Identifying Data 2020/21
Subject (*) Podiatric Orthopedics 3 Code 750G02019
Study programme
Grao en Podoloxía
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 1st four-month period
Third Obligatory 6
Language
Spanish
Galician
Teaching method Hybrid
Prerequisites
Department Ciencias da Saúde
Coordinador
Santalla Borreiros, Fátima
E-mail
f.santalla@udc.es
Lecturers
Santalla Borreiros, Fátima
E-mail
f.santalla@udc.es
Web http://moodle.udc.es
General description A materia versará sobre as indicacións e contraindicacións na aplicación de prótese e ortesis á extremidade inferior; deseño, obtención e aplicación mediante diferentes técnicas e materiais de prótese e ortesis para as alteracións do pé, asi como a coñecer e deseñar o plan de tratamento ortopodolóxico da patoloxía da extremidade inferior.
Contingency plan 1. Modificacións nos contidos
Ningún

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
-Sesión magistral virtual.
-Traballos tutelados.

*Metodoloxías docentes que se modifican
-Prácticas de laboratorio. De non poder realizarse as prácticas de laboratorio intentarase a recuperación de, como mínimo, o 50% das mesmas dentro do periodo permitido.

Obradoiro. Os obradoiros presencias de darse o caso de non poder realizarse serán sustituidos pola metodoloxía de resolución de casos clínicos.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
A atención personalizada realizarase a través do correo electrónico e da plataforma Teams no horario de tutorías da docente.

4. Modificacións na avaliación
As metodoloxías e porcentaxes de avaliación se manteñen.
-OBRADOIRO. Avaliarase a participación nos obradoiros realizados presencialmente e/ou os levados a cabo de xeito virtual.
-PRÁCTICAS DE LABORATORIO. De darse a situación de non poder levar a cabo a totalidade das prácticas o alumnado deberá realizar un mínimo do 50% das prácticas de laboratorio para superar a materia, recuperándose posteriormente no periodo permitido. Nesta situación avaliarase as prácticas realizadas( mínimo 50%), cun poscentaxe do 30% da avaliación.

*Observacións de avaliación:


5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía

Sen cambios

Study programme competencies
Code Study programme competences
A20 Coñecer e desenvolver as técnicas de exploración, para emitir un diagnóstico e pronóstico, e deseñar o plan de tratamento ortopodolóxico da patoloxía da extremidade inferior. Traumatismos óseos e músculo ligamentosos. Patoloxía do antepé e do retropé. Deformidades conxénitas. Lesións neurolóxicas. Amputacións. Asimetrías.
A22 Deseñar, obter e aplicar mediante diferentes técnicas e materiais os ortesis plantares e ortesis dixitais, próteses, férulas. Ortesioloxía plantar e digital. Estudo do calzado e calzadoterapia. Prescrición de tratamentos ortopédicos da extremidade inferior.
B1 Aprender a aprender.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo.
B9 Fomento dunha segunda lingua de interese para a profesión.
B11 Coñecementos de informática relativos ó seu ámbito de estudo.
B12 Capacidade de xestión da información.
B14 Implicación na calidade e busca da excelencia.
B19 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Coñecer e realizar a prescrición de tratamentos ortopédicos da extremidade inferior. A20
A22
B1
B3
B5
B7
B9
B11
B12
B14
B19
C1
C3
C5
C7
Deseñar e obter mediante diferentes técnicas e materiais os ortesis plantares e próteses das patoloxía do antepé e do retropé, deformidades conxénitas, lesións neurolóxicas, amputacións e asimetrías. A20
A22
B1
B3
B5
B7
B9
B11
B12
B14
B19
C1
C3
C5
C7

Contents
Topic Sub-topic
I. INTRODUCCIÓN. CONCEPTOS XERAIS DE ORTOPROTÉSICA.
II. TRATAMENTO PROTÉSICO PARA AS AMPUTACIÓNS DO MEMBRO INFERIOR.
III. ORTESIS E AXUDAS PARA A MARCHA
IV. ORTESIS PARA A PATOLOXÍA DE CADEIRA
V. MANEXO ORTÉSICO DA PATOLOXÍA PODOLÓXICA INFANTIL
VI. MANEXO ORTÉSICO DA PATOLOXÍA PODOLÓXICA XERIÁTRICA
VII. MANEXO ORTÉSICO DAS DEFORMIDADES CONXÉNITAS, LESIÓNS NEUROLÓXICAS E GRANDES DEFORMIDADES.

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Guest lecture / keynote speech A20 A22 B1 B9 C7 14 25 39
Workshop A20 A22 B1 B3 B5 B7 B9 B11 B12 B14 B19 C3 C5 C7 17 25 42
Laboratory practice A20 A22 B5 B7 B14 B19 18 6 24
Supervised projects A20 A22 B5 B9 B11 C3 C5 C7 4 16 20
Objective test A20 A22 B3 B12 C1 2 20 22
 
Personalized attention 3 0 3
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech Os contidos teóricos da materia serán impartidos de modo virtual mediante clases expositivas, con apoio de medios audiovisuais, imaxes, vídeos,... e con enfoque participativo por parte do alumnado.
Workshop Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (prácticas guiadas, exposicións, simulacións, debates, solución de problemas,... etc) a través da que o alumnado reforzará o seu coñecemento teóricos, co apoio e supervisión do profesorado. Esta metodoloxía levarase a cabo de modo virtual e presencial. Ó comenzo de curso fixarase as datas e grupos dos diferentes obradoiros tanto presenciais como virtuais.
Laboratory practice Nas prácticas de Laboratorio o alumnado debe pór en práctica os contidos teóricos da materia con actividades individuais ou en grupo.
Supervised projects O alumnado desenvolverá un traballo obrigatorio en grupo sobre un plan de tratamento ortopodolóxico.
Objective test A proba obxectiva está relacionada cos contidos expostos nas sesións maxistrais, talleres e prácticas de laboratorio.

Personalized attention
Methodologies
Guest lecture / keynote speech
Supervised projects
Description
A atención personalizada realizarase de forma virtual a través do correo electrónico ou Teams programada previamente coa profesora.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Objective test A20 A22 B3 B12 C1 Devandito exame realizarase sobre a totalidade dos contidos da materia e todos os contidos desenvolvidos tanto nas sesións maxistrais, como en talleres, prácticas de laboratorio e exposición de traballos tutelados.
É necesario obter, polo menos, un 50% da cualificación total da proba obxectiva para superar a materia.
15 días antes da proba facilitaráselle ó alumnado as indicacións, tipo de preguntas e puntuación das preguntas do examen.
40
Laboratory practice A20 A22 B5 B7 B14 B19 SERÁ OBRIGATORIO A ASISTENCIA Á TOTALIDADE DAS PRÁCTICAS DE LABORATORIO PARA SUPERAR A MATERIA.
O alumnado que teña faltas de puntualidade e de actitude durante as prácticas, será penalizado en cada ocasión, sobre a nota de prácticas.
Ao comezo de curso elaborarase un calendario de prácticas por grupo. Nos últimos días das prácticas realizarasé un examen práctico sobre un caso clínico simulado no que o alumnado deberá elaborar un tratamento ortopodolóxico. É necesario obter, polo menos, un 50 % da calificación total do examen práctico para superar a materia
30
Workshop A20 A22 B1 B3 B5 B7 B9 B11 B12 B14 B19 C3 C5 C7 Avaliarase a presencialidade e participación en directo do alumnado nas diferentes actividades realizadas nos obradoiros. Aquel alumnado que por problemas de conectividade nas sesións virtuais participe de xeito diferido deberá realizar unha actividade que verifique a adquisición dos obxectivos do obradoiro. Non é obrigatoria a asistencia aos obradoiros para superar a materia, pero si avaliable. 15
Supervised projects A20 A22 B5 B9 B11 C3 C5 C7 Avaliarase o interese do tema, a procura bibliográfica e a estrutura e contido do traballo. O alumnado deberá expoñer de forma oral e virtual o traballo e a exposición tamen computará na avaliación. Salvo causa xustificada todo o alumnado debe estar presente na exposición dos traballos de xeito virtual.
Ao comezo de curso fixarase a data límite de entrega de traballos e a data de exposición. É necesario obter, polo menos, un 50 % da calificación total do traballo tutelado para superar a materia.
15
 
Assessment comments

PARA SUPERAR A MATERIA É NECESARIO:

- PRÁCTICAS DE LABORATORIO: Asistir á totalidade das prácticas de laboratorio. Superar a proba práctica cun 50% da cualificación total desta.

- TRABALLOS TUTELADOS: Realizar o traballo tutelado de acordo ás pautas do profesor. Obter, polo menos, un 50% da cualificación total do traballo tutelado. E obrigatorio a asistencia á exposición dos traballos tutelados, salvo causas xustificadas.

- PROBA OBXECTIVA: Superar a proba obxectiva cun 50% da cualificación total desta.


É NECESARIO QUE A SUMA DE TÓDALAS METODOLOXIAS OBTEÑAN UN 50% DA CUALIFICACIÓN TOTAL DA MATERIA

MATRICULA DE HONRA. O alumnado con nota igual ou superior a 9 poderán optar a matrícula de honra. A decisión tomarase pola nota máis altas. De existir empate tomarase como referencia a nota máis alta das metodoloxías dende as de máis peso as de menor peso na avaliación.

NON PRESENTADO. O alumnado que non se presente á proba mixta será avaliado como "NON PRESENTADO", independentemente da participación noutras actividades.

MATRICULA PARCIAL. Para superar a materia deben superar nun 50% a nota da proba obxectiva e nun 50% a nota das prácticas de laboratorio. A asistencia ás prácticas de laboratorio é obrigatoria. O traballo tutelado teñen a posibilidade de facelo de modo individual. É obrigatorio a exposición e a asistencia ó día da exposición dos traballos, salvo causas xustificadas. A asistencia ós obradoiros pode ser sustituida pola realización dun traballo a acordar co profesor. O alumnado debe informar ó profesor desa situación como moito ata un mes despois do inicio das clases.

DISPENSA. O alumnado con solicitud de dispensa ten a obriga de asistir á totalidade das prácticas de laboratorio. A avaliación das prácticas de laboratorio será a mesma que para o resto do alumnado, cunha puntuación do 30 % sobre a nota, tendo que superar a mesma nun 50%. E terá a opción de ser avaliado do resto das competencias na proba obxetiva cunha puntuación do 70%, sendo requisito imprescindible para superar a materia aprobar cunha puntuación igual ou superior ó 50%. Neste caso a proba obxetiva contará con preguntas tipo test e pregunta escrita.

OPORTUNIDADE ADIANTADA. O alumnado que non teña pendente mais de 12 créditos, de materias das que xa estivese matriculado nalgún curso académico, ou de 18 créditos correspondentes ás prácticas, ademais do TFG, para finalizar os seus estudos poderá concorrer a unha oportunidade adiantada de avaliación, que se realizará antes da finalización das actividades académicas do 1º cuadrimestre, naquelas datas que se establezan no calendario académico aprobado polo Consello de Goberno. Os criterios de avaliación serán os mesmos que para o resto do alumnado.

2º O POSTERIORES OPORTUNIDADES. O alumnado presentado a 2º ou posteriores oportunidades gardaráselles as notas da parte de proba práctica, obradoiros, traballos tutelados e exposición oral sempre que participase e superase as diferentes actividades.


Sources of information
Basic Oriol Cohí, Lluís Ximeno (2011). Actualizaciones en técnica ortopédica.. Barcelona: Masson
Viosca Herrero, Enrique (2004). Guía de uso y prescripción de productos ortoprotésicos a medida. Valencia: Instituto de Biomecánica de Valencia (IBV)
Viladot Pericé, Ramón. (2005). Ortesis y prótesis del aparato locomotor.. Barcelona:Masson
Staheli, Lynn T. (2002). Ortopedia pediátrica. Madrid: Marban
Zambudio Periago, Ramón (2009). Prótesis, ortesis y ayudas técnicas.. Barcelona: Elsevier Masson

Ao longo do curso, xunto con cada unidade da materia, facilitaraselle ao alumno referencias bibliográficas específicas.

Complementary


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before
Specific Anatomy of the Lower Limb/750G02002
Biomechanics of the Lower Limb/750G02013
Podiatric Orthopedics 1/750G02017
Podiatric Orthopedics 2/750G02018
Podiatric Pathology 1/750G02021

Subjects that are recommended to be taken simultaneously
Podiatric Pathology 2/750G02022

Subjects that continue the syllabus
Practicum 1/750G02033
Practicum 2/750G02034
Practicum 3/750G02035

Other comments

 Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co obxectivo da acción

número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción

Green Campus Ferrol":

1.- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

1.1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático

1.2. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos

 2.- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio

natural

Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase

incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase

bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e

alumnas…).

Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou

socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida

universitaria.

Ante unha situación de plaxio ou copia nas probas de avaliación aplicarase a normativa da UDC.



(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.