Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Patoloxía Podolóxica 2 Código 750G02022
Titulación
Grao en Podoloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
Rosende Bautista, Carolina
Correo electrónico
carolina.rosende@udc.es
Profesorado
Alvarez-Calderón Iglesias, Oscar
Rosende Bautista, Carolina
Correo electrónico
oscar.alvarez-calderon.iglesias@udc.es
carolina.rosende@udc.es
Web
Descrición xeral A Materia Patoloxía Podológica 2, enmárcase dentro do módulo 4 do Plan de estudos de Grao en Podoloxía. Trátase dunha materia do 1º cuadrimestre do 3º curso e nela desenvolveranse coñecementos relacionados cos procesos patolóxicos sistémicos e específicos do pé con relevancia podológica. Revisaranse as principais características fisiológicas e patolóxicas na idade infantil así como na idade xeriátrica.
A abordaxe do estudo as diferentes patologias e afeccións realizarase desde o punto de vista clínico e funcional, integrandose deste xeito o estudo da semiología das patologias podológicas e as manobras de exploración física así como o uso e interpretación de probas complementarias nos diferentes procesos patolóxicos do pé do ancián e do neno.

Os contidos que se imaprtirán nesta materia son: Procesos patolóxicos do pé e sistémicos con repercusión podológica. Cambios fisiológicos da extremidade inferior e características da marcha nas diferentes etapas de crecemento. Patoloxía podológica infantil. Deformidades congénitas. Asimetrías. Enfermidades raras e a súa repercusión no pé. Fisiopatología do envellecemento músculo-esquelético. Características da marcha do ancián. Patoloxía podológica no ancián

Competencias do título
Código Competencias do título
A19 Coñecer e identificar os procesos patolóxicos do pé e sistémicos con repercusión podolóxica, pé de risco e os parámetros clínicos patolóxicos das afeccións estruturais e funcionais do aparato locomotor en decúbito, bipedestación estática e dinámica. Identificar as lesións dermatolóxicas e o seu tratamento. Coñecer e aplicar a Farmacoloxía especifica de uso podolóxico.
B1 Aprender a aprender.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo.
B9 Fomento dunha segunda lingua de interese para a profesión.
B18 Capacidade para comunicarse con persoas non expertas na materia.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
O alumno/a coñece e identifica os procesos patolóxicos do pé e sistémicos con repercusión podológica, pé de risco e os parámetros clínicos patolóxicos das afeccións estruturais e funcionais do aparello locomotor en decúbito, bipedestación estática e dinámica. A19
B1
B3
B5
C1
C2
C3
C4
C7
O alumno/a coñece a fisiopatología do envellecemento músculo-esquelético e as principais patoloxías podológicas no adulto maior así como as características propias da marcha neste grupo. A19
B1
B9
B18
C2
C3
O alumno/a coñece o desenvolvemento e os cambios fisiológicos da extremidade inferior así como as características da marcha nas diferentes etapas do crecemento. A19
B1
B9
B18
C2
C3
O alumno/a coñece e identifica as patoloxías do membro inferior características da etapa infantil que inflúen no pé e a marcha e as pautas xerais de tratamento, así como coñece e identifica as principais enfermidades congénitas que poden afectar ao pé e o concepto de enfermidade rara e a actuación ante as mesmas. A19
B1
B3
B5
B7
C1
C3

