Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) Ortopodoloxía 3 Código 750G02019
Titulación
Grao en Podoloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
Santalla Borreiros, Fátima
Correo electrónico
f.santalla@udc.es
Profesorado
Santalla Borreiros, Fátima
Correo electrónico
f.santalla@udc.es
Web http://moodle.udc.es
Descrición xeral A materia versará sobre as indicacións e contraindicacións na aplicación de prótese e férulas á extremidade inferior; deseño, obtención e aplicación mediante diferentes técnicas e materiais de prótese e férulas para as alteracións do pé, asi como a coñecer e desenvolver as técnicas de exploración, para emitir un diagnóstico e prognóstico, e deseñar o plan de tratamento ortopodolóxico da patoloxía da extremidade inferior.

Competencias do título
Código Competencias do título
A20 Coñecer e desenvolver as técnicas de exploración, para emitir un diagnóstico e pronóstico, e deseñar o plan de tratamento ortopodolóxico da patoloxía da extremidade inferior. Traumatismos óseos e músculo ligamentosos. Patoloxía do antepé e do retropé. Deformidades conxénitas. Lesións neurolóxicas. Amputacións. Asimetrías.
A22 Deseñar, obter e aplicar mediante diferentes técnicas e materiais os ortesis plantares e ortesis dixitais, próteses, férulas. Ortesioloxía plantar e digital. Estudo do calzado e calzadoterapia. Prescrición de tratamentos ortopédicos da extremidade inferior.
B1 Aprender a aprender.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo.
B9 Fomento dunha segunda lingua de interese para a profesión.
B11 Coñecementos de informática relativos ó seu ámbito de estudo.
B12 Capacidade de xestión da información.
B14 Implicación na calidade e busca da excelencia.
B19 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e realizar a prescrición de tratamentos ortopédicos da extremidade. A20
A22
B1
B3
B5
B7
B9
B11
B12
B14
B19
C1
C3
C5
C7

Contidos
Temas Subtemas
I. INTRODUCCIÓN. CONCEPTOS XERAIS DE ORTOPROTÉSICA.
II. TRATAMENTO PROTÉSICO PARA AS AMPUTACIÓNS DO MEMBRO INFERIOR.
III. ORTESIS E AXUDAS PARA A MARCHA
IV. ORTESIS PARA A PATOLOXÍA DE CADEIRA
V. MANEXO ORTÉSICO DA PATOLOXÍA PODOLÓXICA INFANTIL
VI. MANEXO ORTÉSICO DA PATOLOXÍA PODOLÓXICA XERIÁTRICA
VII. MANEXO ORTÉSICO DAS DEFORMIDADES CONXÉNITAS, LESIÓNS NEUROLÓXICAS E GRANDES DEFORMIDADES.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A20 A22 B1 B9 C7 14 25 39
Obradoiro A20 A22 B1 B3 B5 B7 B9 B11 B12 B14 B19 C3 C5 C7 17 25 42
Prácticas de laboratorio A20 A22 B5 B7 B14 B19 18 6 24
Traballos tutelados A20 A22 B5 B9 B11 C3 C5 C7 4 16 20
Proba obxectiva A20 A22 B3 B12 C1 2 20 22
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Os contidos teóricos da materia serán impartidos mediante clases expositivas, con apoio de medios audiovisuais, imaxes, vídeos,... e con enfoque participativo por parte do alumnado.
Obradoiro Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (prácticas guiadas, exposicións, simulacións, debates, solución de problemas,... etc) a través da que o alumnado reforzará o seu coñecemento teóricos, co apoio e supervisión do profesorado.
Prácticas de laboratorio Nas prácticas de Laboratorio o alumnado debe pór en práctica os contidos teóricos da materia con actividades individuais ou en grupo.
Traballos tutelados O alumnado desenvolverá un traballo obrigatorio en grupo sobre un plan de tratamento ortopodolóxico.
Proba obxectiva A proba obxectiva constará de preguntas tipo test, relacionadas cos contidos expostos nas sesións maxistrais, talleres e prácticas de laboratorio.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Traballos tutelados
Descrición
A atención personalizada realizarase de forma presencial e/ou virtual de forma programada coa profesora.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A20 A22 B3 B12 C1 A proba mixta consistirá nun exame tipo test.
O día do exame facilitarase por escrito a puntuación das preguntas.
Devandito exame realizarase sobre a totalidade dos contidos da materia e todos os contidos desenvolvidos tanto nas sesións maxistrais, como en talleres, prácticas de laboratorio e exposición de traballos tutelados.
É necesario obter, polo menos, un 50% da cualificación total da proba obxectiva para superar a materia.
60
Prácticas de laboratorio A20 A22 B5 B7 B14 B19 SERÁ OBRIGATORIO A ASISTENCIA Á TOTALIDADE DAS PRÁCTICAS DE LABORATORIO PARA SUPERAR A MATERIA.
Ao comezo de curso elaborarase un calendario de prácticas por grupo. Nos últimos días das prácticas realizarasé un examen práctico sobre un caso clínico simulado no que o alumnado deberá elaborar un tratamento ortopodolóxico. É necesario obter, polo menos, un 50 % da calificación total do examen práctico para superar a materia
20
Obradoiro A20 A22 B1 B3 B5 B7 B9 B11 B12 B14 B19 C3 C5 C7 Avaliarase a presencialidad e participación do alumnado nas diferentes actividades realizadas nos talleres. Non é obrigatoria a asistencia aos obradoiros para superar a materia, pero si avaliable. 10
Traballos tutelados A20 A22 B5 B9 B11 C3 C5 C7 Avaliarase o interese do tema, a procura bibliográfica e a estrutura e contido do traballo. O alumnado deberá expoñer de forma oral o traballo na clase e a exposición tamen computará na avaliación. A asistencia a exposición dos traballos e obrigatoria.
Ao comezo de curso fixarase a data límite de entrega de traballos e a data de exposición. É necesario obter, polo menos, un 50 % da calificación total do traballo tutelado para superar a materia.
10
 
Observacións avaliación

PARA SUPERAR A MATERIA É NECESARIO:

- PRÁCTICAS DE LABORATORIO: Asistir á totalidade das prácticas de laboratorio. Superar a proba práctica cun 50% da cualificación total desta.

- TRABALLOS TUTELADOS: Realizar o traballo tutelado de acordo ás pautas do profesor. Obter, polo menos, un 50% da cualificación total do traballo tutelado. A asistencia á exposición dos traballos tutelados é obrigatoria.

- PROBA OBXECTIVA: Superar a proba obxectiva cun 50% da cualificación total desta.


É NECESARIO QUE A SUMA DE TÓDALAS METODOLOXIAS OBTEÑAN UN 50% DA CUALIFICACIÓN TOTAL DA MATERIA

MATRICULA DE HONRA. O alumnado con nota igual ou superior a 9 poderán optar a matrícula de honra. A decisión tomarase por nota máis altas.

NON PRESENTADO. O alumnado que non se presente á proba mixta será avaliado como "NON PRESENTADO", independentemente da participación noutras actividades.

MATRICULA PARCIAL. Para superar a materia deben superar nun 50% a nota da proba obxectiva e nun 50% a nota das Prácticas de laboratorio. A asistencia ás Prácticas de laboratorio É obrigatoria. O traballo tutelado teñen a posibilidade de facelo de modo individual. É obrigatorio a exposición e a asistencia ó día da exposición.A asistencia ós obradoiros pode ser sustituida pola realización dun Traballo a acordar co profesor. O alumnado debe informar ó profesor desa situación como moito ata un mes despois do inicio das clases.

OPORTUNIDADE ADIANTADA. O alumnado que non teña pendente mais de 12 créditos, de materias das que xa estivese matriculado nalgún curso académico, ou de 18 créditos correspondentes ás prácticas, ademais do TFG, para finalizar os seus estudos poderá concorrer a unha oportunidade adiantada de avaliación, que se realizará antes da finalización das actividades académicas do 1º cuadrimestre, naquelas datas que se establezan no calendario académico aprobado polo Consello de Goberno. Os criterios de avaliación serán os mesmos que para o resto do alumnado.

2º O POSTERIORES OPORTUNIDADES. O alumnado presentado a 2º ou posteriores oportunidades gardaráselles as notas da parte de proba práctica, obradoiros, traballos tutelados e exposición oral sempre que participase e superase as diferentes actividades.


Fontes de información
Bibliografía básica Oriol Cohí, Lluís Ximeno (2011). Actualizaciones en técnica ortopédica.. Barcelona: Masson
Viosca Herrero, Enrique (2004). Guía de uso y prescripción de productos ortoprotésicos a medida. Valencia: Instituto de Biomecánica de Valencia (IBV)
Viladot Pericé, Ramón. (2005). Ortesis y prótesis del aparato locomotor.. Barcelona:Masson
Staheli, Lynn T. (2002). Ortopedia pediátrica. Madrid: Marban
Zambudio Periago, Ramón (2009). Prótesis, ortesis y ayudas técnicas.. Barcelona: Elsevier Masson

Ao longo do curso, xunto con cada unidade da materia, facilitaraselle ao alumno referencias bibliográficas específicas.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Anatomía específica do membro inferior/750G02002
Biomecánica do membro inferior/750G02013
Ortopodoloxía 1/750G02017
Ortopodoloxía 2/750G02018
Patoloxía Podolóxica 1/750G02021

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Patoloxía Podolóxica 2/750G02022

Materias que continúan o temario
Prácticum 1/750G02033
Prácticum 2/750G02034
Prácticum 3/750G02035

Observacións

 Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co obxectivo da acción

número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción

Green Campus Ferrol":

1.- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

1.1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático

1.2. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos

 2.- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio

natural

 3.- Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase

incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase

bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e

alumnas…).

4.- Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou

socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida

universitaria



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías