Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Estancias Clínicas IV Código 750G01028
Titulación
Grao en Enfermaría
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 12
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
Varela Feal, Nuria Esther
Correo electrónico
nuria.varela.feal@udc.es
Profesorado
Fraga Sampedro, María Luisa
Nieto Caamaño, Úrsula
Varela Feal, Nuria Esther
Correo electrónico
m.fraga2@udc.es
ursula.nieto@udc.es
nuria.varela.feal@udc.es
Web http://moodle.udc.es
Descrición xeral Estancias IV é un compendio de aprendizaxes prácticas executadas en escenarios de coidados reais na comunidade. Están dirixidas a que o alumno interiorice os coñecementos que acadou ao longo das asignaturas enfermaría comunitaria I e II, exercite e modele as destrezas acadadas con anterioridade e desenvolva novas competencias que permitan a súa óptima integración nun equipo multidisciplinar de saúde con unha prestación de coidados salutoxénicos no marco de unha atención primaria orientada á comunidade.
Plan de continxencia

Competencias do título
Código Competencias do título
A62 Integrar os coñecementos, as habilidades e actitudes da enfermaría para dar a atención ás persoas nas diferentes situacións de saúde, baseados nos principios e valores profesionais, competencias de comunicación asistencial, razoamento clínico, xestión clínica e xuízo crítico asociados ás competencias descritas nos obxectivos xerais e as materias que conforman o titulo, en forma de rotatorio clínico independente e con avaliación final de competencias; nos Centros de Saúde, Hospitais e outros centros asistenciais.
B1 Aprender a aprender.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B5 Traballar de forma colaborativa nun equipo interdisciplinar.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B7 Comunicarse de maneira efectiva en un entorno de traballo.
B8 Capacidade de análise e sínteses.
B9 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
B10 Capacidade para adaptarse ás situacións novas.
B11 Capacidade e habilidade de xestión da información.
B12 Capacidade para organizar e planificar.
B13 Toma de decisións.
B14 Habilidades interpersonais.
B15 Capacidade para comunicarse con persoas non expertas na materia.
B16 Coñecer e apreciar a diversidade e a multiculturalidade.
B19 Coñecementos de informática relativos ao ambiente de estudio.
B20 Sensibilidade cara a temas medioambientais.
B22 Capacidade para motivarse e motivar a outros.
B24 Fomentar e aplicar os dereitos fundamentais e a igualdade entre homes e mulleres.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C10 CB2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos a seu traballo ou vocación de unha forma profesional y posúan as competencias que solen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
C11 CB3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan una reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
C12 CB4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Os resultados de aprendizaxe que é razoable esperar despois de cursar estancias IV son: - Competencias de traballo en equipo, facilitando que o alumnado sexa capaz de incorporarse a un equipo dende o que prestar coidados autónomos e en colaboración con outros, sen perder a perspectiva multidisciplinar - Competencias de comunicación e relación cos profesionais da saúde e coas persoas a quen dirixe os coidados; facendo da relación unha oportunidade para optimizar os coidados e crear relacións terapéuticas eficientes. - Competencias relativas ao manexo da saúde nas diferentes etapas do ciclo vital e nos problemas de saúde prevalentes, familiarizando ao alumnado cos principais problemas de saúde da poboación e o seu manexo dende a perspectiva dos coidados, pero especialmente facendo de él un axente de saúde da comunidade e un facilitador de coidados salutoxénicos ao longo de todo o ciclo de vida das persoas e familias da comunidade. - Competencias relativas ao manexo eficiente do proceso enfermeiro, permitindo ao alumnado que optimice co rigor e a sistematización que brinda o método de traballo dos enfermeiros, dende modelos de coidados salutoxénicos e á vez promovendo a súa capacidade de adaptarse a calquera equipo que traballe dende outra perspectiva. - Competencias relativas ao desempeño eficaz de técnicas e procedementos habituais que se realizan en atención primaria de saúde, sexa autónomamente ou en colaboración con outros membros do equipo, a fin de garantir un desempeño eficaz, seguro e responsable. - Competencias relativas á ética profesional, garantindo que o alumnado integre unha praxe respetuosa e responsable, coherente cos valores da comunidade e da profesión, que lle permitirán ser capaz de realizar un exercicio eficiente de abogacía pola saúde nos termos descritos pola organización mundial da saúde. A62
B1
B3
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
B13
B14
B15
B16
B19
B20
B22
B24
C1
C3
C4
C7
C10
C11
C12

Contidos
Temas Subtemas
Prestación de coidados directos a persoas e familias da comunidade, tanto dende o centro de saúde coma nos seus fogares, e baixo a supervisón e titorización dun enfermeiro, enfermeira comunitaria que traballa nun centro de saúde do Servicio Galego de Saúde. En este rotatorio de práctica clínica o alumnado traballará:

- habilidades de relación e comunicación coas persoas da comunidade.
- actitudes persoais que optimicen a relación terapéutica.
- habilidades técnicas e procedimentais que aumenten a pericia na prestación de coidados.
- manexo e xestión de recursos da comunidade para facilitar os coidados ás familias en diferentes escenarios sociais e sanitarios.
- realización e rexistro do proceso de atención de enfermaría individual e familiar.
- implementación de recomendacións derivadas da investigación na atención a crónicos.
- utilización das ferramentas de xestión da información propias do sistema nacional de saúde.
- características dunha conducta exemplar nun profesional de servicio no marco da ética e do ordeamento vixente.
O alumnado deberá reproducir unha situación habitual que se presenta na práctica clínica cotiá, a través dun escenario controlado útil para a aprendizaxe e adestramento. A través dos escenarios o alumnado traballará:

- Na adquisición sistemática de coñecementos.
- Intégrase durante a simulación a experiencia educativa realizada no período de práctica clínica dentro do sistema de saúde.
- Debriefing, é a discusión facilitada do escenario, inclúe as reflexións sobre a experiencia vivida no escenario e as súas recomendacións posteriores por parte dos participantes, observadores do escenario e o propio instrutor (mediador). É un tempo para comentar aquilo que saíu ben e non tamén, guiado polo mediador.
- A simulación é gravada en audio e vídeo, e é proxectado posteriormente ao alumnado que desenvolveron o caso para discutilo e analizalo en profundidade (debreifing).
- Paralelamente perfecciónanse as habilidades de comunicación e de traballo en equipo.
- Consolídase e avalía o nivel de aprendizaxe alcanzada no período de práctica clínica.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Prácticas clínicas A62 B24 B22 B19 B16 B15 B14 B13 B12 B11 B10 B9 B8 B7 B6 B5 B3 B1 C1 C3 C7 C10 C12 240 15 255
Aprendizaxe servizo A62 B1 B3 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B22 C3 C4 C7 C10 C11 C12 2 10 12
Simulación A62 B1 B6 B7 B9 B10 B12 B13 B14 B15 B16 B20 C1 C4 C10 C11 C12 8 20 28
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas clínicas As prácticas clínicas que se realizan en estancias IV constitúen unha oportunidade idónea de aprendizaxe e integración do traballo e das actitudes propias do/a enfermeiro/a comunitaria, toda vez que se producen no escenario real de coidado en que éste desenvolve a súa praxe e no marco dunha equipa multidisciplinar.

En elas o alumnado acompaña a un/unha enfermeiro/a comunitaria do que aprende primeiro por observación, reflexión e modelado da súa conducta e progresivamente pola asunción de responsabilidades na prestación de coidados directos ás personas que os precisan, baixo a supervisión do/da enfermeiro/a ao que acompaña.
Aprendizaxe servizo Metodoloxía que combina o servizo á comunidade coa aprendizaxe nun só proxecto, no que o alumnnado se forma traballando en necesidades reais do seu entorno coa fin de melloralo.
Simulación A simulación é unha metodoloxía de aprendizaxe que permite ao alumnado realizar de maneira segura e controlada, unha práctica similar á que a executaría fronte ao paciente; facilítalle interactuar nunha contorna semellante á realidade cunha variada gama de elementos que debe aplicar a fin de resolver situacións predeterminadas que derivan dun determinado problema clínico.

Consiste na representación dun fenómeno de natureza física, técnica ou psicolóxica, que permite unha análise máis sinxela, económica ou inocua que si se levara a cabo sobre o orixinal ou na realidade. Ponse ao suxeito ante unhas condicións hipotéticas nas cales se proba o seu comportamento ante situacións concretas, os seus coñecementos, a súa capacidade de analizar alternativas e as súas consecuencias. Baséase, por tanto, na configuración de situacións similares ás que se producen nun contexto real, coa finalidade de utilizalas como experiencias de aprendizaxe ou como procedemento para a avaliación.

Atención personalizada
Metodoloxías
Simulación
Aprendizaxe servizo
Prácticas clínicas
Descrición
- Prácticas clínicas:

atención personalizada dirixida a crear un espacio confiable no que o alumno poida expresar as súas dificultades ou preocupacións ao longo das prácticas clínicas e recibir orientación que lle permita acadar as competencias propostas co maior grao de satisfacción e desempeño.

-Simulación:

atención personalizada que permita ao alumnado consultar dúbidas específicas e particulares que puidesen xurdir previas ao desenvolvemento del escenario e durante el proceso de simulación.

-Aprendizaxe servizo:

Atención personalizada que permita ao alumnado consultar dudas específicas e particulares que puidesen xurdir na implementación do proyecto.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Simulación A62 B1 B6 B7 B9 B10 B12 B13 B14 B15 B16 B20 C1 C4 C10 C11 C12 O alumnado será evaluado polo profesorado da materia na realización do escenario establecido para a proba de simulación.

O alumnado levará a cabo una simulación elexida polo profesorado de entre varias alternativas, que conocerá previamente.

Avaliaranse os seguintes aspectos:
- Capacidade de expresión e comunicación co paciente, compañeiros e resto do persoal que aparezcan no escenario.
- Valorarase especialmente a capacidade de expresión e comunicación co paciente en todo o proceso da simulación.
- Coñecemento profesional na toma de decisións que requiran o escenario.
- Habilidades prácticas de coidados, técnicas e intervenciós de enfermería.
- A capacidade de resposta do alumnado, de iniciativa, de organización e planificación que requira o escenario.
20
Prácticas clínicas A62 B24 B22 B19 B16 B15 B14 B13 B12 B11 B10 B9 B8 B7 B6 B5 B3 B1 C1 C3 C7 C10 C12 Cumpridos os criterios de asistencia presencial, o alumnado será avaliado polo profesorado da asignatura a fin de determinar o grao en que acadou as competencias previstas, o que fará despois de recabar información do enfermeiro, enfermeira que titoriza ao alumnado. 80
 
Observacións avaliación

AVALIACIÓN DE ESTANCIAS IV:

O primeiro requisito para poder ser avaliado pola realización das estancias IV é, ademáis de estar matriculado na materia o alumnado deberá ter superadas as Estancias Clínicas I e II, tal como consta na memoria do Título de Grao.  

 
AVALIACIÓN DAS PRÁCTICAS CLÍNICAS: 

 - Asistencia: As competencias que se pretenden alcanzar coa realización das prácticas clínicas só se poden adquirir en presenza e baixo supervisión dun enfermeiro, enfermeira comunitaria, por esta razón a avaliación queda supeditada á asistencia presencial a todas as horas prácticas planificadas, sen contemplarse o concepto de faltas xustificadas, polo que as ausencias debidamente xustificadas deberán recuperarse, sempre que non excedan o 50% das planificadas. A recuperación das prácticas realizarase no período establecido polo profesorado antes do peche de actas. As ausencias non xustificadas suporán a cualificación de suspenso. 

 - Competencias de aprendizaxe: A avaliación e a emisión dunha cualificación numérica pola realización das prácticas clínicas está directamente vinculada á capacidade de alumno para alcanzar as competencias sinaladas como resultados de aprendizaxe esperados nesta guía. A cualificación será emitida polo profesorado da materia -despois de solicitar información do enfermeiro, enfermeira titor/a- mediante unha folla de valoración onde se sinalan os criterios cos que se alcanzan cada unha desas competencias ou resultados de aprendizaxe. A puntuación máxima que será posible alcanzar coa realización das prácticas clínicas é de 8 puntos, e será preciso alcanzar polo menos 4 para superar esta parte da materia. 

AVALIACIÓN DA SIMULACIÓN:

É unha actividade obrigatoria para todo o alumnado matriculado na materia. 

A puntuación máxima que será posible alcanzar coa realización da simulación é de 2 puntos, e será preciso alcanzar un mínimo de 1,5 puntos para superar esta parte da materia. 

Non poderá realizar a proba de simulación ó alumnado que non supere as prácticas clínicas.


CONSIDERACIÓNS IMPORTANTES NA AVALIACIÓN DE ESTANCIAS IV:

- O feito de presentarse no centro de saúde para a realización das prácticas clínicas -ben polo tempo completo planificado ou só parte do mesmo-  implicará ser avaliado en calquera das probas, o que supón figurar en acta como presentado coa cualificación correspondente.

- Para superar a materia o alumnado necesita alcanzar as notas mínimas sinaladas para cada parte da materia.

- O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica de acordo co establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional.

Sistema de calificacións:
0-4.9 Suspenso.
5-6.9 Aprobado
7-8.9 Notable.
9-10 Sobresaínche.
9-10 Matricula de Honra (graciable). 

AVALIACIÓN EN SEGUNDA OPORTUNIDADE:

No caso de ter SUSPENSAS as prácticas clínicas NON SON RECUPERABLES, está suxeito ao punto 5 do articulo 18 das NORMAS DE AVALIACIÓN, REVISIÓN E RECLAMACIÓN DÁS CUALIFICACIÓNS DÚAS ESTUDOS DE GRAO E MESTRADO UNIVERSITARIO. Modificada polo Consello de Goberno de 29 de xuño de 2017 que sinala:

"Nas materias que pola súa natureza avalíense exclusivamente mediante actividades non recuperables, como pode ser o caso das prácticas en empresas, o prácticum ou as prácticas clínicas, os estudantes só poderán empregar a segunda oportunidade para recuperar outras actividades como a memoria ou os informes finais». Neste caso poderase recuperar a parte de Simulación.

- Aqueles que non superasen a parte de simulación, a realización da simulación en segunda oportunidade realizarase na data e hora establecida de exames no calendario académico aprobado en Xunta de Centro.

- A vixencia do aprobado das Estancias Clínicas manterase por un período de dous cursos lectivos consecutivos á realización das estancias aprobadas, no caso de ser suspenso a parte de Simulación.



Fontes de información
Bibliografía básica Martín Zurro A (2008). Atención Primaria. Conceptos, organización y práctica clínica. Barcelona: Elsevier
Martín Zurro A, Cano Pérez J F (2014). Atención Primaria. Principios, organización y métodos en medicina de familia.. Barcelona: Elsevier
Bulechek GM, Butcher HK, Dochterman JM, Wagner CM, editores. (2014). Clasificación de resultados de enfermería (NIC). 6ª ed. . Madrid: Elsevier
Moorhead S, Johnson M, Maas ML, Swanson E, editoras (2014). Clasificación de resultados de enfermería (NOC). Medición de resultados en salud. 5ª ed.. Madrid: Elsevier
Clavijo Chamorro MZ (2011). Educación sanitaria enfermera . Junta de Andalucía, Consejería de Cultura
Formación Alcalá (2017). Enfermeria Familiar y Comunitaria. Jaen: Formación Alcalá
Arias Vázquez JM, Blanco Rial ML, Constenla Castro A (2005). Estandarización de coidados de enfermería ao paciente inmobilizado no domicilio.. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. Consellería de Sanidade
(). http://www.fisterra.com/.
(). https://www.agefec.org/web/.
(). https://www.sergas.es/.
Delgado Fernández R, Pérez Vázquez A, Rodríguez Iglesias FJ (2005). Manual de prevención e tratamento de úlceras por presión.. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. Consellería de Sanidade
Martínez Riera JM, Del Pino Casado (2013). Manual Práctico De Enfermería Comunitaria. Barcelona: Elsevier
Herdman, TH (2015). NANDA International. Diagnósticos Enfermeros. Definiciones y Clasificación. 2015-2017.. Barcelona: Elsevier

A bibliografía recomendada básica para esta materia está relacionada coas materias que se recomenda ter cursadas e as que se debe cursar simultaneamente.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Nutrición/750G01009
Farmacoloxía/750G01011
Enfermaría Clínica (I y II)/750G01012
Enfermaría Comunitaria I/750G01014
Ética profesional, marco legal e filosofía do coidado/750G01016
Enfermaría Comunitaria II/750G01019
Farmacoterapia/750G01024
Estancias Clinicas I/750G01025

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Para poder realizar as prácticas clínicas correspondentes é necesario estar matriculado na materia Estancias Clínicas IV e ter superadas as Estancias Clínicas I e II, tal como consta na memoria do Título de Grao. 

Esta materia ten en conta as recomendacións de SOSTENIBILIDADE MEDIO AMBIENTE, PERSOA E IGUALDADE DE XENERO:

- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia, realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.

- Teranse en conta os principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

- Atendendo ás distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, nesta materia terase en conta a perspectiva de xénero velando pola non utilización dunha linguaxe sexista na aula, nos documentos desenvolvidos na materia e nas actividades clínicas realizadas co alumnado.

- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas dentro da aula ou no contexto clínico, influíndo na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

- Prestará especial atención en detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

- Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso idóneo, igualitario e proveitoso á vida universitaria.

- Nesta materia, o profesorado, ten contraído o compromiso de aplicación da normativa da UDC ante situacións de plaxio.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías