 Aprender a aprender.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B5 Traballar de forma colaborativa nun equipo interdisciplinar.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B7 Comunicarse de maneira efectiva en un entorno de traballo.
B8 Capacidade de análise e sínteses.
B9 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
B10 Capacidade para adaptarse ás situacións novas.
B11 Capacidade e habilidade de xestión da información.
B12 Capacidade para organizar e planificar.
B13 Toma de decisións.
B14 Habilidades interpersonais.
B15 Capacidade para comunicarse con persoas non expertas na materia.
B16 Coñecer e apreciar a diversidade e a multiculturalidade.
B19 Coñecementos de informática relativos ao ambiente de estudio.
B20 Sensibilidade cara a temas medioambientais.
B22 Capacidade para motivarse e motivar a outros.
B24 Fomentar e aplicar os dereitos fundamentais e a igualdade entre homes e mulleres.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C10 CB2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos a seu traballo ou vocación de unha forma profesional y posúan as competencias que solen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
C11 CB3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan una reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
C12 CB4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Cooperar co equipo asistencial sanitario e/ou socio-sanitario. Desenvolver estratexias de comunicación efectiva coas persoas atendidas ,as súas familias e grupos. Aplicar o proceso de atención de enfermaría integrando os coñecementos dos problemas de saúde das persoas nas diferentes etapas do ciclo vital. Executar con habilidade as intervencións de enfermaría garantindo a seguridade. Actuar segundo os principios éticos e legais que guían á profesión. Cumprir as normas de funcionamento das institucións sanitarias. A62
B1
B3
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
B13
B14
B15
B16
B19
B20
B22
B24
C1
C3
C4
C7
C10
C11
C12

Contidos
Temas Subtemas
Practicas clinicas tuteladas,realizadas en Centros de Atencion Primaria de saúde. Colaborar na atención de enfermaría na consulta do centro de atención primaria, en domicilio ou outros lugares da comunidade.
Aplicar o proceso de atención de enfermaría

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Prácticas clínicas A62 B1 B3 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B19 B20 B22 B24 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 266 0 266
Traballos tutelados A62 B1 B3 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B19 B20 B22 B24 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 1 33 34
 
Atención personalizada 0 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas clínicas Os alumnos realizarán estancias nos centros de saúde baixo a tutela e supervisión do profesional enfermeiro.
É a aprendizaxe práctica no escenario real da enfermeira/ou comunitaria
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Refírese fundamentalmente á aprendizaxe de "como facer as cousas". Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes de responsabilidade pola súa propia aprendizaxe. Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa técnica polo profesor-titor

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Dirixida a tutorizar alumnos a través do aprendizaxe. Permite facer un seguimento do proceso de maduración das competencias.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A62 B1 B3 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B19 B20 B22 B24 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 Criterios de avaliación.
1.- Presentación e estrutura: ata 0.5 puntos.
2.- Claridade na redacción: ata 0.25 puntos.
3.- Capacidade de análise e síntese: ata 0.25
4.- Capacidade reflexiva, identificación de situacións/problemas e achega de solucións:ata 1 punto.
20
Prácticas clínicas A62 B1 B3 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B19 B20 B22 B24 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 Avaliarase por parte do profesional enfermeiro responsable da tutorización do alumno/a e mediante a ficha de avaliación da materia o resultado da aprendizaxe:
Capacidade de traballo en equipo.
Capacidade de comunicación.
Aplicación do proceso de atención de enfermaría.
Capacidade de incorporar á práctica os principios éticos e legais.
Capacidade de realización correcta das técnicas e procedementos de coidados de enfermaría.
80
 
Observacións avaliación
PRÁCTICAS CLÍNICAS:
Para poder realizar as prácticas clínicas correspondentes é necesario estar matriculado na materia Estancias Clínicas IV e ter superadas as Estancias Clínicas I e II, tal como consta na memoria do Título de Grao. 
Existe a obrigatoriedade de asistir ás prácticas clínicas e non existen faltas xustificadas, polo que as ausencias debidamente xustificadas deberán recuperarse, sempre que non excedan o 50% das planificadas.
As ausencias non xustificadas poden supor  o suspenso da materia. A recuperación das prácticas realizárase no período establecido polo profesor antes do peche de actas.
Para aprobar a materia é necesario superar de maneira independente as dúas probas (Prácticas Clíncas e Traballos Tutelados). A non superación dunha das partes suporá a calificación de SUSPENSO na  acta. A calificación numérica obterase establecendo un mínimo (Prácticas Clínicas 40% e Traballos Tutelados 10%) en cada unha das partes.
O sistema de calificacións expresarase mediante cualificación numérica de acordo co establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de calificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional.
Sistema de calificacións:

0-4.9 Suspenso.
5-6.9 Aprobado
7-8.9 Notable.
9-10 Sobresaínte.
9-10 Matricula de Honra (graciable).


O feito de presentarse/realizar as prácticas clínicas e ser avaliado en calquera das probas implica figurar en acta como presentado coa calificación correspondente.


Os aspectos e criterios xerais que se terán en consideración  para avaliar as actividades que se farán ao redor de dita metodoloxía (Prácticas  Clínicas e Traballo Tutelado) son a asistencia, compromiso individual, coherencia dos contidos abordados, coñecementos demostrados na actividade práctico-clínica , no traballo tutelado e as competencias adquiridas para esta materia.


Convocatoria de segunda oportunidade: En caso de non superar a materia ben porque non aprobara as prácticas clínicas, ou o traballo tutelado, deberá recuperar a parte suspensa pero gardaráselle a nota da outra parte, extraordinariamente e só con motivo de esta segunda oportunidade. Caso de non superar a materia nesta segunda oportunidade do curso, teranse por suspensas as dúas partes. 

A recuperación das prácticas clínicas en segunda oportunidade terá lugar no centro de saúde que con motivos de organización se lle poida asignar, a fin de que poidan estar rematadas e avaliadas antes do peche das actas do mes de xullo.


Fontes de información
Bibliografía básica

A bibliografía recomendada básica para esta materia está relacionada coas materias que se recomenda ter cursadas e as que se debe cursar simultaneamente.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Nutrición/750G01009
Farmacoloxía/750G01011
Enfermaría Clínica (I y II)/750G01012
Enfermaría Comunitaria I/750G01014
Ética profesional, marco legal e filosofía do coidado/750G01016
Enfermaría Comunitaria II/750G01019
Farmacoterapia/750G01024
Estancias Clinicas I/750G01025

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías