Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Fisioloxía xeral Código 750G02003
Titulación
Grao en Podoloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Coordinación
Sangiao Alvarellos, Susana
Correo electrónico
susana.sangiao@udc.es
Profesorado
Sangiao Alvarellos, Susana
Correo electrónico
susana.sangiao@udc.es
Web http://www.culturacientifica.org / moodle.udc.es/
Descrición xeral O obxetivo desta materia é axudar ao alumno a coñecer e comprender os procesos fisiolóxicos que teñen lugar no corpo human. O alumno deberá asimilar e integrar diversos conceptos fisiolóxicos e con eles construír a súa noción do funcionamento do organismo; para iso traballarase en comprender os procesos que teñen lugar nos distintos órganos e sistemas, así como as relacións que existen entre eles e entre éstes e o medio externo.

Segundo a Memoria do Título de Grao en Podoloxía, o descriptor desta materia é: "Coñecer as materias de biofísica, fisioloxía e bioquímica relacionadas co corpo human. Principios inmediatos. Bioquímica e biofísica das membranas, músculos e nervios. Principios de biomecánica. Adquirir o coñecemento das funcións e regulación dos distintos órganos e sistemas do corpo humano".
Plan de continxencia Esta materia está en extinción e os alumnos unicamente teñen dereito a exame, por tanto, o único plan de continxencia será a realización do exame vía Moodle/Teams en caso da imposibilidade total para facer o exame presencial

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer o desenvolvemento embriolóxico nas distintas etapas de formación. A anatomía e fisioloxía humana. Estudo dos diferentes órganos, aparatos e sistemas. Esplacnoloxía vascular e nerviosa. Eixes e planos corporais. Anatomía específica do membro inferior.
A3 Coñecer as materias de biofísica, fisioloxía e bioquímica relacionadas co corpo humano. Principios inmediatos. Bioquímica e biofísica das membranas, músculos e nervios. Adquirir o coñecemento das funcións e regulación dos distintos órganos e sistemas do corpo humano.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Proporcionar os coñecementos necesarios para comprender e describir os métodos básicos da exploración funcional dos diferentes sistemas e aparellos e para utilizar os resultados normais destes. A1
A3
C1
Proporcionar os coñecementos necesarios para poder aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo en relación co traballo sanitario, tanto a nivel asistencial como a nivel de investigación. B3
Coñecer as materias de biofísica, fisioloxía e bioquímica relacionadas co corpo humano. Principios inmediatos. Bioquímica e biofísica das membranas, músculos e nervios. Adquirir ou coñecer as funcións e a regulación dos distintos órganos e sistemas do corpo humano. A1
A3
Proporcionar os mecanismos para aprender a traballar de forma colaborativa, comunicandose de maneira efectiva nunha contorna de traballo. E adquirir a capacidade de motivarse e motivar a outros, axudándose para conseguir o obxectivo. B7
C1
C4
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. B6
C4
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e das comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida, tamén valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía da información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. Así como a valoración crítica da xestión do exceso de información. C6
C8

Contidos
Temas Subtemas
A CÉLULA
1. Introducción.
A auga e o medio interno.

Homeostasis e sistemas de control.

Principios fundamentais en bioloxía.
2. Presión osmótica e intercambio de líquido entre compartimentos. Difusión.

Ósmosis.

Mecanismos polos que as sustancias atravesan a membrana celular.
AS CÉLULAS EXCITABLES
3. Potencial da membrana e potencial de acción.
Potencial de reposo.

Potencial de acción.

Propagación do potencial de acción.
4. Características xerais da neurona. Estructura dunha neurona.

Tipos morfolóxicos de neuronas.

Tipos funcionais de neuronas.

A sinapse.
5. Estrutura do músculo. Tipos de tecidos musculares.

Estrutura do músculo estriado.

Estrutura da miofibrilla.

Mecanismo de contracción muscular.

Tipos de fibras musculares esqueléticas.

Unidade motora.

Músculo estriado cardíaco.

Estructura do músculo liso.
6. Acoplamento excitación-contracción no músculo esquelético. Unión neuromuscular.

Farmacoloxía.

Propagación do potencial de acción polo interior da fibra muscular.

Liberación do Ca2+ polo retículo sarcoplásmico.

Recaptación do Ca2+.
FUNCIÓN NERVIOSA
7. Descripción xeral do sistema nervioso.
Sistema nervioso central.

Sistema nervioso periférico.

Tipos de células.
SANGRE E INMUNIDADE
8. Funcións e composición do sangue.
Funcions.

Composición.

Células do sangue.

Plasma.
9. Hemostasia. Mecanismos de coagulación.

Mecanismos anticoagulantes.

Eliminación dos coágulos.
10. O sistema inmunitario. Inmunidade xeral ou innata.

Inmunidade específica ou adquirida.

Grupos sanguíneos.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba mixta A1 A3 B3 B6 B7 C1 C4 C6 C8 2 148 150
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba mixta Exame final tipo test de resposta múltiple.

Atención personalizada
Metodoloxías
Descrición


Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A3 B3 B6 B7 C1 C4 C6 C8 Exame final tipo test de resposta múltiple 100
 
Observacións avaliación

Oportunidade adiantada: esta proba consistirá nun exame tipo test.

Segunda oportunidade (exame de xullo): consistirá na proba obxectiva indicada. Matrícula parcial: os alumnos con matrícula parcial avaliaranse coma o resto dos alumnos. Considerarase "non presentado" a calquera alumno que non se presente ó exame final.

Matrícula de honra: outorgarase aos alumnos que, obtendo cualificación de sobresaínte, teñan as puntuacións máis elevadas. No caso de empate, o que queira acceder a esta cualificación participará nunha nova proba obxectiva.


Fontes de información
Bibliografía básica Silverthorn, Dee Unglaub (). Fisiología humana : un enfoque integrado . Médica Panamericana
Gary A. Thibodeau e Kevin T. Patton (). Anatomía y Fisiología. Harcourt
Best & Taylor (). Bases fisiológicas de la práctica médica. Williams & Wilkins – Panamericana
Berne & Levy (). Fisiología. Harcourt
Costanzo, Linda S. (2018). Fisiología . Elsevier
Fox, Stuart Ira (2017). Fisiología humana. McGraw-Hill
Silverthorn (). Human Physiology. Prentice-Hall
Guyton (). Tratado de Fisiología Médica. Interamericana

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Bioloxía/750G02005

Materias que continúan o temario

Observacións

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol":

1. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

2. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías