Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Enfermaría Clínica II Código 750G01035
Titulación
Grao en Enfermaría
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
Varela Feal, Nuria Esther
Correo electrónico
nuria.varela.feal@udc.es
Profesorado
Arantón Areosa, Luis Fernando
Fernández Basanta, Sara
Varela Feal, Nuria Esther
Correo electrónico
luis.aranton@udc.es
sara.fbasanta@udc.es
nuria.varela.feal@udc.es
Web http://moodle.udc.es
Descrición xeral Esta materia trata de iniciar ao estudante na aplicación dos coidados específicos da profesión utilizando o paradigma enfermeiro como base conceptual, considerando á persoa, familia e comunidade como elementos principais para a aplicación dos coidados enfermeiros apoiando-se en modelos e teorías de enfermaría.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos: Non se realizará ningunha modificación.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen: Todas
*Metodoloxías docentes que se modifican: Realizarase de maneira virtual a totalidade dos seminarios e probas.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: Para a comunicación e seguimento do alumnado utilizaranse as ferramentas informáticas institucionais, sendo o Campus Virtual da UDC a canle principal de comunicación.
4. Modificacións na avaliación: Ningunha *Observacións de avaliación: A realización das probas será mediante o uso das ferramentas informáticas institucionais.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: Ningunha

Competencias do título
Código Competencias do título
A34 Coñecer as alteracións de saúde do adulto, identificando as manifestacións que aparecen nas distintas fases.
A35 Identificar as necesidades de coidado derivadas dos problemas de saúde.
A36 Analizar os datos recollidos na valoración, priorizar os problemas do paciente adulto, establecer e executar o plan de coidados e realizar a súa avaliación.
A37 Realizar as técnicas e procedementos de coidados de enfermaría, establecendo unha relación terapéutica cos enfermos e familiares.
A38 Seleccionar as intervencións encamiñadas a tratar ou previr os problemas derivados das desviacións de saúde.
A39 Ter unha actitude cooperativa cos diferentes membros do equipo.
A60 Coñecer os coidados paliativos e control da dor para prestar coidados que alivien a situación dos enfermos avanzados e terminais.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar de forma colaborativa nun equipo interdisciplinar.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B7 Comunicarse de maneira efectiva en un entorno de traballo.
B8 Capacidade de análise e sínteses.
B9 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
B11 Capacidade e habilidade de xestión da información.
B12 Capacidade para organizar e planificar.
B13 Toma de decisións.
B15 Capacidade para comunicarse con persoas non expertas na materia.
B16 Coñecer e apreciar a diversidade e a multiculturalidade.
B19 Coñecementos de informática relativos ao ambiente de estudio.
B24 Fomentar e aplicar os dereitos fundamentais e a igualdade entre homes e mulleres.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
C10 CB2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos a seu traballo ou vocación de unha forma profesional y posúan as competencias que solen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
C11 CB3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan una reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
C12 CB4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Identificar cambios na saúde da persoa adulta: Factores que inflúen, mecanismos fisiopatológicos, as manifestacións, métodos de diagnóstico, tratamentos clínicos e cirúrxicos específicos. A34
A35
A36
A37
A38
A39
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B11
B12
B13
B15
B16
B24
C1
C3
C4
C6
C7
C8
C10
C11
C12
Identificar as necesidades de coidado en adultos con problemas de saúde derivados de tratamentos, probas de diagnóstico e procedementos terapéuticos. A34
A35
A36
A37
A38
A39
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B11
B12
B13
B15
B16
B19
B24
C1
C3
C4
C6
C7
C8
C10
C11
C12
Identificar os diagnósticos de enfermaría e potenciais complicacións en adultos con problemas de saúde e os derivados de tratamentos, probas de diagnóstico e procedementos terapéuticos. A34
A35
A36
A37
A38
A39
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B11
B12
B13
B15
B16
B19
B24
C1
C3
C4
C6
C7
C8
C10
C11
C12
Planificar os coidados de enfermería para adultos con problemas de saúde e os derivados de tratamentos, probas de diagnóstico e procedementos terapéuticos. A34
A35
A36
A37
A38
A39
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B11
B12
B13
B15
B16
B24
C1
C3
C4
C6
C7
C8
C10
C11
C12
Identificar as necesidades de plan de asistencia e coidados de enfermería específicos para as persoas con enfermidade avanzada e terminal e as súas familias A34
A35
A36
A37
A38
A39
A60
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B11
B12
B13
B15
B16
B19
B24
C1
C3
C4
C6
C7
C8
C10
C11
C12

Contidos
Temas Subtemas
Unidade Didactica VI: Atención de enfermaría as persoas con trastornos da función Endocrina Metabolica. - Coidados as persoas con alteracions ou trastornos da función Endocrina Metabólica: aspectos e tendencias.
Unidade didáctica VII: Atención de enfermaría as persoas con trastornos da función Dixestiva. - Coidados as persoas con alteracions ou trastornos da función Dixestiva: aspectos e tendencias.
Unidade didáctica VIII: Atención de enfermaría as persoas con trastornos da función muscular e esquelética. - Coidados as persoas con alteracions ou trastornos da función muscular e esquelética: aspectos e tendencias.
Unidade didáctica IX: Atencion de Enfermaria as persoas con Queimaduras. - Coidados as persoas con Queimaduras.
Unidade didáctica X: Atención de enfermaria a persoas con enfermidade avanzada e terminal. - Coidados Paliativos as persoas en situación de enfermidade avanzada e terminal: aspectos e tendencias

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Estudo de casos A34 A35 A36 A37 A38 A39 A60 B24 B19 B16 B15 B13 B12 B11 B9 B8 B7 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C1 C3 C4 C6 C7 C8 C10 C11 C12 9 25 34
Traballos tutelados A34 A35 A36 A37 A38 A39 A60 B24 B19 B16 B15 B13 B12 B11 B9 B8 B7 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C1 C3 C4 C6 C7 C8 C10 C11 C12 6 15 21
Proba obxectiva A34 A35 A36 A37 A38 A39 A60 B24 B19 B16 B15 B13 B12 B11 B9 B8 B7 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C1 C3 C4 C6 C7 C8 C10 C11 C12 1 20 21
Aprendizaxe colaborativa A34 A35 A36 A38 A39 B1 B2 B3 B5 B8 B9 B11 B12 B13 B16 B24 C1 C3 C4 C6 C7 5 26 31
Sesión maxistral A34 A35 A36 A37 A38 A39 A60 B24 B19 B16 B15 B13 B12 B11 B9 B8 B7 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C1 C3 C4 C6 C7 C8 C10 C11 C12 21 20 41
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Estudo de casos Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
- A realizacion desta actividade e obrigatoria e computa un 20%.
- Será necesario acadar unha puntuación de 5 puntos para sumar o resto de actividades.
- Unha parte desta metodoloxía poderase realizar de maneira virtual utilizando as ferramentas informáticas institucionais, sendo o Campus Virtual a canle principal de comunicación entre o docente e o alumnado.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do docente por medio da simulación e da práctica deliberada. Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polo estudantado da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo docente-titor.
- O alumnado dividirase en grupos de número reducido.
- A sua realización e obrigatoria e computa 20%
- Será necesario acadar unha puntuación de 5 puntos (sobre 10) para sumar as calificacions do resto de actividades.
- Unha parte desta metodoloxía poderase realizar de maneira virtual utilizando as ferramentas informáticas institucionais, sendo o Campus Virtual a canle principal de comunicación entre o docente e o alumnado.
Proba obxectiva Proba tipo test de resposta única. As respostas incorrectas descontarán aplicando a seguinte fórmula: Puntuación= nº de acertos – (nº erros/4) ou nº de acertos-(nº de errosx0.25).
- A realización desta proba é obrigatoria e computa o 40% da nota.
- Será necesario acadar unha puntuación de 5 puntos (sobre 10) para sumar as calificacións do resto de actividades.
A proba poderá realizarse de maneira presencial ou virtual utilizando as ferramentas informáticas institucionais.
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización de pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
- A sua realización e obrigatoria e computa 20% da nota.
- Será necesario acadar unha puntuación de 5 puntos (sobre 10) para sumar as calificación do resto de actividades.
Esta metodoloxía realizarase de maneira virtual utilizando as ferramentas informáticas institucionais, sendo o Campus Virtual a canle principal de comunicación entre os docentes e o alumnado.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Esta metodoloxía realizarase de maneira virtual utilizando as ferramentas informáticas institucionais, sendo o Campus Virtual a canle principal de comunicación entre os docentes e o alumnado.

Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Traballos tutelados
Aprendizaxe colaborativa
Descrición
A atención persoalizada realizarase a cada grupo que realizan o traballo tutelado, os estudos de casos, eo aprendizaxe colaborativo para facer un seguimento mais proximo do traballo que estan desenrolando.
Realizarase ben de maneira presencial ou a través das ferramentas informáticas institucionais, sendo o Campus Virtual da UDC a canle principal de comunicación.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A34 A35 A36 A37 A38 A39 A60 B24 B19 B16 B15 B13 B12 B11 B9 B8 B7 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C1 C3 C4 C6 C7 C8 C10 C11 C12 Os estudantes exporanse a situación clínicas prácticas relacionadas con contidos proporcionados nas sesións maxistrais e seminarios, mediante un sistema de pregunta-resposta, proporcionando no caso de que sexa necesaria documentación ou outro material para ampliar os coñecementos.
Valorarase a capacidade para relacionar o coñecemento teórico dos contidos desenvolvidos nas Sesións Maxistrais e os Seminarios con problemas concretos, e a capacidade de análise e comprensión da situación, mediante traballo colaborativo.
Os Casos Clínicos exporanse e entregarase a través da plataforma Moodle, dentro do prazo sinalado. A entrega dos estudos de casos é obrigatoria.
Os traballos que non se presenten en tempo e forma non serán avaliados
Cada estudo de casos ten unha puntuación máxima de 1 punto. Supoñerán o 20% da cualificación final.
20
Traballos tutelados A34 A35 A36 A37 A38 A39 A60 B24 B19 B16 B15 B13 B12 B11 B9 B8 B7 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C1 C3 C4 C6 C7 C8 C10 C11 C12 Na práctica deliberada (simulación grabada en video) valorase que o alumno sexa capaz de:
Presentarse, dá acordo á situación, á familia e darlle a opción de expor o motivo das súas preocupacións.
Estruturar o encontro cun inicio, desenlace e un final ou despedida.
Establecer unha relación de axuda e de seguridade, a través dunha escoita activa e sen emitir xuízos de valor.
Conectar emocionalmente e construír unha relación de confianza coa familia.
Permitirlle expresar os seus medos e resolver dúbidas e preocupacións.
Recoller e atender adecuadamente a expresión de emocións.
Establecer unha conversación dialógica coa familia.
Ofrecer á familia a posibilidade de deliberar sobre as decisións a tomar.

Para superar o traballo deberá:
Entregar ou expoñer os traballos tutelados na data que se indique. Os traballos que non se presenten en tempo e forma non serán avaliados.
Obter unha puntuación igual o superior a 5 (sobre 10) do peso desta metodoloxía.
Supón o 20% da calificación final.
20
Proba obxectiva A34 A35 A36 A37 A38 A39 A60 B24 B19 B16 B15 B13 B12 B11 B9 B8 B7 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C1 C3 C4 C6 C7 C8 C10 C11 C12 A proba obxetiva ten un valor de 10 puntos e para superala o estudante debe alcanzar unha puntuación igual ou superior a 5 puntos sobre 10.

As respostas incorrectas descontarán aplicando a seguinte fórmula: Puntuación= nº de acertos – (nº erros/4) ou nº de acertos-(nº de errosx0.25). É obrigatoria e será necesario acadar unha puntuación do 50% para sumar o resto de puntuacións.

- Se o estudante non se presentase a esta Proba na Acta aparecerá NON PRESENTADO, reservándose as porcentaxes só ata a convocatoria Extraordinaria de Maio/ Xullo.
40
Aprendizaxe colaborativa A34 A35 A36 A38 A39 B1 B2 B3 B5 B8 B9 B11 B12 B13 B16 B24 C1 C3 C4 C6 C7 Plantexaranse actividades para realizar en grupo pequenos de traballo, de entre 5 a 6 estudantes. Os estudantes exporanse a situacións e problemas relacionadas con contidos proporcionados nas sesións maxistrais que deberán resolver mediante traballo colaborativo, e seguindo un sistema de pregunta-resposta.
Exporanse e entregaranse a través da plataforma Moodle, dentro do prazo sinalado. A entrega é obrigatoria. Os traballos que non se presenten en tempo e forma non serán avaliados.
Cada tarefa terá unha puntuación máxima de 0.5 puntos. Supoñerán o 20% da cualificación final.
20
 
Observacións avaliación

Para superar a materia no SISTEMA ORDINARIO (obrigatorio para todo o alumnado con matricula ordinaria) o estudante debe superar cada unha das partes, aprendizaxe colaborativo (20%), traballos tutelados (20%), estudio de casos (20%) e proba obxectiva (40%).

A cualificación de non presentado: otorgarase ao alumnado que non se presente ao exame nin participe nas actividades programadas. 

O alumnado da convocatoria adiantada de Decembro e Segunda Oportunidade, debe cumprir os mesmos requisitos que nas convocatorias ordinarias.

O alumnado con matrícula a tempo parcial (con o sin dispensa académica) poderá optar a non acudir as actividades grupais presenciais, pero deberá traballar nas actividades programadas (según a documentación do moodle) e presentalas de forma individual na plataforma moodle ou de forma presencial nas tutorías programadas.

Convocatorias de segunda e posteriores matrículas: Para aqueles alumnos/as que cursen a materia e finalicen o traballo de estudio de casos, e o traballo tutelado coa cualificación de aprobado, poden volver cursar toda a materia novamente ou presentarse só a proba obxectiva, tendo en conta que a cualificación da mesma fará media coa cualificación obtida no curso académico no que cursase o resto de actividades. 

Para optar á matrícula de honra, o alumnado deberá acadar unha calificación final entre 9,6 - 10.

SEGUNDA OPORTUNIDADE E OUTRAS: O/a estudante de "2ª oportunidade e outras" seguirá o sistema de avaliación da 1ª oportunidade. Poderá presentar as actividades académicas pendentes, ou as non superadas, e acudir á proba obxectiva.


Fontes de información
Bibliografía básica Thomas, L.V. (1983). Antropologia de la muerte. Fondo de cultura economica. Mexico
Bulecheck, G.M.; Butcher, H.K.; McCloskev, J. (2009). Classification of interventions (NIC). ELSEVIER-DOYMA.
Moorhead,S.;Johnson, M.; Maas,M.L.; Swanson,E. (2009). Classification of results (NOC). ELSEVIER-DOYMA.
Astudillo, W.; Mendinueta, C. (1997). Cuidado enfermero en fase terminal y su familia. EUNSA
Espejo Arias, M.D. (2000). Cuidados Paliativos. Paradigma
Gordon, M. (2009). Diagnostico enfermero. Proceso y clasificacion. Harcourt
Luis, M.T. (2008). Diagnosticos enfermeros. Un instrumento para la practica asistencial. Harcourt
Canobbio, M. (2003). Disorders cardio-vascular. Doyma
Doughty, Dorothy (2005). Disorders gastrointestinal. Doyma
Juve, E. (1996). Enfermeria Onco-hematologica. Masson
De Wit, Susan (2000). Fundamentos de Enfermería Medico-quirurgica. Harcourt
Potter, P.A. (2009). Fundamentos de enfermería. Teoria y Practica. Harcourt
Carpenito, L.J. (2005). Manual de Diagnosticos de Enfermeria. McGraw-Hill- Interamericana
Ackley, B.J.; Ladwig, G.B. (2006). Manual of Nursing Diagnostics. ELSEVIER-DOYMA.
NANDA, Diagnosticos enfermeros (2009/2011). NANDA. Definiciones y Calsificacion. Harcourt
Mcuan, B. (1997). Paciente Terminal y muerte. Doyma
Holloway, Nancy (2000). Planes de cuidados de Enfermeria Medico-quirurgica. Doyma
Klüber Ross (1987). Sobre la muerte y los moribundos. Grijalbo
Wilson, Susan; Thomson, June (2003). Trastornos respiratorios. Doyma

Bibliografía complementaria

Aportarase bibliografía actualizada a través de artigos científicos relacionados cos temas a traballar.

O estudante disporá de todos os materiais de traballo da maneira dixitalizada en Moodle.

  


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Anatomía/750G01001
Bioloxía/750G01002
Psicoloxía/750G01003
Fisioloxía I/750G01005
Fundamentos da Enfermaría/750G01007
Fisioloxía II/750G01010
Farmacoloxía/750G01011
Enfermaría Clínica I/750G01034

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Bases para a interpretación do coñecemento científico/750G01008
Ética profesional, marco legal e filosofía do coidado/750G01016
Estancias Clinicas I/750G01025

Materias que continúan o temario

Observacións
Esta materia ten en conta as recomendacións de SOSTENIBILIDADE MEDIO AMBIENTE, PERSOA E IGUALDADE DE XENERO:

- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia, realizarase a través da plataforma Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.

- Teranse en conta os principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

- Atendendo ás distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, nesta materia terase en conta a perspectiva de xénero velando pola non utilización dunha linguaxe sexista na aula, nos documentos desenvolvidos na materia e nas actividades docentes realizadas co alumnado.

- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas dentro da aula, influíndo na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

- Prestarase especial atención en detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

- Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso idóneo, igualitario e proveitoso á vida universitaria.

- Nesta materia, o profesorado, ten contraído o compromiso de aplicación da normativa da UDC ante situacións de plaxio.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías