Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) Podoloxía Preventiva Código 750G02015
Titulación
Grao en Podoloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
López López, Daniel
Correo electrónico
daniel.lopez.lopez@udc.es
Profesorado
Bouza Prego, Maria angeles
López López, Daniel
Correo electrónico
maria.prego@udc.es
daniel.lopez.lopez@udc.es
Web http://moodle.udc.es/
Descrición xeral A materia de Podoloxía Preventiva ten unha clara importancia de cara a que o alumnado, no marco do proceso de ensino-aprendizaxe da súa formación, desenvolva algunhas das habilidades e destrezas necesarias para mellorar a saúde das persoas en xeral e no tocante ao pé en particular.

Xa que logo, o seu valor é moi significativo para os futuros podólogos, ao posibilitarlles comprender e actuar sobre o proceso de saúde-enfermidade en xeral e no ámbito particular do pé. Está enfocada á adopción das medidas preventivas axeitadas en cada situación, así como a realizar unha educación sanitaria preventiva nos pacientes, os sanitarios e as persoas.

Por iso, dentro dos denominados procesos de promoción e prevención da saúde, faise fincapé na visión holística da saúde do pé, habida conta do seu interese e importancia dentro da tendencia actual da disciplina no mantemento e mellora da calidade de vida.

Competencias do título
Código Competencias do título
A17 Identificar e analizar os problemas de saúde do pé nos diferentes aspectos ambientais, biodinámicos e sociais, así como unha aprendizaxe relativa á avaliación dos feitos cientificamente probados e á análise dos datos en xeral, para aplicar a Podoloxía Baseada na Evidencia Científica.
A18 Coñecer e aplicar estratexias de prevención e educación para a saúde en podoloxía. Saúde laboral podolóxica. Prevención de riscos laborais en podoloxía. Saneamento e desinfección. Métodos de educación sanitaria podolóxica. Deseñar e avaliar os programas de educación para a saúde. Podoloxía preventiva. Antropoloxía da Saúde e da Enfermidade.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Identificar e analizar os problemas de saúde do pe nos diferentes aspectos ambientais, biodinámicos e sociaies. A17
B2
C7
Fomentar o aprendizaxe relativo á avaliación dos feitos científicamente probados e ó análisis dos datos en xeral para aplicar a Podoloxía Basada na Evidencia Científica. A17
B2
C3
Coñecer, deseñar e aplicar estratexias e programas de prevención e educación para a saúde en podoloxía, e os métodos de educación sanitaria podolóxica. A18
B2
C1
Coñecer e asumir a saúde laboral podolóxica e a prevención de riscos laborais en podoloxía. A18
B2
C5
Deseñar i evaluar os programas de educación para a saúde. A17
B3
C4
C6
Coñecer aa antropoloxía da Saúde e da Enfermidade, o saneamento e a desinfección. A17
B3
C8

Contidos
Temas Subtemas
1. Xeneralidades.

a) Conceptos relacionados coa podoloxía preventiva
b) Historia natural da enfermidade e niveis de prevención podolóxica
c) Características de cada nivel de asistencia sanitaria. Atención primaria de saúde
d) Programas infantís, de adultos, xerontopodolóxicos e para pacientes con necesidades especiais
e) Presente e futuro da podoloxía preventiva
2. Estratexias en Podoloxía Preventiva.

a) Estratexias de prevención. Vixilancia epidemiolóxica
b) Estratexias de prevención. Promoción da saúde en podoloxía. Hixiene podolóxica
c) Conceptos de estratexias. Estratexias útiles en podoloxía preventiva
3. Programa de Saúde Podolóxica. Cribados a) Discusión e análise de programas de saúde podolóxica
b) Exploración sistemática do pé para aprender a valorar: morfoloxía, mobilidade, apoio e marcha.
c) Realización e interpretación de pedigrafías específicas en nenos ou adultos
4. Educación Sanitaria Podolóxica.
a) Valorar o estado de saúde dunha poboación, en relación coa podoloxía preventiva, mediante a análise e interpretación dos indicadores de saúde publicados ou da experiencia adquirida polos propios alumnos
b) Análise e organización de actividades de educación sanitaria podolóxica. Deseño de obxectivos e actividades dirixidas a diferentes sectores da poboación
5. Saúde Laboral e Podoloxía Preventiva. Riscos Profesionais dos Podólogos
a) Podoloxía laboral. Vixilancia da saúde podolóxica
b) Lei de riscos laborais
c) Riscos profesionais en podoloxía e a súa prevención
d) Xestión de residuos sanitarios
6. Podoloxía Preventiva nas Enfermidades Transmisibles a) Bases xerais da prevención nas enfermidades transmisibles
b) Epidemioloxía xeral das enfermidades transmisibles
c) Podoloxía preventiva nas infeccións víricas, poliomielite, hepatite e VIH/sida
d) Podoloxía preventiva no tétano
e) Accións sanitarias sobre o suxeito susceptible. Vacinacións, soros e gammaglobulinas. Quimioprofilaxe
f) Podoloxía preventiva nas micoses. Dermatomicoses. Onicomicoses
Podoloxía preventiva noutras enfermidades transmisibles. Verrugas plantares
e) Accións sanitarias sobor o suxeito susceptible. Vacunaciónss, sueros e gammaglobulinas. Quimioprofilaxis
f) Podoloxía Preventiva nas Micoses. Dermatomicoses. Onicomicoses.
g) Podoloxía Preventiva en outras enfermidades transmisibles verrugas plantares.
7. Podoloxía Preventiva nas Enfermidades Non Transmisibles a) Enfermidades non transmisibles. Enfermidades crónicas
b) Enfermidades non transmisibles relacionadas coa podoloxía
c) Podoloxía preventiva nas enfermidades endócrinas e metabólicas. Pé diabético
d) Podoloxía preventiva nas enfermidades do sistema músculo-esquelético. Artrite e artrose
e) Podoloxía preventiva nos trastornos de orixe dérmica e neurolóxica. Lepra e dermatite
8. O Rol dos Podólogos no Equipo Multidisciplinar de Saúde a) Definición, integrantes e paradigma actual dun equipo de saúde
b) Percepción social da saúde do pé
c) Beneficios dun equipo multidisciplinar de saúde do pé
d) Funcións e xestión dun equipo de saúde
9. Podoloxía Preventiva e Calidade de Vida. a) Niveis de saúde e calidade de vida
b) A percepción da calidade de vida e os seus compoñentes
c) Referentes teóricos da calidade de vida
d) Características, dimensións e avaliación da calidade e vida.
Calidade de vida relacionada coa saúde en podoloxía.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba obxectiva B2 2 21 23
Seminario A17 A18 C1 C3 C5 20 40 60
Foro virtual B3 C4 C6 C7 C8 0 12 12
Sesión maxistral A17 A18 B3 16 32 48
 
Atención personalizada 7 0 7
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.

A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas.
Seminario Nos seminarios trátanse temas específicos das unidades didácticas do temario da materia. Sobre os devanditos temas desenvolveranse actividades en grupo que se entregarán a través da plataforma de teleensino Moodle, para a súa posterior exposición nos seminarios da materia.
Foro virtual Participación activa e periódica do alumnado a través da plataforma de teleensinanza moodle.
Esta ferramenta de comunicación asíncrona (foro) esta destinada ao tratamento das cuestións que se formulen a través dun contorno virtual de aprendizaxe, poñendo interese en xerar empatía e solucionar as tarefas que se proporcionen no proceso de ensino-aprendizaxe.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Os contidos teóricos básicos e outro material para traballar na aula ou fóra dela estará dispoñible na plataforma de teleensino Moodle.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba obxectiva
Sesión maxistral
Seminario
Foro virtual
Descrición
A atención personalizada está destinada a resolver as cuestións relacionadas cas diferentes metodoloxías e/ou os contidos da materia.

A atención presencial desenvolverase de forma programada nos horarios de atención ao alumnado por parte do profesorado; canto á virtual, efectuarase a través do foro virtual da plataforma de teleensinanza moodle.

Asemade o alumnado terá a posibilidade de conquerir titorías a maiores do horario establecido previo acordo co profesorado da materia e solicitude mediante enderezo electrónico no caso de que fose posible e non interfira nas actividades académicas asignadas.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva B2 O día do exame escrito facilitarase información sobre a puntuación das preguntas. 60
Sesión maxistral A17 A18 B3 A asistencia as aulas de sesión maxistral é obrigatoria na súa totalidade para superar a materia e non se poden recuperar ou sustituir por outras tarefas. 7.5
Seminario A17 A18 C1 C3 C5 As actividades relacionadas cos seminarios son obrigatorias e non poden recuperarse ou ser substituídas por outras actividades da materia. A súa cualificación especificarase con cada actividade.
25
Foro virtual B3 C4 C6 C7 C8 As actividades relacionadas co foro virtual (FV) son optativas e non poden recuperarse ou ser substituídas por outras actividades da materia.
A puntuación no FV especificarase o día da presentación da asignatura e estará a disposición do alumnado na plataforma de teleensinanza moodle.
7.5
 
Observacións avaliación

Na presentación da materia Podoloxía Preventiva explicarase sucintamente o programa e as normas para a súa avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario que establece a Universidade da Coruña, modificada polo Consello de Goberno de 29 de xuño de 2017 e que no seu artigo 14 indica o seguinte:

1) COMISIÓN DE FRAUDE E RESPONSABILIDADES DISCIPLINARIAS:

1. 1. Se durante a realización dunha proba de avaliación o profesorado responsable teñen coñecemento da quebra dos principios de decoro, legalidade ou mérito individual tales como o uso de documentos ou instrumentos non permitidos, acopia ou intento de copia dos resultados obtidos por compañeiros, a comunicación entre estudantado ou un comportamento impropio, procederase á expulsión inmediata do estudante da proba de avaliación e redactarase unha acta cos motivos, que se enviará ao decano ou director xunto coas verificacións documentais que estime oportunas para a súa valoración. Todo, sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese proceder de acordo coa cualificación da falta cometida polo alumno infractor.

1.2 Queda prohibido o acceso á realización das probas de avaliación con instrumentos electrónicos ou dispositivos móbiles acesos, non expresamente autorizados polo profesorado responsable, o cal será causa suficiente de expulsión da proba, logo de redactar a acta correspondente que se enviará ao centro.

1.3 A expulsión dunha proba de avaliación implicará a cualificación de suspenso (nota numérica de 0) na convocatoria da materia.

1.4. Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento.

2. PRIMEIRA OPORTUNIDADE CONVOCATORIA ORDINARIA

2.1. Cómpre asistir ao 80% das sesións maxistrais, dos seminarios, así como realizar as actividades propostas e obter unha puntuación total, nunha escala numérica de 1-10, dun 5 (apto/a). A devandita puntuación só computará no caso de superar a proba obxetiva (PO) da materia.

2.2. Debe obterse na PO da materia unha puntuación, nunha escala numérica de 1-10, dun 5 (apto/a).

2.3 O alumnado que obteña a máxima nota final da materia na primeira convocatoria, por encima do 9 e previa solicitude ao profesorado de petición razoada e por escrito de calificación graciable terá a posibilidade de obter a calificación de matrícula de honra.

No caso, de que existan varias solicitudes previas á revisión dos exámenes da convocatoria de xuño realizarase un novo examen sendo a nota máis alta acadada a que otorgará automáticamente a matricula de honra.

3. SEGUNDA CONVOCATORIA ORDINARIA, OPORTUNIDADE ADIANTADA E SUCESIVAS CONVOCATORIAS:

3.1 Cómpre obter na PO da materia unha puntuación,nunha escala numérica de 1-10, dun 5 (apto/a).

3.2 As calificacións dos seminarios non computarán aínda que será necesario tersuperadas as actividades para aprobar a materia en sucesivas convocatorias.

4. ALUMNADO DE MATRÍCULA PARCIAL:

4.1 Cómpre obter na PO da materia unha puntuación, nunha escala numérica de 1-10, dun 5 (apto/a).

5. CALIFICACIÓN NON PRESENTADO

5.1 O alumnado que non asista aos seminarios ou a PO na convocatoria establecida para avaliación outorgarase automáticamente a calificación de non presentado.


Fontes de información
Bibliografía básica López, D., Pérez, S., Palomo, P., Sánchez, R (2013). Aproximación al manejo de la enfermedad de Freiberg. . Revista Internacional de Ciencias Podológicas. 7 (1) 33-40.
López, D., Ramos, J., Alonso, F., García, R. (2012). Manual de Podología. Conceptos, Organización Psicológica y Práctica Clínica. . Madrid: CERSA.
American Diabetes Association (ADA) (2001). American Diabetes Association: Clinical practice recommendations 2001. . Diabetes Care, 24 (1), 1-133.
López, D., García, R., Alonso, F., & López, L. (2012). Análisis de la Prevención Podológica. Un Estudio a Través de Internet. Revista Internacional de Ciencias Podológicas, 6 (2) 63 – 72.
López, D., García, R., Alonso, F. y López, L. (2010). Análisis del Perfil y Estilo de Vida de las Personas con Patologías en los Pies. . Revista Internacional de Ciencias Podológicas, 4(2), 49-58.
López, D., Palomo, P., Morales, Á., Sánchez, R. (2013). Aproximación al manejo de la hiperhidrosis en el pie.. Rev. Int. Cienc. Podol. 2013; 7(2): 89-97.
Vileikyte, L., & González, J. S. (2008). Aspectos Psicosociales de las Complicaciones del Pie Diabético. En M.E. Levin L.W. & O´Neal (Eds). El Pie Diabético. (pp.589 - 598).. Barcelona: Elsevier.
López, D., Rodríguez, D., Morales, Á., Soriano, A. (2013). Carcinoma verrucoso plantar. A propósito de un caso poco frecuente.. Rev. Int. Cienc. Podol. 2013; 7(2): 83-88.
Llor, B., Abad, M. A., García, M., & Nieto, J. (1995). Ciencias Psicosociales Aplicadas a la Salud.. Madrid: McGraw Hill.
Snoek, F., Weinger, K., & Van der Ven, N (2002). Cognitive behaviour therapy: how to improve diabetes self-management. . Diabetes Voice, 47 (3), 10-13.
Simón, M. A. (1992). Comportamiento y salud. . Valencia: Promolibro.
Whitehead, M. (1990). Conceptos y principios de igualdad y salud. En Programa de políticas de salud y Planificación, OMS. . Copenhague: Ministerio de Sanidad y Consumo.
Losa, M.E., & Becerro de Bengoa, R. (2003). Criterios americanos de patología podológica. En A.E. Levy, & J.M. Cortes (Eds). Ortopodología y aparato locomotor. Ortopedia de pie y tobillo (pp. 455 - 481).. Barcelona: Masson.
Ramos, J. (2007). Detección Precoz y confirmación diagnóstica de alteraciones podológicas en la población escolar. (Tesis doctoral).. Universidad de Sevilla, Sevilla.
Losa, M.E., & Becerro de Bengoa, B. (2005). Diferente asunción de los avances en el campo de la biotecnología en la sociedad española y la norteamericana actual.. Madrid : C.E.R.S.A.
World Health Organisation. (2006). Diseases Conditions.. Geneva: WHO
Perea, R. (2005). Educación para la salud: reto de nuestro tiempo.. Madrid: Díaz Santos.
Salleras, L (1985). Educación Sanitaria, principios. . Madrid: Díaz de Santos
Beneson, A. S (1992). El control de las enfermedades. . Washington: Organización Panamericana de Salud.
Gould, N., Schneider, W., & Ashikaga, T (1980)). Epidemiological survey of foot problems in the continental United States: 1978-1979.. Foot & Ankle, 1(1), 8-10.
Becerro de Bengoa, R., Losa, M.E., & Berzosa, M. (2005). Estudio bibliométrico de la producción científica en materia de podología a través de la revista Podoscopio desde los años 1984-2001. Madrid: C.E.R.S.A.
López, FE., García, OB., Fornos, F., López, D., Cosín, J., López, L (2010). Estudio de las Verrugas Plantares Tratadas con Cantaridina. . Revista Salud Rural, 17 (15), 13-17.
Wise, E., Price, D., Myers, C., Heft, M., & Robinson, M. (2002). Gender role expectations of pain: relationship to experimental pain perception. Pain, 96 (3), 335-342.
Wild, S., Roglic, C., Green, A., Sicree, R., & King, H (2004). Global prevalence of diabetes: estimates for the year 2000 and projections for 2030.. Diabetes Care, 27, 1047-1053.
Garcia-Mira, R., Goluboff, M. (2005). he perception of urban space from two different viewpoints: pedestrians and automobile passengers. En R. Garcia-Mira, D.L. Uzzell, J.E. Real, & J. Romay (eds). Housing, space and quality of life, . England: Ashgate
Burzykowski, T., Molenberghs, G., Abeck, D., Haneke, E., Hay, R., Katsambas, A., Roseeuw, D., Van de (2003). High prevalence of foot diseases in Europe: results of the Achilles Project. . Mycoses, 46 (11-12), 496-505.
World Health Organisation. (2004). International Classification of Functioning, Disability and Health: Version for Children and Youth.WHO,. Geneva: WHO
Alvarez-Dardet, C., Alonso, J., Domingo, A. & Regidor, E. (1995). La medición de clase social en ciencias de la salud.. Barcelona: SG
Rodríguez-Marín, J. (1999). La Psicología de la Salud en la España actual. En : Simón, M.A (Eds). Manual de Psicología de la Salud. Fundamentos, Metodología y Aplicaciones, (pp. 177-216).. Madrid: Biblioteca Nueva S.L.
Agencia Nacional de Evaluación de la Calidad y Acreditación (2005). Libro Blanco. Título de Grado en Podología. Madrid
Vaquero, J. L. (1992). Manual de Medicina Preventiva y Salud Pública. Madrid: Pirámide
Simón, M. A., & Amenedo, E. (2001). Manual de Psicofisología Clínica. Madrid: Pirámide
Sánchez, A. (2007). Manual de Psicología Comunitaria. Un enfoque integrado.. Madrid: Pirámide.
Simón, M. A. (1999). Manual de Psicología de la Salud. Fundamentos, Metodología y Aplicaciones.. Madrid: Biblioteca Nueva S.L.
Rodíguez-Marín, J., & Neipp, M. C. (2008). Manual de Psicología Social de la Salud. . Editorial Síntesis.
Gil, P., Jr (2001). Medicina Preventiva y Salud Pública. (10ª Ed). . Barcelona: Masson.
Pumarola, A. (1980). Medicina Preventiva y Social: Higiene y sanidad ambiental. . Madrid: Amadeo.
World Health Organisation. (2001). nternational Classification of Functioning, Disability and Health (ICF). Geneva: WHO
Valk, G. D., Kriegsman, D. M. W., & Assendelft, W. J. J. (2002). Patient education for preventing diabetic foot ulceration: A systematic review. . Endocrinology & Metabolism Clinics of North America, 31 (3), 633-658.
Wikblad, K. F. (1991). Patient perspectives of diabetes care and education, . Journal of Advanced Nursing, 16 (7), 837–844.
Robbins, J.M (1995). Podología y Atención primaria.. Madrid: Panamericana.
López, D. (2011). Podología y Salud: Un análisis de las representaciones sociales de las enfermedades del pie desde una perspectiva psicosocial.. A Coruña: Universidade da Coruña.
Blain, H., & Jeandel, C (2007). Prevención y EnvejecimientoEn I. Herbaux, H. Blain, & C. Jeandel (Eds), Podología Geriátrica. (pp. 14-40).. Badalona : Paidotribo.
World Health Organisation (2004). Preventing Chronic disease – a vital investement.. Geneva: WHO
World Health Organisation. (2005). Preventing chronic disease – a vital investementent.. Geneva: WHO
Singh, N., Armstrong, D. G., & Lipsky, B. A (2005). Preventing Foot Ulcers in Patients With Diabetes.. Journal American Medical Association. 293 (12), 217 - 228.
Turner, W. A., & Merriman, L. M. (2007). Principios terapéuticos fundamentales. En W.A.Turner, & L.M. Merriman (Eds). Habilidades Clínicas para el tratamiento del pie. (pp 1-14).. Madrid : Elsevier.
Alonso, B., Martínez, A., Pérez, J.J., Blanco, O., Lado, M.E., González-Zaera, J., Hervada, J., & (2006). Programa galego de actividades saludables, exercicio e alimentación (PASEA). Documentos técnicos de saúde pública serie A. Nº 17. . Santiago de Compostela: Xunta de Galicia.
Gallar, M. (2006). Promoción de la salud y apoyo psicológico al paciente. Madrid: Paraninfo
Oblitas, L. A., & Becoña, E. (2008). Psicología de la Salud. . México: Plaza y Valdes Editores, S.A.
Godoy, J. F. (1999). Psicología de la Salud: delimitación conceptual. En M.A. Simón (Eds). Manual de Psicología de la Salud. Fundamentos, Metodología y Aplicaciones (pp. 39-45). Madrid: Biblioteca Nueva S.L
American Psychological Association. (2010). Publication manual of the American Psychological Association. (6th ed).. Washington, DC: American Psychological Association.
Ley 44/2003 de Ordenación de Profesiones Sanitarias. (). Recuperado 21 de Octubre, 2008. http://www.boe.es/boe/dias/2003/11/22/pdfs/A41442-41458.pdf
Álvarez, L. Y. (2006). Representaciones sociales de la salud y la enfermedad: Un estudio comparativo entre operadores de la salud y pacientes hospitalizados en Bucaramanga y Floridablanca. MedUnab, 9 (3), 2-10.
Gestal, J.J (1993). Riesgos del trabajo del personal. Madrid: Interamericana Mc Graw-Hill.
O´Donnel, T. (2007). Salud y promoción de la salud. En W.A Turner, & M.A. Merriman (Eds). Habilidades Clínicas para el tratamiento del pie, (pp. 69 -88).. Madrid: Elsevier.
López, D., Alonso, F., Rosende, C., López, L. (2011). Síndrome de Apert: Tratamiento Ortopédico. . Revista Internacional de Ciencias Podológicas 5(1), 29-35.
Álvarez, J. (2006). studio de las creencias, salud y enfermedad. Análisis Psicosocial.. Sevilla: Editorial Mad Sl.
Cabrera, G. (2004). Teorías y modelos en la salud pública del siglo XX.. Revista Colomb Med, 35(3), 164-168.

Bibliografía complementaria Adolfssonab, E. A., Starrinc, B., Smidea, B., & Wikblada, K (2008). Final del formularioType 2 diabetic patients’ experiences of two different educational approaches — A qualitative study.. Int J Nurs Stud, 45, (7), 986-994.
Corbett, C. (2003). A randomized pilot study of improving foot care in home health patients with diabetes. . The Diabetes Educator, 29(2), 273-282.
Cobb, J., Cornely, P.B, & Grubb, W. (1977). An assessment of foot health problems and related health manpower utilization and requirements.. Journal Of The American Podiatry Association, 67 (2), 102-114.
Álvarez-Calderón, O., Alonso, F., López, D., Gómez, B., & Sánchez, R. (2008). Análisis del calzado en una población mayor de 60 años. Revista Internacional de Ciencias Podológicas, 2 (1), 19-26.
Dananberg, H. J., & Guiliano, M. (1999). Chronic low-back pain and its response to custom-made foot orthoses. . JAPMA, 89, 109.
Pérez, R. (2006). (2006). Desigualdades en salud por clase social y Política Sanitaria. Las Encuestas de Salud de Cataluña (1994-2002). (Tesis Doctoral). . Universidad Autónoma de Barcelona, Barcelona.
Corrales, R. (1999). Epidemiología del pie cavo en la población escolar de Málaga. (Tesis doctoral).. Universidad de Málaga, Málaga.
Pérez, M. C. (1999). Epidemiología del pie plano en la población preescolar de Málaga. (Tesis doctoral). . Universidad de Málaga, Málaga.
Clayton, Y., & Hay, R. (1994). Epidemiology of fungal skin and nail disease: roundtable discussion held at Dermatology 2000, Vienna, 17 May 1993.. The British Journal Of Dermatology, 130, 439-11.
Calvo, A. (2007). Estudio de casos y controles para la evaluación de la asociación de parámetros morfológicos del pie y la presencia de Hallux Rigidus.(Tesis doctoral).. Universidad de Rovira y Virgili, Tarragona.
Domínguez, G., & Munuera, P. V. (2009). Evaluación Radiográfica del primer segmento metatarso-digital. En P.V Munuera (Ed). El primer radio biomecánica y ortopodología (pp. 73-103). . Santander: Exa Editores S.L.
Dananberg, H. J. (1986). Functional hallux limitus and its relationship to gait efficiency.. JAPMA, 76: 648.
Chumbler, N., & Grimm, J. W. (1993). Gender Differences in Establishing Podiatric Medical Careers. Sociol View, 9, 73-86.
Dysvik, E., Lindstrøm, T., Eikeland, O., & Natvig, G. (2004). Health-related quality of life and pain beliefs among people suffering from chronic pain.. Pain Management Nursing: Official Journal Of The American Society Of Pain Management Nurses, 5(2), 6
Anderson, S. E., & Whitaker, R.C. (2010). Household Routines and Obesity in US Preschool-Aged Children.. Pediatrics, 125, 420-428.
Touceda, S., Pérez, S., Barreiro, S., Puñal, M., Vázquez, R., & López, D. (2010). Incidencia de pie diabético en la Clínica Universitaria de Podología de la Universidad de La Coruña.. Revista Internacional de Ciencias Podológicas, 4 (2), 9-19
Crawford, F., Atkins, D., & Edwards, J. (2003). Interventions for treating plantar heel pain. . Cochrane Database Syst Rev 2003, CD000416
Ackerman, J. (2006). Lo malo de estar de Pie.. National Geographic, 6, 45-63.
Dananberg, H. J. (1995). Lower Extremity Mechanics and Their Effect on Lumbosacral Function. . Spine Review, 9 (2), 389-405.
Alemany, J., Flamarich, M., Mañe, F., & Sala, J (1998). Podología historia de una profesión. Barcelona: Index
Losa, M.E., Becerro de Bengoa, R., Saez., A, & Salvadores, P. (2009). Poor Sitting Posture and Metatarsus Adductus Deformity.. Journal of the American Podiatric Medical Association, 99 (2), 174-177.
Chen, J., Devine, A., Dick, I. M., Dhaliwal, S. S., & Prince, R (2003). Prevalence of lower extremity pain and its association with functionality and quality of life in elderly women in Australia.. J Rheumatol, 30, 2689 – 2693.
Chin, M. H., Auerbach, S. B., Cook, S., Harrison, J., Koppert, J., Jin, L., Thiel, F., Karrison, T. (2000). Quality of diabetes care in community health centers.. American Journal Of Public Health, 90(3), 431-434.
Dresch, V. (2006). Relaciones entre personalidad y salud física / psicológica diferencias según sexo / género, situación laboral y cultura / nación. (Tesis Doctoral). . Universidad Complutense de Madrid, Madrid.
Domínguez, G., Munuera, P. V., & Lafuente, G. (2006). Relatiive metatarsal protusion in the adult: a preliminary study.. J Am Podiatr Med Assoc, 96 (3), 238-44.
Coelho, M. S., Da Silva, D. M., & Padilha, M. L. (2009). Social representations of diabetic foot for people with type 2 diabetes mellitus.. Rev Esc Enferm USP, 43 (1), 65-71.
Dawson, J., Thorogood, M., Marks, S. A., Juszczak, E. D., Dodd, C., Lavis, G., & Fitzpatrick, R. (2002). The prevalence of foot problems in older women: a cause for concern. . Journal of Public Health Medicine, 24, 77-84.
Losa, M.E., & Becerro de Bengoa, R. (2008). Tratamiento no farmacológico del dolor en la osteoartritis basado en la evidencia.. Revista Española de Podología 19 (4), 154-156.
Cortes, J. A., Méndez-Bonito, E., Koutsourais, R., Utrilla, J., Macías, J., & Casado, M.A. (1996). ¿Cuál es la prevalencia de ancianos de alto riesgo en Atención Primaria?.. Atención Primaria, 18, 327-330.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Psicoloxía/750G02006
Patoloxía xeral/750G02008
Sistemas de Información e Comunicación en Ciencias da Saude/750G02010
Método científico e Saude Pública/750G02011
Podología xeral/750G02012
Ortopodoloxía 1/750G02017
Ortopodoloxía 2/750G02018
Patoloxía Podolóxica 1/750G02021
Técnicas e procedementos en prevención da infección/750G02032

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Ortopodoloxía 3/750G02019
Patoloxía Podolóxica 2/750G02022
Dermatoloxía/750G02026
Cirugía Podolóxica 1/750G02029

Materias que continúan o temario
Bioética. lexislación e gestión en podología/750G02016
Ortesioloxía dixital e calzadoterapia/750G02020
Podoloxía Deportiva/750G02025
Pe de risco/750G02031
Prácticum 1/750G02033
Prácticum 2/750G02034
Prácticum 3/750G02035
Traballo de fin de grao/750G02036

Observacións

Para axudar a conquerir unha contorna inmediata sustentable e cumprir o obxectivo estratéxico  do Plan de Sustentabilidade Medio-ambiental Green Campus FEP, todos os traballos documentais que se realicen nesta materia serán entregados a través de Moodle, en formato dixital, sen necesidade de imprimilos. 

De realizarse en papel: 

- Non se empregarán plásticos. 

- Realizaránse impresións a dobre cara. 

- Empregarase papel reciclado. 

- Evitaranse imprimir borradores.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías