Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Enfermaría Clínica I Código 750G01034
Titulación
Grao en Enfermaría
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
Arantón Areosa, Luis Fernando
Correo electrónico
luis.aranton@udc.es
Profesorado
Arantón Areosa, Luis Fernando
Correo electrónico
luis.aranton@udc.es
Web http://moodle.udc.es
Descrición xeral Esta materia trata de iniciar ao estudante nos principios básicos e xerais da profesión utilizando o paradigma enfermeiro como base conceptual, considerando á persoa, familia e comunidade como elementos principais para a aplicación dos coidados enfermeiros apoiando-se en modelos e teorías de enfermaría.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non se realizará ningunha modificación

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Todas
*Metodoloxías docentes que se modifican
Realizarase de maneira virtual a totalidade dos seminarios e probas

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Para a comunicación e seguimento do alumnado utilizaranse as ferramentas informáticas institucionais, sendo o Campus Virtual da UDC a canle principal de comunicación.

4. Modificacións na avaliación
Ningunha
*Observacións de avaliación:
A realización das probas será mediante o uso das ferramentas informáticas institucionais

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Ningunha

Competencias do título
Código Competencias do título
A34 Coñecer as alteracións de saúde do adulto, identificando as manifestacións que aparecen nas distintas fases.
A35 Identificar as necesidades de coidado derivadas dos problemas de saúde.
A36 Analizar os datos recollidos na valoración, priorizar os problemas do paciente adulto, establecer e executar o plan de coidados e realizar a súa avaliación.
A37 Realizar as técnicas e procedementos de coidados de enfermaría, establecendo unha relación terapéutica cos enfermos e familiares.
A38 Seleccionar as intervencións encamiñadas a tratar ou previr os problemas derivados das desviacións de saúde.
A39 Ter unha actitude cooperativa cos diferentes membros do equipo.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar de forma colaborativa nun equipo interdisciplinar.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B7 Comunicarse de maneira efectiva en un entorno de traballo.
B8 Capacidade de análise e sínteses.
B9 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
B11 Capacidade e habilidade de xestión da información.
B12 Capacidade para organizar e planificar.
B13 Toma de decisións.
B15 Capacidade para comunicarse con persoas non expertas na materia.
B16 Coñecer e apreciar a diversidade e a multiculturalidade.
B19 Coñecementos de informática relativos ao ambiente de estudio.
B24 Fomentar e aplicar os dereitos fundamentais e a igualdade entre homes e mulleres.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
C10 CB2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos a seu traballo ou vocación de unha forma profesional y posúan as competencias que solen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
C11 CB3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan una reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
C12 CB4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Identificar cambios na saúde da persoa adulta : Factores que inflúen , mecanismos fisiopatológicos , as manifestacións , métodos de diagnóstico , tratamentos clínicos e cirúrxicos específicos . A34
A35
A36
A37
A38
A39
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B11
B12
B13
B15
B16
B19
B24
C1
C3
C4
C6
C7
C8
C10
C11
C12
Identificar as necesidades de coidado en adultos con problemas de saúde derivados de tratamentos, probas de diagnóstico e procedementos terapéuticos . A34
A35
A36
A37
A38
A39
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B11
B12
B13
B15
B16
B19
B24
C1
C3
C4
C6
C7
C8
C10
C11
C12
Identificar os diagnósticos de enfermaría e potenciais complicacións en adultos con problemas de saúde e os derivados de tratamentos, probas de diagnóstico e procedementos terapéuticos. A34
A35
A36
A37
A38
A39
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B11
B12
B13
B15
B16
B19
B24
C1
C3
C4
C6
C7
C8
C10
C11
C12
Plan de coidados de enfermería para adultos con problemas de saúde e os derivados de tratamentos, probas de diagnóstico e procedementos terapéuticos. A34
A35
A36
A37
A38
A39
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B11
B12
B13
B15
B16
B19
B24
C1
C3
C4
C6
C8
C10
C11
C12

Contidos
Temas Subtemas
Unidade Didactica I : XENERALIDADES CLÍNICAS.
- Base conceptual de enfermería clínica.
- Diagnóstico Taxonomia Nanda, NIC e NOC.
- O Dossier Enfermeiro.
- Os procesos inflamatorias e infecciosas.
- Trastornos hidroeletrolíticos é o ácido-base.
- Coidados de feridas e tecidos brandos.
- Coidados de enfermaría as persoas con dor.
- O coidado de enfermería ás persoas con síndrome hemorrágica.
- Coidados dos pacientes con doenzas médicos-cirúrxicas: aspectos e tendencias.
- Como aplicar o Proceso enfermeiro na enfermaría clínica.
- Como facer unha hipótese diagnosticada enfermeira.
- O dossier enfermeiro.
- O Aillamento Hospitalario.
- Interpretacións de gases en sangue venoso e arterial.
- Tipos de tratamentos para a dor.
- Coidados para persoas con trastornos de tecidos e feridas.
- Coidado para as persoas con síndrome hemorrágica: aspectos e tendencias.
Unidade didáctica II: Coidados de Enfermaría a persoas sometidas a cirurxía - Coidados Persoas sometidas a intervencions de cirurxía: aspectos e tendencias.
Unidade didáctica III: Coidados de Enfermaría para persoas con función Respiratoria alterada. - Coidados Persoas con alteracions do Sistema Respiratorio: aspectos e tendencias.
Unidade didáctica IV: - Coidados de Enfermaría para persoas con a funcion Vascular alterada - Coidados as persoas con alteracions da funcion Vascular alterada: aspectos e tendencias.
Unidade didáctica V: - Coidados de Enfermaría para persoas con a funcion Renal e Urinaria alterada. - Coidados as persoas con alteracions da funcion Renal e Urinaria alterada: aspectos e tendencias.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A34 A35 A36 A37 A38 A39 B24 B19 B16 B15 B13 B12 B11 B9 B8 B7 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C1 C3 C4 C6 C7 C8 C10 C11 C12 20 20 40
Estudo de casos A34 A35 A36 A37 A38 A39 A60 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B11 B12 B13 B15 B16 B19 B24 C1 C3 C4 C6 C7 C8 C10 C11 C12 15 50 65
Traballos tutelados A34 A35 A36 A37 A38 A39 A60 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B11 B12 B13 B15 B16 B19 B24 C1 C3 C4 C6 C7 C8 C10 C11 C12 6 12 18
Proba obxectiva A34 A35 A36 A37 A38 A39 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9 B11 B12 B13 B15 B16 B19 B24 C1 C3 C4 C6 C7 C8 C10 C11 C12 1 17 18
Lecturas A34 A35 A36 A37 A38 A39 A60 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B11 B12 B13 B15 B16 B19 B24 C1 C3 C4 C6 C7 C8 C10 C11 C12 1 6 7
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Esta metodoloxía realizarase de maneira virtual utilizando as ferramentas informáticas institucionais, sendo o Campus Virtual a canle principal de comunicación entre profesorado e alumnado.
Estudo de casos Metodoloxía, por medio do Traballo Colaborativo, onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
- A realizacion desta actividade e obrigatoria e computa o 30% da nota.
- Será necesario acadar unha puntuación de 5 puntos (sobre 10) para sumar as calificacións do resto de actividades
- Unha parte desta metodoloxía poderase realizar de maneira virtual utilizando as ferramentas informáticas institucionais, sendo o Campus Virtual a canle principal de comunicación entre profesorado e alumnado.
Traballos tutelados Metodoloxía, por medio do Traballo Colaborativo, deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do/a profesor/a e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polo estudantado da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesorado.
- O alumnado dividirase en grupos de número reducido.
- A realización do traballo é obrigatoria e computa o 30% da nota.
- Será necesario acadar unha puntuación de 5 puntos (sobre 10) para sumar as calificacións do resto de actividades.
- Unha parte desta metodoloxía poderase realizar de maneira virtual utilizando as ferramentas informáticas institucionais, sendo o Campus Virtual a canle principal de comunicación entre a profesorado e alumnado.
Proba obxectiva Proba tipo test de resposta única. As respostas incorrectas descontarán aplicando a seguinte fórmula: Puntuación= nº de acertos – (nº erros/4) ou nº de acertos-(nº de errosx0.25).
- A realizacion desta proba é obrigatoria e computa o 40% da nota.
- Será necesario acadar unha puntuación de 5 puntos (sobre 10) para sumar as calificacións do resto de actividades.

Lecturas Son un conxunto de textos que se recolleron e editaron para usarse como fonte de información complementaria para profundizar nos contidos traballados.

Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Traballos tutelados
Descrición
A atención persoalizada realizarase a cada grupo que realiza o traballo tutelado e os estudos de casos, para facer un seguimento mais proximo do traballo que estan desenrolando.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A34 A35 A36 A37 A38 A39 A60 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B11 B12 B13 B15 B16 B19 B24 C1 C3 C4 C6 C7 C8 C10 C11 C12 Avaliarase:
- A utilización do P.A.E.
- A utilización dunha Taxonomia Enfermeira, NANDA, NIC E NOC.
- A utilización dun Modelo Enfermeiro.
- A recollida das fontes bibliograficas.
- A participación de cada un dos membros da equipa na resolución e discusión dos problemas ou situacions plantexadas.
- Valorarase a capacidade para relacionar o coñecemento teórico dos contidos desenvolvidos nas Sesións Maxistrais e os Seminarios con problemas concretos, e a capacidade de análise e comprensión da situación, mediante traballo colaborativo.
Os Casos Clínicos exporanse e entregarase a través da plataforma Moodle, dentro do prazo sinalado. A entrega dos estudos de casos é obrigatoria.
Os traballos que non se presenten en tempo e forma non serán avaliados.
30
Traballos tutelados A34 A35 A36 A37 A38 A39 A60 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B11 B12 B13 B15 B16 B19 B24 C1 C3 C4 C6 C7 C8 C10 C11 C12 Os criterios esenciais para a realización dos traballos son:
- A utilización do P.A.E.
- Dunha taxonomia enfermeira, NANDA, NIC E NOC.
- A utilización dun Modelo Enfermeiro.
- A recollida de fontes bibliograficas.
- A adecuación dos coñecementos, dos fundamentos enfermeiros e de Fisiopatoloxia aplicados aos traballos, mediante traballo colaborativo.
30
Proba obxectiva A34 A35 A36 A37 A38 A39 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9 B11 B12 B13 B15 B16 B19 B24 C1 C3 C4 C6 C7 C8 C10 C11 C12 As respostas incorrectas descontarán aplicando a seguinte fórmula: Puntuación= nº de acertos – (nº erros/4) ou nº de acertos-(nº de errosx0.25). 40
 
Observacións avaliación

Para superar a materia no SISTEMA ORDINARIO (obrigatorio para todo o
alumnado con matrícula ordinaria) o estudante debe superar cada unha das partes:
traballos tutelados (30%), estudio de casos (30%) e proba obxectiva (40%).

A cualificación de non presentado: otorgarase ao alumnado que non se
presente ao exame nin participe nas actividades programadas. 

O alumnado da convocatoria adiantada de Decembro e Segunda Oportunidade,
debe cumprir os mesmos requisitos que nas convocatorias ordinarias.

O alumnado con matrícula a tempo parcial (con o sin dispensa académica)
poderá optar a non acudir as actividades grupais presenciais, pero deberá
traballar nas actividades programadas (según a documentación do moodle) e
presentalas de forma individual na plataforma moodle ou de forma presencial nas
tutorías programadas.

Convocatorias de segunda e posteriores matrículas: Para aqueles alumnos/as
que cursen a materia e finalicen o traballo de estudio de casos, e o traballo
tutelado coa cualificación de aprobado, poden volver cursar toda a materia novamente
ou presentarse só a proba obxectiva, tendo en conta que a cualificación da
mesma fará media coa cualificación obtida no curso académico no que cursase o
resto de actividades.

Para optar á matrícula de honra, o alumnado deberá acadar unha calificación
final entre 9,6 - 10.

SEGUNDA OPORTUNIDADE E
OUTRAS: O/a estudante de "2ª oportunidade e outras" seguirá o sistema
de avaliación da 1ª oportunidade. Poderá presentar as actividades académicas
pendentes, ou as non superadas, e acudir á proba obxectiva.