Contidos
Temas Subtemas
Fisiopatología do envellecemento músculo-esquelético.
Características da marcha do ancián
Tema 1: Epidemioloxía das lesións nos pés na poboación Xeriátrica.
Tema 2: Fisiopatoloxía do envellecemento. Alteracións máis frecuentes nos pés na poboación Xeriátrica.
Tema 3: Características da marcha xeriátrica.
Patoloxía Podológica no ancián. Tema 4: Alteracións do 1º Radio e 1ª articulación metatarsofalánxica.
Tema 5: Patoloxía dixito-metatarsal.
Tema 6: Metatarsalxia no adulto maior. Tipos. Causas. Patoloxía dos sesamoideos.
Tema 7: Patoloxía de retropie:Disfunción do Tibial Posterior. Talalxias no adulto maior.Síndrome dolorosa no talón.
Pé cavo doloroso, síndrome do túnel do tarso e síndrome do seo do tarso.
Procesos patolóxicos do pé e sistémicos con repercusión podológica. Tema 8: A Gota. Artrite Gotosa
Tema 9: Artrose xeneralizada.
Tema 10: Artrite Reumatoide. Outros tipos de Artrites.
Tema 11: Alteracións vasculares e neurolóxicas: centrais (ACV, Parkinson) e periféricas
Cambios fisiológicos da extremidade inferior e características da marcha nas diferentes etapas de crecemento Tema 12: Caracteristicas especiais da atención ao paciente pediatrico.
Tema 13: Embrioloxía e desenvolvemento da extremidade inferior.
Tema 14:Características da marcha nas diferente etapas do crecemento.
Deformidades congénitas. Asimetrías. Enfermidades raras e a súa repercusión no pé Tema 15: Malformacións por defecto/exceso
Tema 16: Malformacións Morfoestructurais
Tema 17: Enfermidades Raras
Patoloxía podológica infantil. Tema 18: alteracións do crecemento e a postura
Tema 19: alteracións de cadeira e xeonllo
Tema 20: alteracións do pé
Tema 21: alteracións neurolóxicas centrais e periféricas
Tema 22: Alteracións reumatolóxicas

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Estudo de casos A19 B1 B3 B5 C3 10 20 30
Seminario A19 B7 B18 C1 10 15 25
Proba mixta A19 B3 C3 2 29 31
Sesión maxistral A19 B1 B3 B9 C2 21 42 63
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Estudo de casos Describiranse diferentes situacións clínicas, facilitandolle aos alumnos datos da anamnesis, motivos de consulta,datos da exploración física imaxes e probas complementarias. Ante estes datos cada grupo de alumnos debe realizar un diagnóstico xustificado e razoado da patoloxía do paciente e propor un plan integral de tratamento.
Seminario Mediante o desenvolvemento de diferentes actividades en grupo desenvolveranse e profundarase en diferentes contidos da materia.
Proba mixta Realizarase un exame de proba obxectiva con 70 preguntas, para superar a materia debe alcanzarse nesta proba unha cualificación de 35 puntos.
Sesión maxistral As sesións maxistrais desenvolveranse como clases expositivas-participativas durante as cales se exporán os contidos básicos da materia, con apoio de imaxes, vídeo, etc. As sesións maxistrais centraranse nos contidos principais do temario. A través da plataforma MOODLE( https://campusvirtual.udc.es/moodle/)ofreceranse materiais escritos cos contidos BASICOS do temario.

Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Descrición
A atención personalizada desenvolverase de forma programada nos horarios do profesor de atención ao alumno esta atención poderá desenvolverse de forma virtual ou presencial.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A19 B1 B3 B5 C3 Cada grupo de traballo entregará un dossier sobre os casos traballados, a argumentación do diagnóstico e o plan de tratamento. Establecerase durante a planificación do curso a data de entrega dos devanditos dossieres.(valor 5). Só puntuarase o traballo dos casos traballados cando o alumno asista ao 80% das sesións presenciais, con excepcion dos alumnos de matrícula parcial aos que se lles indicará os casos que deben traballar e a data de entrega.
O día do exame final oficial da materia incluirase un caso clínico no que cada alumno debe resolver de forma individual un caso .(valor 15).
O alumno debe alcanzar polo menos a metade da puntuación en cada unha das partes.
Na convocatoria de Xullo se o alumno non alcanzou a puntuación deberá obter na proba de casos clínicos o 90% da puntuacion (13,5 puntos sobre 15)
20
Seminario A19 B7 B18 C1 As actividades relacionadas cos seminarios é obrigatorio asistir ao 80% das sesións presenciais e non se poden recuperar ou substituír por outras actividades da materia; con execepcion dos alumnos de matricula parcial para os que se programasen actividades específicas cando se presente a situación.
Realizaranse 4 actividades (en grupo ou individuais)con cualificacións de 2.5 puntos cada actividade.
Para aprobar a materia é necesario sumar polo menos 7,5 puntos dos seminarios.
Na convocatoria de Xullo no caso de que o alumno non asistise aos seminarios deberá responder a 2 preguntas que teran un valor de 10 puntos e alcanzar nas mesmas polo menos un 80% da puntuación outorgada ás mesmas.
10
Proba mixta A19 B3 C3 Realizarase un exame de proba obxectiva con 70 preguntas, para superar a materia debe alcanzarse nesta proba unha cualificación de 35 puntos. 70
 
Observacións avaliación
  1. As cualificacións das prácticas clínicas e os seminarios só computarán na cualificación final se se supera o 50% da cualificación da proba mixta. No caso de non se presentar ou non superar a proba mixta na primeira oportunidade, as cualificaciónsdelos estudos de casos e os seminarios computarán na segunda oportunidade se se supera o 50% da cualificación da proba mixta.
  2. En segunda e sucesivas matrículas non computarán as cualificacións dos cursos anteriores
  3. A cualificación de No Presentado outorgarase no caso de que non se presente á proba mixta
  4. A cualificación de matrícula de honra, dado o seu caráctergraciable, concederase automaticamente ao alumnado que obteña un 10 na cualificación media da materia. De darse o caso de que haxa máis alumnos/ás con esa cualificación que matrículas se poidan outorgar pola cota oficial establecida, convocarase a todos os alumnos/ás para a realización dunha proba específica de desempate, proba que consistirá en novo exame de características similares ás da proba mixta, exame que se fixará en data e hora de acordo cos interesados/ás. En caso de non existir ningún alumno/a con cualificación de 10, todo o alumnado que obteña unha cualificación media superior a 9.0 requisito básico para optar á matrícula de honra, poderá optar á matrícula de honra logo de solicitude ao profesor e mediante a superación da proba anteriormente descrita. No caso de que non existan solicitudes expresas de opción a matrícula, o profesor resérvase a potestade de outorgalas naqueles casos que, cumprindo o requisito mínimo, puidesen ser merecedores de matrícula pola aptitude e a actitude mostradas durante o desenvolvemento da materia
  5. Alumnado en matrícula parcial: O alumnado en matrícula parcial debe de comunicalo obrigatoriamente ao profesor responsable da materia ao inicio do curso. Para este alumnado a cualificación dos seminarios e os estudos de casos pode obterse mediante a realización de traballos dirixidos que o alumno/a realizará de forma autónoma.
  6. Oportunidade adiantada de avaliación: O alumnado que se encontre nos supostos recollidos na normativa de xestión académica da UDCdispoñerá desta opción para superar a materia mediante unha proba escrita de características similares á a recollida no proceso de avaliación que terá un peso do 100% da cualificación final

Fontes de información
Bibliografía básica Thomson & Volpe (2001). Introduction to podopediatrics. London: Churchill livingstone
Minguella (2003). Malformaciones del Pie. Barcelona: Masson
Tachdjian (1999). Ortopedia Clinica Pediatríca. Madrid: Panamericana
A. DIMEGLIO (1999). ORTOPEDIA INFANTIL COTIDIANA. Barcelona: Masson
Drenann (2010). The child´s Foot & Ankle. Philadelphia: Wolters Kluwer
Angela M Evans (2010). The Pocket Podiatry Guide. Paediatrics. London: Churchill Livingstone

- Menz Hylton. "Foot Problems in older people". 1ª Edición. 2008. Churchill Livingston. Elsevier.

- Herbaux Isabelle et al. "Podología Geriátrica". 1ª Edición. 2007. Ed. Paidotribo.

- Banks Alan, et al. "McGlamry's comprehensive textbook of foot and ankle surgery". Philadelphia: Lippincott Williams & Wilkins 2001.

- Munuera Martínez P. "El primer radio: biomecánica y ortopodología". Santander. Ed Exa. 2009.

- Harrison. "Principios de Medicina Interna". 17ª Edición. 2009. Ed. Mc Graw-Hill Interamericana Editores.
Bibliografía complementaria

- Revista Internacional de Ciencias Podológicas


- Journal of the American Podiatric Association (JAPMA).

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Anatomía humana xeral/750G02001
Anatomía específica do membro inferior/750G02002
Fisioloxía xeral/750G02003
Fisioloxía de sistemas/750G02004
Patoloxía xeral/750G02008
Biomecánica do membro inferior/750G02013
Ortopodoloxía 1/750G02017
Ortopodoloxía 2/750G02018
Patoloxía Podolóxica 1/750G02021

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Podoloxía Preventiva/750G02015
Dermatoloxía/750G02026

Materias que continúan o temario
Prácticum 2/750G02034
Prácticum 3/750G02035

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías