Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Bioética. lexislación e xestión en podoloxía [a extinguir] Código 750G02016
Titulación
Grao en Podoloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
Gil Manso, Pedro
Correo electrónico
pedro.gil.manso@udc.es
Profesorado
Gil Manso, Pedro
Correo electrónico
pedro.gil.manso@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.gal/
Descrición xeral Esta materia proporciona coñecementos sobre os fundamentos da profesión podolóxica e as súas obrigacións deontolóxicas, así como a xestión clínica dos servizos de podoloxía.
A materia versará sobre: as obrigacións deontolóxicas da profesión, a lexislación vixente e os criterios de normopraxis. Dereitos do paciente. Responsabilidade civil e sanitaria. Problemas éticos no exercicio da profesión. Instrumentos que axuden ao profesional en caso de problemas éticos. Marco profesional. Dereitos e obrigacións do profesional. Xestión clínica dos servizos de podoloxía. Economía da saúde e uso eficiente dos recursos. Xestión dos servizos de saúde na atención e rehabilitación podolóxica no Sistema Sanitario Español. Autonomía do paciente. Manexo da documentación clínica: confidencialidade.

Competencias do título
Código Competencias do título
A13 Coñecer os Fundamentos da Podoloxía. Ergonomía. Historia da profesión e marco conceptual. Concepto de profesión. Nomenclatura técnica empregada en ciencias da saúde. Adquirir capacidade na xestión clínica dos servizos de podoloxía.
A14 Actuar en base ó cumprimento das obrigacións deontolóxicas da profesión, a lexislación vixente e os criterios de normopraxis. Dereitos do paciente. Responsabilidade civil e sanitaria. Problemas éticos no exercicio da profesión. Instrumentos que axuden ó profesional no caso de problemas éticos. Marco profesional. Dereitos e obrigacións do profesional.
A53 Adquirir capacidade na xestión clínica dos servizos de podoloxía.
A61 Coñecer o Sistema Sanitario Español e os aspectos básicos relacionados coa xestión dos servizos de saúde, fundamentalmente os que estean relacionados coa atención e rehabilitación podolóxica.
A64 Identificar e integrar a práctica profesional desde o respecto á autonomía do paciente; describir os elementos propios do manexo da documentación clínica con especial atención ós aspectos de confidencialidade; identificar os criterios básicos de xestión clínica, economía da saúde e uso eficiente dos recursos.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo.
B8 Coñecer e apreciar a diversidade e a multiculturalidade.
B10 Desenvolver a capacidade de liderado.
B12 Capacidade de xestión da información.
B15 Sensibilidade cara temas medioambientais.
B16 Capacidade de organización e planificación do tempo e o traballo.
B18 Capacidade para comunicarse con persoas non expertas na materia.
B19 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
B22 Fomentar e aplicar os dereitos fundamentais e a igualdade entre homes e mulleres.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e actúar en base ao cumprimento das obrigacións deontolóxicas da profesión, a lexislación vixente e os criterios de normo praxes A14
B12
B15
B22
C4
C8
Coñecer os dereitos e a autonomía do paciente. Coñecer e aplicar os conceptos de responsabilidade civil e sanitaria. Coñecer o manexo da documentación clínica: confidencialidade. A14
A64
B6
B8
B18
B19
C1
C4
Coñecer o marco profesional así como os dereitos e obrigacións do profesional. A14
B2
B3
B6
B7
C5
C7
Conocer los problemas éticos en el ejercicio de la profesión y los instrumentos que ayuden al profesional en caso de problemas éticos. A14
A64
B1
B19
B22
C4
C7
C8
Adquirir a capacidade de xestión clínica dos servizos de Podoloxía. Coñecer a Economía da saúde e uso eficiente dos recursos. Coñecer a xestión dos servizos de saúde na atención e rehabilitación podolóxica no Sistema Sanitario Español. A13
A53
A61
A64
B10
B12
B15
B16
C3
C4
C6

Contidos
Temas Subtemas
1.- Introducción á ética
1.1- Introdución. Noción xeral de Ética.
1.2- Conceptos: ética, moral, lexislación, deontoloxía.
1.3- Diferenzas entre Ética, Deontoloxía e Lexislación.
1.4- Diferentes perspectivas e tendencia da ética.
2.- Bioética
2.1. Introdución. Panorama histórico.
2.2. Concepto de bioética.
2.3. Principios bioéticas fundamentais.
3.- A Ética das profesións 3.1- Introdución.
3.2- Caracteres dunha actividade profesional.
3.3- Marco legal da profesión de podoloxía.
3.4- Código deontolóxico de Podoloxía. Obrigacións deontolóxicas do profesional de Podoloxía.
3.5-Problemas éticos no exercicio da profesión.
3.6-Instrumentos que axuden ao profesional en caso de problemas éticos.
3.7.- Criterios de normopraxes.
4.- Dereitos e deberes do paciente 4.1- Os dereitos e deberes dos usuarios na Lei Xeral de Sanidade.
4.2- Os dereitos e deberes dos usuarios no Código Deontolóxico de Podoloxía.
4.3- A Información e o consentimento informado.
4.4- Lexislación reguladora da autonomía do paciente e de dereitos e obrigacións en materia de información e documentación clínica.
4.5- Historia clínica.
4.6- Manexo da documentación clínica: confidencialidade.
5.- Dereitos e obrigacións do profesional. 5.1- Marco profesional.
5.2- Introdución ao concepto de responsabilidade profesional.
5.3- Responsabilidade civil e sanitaria.
5.4- A responsabilidade penal dos profesionais sanitarios.
5.5- Concepto de imprudencia profesional.
5.6- O segredo e a confidencialidade.
5.7- Colexiación e asociacionismo profesional.
6.- Xestión en Podoloxía
6.1- O sistema Sanitario Español.
6.2- Procedementos para a creación e xestión dunha clínica podolóxica.
6.3- Principios básicos da mercadotecnia.
6.4- Xestión clínica dos servizos de podoloxía.
6.5- Economía da saúde e uso eficiente dos recursos.
6.6- Xestión dos servizos de saúde na atención e rehabilitación podolóxica no Sistema Sanitario Español.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba de resposta múltiple A13 A14 A53 A61 A64 B1 B2 B3 B6 B7 B8 B10 B12 B15 B16 B18 B19 B22 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 2 143 145
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba de resposta múltiple Exame con 30 preguntas tipo test cunha única resposta correcta.
Devandito exame realizarase presencialmente empregando o campus vitual da materia, sobre a totalidade dos contidos da materia e todos os materiais entregados a través da plataforma Moodle así como os escenarios do "Estudo de casos".

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba de resposta múltiple
Descrición
A atención personalizada se desarrollará de forma programada en los horarios de tutorías del profesor y las horas de seminarios de la materia a través de la plataforma TEAMs.

La atención personalizada está destinada a resolver cualquier tema relacionado con las diferentes metodologías y/o contenidos de la materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de resposta múltiple A13 A14 A53 A61 A64 B1 B2 B3 B6 B7 B8 B10 B12 B15 B16 B18 B19 B22 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Exame con 30 preguntas tipo test cunha única resposta correcta.
Devandito exame realizarase presencialmente a través do Campus Virtual da materia e versará sobre a totalidade dos contidos da materia e todos os materiais entregados así como os escenarios do Estudo de casos.

INSTRUCIÓNS DO EXAME:
-Cada pregunta test respondidas de forma incorrecta descontará o valor de 1/2 (-50%) dunha pregunta correcta. En cada pregunta test só hai unha resposta totalmente correcta.
- Unha vez aberto o cuestionario as pregútas tipo irán aparecendo unha a unha (preguntas e respostas que son diferentes e en orde aleatoria para cada estudante), gardando tras cada paso á pregunta seguinte a resposta marcada (onde sempre hai unha engadida de Non sabe/Non contesta), polo que en caso dalgún fallo puntual de conexión ou do sistema poderase volver conectar e volver á última pregunta non contestada.

NORMAS XERAIS DO EXAME:
- Depositar carteiras, maletíns, bolsos, abrigos, apuntamentos, botellas e dispositivos electrónicos (incluíndo teléfonos móbiles e reloxos de calquera tipo) nos percheros e mesas do fondo da clase.
- Non portar pantalóns curtos nin saias e levar pelo recolleito, cos pavillóns auditivos visibles.
- Durante o exame na mesa só deberán de estar o exame, a tarxeta identificativa do estudante (DNI ou tarxeta UDC) e un máximo de 2 bolígrafos azuis non borrables.
- Durante o exame no computador só estará aberta a xanela co navegador (recoméndase Google Chrome) coa única pestana de acceso ao Campus Virtual no cuestionario do exame e o Administrador de Tarefas do Sistema, mostrando todos os programas activos.
- A copia, o acceso con instrumentos electrónicos ou dispositivos móbiles (incluíndo teléfonos móbiles, auriculares e reloxos de calquera tipo) así como a gravación ou captura de pantalla será causa suficiente de expulsión da proba o que implicará a cualificación de suspenso (nota numérica de 0) na convocatoria da materia (en ambas as oportunidades).
- Non escribir baixo ningún concepto na mesa nin mobiliario da aula.
- Ao finalizar o exame (antes de apagar o equipo e pechar o navegador e a sesión), cada estudante avisará ao docente responsable da proba de que finalizou o exame e mostrará a sua equipa coa evidencia da entrega do exame, os últimos documentos creados na equipa e o contido do portapapeles.
100
 
Observacións avaliación

 En tódalas modalidades e oportunidades de avaliación o exame teórico final suporá o 100% da cualificación da materia.

Optarán á cualificación de Matrícula de Honra aquela alumna ou alumna que obtendo unha cualificación global superior ao 95% sexa a mellor cualificación da clase na oportunidade avaliada e a súa achega nas clases escenarios e seminarios fose significativa, priorizando os casos nos que participase de eventos relacionados coa materia ademais do traballo opcional.

A cualificación de non presentado: outorgarase a aqueles alumnos que non se presentan ao exame.

 A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.


Fontes de información
Bibliografía básica (2014). Código deontológico de Podología.
GOMEZ JARA, M, NOVEL MARTÍ, V (2001). El ejercicio privado de las profesiones saniatrias: requisitos legales. Barcelona: Atelier Libros SA
ARANGUREN, J.L., (1989). Ética. Madrid: Alianza Universidad
Medina Castellano Carmen (2000). Ética y Legislación. Madrid: D.A.E Grupo Paradigma
Medina Castellano Carmen (2000). Etica y legislación. Madrid: Paradigma
Latorre, A (1985). Introducción al Derecho. Barcelona: Ariel
GOMEZ JARA, M (2007). La responsabilidad profesional sanitaria. Barcelona: Atelier Libros SA
(1986). Ley 14/1986, de 25 de abril, General de Sanidad.
(1990). Ley 25/1990, de 20 de diciembre, del medicamento.
(2002). Ley 41/2002 reguladora de la autonomía del paciente y derechos y obligaciones en materia de información y documentación clínica.
Novel i Martí, Virgínia; Fernández Herrera, Jesús M. Ramón Meseguer Planas (2009). Manual de Marketing para la consulta de podología. Nexus Médica
Moreno de la Fuente, José Luis (2013). Podología : emprendimiento, ética, legislación y gestión. Madrid : BDS
Noval Cinza Jose, et al (1997). Principios de bioética. A Coruña: Servicio de Publicaciones de la Universidad de A Coruña

Bibliografía complementaria Mosqueda-Diaz, A., Mendoza-Parra, S., Jofré-Aravena, V. (2014). Aporte de enfermería a la toma de decisiones en salud.. Rev Bras Enferm. mai-jun; 67(3):462-7
(). BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO. http://www.boe.es/diario_boe/
(). DERECHO.COM. http://www.derecho.com/
(). DIARIO OFICIAL DE GALICIA. http://www.xunta.es/consulta-do-dog
Arroyo P, Cortina A (1996). Ética y legislación en enfermería . Madrid: Interamericana
Arroyo MP, Serrano A (1988). Ética y Legislación en Enfermería. Madrid: Interamericana
Almenara P (1995). Ética y Legislación en Enfermería. Barcelona: Masson
ICN (1994). La ética en la práctica de la enfermería. Guia para la toma de decisiones éticas.. Ginebra: Consejo Internacional de Enfermeras.
Gil Calvo (2001). Nacidos para cambiar. Como construimos nuestras biografías.. Madrid: Taurus
(). NOTICIAS JURIDICAS. http://noticias.juridicas.com/
Becerro R, et al (2002). Prescripción y receta podológica. El Peu. 22(1):8-17
Marín Manuel (2003). Receta medica en podología. Revista Española de Podología: XIV (3):142-144
Calvo Sanchez, Dolores (2010). Secreto profesional en el ámbito de la enfermería.. Lisboa: Editorial Juruá
Garzón Alarcón, N (2001). Toma de decisiones éticas. Catadra Manuel Ancina. Etica y Bioética.
(). WESLAW (Aranzadi). http://www.udc.es/biblioteca/galego/Bases.htm


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Sistemas de Información e Comunicación en Ciencias da Saude [extinguida]/750G02010
Podología xeral [extinguida]/750G02012
Prácticum 1 [a extinquir]/750G02033

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Traballo de fin de grao [a extinguir]/750G02036

Observacións

OBXECTIVOS DE DESENVOLVIMENTO SOSTIBLE: Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol":

  • A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos, no caso de se realizar en papel: non se empregarán plásticos, realizaranse impresións a dobre cara, empregarase papel reciclado e evitarase a impresión de borradores.
  • Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural tendo en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.
  • Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.

MATERIAL DOCENTE. Tanto o material empregado na aula, como o dispoñible no campus Virtual e TEAMS da materia está protexido pola Lei de Propiedade Intelectual (Real Decreto Lexislativo 1/1996, do 12 de abril, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Propiedade Intelectual), e ponse ao dispor dos estudantes matriculados na materia, exclusivamente para o seu uso persoal.

 Calquera extracción destes materiais para poñelos ao dispor de terceiros por calquera outro medio (fotocopiadoras, correo electrónico, páxinas web etc.)/ etc.), é un acto ilícito que conlevará as medidas legais e disciplinarias pertinentes, considerándose unha falta grave ou moi grave de acordo co Regulamento Disciplinar do Estudantado da Universidade da Coruña e unha infracción grave ou moi grave da Lei de Propiedade Intelectual.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías