Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) Ortesioloxía dixital e calzadoterapia Código 750G02020
Titulación
Grao en Podoloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
López López, Daniel
Correo electrónico
daniel.lopez.lopez@udc.es
Profesorado
López López, Daniel
Correo electrónico
daniel.lopez.lopez@udc.es
Web http://moodle.udc.es/
Descrición xeral A asignatura de ortesioloxía dixital e calzadoterapia posee unha clara importancia de cara a que o alumnado desenrole coñecementos, habilidades e destrezas importantes no proceso ensinanza – aprendizaxe do seu proceso formador para mellorar a saúde das persoas.

O valor é moi significativo para o futuro podólogo, de cara a comprender, actuar e profundizar no campo terapéutico da ortoprótesis, no uso e a indicación de productos sanitarios podolóxicos, proporcionándolle unha formación básica de coñecementos teóricos e destrezas prácticas, co fin de que adquira as competencias básicas relacionadas ca prescripción, deseño e obtención das principais orteses dixitales e próteses do pe e coñeza a súa relación co resto do membro inferior.

Mediante a prescripción de dispositivos orto-protésicos a medida ou prefabricados, numerosos estudios demostraron a eficacia destes dispositivos tanto na reducción da sintomatoloxía, como na recuperación da funcionalidade de diversas situacións patolóxicas debidas a alteracións estructurais ou funcionais do pe ou dalgunha outra estructura do membro inferior.

Competencias do título
Código Competencias do título
A22 Deseñar, obter e aplicar mediante diferentes técnicas e materiais os ortesis plantares e ortesis dixitais, próteses, férulas. Ortesioloxía plantar e digital. Estudo do calzado e calzadoterapia. Prescrición de tratamentos ortopédicos da extremidade inferior.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Deseñar, obter e aplicar mediante diferentes técnicas as orteses plantares e dixitais. A22
B7
C7
Prescribir e aplicar orteses plantares e dixitas nas afeccións podolóxicas morfolóxicas e funcionais. A22
B7
C7
Deseñar, obter e aplicar mediante diferentes técnicas e materiais as orteses plantares e ortesis dixitais, próteses, férulas. Ortesioloxía plantar e dixital. Estudo do calzado e calzadoterapia. Prescripción de tratamentos ortopédicos da extremidade inferior. A22
B7
C7
Coñecer e desenvolver as técnicas de exploración, para emitir un diagnóstico e pronóstico, e deseñar o plan de tratamento ortopodolóxico da patoloxía da extremidade inferior. Traumatismos óseos e músculo ligamentosos. Patoloxía do antepé e do retropé. Deformidades conxénitas. Lesións neurolóxicas. Amputacións. Asimetrías. A22
B7
C7

Contidos
Temas Subtemas
1. Fundamentos da Ortesioloxía Dixital a) Introdución á ortesioloxía dixital.
b) Marco actual da ortesioloxía dixital.


2. Materiais necesarios para a elaboración das orteses. a) Silicona.
b) Catalizador.
c) Aditivos ou cargas.
d) Materiais auxiliares ou accesorios.
3.Elaboración de orteses de silicona. a) Pasos previos: consideracións.
b) Protocolo.
c) Recomendacións e normas de uso para o paciente.
d) Manipulación e tempos de traballo.
e) Evaluación da orteses de silicona.
f) Fracasos na orteses de silicona.
4. Elementos terapéuticos das orteses de silicona. a) Descripción de elementos que compoñen a ortese de silicona.
b) Orteses dixitales máis frecuentes.
5. Aplicación terapéutica das Orteses Dixitais. a) Efecto biomecánico.
b) Aplicación terapéutica.
6. Ortesioloxía Ungular. a) Efecto biomecánico.
b) Aplicación terapéutica.
c) Introdución á ortesioloxía ungular.
d) Elaboración de órteses ungulares.
e) Aplicación terapéutica.

7. Introducción á calzadoterapia. a) Partes do calzado: sola e corte.
b) Formas do calzado.
8. Dispositivos terapéuticos no Calzado. a) Modificacións externas: tacóns, cuñas, alzas
Axuste do calzado.
b) Gradación de talles e sistemas de numeración
9. Características do calzado dacordo cos diferentes grupos de población. a) Calzado convencional para adultos.
b) Calzado convencional infantil.
c) Calzado doméstico.
d) Calzado laboral.
e) Calzado especial para órteses plantares.
f) Calzado especial infantil.
g) Calzado especial para pés deformados ou xeriátricos e con enfermidade vascular periférica.
h) Calzado postoperatorio.
10. Tipos de Calzado. a) Escarpín ou zapato de salón.
b) Mocasín.
c) Derby Oxford ou zapato de vestir.
d) Botas. Botíns.
e) Babuchas, chinelas e alpargatas.
11. Accesorios e calzado. a) Calcetíns con e sen compresión
b) Medias, panties e graduacións
c) Nocelleiras con e sen estabilización
d) Salvapés

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba mixta A22 2 18 20
Sesión maxistral A22 B7 C7 16 32 48
Seminario B7 C7 16 16 32
Foro virtual C7 0 9 9
Prácticas de laboratorio A22 B7 C7 18 18 36
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba mixta Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas, relacionadas cos contidos desenvolvidos nas sesións maxistrais, os seminarios e as prácticas de laboratorio.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Seminario Nos seminarios trátanse temas específicos das unidades didácticas do temario da materia. Sobre os devanditos temas desenvolveranse actividades en grupo que se entregarán a través da plataforma de teleensino Moodle, para a súa posterior exposición nos seminarios da materia.
Foro virtual Ferramenta de comunicación asíncrona (foro) está destinada ao tratamento das cuestiones que se formulen a través dun contorno virtual de aprendizaxe, poñendo interese en xerar empatía e solucionar as tarefas que se proporcionen no proceso de ensinanza-aprendizaxe.
Prácticas de laboratorio Metodoloxía que permite ao alumnado aprender habilidades e destrezas a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como demostracións, exercicios, experimentos e investigacións.

Atención personalizada
Metodoloxías
Foro virtual
Prácticas de laboratorio
Proba mixta
Sesión maxistral
Seminario
Descrición
A atención personalizada está destinada a resolver as cuestións relacionadas cas diferentes metodoloxías e/ou os contidos da materia.

A atención presencial desenvolverase de forma programada nos horarios de atención ao alumnado por parte do profesorado; canto á virtual, efectuarase a través do foro virtual da plataforma de teleensinanza moodle.

Asemade o alumnado terá a posibilidade de conquerir titorías a maiores do horario establecido previo acordo co profesorado da materia e solicitude mediante enderezo electrónico no caso de que fose posible e non interfira nas actividades académicas asignadas.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Foro virtual C7 As actividades relacionadas co foro virtual son optativas e non poden recuperarse ou ser substituídas por outras actividades da materia.
A puntuación no foro virtual (FV) especificarase o día da presentación da asignatura e estará a disposición do alumnado no FV da asignatura.
10
Prácticas de laboratorio A22 B7 C7 A asistencia ás prácticas de laboratorio é obrigatoria na súa totalidade para superar a materia. As dúas últimas horas de prácticas destinaranse a realizar un exame práctico con preguntas teórico-prácticas sobre os contidos da materia tratados nelas.
Para obter o apto/a nas prácticas de laboratorio debe contestarse ou realizarse correctamente o 50% das actividades e/ou preguntas do exame, alén de ter asistido á totalidade das prácticas.
10
Proba mixta A22 O día do exame escrito facilitarase a información sobre a puntuación das preguntas. 60
Sesión maxistral A22 B7 C7 A asistencia as aulas de sesión maxistral é obrigatoria na súa totalidade para superar a materia e non se poden recuperar ou sustituir por outras tarefas da materia. 5
Seminario B7 C7 As actividades relacionadas cos seminarios son obrigatorias e non poden recuperarse ou ser substituídas por outras actividades da materia. A súa cualificación especificarase con cada actividade. 15
 
Observacións avaliación

Na presentación da materia Ortesioloxía Dixital e Calzadoterapia explicarase sucintamente o programa e as normas para a súa avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario que establece  a Universidade da Coruña, modificada polo Consello de Goberno de 29 de xuño de 2017 e que no seu artigo 14 indica o seguinte:

1) COMISIÓN DE FRAUDE E RESPONSABILIDADES DISCIPLINARIAS: 

1. 1. Se durante a realización dunha proba de avaliación o profesorado responsable teñen coñecemento da quebra dos principios de decoro, legalidade ou mérito individual tales como o uso de documentos ou instrumentos non permitidos, acopia ou intento de copia dos resultados obtidos por compañeiros, a comunicación entre estudantado ou un comportamento impropio, procederase á expulsión inmediata do estudante da proba de avaliación e redactarase unha acta cos motivos, que se enviará ao decano ou director xunto coas verificacións documentais que estime oportunas para a súa valoración. Todo, sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese proceder de acordo coa cualificación da falta cometida polo alumno infractor. 
1.2  Queda prohibido o acceso á realización das probas de avaliación con instrumentos electrónicos ou dispositivos móbiles acesos, non expresamente autorizados polo profesorado responsable, o cal será causa suficiente de expulsión da proba, logo de redactar a acta correspondente que se enviará ao centro. 
1.3 A expulsión dunha proba de avaliación implicará a cualificación de suspenso (nota numérica de 0) na convocatoria da materia. 
1.4. Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento.

2.PRIMEIRA OPORTUNIDADE CONVOCATORIA ORDINARIA

2.1. Cómpre asistir ao 80% das clases de leccións maxistrais e dos seminarios, así como realizar as actividades propostas e obter unha puntuación total, nunha escala numérica de 1-10, dun 5 (apto/a). A devandita puntuación só computará no caso de superar na súa totalidade a proba mixta.

2.2. Cómpre asistir ao 80% das prácticas de laboratorio, así como realizar as actividades propostas e obter unha puntuación total, nunha escala numérica de 1-10, dun 5 (apto/a). A devandita puntuación só computará no caso de superar na súa totalidade a proba mixta.

2.3. A proba mixta escrita constará dunha parte con preguntas de tipo test e outra parte con preguntas curtas. Para superala deberá obterse unha puntuación total, nunha escala numérica de 1-10, dun 5 (apto/a) en cada unha das dúas partes que integran a proba.

2.4 O alumnado que obteña a máxima nota final da materia na primeira convocatoria, por encima do 9e previa solicitude ao profesorado de petición razoada e por escrito de calificación graciable terá a posibilidade de obter a calificación de matrícula de honra.

No caso, de que existan varias solicitudes previas á revisión dos exámenes da convocatoria de xuñorealizarase un novo examen sendo a nota máis alta acadada a que outorgará automáticamente a calificación de matrícula de honra.

3.SEGUNDA CONVOCATORIA ORDINARIA, OPORTUNIDADE ADIANTADA E SUCESIVAS CONVOCATORIAS:

3.1 Cómpre obter na proba mixta (test e preguntas curtas) unha puntuación total, nunha escala numérica de 1-10, dun 5 (apto/a) en cada unha das dúas partes que integran aproba mixta.

3.2 As calificacións dos seminarios e dos laboratorios non computarán aínda que será necesario ter superadas as actividades para aprobar a materia en sucesivas convocatorias.

4.ALUMNADO DE MATRÍCULA PARCIAL:

4.1 Cómpre obter na proba mixta (test e preguntas curtas) unha puntuación total, nunha escala numérica de 1-10, dun 5 (apto/a) en cada unha das dúas partes que integran aproba mixta, sendo a porcentaxe da cualificación un 60% da nota final.

4.2 Cómpre realizar unha proba práctica de laboratorio e obter unha puntuación total, nunha escala numérica de 1-10, dun 5 (apto/a), sendo a porcentaxe da cualificación un 40% da nota final. A devandita puntuación só computará no caso de superar na súa totalidade a proba mixta.

5. CALIFICACIÓNNON PRESENTADO

5.1 O alumnado que non asista as prácticas de laboratorio ou a proba mixta na convocatoria establecida para avaliación outorgarase automáticamente a calificación de non presentado.


Fontes de información
Bibliografía básica Álvarez-Calderón, O., Alonso, F., López, D., Gómez, B., & Sánchez, R. (2008). Análisis del calzado en una población mayor de 60 años. . Revista Internacional de Ciencias Podológicas, 2 (1), 19-26.
López, D., Cosín, J., Alvarez-Calderón, O., Cosín, E., Barriuso, M., López, L (2006). Aplicación de un tratamiento ortesiológico en una malformación del miembro inferior: a propósito de un caso. Revista española de podología, 17 (4) 170-176
Donattelli R, Wooden M. (1996). Biomechanical orthotics. In: Donatelli R. Coordinador. Biomechanics of the foot and ankle. 2ª ed. . Philadelphia: F.A. Davis Company
(1997). Casting Techniques. In: Michaud T. Foot Orthoses and other forms of conservative foot care. . Newton: Massachusetts
Munuera, P. V. (2009). El primer radio biomecánica y ortopodología. Santander: Exa Editores S.L.
Huerta, J. (2003). Estudio comparativo de los criterios biomecánicos en la ortesiología del pie. En A.E. Levy & J.M, Cortes (Eds), Ortopedia y Aparato locomotor.. Madrid: Masson.
Martínez, A., Rosende, C., García, F.M., Hidalgo, S (2005). Estudio de la altura recomendada del tacón. El Peu, 25 (2) 76-78
(2006). Fabricación a medida de productos sanitarios ortopodológicos en la Comunidad Valenciana.. Valencia: Generalitat Valenciana, Consellería de Sanitat-Agencia Valenciana de Salut
Losito J. (1996). Impression casting techniques. In: Valmassy R. Coordinador. Clinical biomechanics of the lower extremities. . Missouri: Mosby
Ribes R, Ros P. (2010). Inglés Médico. Madrid: Panamericana
Prat J. Coordinador (1999). Introducción a la Ortoprotésica. Guía de uso y prescripción de productos ortoprotésicos a medida.. Valencia: Instituto Biomecánico de Valencia
(1997). Laboratory preparation and orthotic fabrication. In: Michaud T. Foot Orthoses and other forms of conservative foot care.. Massachusetts: Hardcover
Vázquez B. Editor. (2009). Manual de Ortopodología.. Barcelona: Ediciones Especializadas Europeas
López, D., Ramos, J., Alonso, F., García, R. (2012). Manual de Podología. Conceptos, Organización Psicológica y Práctica Clínica. . Madrid: CERSA.
Queralt Mª. Editora. (2004). Manual de Técnicas en Ortopodología.. Barcelona: Ediciones Especializadas Europeas
Janeiro, J.M., Alonso, F., Bouzas, M.C., Calleja J., López, L (2002). Orígenes de las Siliconas. El Peu Vol. 22 (1) 32-35
Prat J. Coordinador (1999). Ortesis plantares y calzado ortopédico a medida. Guía de uso y prescripción de productos ortoprotésicos a medida.. Valencia: Instituto Biomecánico de Valencia
(1997). Orthotic dispensing, shoe gear, and clinical problem-solving. In: Michaud T. Foot Orthoses and other forms of conservative foot care. . Massachusetts: Hardcover
Olson W. (1996). Orthotic materials. In: Valmassy R. Coordinador. Clinical biomechanics of the lower extremities.. Missouri: Mosby
Richie D. (2007). Orthotics. In: Di Giovanni C, Greisberg J. Coordinadores. Foot & Ankle: Core Knowledge in Orthopaedics. . Philadelphia: Elsevier; 2007.
Alonso, F., Alvarez-Calderón, O, Munuera, P.M., Vergés, C (2007). Ortopodología en el pie geriátrico. Revista española de podología, 18 (6)282-289
Levy AE, Cortés JM. Coordinadores. (2003). Ortopodología y Aparato Locomotor. Ortpedia de pie y tobillo.. Barcelona: Masson
Whitney A, Whitney K. (2006). Padding and Tapping Therapy. In: Levy L, Hetherington V. Editors. Principles and pratice of Podiatric Medicine.. Maryland: Data Trace PC
Blain, H., & Jeandel, C. (2007). Podología Geriátrica. Badalona : Paidotribo.
López, D. (2011). Podología y Salud: Un análisis de las representaciones sociales de las enfermedades del pie desde una perspectiva psicosocial.. A Coruña: Universidade da Coruña.
Jones L. (1996). Prescription writing for functional and acommodative foot orthoses. In: Valmassy R. Coordinador. Clinical biomechanics of the lower extremities. . Missouri: Mosby
López, D., Alonso, F., Rosende, C., López, L. (2011). Síndrome de Apert: Tratamiento Ortopédico.. Revista Internacional de Ciencias Podológicas 5(1), 29-35.
Kerrigan, D.C., Franz, J.R., Keenan, G.S., Dicharry, J., Della Croce, U., Wilder, R.P., (2009). The effect of running shoes on lower extremity joint torques.. Journal American Academy of Physical Medicine and Rehabilitation, 1(12), 1058-63.
Philps JW. (1995). The functional foot orthosis.. New York: Churchill Livingstone
Kirby K. (1996). Troubleshooting functional foor orthoses. In: Valmassy R. Coordinador. Clinical biomechanics of the lower extremities. . Missouri: Mosby
Pratt D, Tollafield D. (2007). Una introducción a las terapéuticas mecánicas. En: Turner WA, Merriman LM. Habilidades clínicas para el tratamiento del pie. . Madrid: Elsevier

-          

Bibliografía complementaria Kirby, K. A. (2000). Biomechanics of the normal and abnormal foot. . JAPMA, 90 (1), 30-35.
Kirby K. (2003). Foot and lower extremities biomechanics II. Precision intricast newsletters, 1997-2002.. Arizona: Precision Intricast Inc
Kirby K. (2009). Foot and lower extremities biomechanics III. Precision intricast newsletters, 2002-2008.. Arizona: Precision Intricast Inc
Kirby K. (1998). Foot and lower extremities biomechanics: A ten year collection of precision intricast newsletters.. Arizona: Precision Intricast Inc
Williams A, Nester C (2010). The pocket podiatry guide: footwear and foot orthoses.. London: Chuchill Livingstone Elsevier


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Anatomía específica do membro inferior/750G02002
Podología xeral/750G02012
Biomecánica do membro inferior/750G02013
Podoloxía Preventiva/750G02015
Ortopodoloxía 1/750G02017
Ortopodoloxía 2/750G02018
Ortopodoloxía 3/750G02019
Patoloxía Podolóxica 1/750G02021

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Patoloxía Podolóxica 2/750G02022
Podoloxía Física/750G02023
Prácticum 1/750G02033

Materias que continúan o temario
Podoloxía Deportiva/750G02025
Pe de risco/750G02031
Prácticum 2/750G02034
Prácticum 3/750G02035

Observacións

Para axudar a conquerir unha contorna inmediata sustentable e cumprir o obxectivo estratéxico  do Plan de Sustentabilidade Medio-ambiental Green Campus FEP, todos os traballos documentais que se realicen nesta materia serán entregados a través de Moodle, en formato dixital, sen necesidade de imprimilos. 

De realizarse en papel teránse en conta as seguintes cuestións que aparecen a continuación:

 - Non se empregarán plásticos. 

- Realizaránse impresións a dobre cara. 

- Empregarase papel reciclado. 

- Evitaranse imprimir borradores.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías