Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Patoloxía Podolóxica 1 Código 750G02021
Titulación
Grao en Podoloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
Rosende Bautista, Carolina
Correo electrónico
carolina.rosende@udc.es
Profesorado
Pérez García, Sergio
Rosende Bautista, Carolina
Correo electrónico
sergio.perez.garcia@udc.es
carolina.rosende@udc.es
Web http://moodle.udc.es
Descrición xeral A materia de Patoloxía podológica I, integrará os temas necesarios para adquirir os coñecementos para realizar un diagnóstico, prognóstico e plan de tratamento dos procesos patolóxicos, morfolóxicos e funcionais do pé.
A abordaxe do estudo as diferentes patologias e afeccións realizarase desde o punto de vista clínico e funcional, integrandose deste xeito o estudo da semiología das patologias podológicas e as manobras de exploración física así como o uso e interpretación de probas complementarias nos diferentes procesos patolóxicos do pé.
A Patoloxía Podológica atópase dividida en dúas materias no actual título de grao, esta primeira materia que aborda un estudo xeral das patologias e alteracións morfofuncionales do pé que no curso posterior completarase co estudo das patologias do pé asociadas a procesos sistémicos e cos procesos patolóxicos característicos de diferentes etapas da vida.

Os contidos a desenvolver na materia son: Técnicas de exploración, para emitir un diagnóstico e prognóstico, e deseñar o plan de tratamento integral da patoloxía da extremidade inferior. Traumatismos óseos e músculo ligamentosos. Patoloxía do antepié e do retropié. Deformidades congénitas. Lesións neurolóxicas. Amputacións. Pé de risco e os parámetros clínicos patolóxicos das afeccións estruturais e funcionais do aparello locomotor en decúbito, bipedestación estática e dinámica.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos:
Non hai modificacions de contidos.

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Proba Mixta
Proba Práctica

*Metodoloxías docentes que se modifican

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: Manteranse os entornos virtuais para facer a atnción persoalizada ó alumnado.

4. Modificacións na avaliación
Proba mixta 100%

*Observacións de avaliación:
En caso dunha nova situación de confinamento a avaliación pasará a realizarse nun entorno virtual constando como proba mixtana que se incluirán os contidos das sesions maxistrais, seminarios estudo de casos e prácticas de laboratorio.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía

Competencias do título
Código Competencias do título
A19 Coñecer e identificar os procesos patolóxicos do pé e sistémicos con repercusión podolóxica, pé de risco e os parámetros clínicos patolóxicos das afeccións estruturais e funcionais do aparato locomotor en decúbito, bipedestación estática e dinámica. Identificar as lesións dermatolóxicas e o seu tratamento. Coñecer e aplicar a Farmacoloxía especifica de uso podolóxico.
A20 Coñecer e desenvolver as técnicas de exploración, para emitir un diagnóstico e pronóstico, e deseñar o plan de tratamento ortopodolóxico da patoloxía da extremidade inferior. Traumatismos óseos e músculo ligamentosos. Patoloxía do antepé e do retropé. Deformidades conxénitas. Lesións neurolóxicas. Amputacións. Asimetrías.
B1 Aprender a aprender.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo.
B9 Fomento dunha segunda lingua de interese para a profesión.
B11 Coñecementos de informática relativos ó seu ámbito de estudo.
B12 Capacidade de xestión da información.
B18 Capacidade para comunicarse con persoas non expertas na materia.
B19 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e identificar as causas biomecánicas dos procesos patolóxicos morfolóxicos e funcionais do pé. A19
A20
B1
B3
B9
B11
B18
C1
C3
C7
Coñecer, utilizar racionalmente e interpretar as probas complementarias necesarias para o diagnóstico dos procesos patolóxicos morfolóxicos e funcionais do pé. A19
A20
B1
B3
B7
B11
C1
C3
C7
O alumno/a coñece e desenvolve as técnicas de exploración, para emitir un diagnóstico e prognóstico. A19
A20
B1
B3
B7
B9
B11
B12
B18
B19
C1
C3
C4
C7
Coñece e deseña o plan de tratamento ortopodolóxico da patoloxía da extremidade inferior. Coñece a patoloxía do antepié e do retropié. Deformidades conxénitas. Lesións neurolóxicas. Amputacións. Asimetrías. A19
A20
B1
B3
B7
B9
B11
B12
B18
B19
C1
C3
C7
O alumno/a coñece e identifica os procesos patolóxicos do pé e sistémicos con repercusión podológica, pé de risco e os parámetros clínicos patolóxicos das afeccións estruturais e funcionais do aparello locomotor en decúbito, bipedestación estática e dinámica. A19
A20
B1
B3
B7
B9
B11
B12
B18
B19
C1
C3
C4
C7

Contidos
Temas Subtemas
Técnicas de exploración, para emitir un diagnóstico e prognóstico Tema 1: Conceptos teóricos do diagnóstico en Podoloxía
Tema 2: Modelos teóricos sobre a función/ disfunción do pé
Parámetros clínicos patolóxicos das afeccións estruturais e funcionais do aparato locomotor en decúbito, bipedestación estática e dinámica Tema 3: Alteracións da columna vertebral
Tema 4: Alteracións da articualción coxofemoral e o xeonllo e o morna
Tema 5: Alteracións lonxitudinais do membro inferior

Patoloxía do retropié Tema 6: Alteracións morfolóxicas e funcionais da articulación tibioperonea astragalina
Tema 7: Alteracións morfolóxicas e funcionais da articulación subastragalina
TEMA 8: Sindromes dolorosos: Talaxias
Patoloxía do antepie Tema 9: Alteracións morfolóxicas e funcionais do antepiei
Tema 10: Síndromes dolorosas: Metatarsalgias
Tema 11: Alteracións morfolóxicas e Funcionais do primeiro raio
Tema 12: Alteracións dos sesamoideos
Tema 13: Alteracións morfolóxicas e Funcionais dos dedos
Tema 14: Alteracións morfolóxicas e Funcionais do quinto raio
Amputacións. Pé de risco. Lesións neurolóxicas. Traumatismos óseos e músculo ligamentosos. Deformidades conxénitas Tema 15: Introdución ao pé de risco: definición e fisiopatoloxía.
Tema 16: Introdución ás amputacións: Definición, epidemioloxía e custo social.
Tema 17: Lesións neurolóxicas. . Traumatismos óseos e músculo ligamentosos. Deformidades conxénitas
UNIDADE TEÓRICO PRÁCTICA
Técnicas de exploración, para emitir un diagnóstico e prognóstico, e deseñar o plan de tratamento integral da patoloxía da extremidade inferior
Tema 18: Semioloxía da exploración física
Tema 19: Parámetros clínicos anormais da exploración en descarga.
Tema 20: Parámetros clínicos anormais da exploración en bipedestación e dinámica
Tema 21: análise da pegada plantar e a marcha en situacións patolóxicas
Tema 22: Solicitude e interpretación de probas complementarias

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba práctica A20 B1 B12 B18 B19 C3 1 10 11
Proba mixta A19 A20 B1 B3 B7 B9 B11 B12 B18 B19 C1 C3 C4 C7 2 130 132
 
Atención personalizada 7 0 7
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba práctica O alumnado que non teña superadas as prácticas en cursos anteriores, deberá facer unha proba práctica na que demostre a adquisición de competencias vinculadas ó modulo práctico.
No caso de non ter cursadas as prácticas ó alumnado poderá incorporarse as prácticas da materia Patoloxía Podolóxica 1 do novo plan de estudos e facer a proba práctica da mesma.
Proba mixta Exame con 30 preguntas de proba obxectiva e 3 preguntas de proba de desenvolvemento. No exame incluirá preguntas relacionadas cos contidos desenvolvidos tanto nas sesións maxistrais, como nos seminarios, e o estudo de casos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba mixta
Descrición
A atención personalizada desenvolverase de forma programada nos horarios do profesor de atención ao alumno esta atención poderá desenvolverse de forma virtual ou presencial.
O alumno deberá realizar unha entrega dos traballos indicados en ambas as metodoloxías e o profesor poderá realizar cuestións sobre os mesmos durante a atención personalizada. Establecerase ao longo do curso o momento obrigatorio de asistencia a esta atención.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A19 A20 B1 B3 B7 B9 B11 B12 B18 B19 C1 C3 C4 C7 Realizarase un exame con 20 preguntas de proba obxectiva e 3 preguntas de proba ensaio. Os contidos que se avaliarán neste exame serán os desenvolvidos durante as sesións maxistrais, as prácticas de laboratorio e os seminarios do curso académico 2019/2020.
Na proba haberá preguntas sobre os contidos de toda a materia

80
Proba práctica A20 B1 B12 B18 B19 C3 Realizarase unha proba práctica oral no laboratorio durante a cual ó alumnado debrá demostrar ter adquiridas as competencias asignadas ó modulo práctico. 20
 
Observacións avaliación

Ao ser unha materia en extinción o alumnado non terá programadas actividades presenciais. Terá acceso aos materiais da materia na Plataforma Moodle.

No caso de non ter cursadas as prácticas en cursos anteriores o alumnado terá que incorporarse ás prácticas da materia Patoloxía Podológica I do novo plan de estudos.


Fontes de información
Bibliografía básica

MICHAUD, T.C. Foot Orthoses and Other Forms of Conservative Foot Care. Baltimore: Williams Wilkins, 1993.

MICHAUD, T.CHuman Locomotion. The conservative Management of Gait_related disorders.Massachusetts. Newton Biomechanics.2011 

VALMASSY, RL. Clinical Biomechanics of the lower extremities. St. Louis: Mosby, 1996

TACHDJIAN, M.O. Ortopedia Clínica Pediátrica. Diagnóstico y tratamiento. Buenos Aires: Médica Panamericana, 1999

M. O. SEIBEL, Función del pie: texto programado, Madrid, Ortocen, 1994

ROOT M, Normal and abnormal function of the foot, Vol. 2, Clinical Biomechanics Corporation, 1997 

Root. M. Función Normal y Anormal del pie. Ed. Base. Barcelona. 2012

ROOT M. Exploración biomecánica del pie, Vol 1. Madrid: Ortocen Editores, 1991

MUNUERA P. El primer radio: Biomecánica y ortopodología. Santander :EXA Editores, 2008

MCRAE R. Exploración clínica ortopédica. Madrid: Ed Harcourt Brace, 1998

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Anatomía específica do membro inferior/750G02002
Sistemas de Información e Comunicación en Ciencias da Saude/750G02010
Podología xeral/750G02012
Biomecánica do membro inferior/750G02013
Ortopodoloxía 1/750G02017

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Farmacoloxía/750G02009
Radiodiagnóstico e Radioprotección/750G02014
Ortopodoloxía 2/750G02018

Materias que continúan o temario
Ortopodoloxía 3/750G02019
Patoloxía Podolóxica 2/750G02022
Podoloxía Física/750G02023
Podoloxía Deportiva/750G02025
Pe de risco/750G02031
Prácticum 1/750G02033
Prácticum 2/750G02034
Prácticum 3/750G02035

Observacións

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol":

  • A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia realizarase entregaranse en formato dixital e en papel sen empregar plásticos, con impresións a dobre cara, empregando papel reciclado e evitando a impresión de borradores.
  • Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural tendo en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais
  • Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria
  • Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade, no caso de detectar situacións de discriminación por razón de xénero tomaranse medidas para corrixilas.

Na realización dos traballos da materia, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, será cualificado con suspenso (0,0) na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías