Datos Identificativos 2017/18
Asignatura (*) Estancias Clínicas IV Código 750G01028
Titulación
Grao en Enfermaría
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 12
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
Cobas Couto, Elvira
Correo electrónico
elvira.cobas@udc.es
Profesorado
Cobas Couto, Elvira
Miralles Frutos, Concepción
Varela Feal, Nuria Esther
Correo electrónico
elvira.cobas@udc.es
c.miralles@udc.es
nuria.varela.feal@udc.es
Web http://moodle.udc.es
Descrición xeral Estancias IV é un compendio de aprendizaxes prácticas executadas en escenarios de coidados reais na comunidade. Están dirixidas a que o alumno interiorice os coñecementos que acadou ao longo das asignaturas enfermaría comunitaria I e II, exercite e modele as destrezas acadadas con anterioridade e desenvolva novas competencias que permitan a súa óptima integración nun equipo multidisciplinar de saúde con unha prestación de coidados salutoxénicos no marco de unha atención primaria orientada á comunidade.

Competencias do título
Código Competencias do título
A62 Integrar os coñecementos, as habilidades e actitudes da enfermaría para dar a atención ás persoas nas diferentes situacións de saúde, baseados nos principios e valores profesionais, competencias de comunicación asistencial, razoamento clínico, xestión clínica e xuízo crítico asociados ás competencias descritas nos obxectivos xerais e as materias que conforman o titulo, en forma de rotatorio clínico independente e con avaliación final de competencias; nos Centros de Saúde, Hospitais e outros centros asistenciais.
B1 Aprender a aprender.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B5 Traballar de forma colaborativa nun equipo interdisciplinar.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B7 Comunicarse de maneira efectiva en un entorno de traballo.
B8 Capacidade de análise e sínteses.
B9 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
B10 Capacidade para adaptarse ás situacións novas.
B11 Capacidade e habilidade de xestión da información.
B12 Capacidade para organizar e planificar.
B13 Toma de decisións.
B14 Habilidades interpersonais.
B15 Capacidade para comunicarse con persoas non expertas na materia.
B16 Coñecer e apreciar a diversidade e a multiculturalidade.
B19 Coñecementos de informática relativos ao ambiente de estudio.
B20 Sensibilidade cara a temas medioambientais.
B22 Capacidade para motivarse e motivar a outros.
B24 Fomentar e aplicar os dereitos fundamentais e a igualdade entre homes e mulleres.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C10 CB2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos a seu traballo ou vocación de unha forma profesional y posúan as competencias que solen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
C11 CB3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan una reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
C12 CB4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Os resultados de aprendizaxe que é razoable esperar despois de cursar estancias IV son: - Competencias de traballo en equipo, facilitando que o alumno sexa capaz de incorporarse a un equipo dende o que prestar coidados autónomos e en colaboración con outros, sen perder a perspectiva multidisciplinar - Competencias de comunicación e relación cos profesionais da saúde e coas persoas a quen dirixe os coidados; facendo da relación unha oportunidade para optimizar os coidados e crear relacións terapéuticas eficientes. - Competencias relativas ao manexo da saúde nas diferentes etapas do ciclo vital e nos problemas de saúde prevalentes, familiarizando ao alumno cos principais problemas de saúde da poboación e o seu manexo dende a perspectiva dos coidados, pero especialmente facendo de él un axente de saúde da comunidade e un facilitador de coidados salutoxénicos ao longo de todo o ciclo de vida das persoas e familias da comunidade. - Competencias relativas ao manexo eficiente do proceso enfermeiro, permitindo ao alumno que se optimice co rigor e a sistematización que brinda o método de traballo dos enfermeiros, dende modelos de coidados salutoxénicos e á vez promovendo a súa capacidade de adaptarse a calquera equipo que traballe dende outra perspectiva. - Competencias relativas ao desempeño eficaz de técnicas e procedementos habituais que se realizan en atención primaria de saúde, sexa autónomamente ou en colaboración con outros membros do equipo, a fin de garantir un desempeño eficaz, seguro e responsable. - Competencias relativas á ética profesional, garantindo que o alumno integrará unha praxe respetuosa e responsable, coherente cos valores da comunidade e da profesión, que lle permitirán ser capaz de realizar un exercicio eficiente de abogacía pola saúde nos termos descritos pola organización mundial da saúde. A62
B1
B3
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
B13
B14
B15
B16
B19
B20
B22
B24
C1
C3
C4
C7
C10
C11
C12

Contidos
Temas Subtemas
Prestación de coidados directos a persoas e familias da comunidade, tanto dende o centro de saúde coma nos seus fogares, e baixo a supervisón e titorización dun enfermeiro comunitario que traballa nun centro de saúde do Servicio Galego de Saúde. En este rotatorio de práctica clínica o alumno traballará:

- habilidades de relación e comunicación coas persoas da comunidade
- actitudes persoais que optimicen a relación terapéutica
- habilidades técnicas e procedimentais que aumenten a pericia na prestación de coidados
- manexo e xestión de recursos da comunidade para facilitar os coidados ás familias en diferentes escenarios sociais e sanitarios
- realización e rexistro do proceso de atención de enfermaría individual e familiar
- implementación de recomendacións derivadas da investigación na atención a crónicos
- utilización das ferramentas de xestión da información propias do sistema nacional de saúde
- características dunha conducta exemplar nun profesional de servicio no marco da ética e do ordeamento vixente.
Deseño e execución dun proxecto de promoción da saúde na comunidade con grupos de persoas reais, mediante unha intervención de saúde local de corte intersectorial que realizará baixo a supervisión de un enfermeiro ou profesor con experiencia e/ou formación en intervencións de saúde local e metodoloxía APOC, isto é, atención primaria orientada á comunidade. Na execución de este proxecto o alumno traballará:

- destrezas na realización do proceso de atención de enfermaría cando o suxeito dos coidados é unha comunidade ou un grupo da mesma

- manexo de ferramentas de valoración do grao en que unha comunidade está comprometida con un estilo de vida promotor da saúde

- destrezas na execución de coidados salutoxénicos dirixidos a unha colectividade

- habilidades persoais e profesionais que faciliten o traballo intersectorial

- habilidades para a integración da metodoloxía APOC

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Prácticas clínicas A62 B24 B22 B19 B16 B15 B14 B13 B12 B11 B10 B9 B8 B7 B6 B5 B3 B1 C1 C3 C7 C10 C12 266 0 266
Aprendizaxe servizo A62 B20 B16 B15 B14 B13 B12 B10 B9 B7 B6 B1 C1 C4 C10 C11 C12 16 12 28
 
Atención personalizada 6 0 6
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas clínicas As prácticas clínicas que se realizan en estancias IV constitúen unha oportunidade idónea de aprendizaxe e integración do traballo e das actitudes propias do enfermeiro comunitario, toda vez que se producen no escenario real de coidado en que éste desenvolve a súa praxe e no marco dunha equipa multidisciplinar.

En elas o alumno acompaña a un enfermeiro comunitario do que aprende primeiro por observación, reflexión e modelado da súa conducta e progresivamente pola asunción de responsabilidades na prestación de coidados directos ás personas que os precisan, baixo a supervisión do enfermeiro ao que acompaña.
Aprendizaxe servizo A metodoloxía de aprendizaxe-servizo constitúe unha oportunidade de aprendizaxe idónea para o traballo con orientación comunitaria, porque combina o servizo á comunidade coa aprendizaxe nun só proxecto, de xeito que o alumno aprende detectando e intervindo sobre necesidades reais de unha comunidade co fin de melloralas.

Na elaboración de este proxecto o alumno non só detecta necesidades de comunidades ou colectivos que a integran, senón tamén activos e fortalezas que poden ser potenciados mellorando a súa resiliencia, e recoñece aquelas situacións para as que está lexitimado a intervir como enfermeiro mediante a prestación de coidados promotores de saúde xa non dirixidos a persoas individuais ou no ámbito privado do grupo doméstico, senón a colectivos que viven e actúan na comunidade.

Este proxecto supón unha experiencia de aprendizaxe pero tamén de intervención real para mellorar a saúde de esa comunidade e faino a través de unha esixente e retadora colaboración intersectorial, identificando e estimulando a participar a outros actores sociais que teñen relación directa ou indirecta co resultado de saúde esperado, tal como se promove dende hai algúns anos na estratexia de promoción da saúde e prevención no sistema nacional de saúde. Así mesmo, o alumno plantexa a intervención para ser realizada no marco dunha atención primaria orientada á comunidade.

Atención personalizada
Metodoloxías
Aprendizaxe servizo
Prácticas clínicas
Descrición
- Prácticas clínicas:

atención personalizada dirixida a crear un espacio confiable no que o alumno poida expresar as súas dificultades ou preocupacións ao longo das prácticas clínicas e recibir orientación que lle permita acadar as competencias propostas co maior grao de satisfacción e desempeño.

- Aprendizaxe-servizo:

atención personalizada que permita ao alumno consultar dúbidas específicas e particulares que poidan xurdir ao longo da realización do traballo tanto no proceso de aprendizaxe coma na labor relacional propia do traballo intersectorial

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Aprendizaxe servizo A62 B20 B16 B15 B14 B13 B12 B10 B9 B7 B6 B1 C1 C4 C10 C11 C12 Cumpridos os criterios de asistencia presencial e actitude, o proxecto será avaliado de conformidade co seguinte criterio:

- 1 punto: Asistencia a lo menos ao 80% das horas presenciais para a titorización do proxecto e finalización e execución do proxecto na comunidade

- 0'5 puntos: Capacidade para detectar e dinamizar e levar ata o final a colaboración de diferentes sectores implicados no resultado final

- 0'5 puntos: idoneidade da intervención na comunidade onde de executa o proxecto
20
Prácticas clínicas A62 B24 B22 B19 B16 B15 B14 B13 B12 B11 B10 B9 B8 B7 B6 B5 B3 B1 C1 C3 C7 C10 C12 Cumpridos os criterios de asistencia presencial, o alumno será avaliado polo profesor da asignatura a fin de determinar o grao en que acadou as competencias previstas, o que fará despois de recabar información do enfermeiro que titorizou ao alumno. 80
 
Observacións avaliación

AVALIACIÓN DE ESTANCIAS IV:

O primeiro requisito para poder ser avaliado pola realización das estancias IV é, ademáis de estar matriculado na materia- ter superadas as Estancias Clínicas I e II, tal como consta na memoria do Título de Grao. 


AVALIACIÓN DAS PRÁCTICAS CLÍNICAS:

- Asistencia: 

As competencias que se pretenden acadar coa realización das prácticas clínicas só se poden adquirir en presencia e baixo supervisión de un enfermeiro comunitario, por esta razón a avaliación queda supeditada á asistencia presencial a todas as horas prácticas planificadas, sen contemplarse o conceito de faltas xustificadas, polo que as ausencias debidamente xustificadas deberán recuperarse, sempre que non excedan o 50% das planificadas. A recuperación das prácticas realizárase no período establecido polo profesor antes do peche de actas. As ausencias non xustificadas suporán a calificación de suspenso.

- Competencias de aprendizaxe:

A avaliación e a emisión de unha cualificación numérica pola realización das prácticas clínicas está directamente vinculada á capacidade de alumno para acadar as competencias sinaladas como resultados de aprendizaxe esperados en esta guía. A cualificación será emitida polo profesor da materia -despois de recabar información do enfermeiro titor- mediante unha folla de valoración onde se sinalan os criterios cos que se acadan cada unha de esas competencias ou resultados de aprendizaxe. A puntuación máxima que será posible acadar coa realización das práctics clínicas é de 8 puntos, e será preiso acadar a lo menos 4 para superar esta parte da materia.


AVALIACIÓN DO PROXECTO DE APRENDIZAXE-SERVIZO:

-Asistencia: 

Dado que as competencias que é posible acadar mediante a realización de este proxecto na comunidade precisan da titorización dun enfermeiro ou profesor coñecedor da metodoloxía de implementación de intervencións de saúde local mediante a metodoloxía coa que o Ministerio de Sanidade promove a implementación da estratexia de promoción da saúde e prevención no sistema nacional de saúde, é preciso que o alumno acuda a lo menos ao 80% das horas presenciais planificadas, debendo recuperar mediante atención personalizada aquelas ás que non poidese asistir nos horarios en que o profesor ou titor poidesen. A non asistencia ás horas minimas presenciais suporá a calificación de suspenso.

- Actitude persoal: 

Dado que o proxecto que se plantexa nesta materia ten vocación de servizo á comunidade e realízase nun entorno real e sen simulación algunha, é imprescindible que o alumno amose unha conducta profundamente respetuosa con todos os actores sociais implicados no proxecto, así como unha disposición de apertura e facilitación constantes de cara a facilitar o traballo intersectorial. Calquer falta de respeto directa e acreditada, a algún-s dos actores sociais  involucrados suporá a calificación de suspenso.

- Competencias ou resultados de aprendizaxe:

A avaliación e a emisión de unha cualificación numérica quedará supeditada aos requisitos de asistencia e actitude. Unha vez superados a nota emitirase en relación ás competencias que o alumno acade, os cais xa foron sinalados como resultados de aprendizaxe en esta guía. A nota máxima que é posible acadar con este proxecto é de 2 puntos. O alumno precisará acadar a lo menos 1 punto para poder aprobar esta parte da asignatura.

CONSIDERACIÓNS IMPORTANTES NA AVALIACIÓN DE ESTANCIAS IV:

- O feito de presentarse no centro de saúde para a realización das prácticas clínicas -ben polo tempo completo planificado ou só parte do mesmo-  implicará ser avaliado en calquera das probas, o que supón figurar en acta como presentado coa calificación correspondente.

- Para superar a materia o alumnno precisa acadar as notas mínimas sinaladas para cada parte da asignatura.

- O sistema de calificacións expresarase mediante cualificación numérica de acordo co establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de calificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional.

Sistema de calificacións:

0-4.9 Suspenso.
5-6.9 Aprobado
7-8.9 Notable.
9-10 Sobresaínte.
9-10 Matricula de Honra (graciable).

AVALIACIÓN EN SEGUNDA OPORTUNIDADE:

- En caso de non superar a materia ben porque non aprobara as prácticas clínicas, ou a execución do proxecto de aprendizaxe-servizo, deberá recuperar a parte suspensa pero gardaráselle a nota da outra parte, extraordinariamente e só con motivo de esta segunda oportunidade, para o ano académico en curso. Caso de non superar a materia nesta segunda oportunidade do curso, teranse por suspensas as dúas partes. 

- A recuperación das prácticas clínicas en segunda oportunidade terá lugar no centro de saúde que con motivo de organización se lle poida asignar, a fin de que poidan estar rematadas e avaliadas antes do peche das actas do mes de xullo.

- A realización do proxecto de saúde local en segunda convocatoria será dirixido mediante sesións de atención personalizada polo profesor ou titor no horario en que poidese facelo; e quedará supeditada á existencia de tempo material que permita cumplir os requisitos de horas presenciais e de traballo autónomo que require o proxecto, a partires do momento en que o profesor saiba da solicite de tutorización para presentarse en segunda convocatoria.

Fontes de información
Bibliografía básica

A bibliografía recomendada básica para esta materia está relacionada coas materias que se recomenda ter cursadas e as que se debe cursar simultaneamente.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Nutrición/750G01009
Farmacoloxía/750G01011
Enfermaría Clínica (I y II)/750G01012
Enfermaría Comunitaria I/750G01014
Ética profesional, marco legal e filosofía do coidado/750G01016
Enfermaría Comunitaria II/750G01019
Farmacoterapia/750G01024
Estancias Clinicas I/750G01025

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Para poder realizar as prácticas clínicas correspondentes é necesario estar matriculado na materia Estancias Clínicas IV e ter superadas as Estancias Clínicas I e II, tal como consta na memoria do Título de Grao. 


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías