Identifying Data 2016/17
Subject (*) Ortopodoloxía 3 Code 750G02019
Study programme
Grao en Podoloxía
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 1st four-month period
Third Obligatoria 6
Language
Spanish
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Ciencias da Saúde
Coordinador
Santalla Borreiros, Fátima
E-mail
f.santalla@udc.es
Lecturers
Santalla Borreiros, Fátima
E-mail
f.santalla@udc.es
Web http://moodle.udc.es
General description A materia versará sobre as indicacións e contraindicacións na aplicación de prótese e férulas á extremidade inferior; deseño, obtención e aplicación mediante diferentes técnicas e materiais de prótese e férulas para as alteracións do pé, asi como a coñecer e desenvolver as técnicas de exploración, para emitir un diagnóstico e prognóstico, e deseñar o plan de tratamento ortopodolóxico da patoloxía da extremidade inferior.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A20 Coñecer e desenvolver as técnicas de exploración, para emitir un diagnóstico e pronóstico, e deseñar o plan de tratamento ortopodolóxico da patoloxía da extremidade inferior. Traumatismos óseos e músculo ligamentosos. Patoloxía do antepé e do retropé. Deformidades conxénitas. Lesións neurolóxicas. Amputacións. Asimetrías.
A22 Deseñar, obter e aplicar mediante diferentes técnicas e materiais os ortesis plantares e ortesis dixitais, próteses, férulas. Ortesioloxía plantar e digital. Estudo do calzado e calzadoterapia. Prescrición de tratamentos ortopédicos da extremidade inferior.
B1 Aprender a aprender.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo.
B9 Fomento dunha segunda lingua de interese para a profesión.
B11 Coñecementos de informática relativos ó seu ámbito de estudo.
B12 Capacidade de xestión da información.
B14 Implicación na calidade e busca da excelencia.
B19 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Coñecer e realizar a prescrición de tratamentos ortopédicos da extremidade. A20
A22
B1
B3
B5
B7
B9
B11
B12
B14
B19
C1
C3
C5
C7

Contents
Topic Sub-topic
I. INTRODUCCIÓN. CONCEPTOS GENERALES DE ORTOPROTÉSICA.
II. TRATAMENTO PROTÉSICO PARA AS AMPUTACIÓNS DO MEMBRO INFERIOR.
III. ORTESIS E AXUDAS PARA A MARCHA
IV. ORTESIS PARA A PATOLOXÍA DE CADEIRA
V. TRATAMENTO ORTÉSICO PARA A PATOLOXÍA PODOLÓXICA INFANTIL.
VI. TRATAMENTO ORTÉSICO PARA A PATOLOXÍA PODOLÓXICA XERIÁTRICA
VII. MANEXO ORTÉSICO DAS DEFORMIDADES CONXÉNITAS, LESIÓNS NEUROLÓXICAS E GRANDES DEFORMIDADES.

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Guest lecture / keynote speech A22 A20 B1 B9 C7 14 25 39
Workshop A20 A22 B1 B3 B5 B7 B9 B11 B12 B14 B19 C3 C5 C7 17 25 42
Laboratory practice A20 A22 B5 B7 B14 B19 18 6 24
Supervised projects A20 A22 B5 B9 B11 C3 C5 C7 4 16 20
Objective test A22 A20 B3 B12 C1 2 20 22
 
Personalized attention 3 0 3
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech Os contidos teóricos da materia serán impartidos mediante clases expositivas, con apoio de medios audiovisuais, imaxes, vídeos,... e con enfoque participativo por parte do alumno.
Workshop Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc) a través da que o alumnado reforzará o seu coñecemento teóricos, co apoio e supervisión do profesorado.
Laboratory practice Nas prácticas de Laboratorio o alumno debe pór en práctica os contidos teóricos da materia con actividades individuais ou en grupo.
Supervised projects O alumno desenvolverá un traballo obrigatorio en grupo sobre un plan de tratamento ortopodolóxico.
Objective test A proba obxectiva constará de preguntas tipo test, relacionadas cos contidos expostos nas sesións maxistrais, talleres e prácticas de laboratorio.

Personalized attention
Methodologies
Guest lecture / keynote speech
Supervised projects
Description
A atención personalizada realizarase de forma presencial e/ou virtual de forma programada co profesor.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Objective test A22 A20 B3 B12 C1 A proba mixta consistirá nun exame tipo test.
O día do exame facilitarase por escrito a puntuación das preguntas.
Devandito exame realizarase sobre a totalidade dos contidos da materia e todos os contidos desenvolvidos tanto nas sesións maxistrais, como en talleres, prácticas de laboratorio e exposición de traballos tutelados.
É necesario obter, polo menos, un 50% da cualificación total da proba obxectiva para superar a materia.
60
Laboratory practice A20 A22 B5 B7 B14 B19 SERÁ OBRIGATORIO A ASISTENCIA Á TOTALIDADE DAS PRÁCTICAS DE LABORATORIO PARA SUPERAR A MATERIA.
Ao comezo de curso elaborarase un calendario de prácticas por grupo. Nos últimos días das prácticas realizarasé un examen práctico sobre un caso clínico simulado no que o alumno deberá elaborar un tratamiento ortopodolóxico. É necesario obter, polo menos, un 50 % da calificación total das prácticas de laboratorio para superar a materia
20
Workshop A20 A22 B1 B3 B5 B7 B9 B11 B12 B14 B19 C3 C5 C7 Avaliarase a presencialidad e participación do alumno nas diferentes actividades realizadas nos talleres. Non é obrigatoria a asistencia aos obradoiros para superar a materia, pero si avaliable. 10
Supervised projects A20 A22 B5 B9 B11 C3 C5 C7 Avaliarase o interese do tema, a procura bibliográfica e a estrutura e contido do traballo. O alumno deberá expoñer de forma oral o traballo na clase e a exposición tamen computará na avaliación. A asistencia a exposición dos traballos e obrigatoria.
Ao comezo de curso fixarase a data límite de entrega de traballos e a data de exposición. É necesario obter, polo menos, un 50 % da calificación total do traballo tutelado para superar a materia.
10
 
Assessment comments

PARA SUPERAR A MATERIA É NECESARIO:

- PRÁCTICAS DE LABORATORIO: Asistir á totalidade das prácticas de laboratorio. Superar a proba práctica cun 50% da cualificación total desta.

- TRABALLOS TUTELADOS: Realizar o traballo tutelado de acordo ás pautas do profesor. Obter, polo menos, un 50% da cualificación total do traballo tutelado. A asistencia á exposición dos traballos tutelados é obrigatoria.

- PROBA OBXECTIVA: Superar a proba obxectiva cun 50% da cualificación total desta.


É NECESARIO QUE A SUMA DE TÓDALAS METODOLOXIAS OBTEÑAN UN 50% DA CUALIFICACIÓN TOTAL DA MATERIA

MATRICULA DE HONRA. Os alumnos con nota igual ou superior a 9 poderán optar a matrícula de honra. A decisión tomarase por nota máis altas.

NON PRESENTADO. Os alumnos que non se presenten á proba mixta serán avaliados como "NON PRESENTADOS", independentemente da participación noutras actividades.

MATRICULA PARCIAL. Para superar a materia deben superar nun 50% a nota da proba obxectiva e nun 50% a nota das Prácticas de laboratorio. A asistencia ás Prácticas de laboratorio É obrigatoria. O traballo tutelado teñen a posibilidade de facelo de modo individual. A asistencia ós obradoiros pode ser sustituida pola realización dun Traballo a acordar co profesor. O alumno debe informar ó profesor desa situación como moito ata un mes despois do inicio das clases.

OPORTUNIDADE ADIANTADA. O alumno que non teña pendente mais de 12 créditos, de materias das que xa estivese matriculado nalgún curso académico, ou de 18 créditos correspondentes ás prácticas, ademais do TFG, para finalizar os seus estudos poderá concorrer a unha oportunidade adiantada de avaliación, que se realizará antes da finalización das actividades académicas do 1º cuadrimestre, naquelas datas que se establezan no calendario académico aprobado polo Consello de Goberno. Os criterios de avaliación serán os mesmos que para o resto do alumnado.

2º O POSTERIORES OPORTUNIDADES. Os alumnos presentados a 2º ou posteriores oportunidades gardaráselles as notas da parte de proba práctica, obradoiros, traballos tutelados e exposición oral sempre que participase e superase as diferentes actividades.


Sources of information
Basic Oriol Cohí, Lluís Ximeno (2011). Actualizaciones en técnica ortopédica.. Barcelona: Masson
Viosca Herrero, Enrique (2004). Guía de uso y prescripción de productos ortoprotésicos a medida. Valencia: Instituto de Biomecánica de Valencia (IBV)
Viladot Pericé, Ramón. (2005). Ortesis y prótesis del aparato locomotor.. Barcelona:Masson
Staheli, Lynn T. (2002). Ortopedia pediátrica. Madrid: Marban
Zambudio Periago, Ramón (2009). Prótesis, ortesis y ayudas técnicas.. Barcelona: Elsevier Masson

Ao longo do curso, xunto con cada unidade da materia, facilitaraselle ao alumno referencias bibliográficas específicas.

Complementary


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before
Anatomía específica do membro inferior/750G02002
Biomecánica do membro inferior/750G02013
Ortopodoloxía 1/750G02017
Ortopodoloxía 2/750G02018
Patoloxía Podolóxica 1/750G02021

Subjects that are recommended to be taken simultaneously
Patoloxía Podolóxica 2/750G02022

Subjects that continue the syllabus
Prácticum 1/750G02033
Prácticum 2/750G02034
Prácticum 3/750G02035

Other comments


(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.