Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Patoloxía Podolóxica 2 Código 750G02022
Titulación
Grao en Podoloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
Rosende Bautista, Carolina
Correo electrónico
carolina.rosende@udc.es
Profesorado
Pérez García, Sergio
Rosende Bautista, Carolina
Correo electrónico
sergio.perez.garcia@udc.es
carolina.rosende@udc.es
Web http://moodle.udc.es
Descrición xeral A Materia Patoloxía Podológica 2, enmárcase dentro do módulo 4 do Plan de estudos de Grao en Podoloxía. Trátase dunha materia do 1º cuadrimestre do 3º curso e nela desenvolveranse coñecementos relacionados cos procesos patolóxicos sistémicos e específicos do pé con relevancia podológica. Revisaranse as principais características fisiológicas e patolóxicas na idade infantil así como na idade xeriátrica.
A abordaxe do estudo as diferentes patologias e afeccións realizarase desde o punto de vista clínico e funcional, integrandose deste xeito o estudo da semiología das patologias podológicas e as manobras de exploración física así como o uso e interpretación de probas complementarias nos diferentes procesos patolóxicos do pé do ancián e do infante.

Os contidos que se imaprtirán nesta materia son: Procesos patolóxicos do pé e sistémicos con repercusión podolóxica. Cambios fisiolóxicos da extremidade inferior e características da marcha nas diferentes etapas de crecemento. Patoloxía podolóxica infantil. Deformidades conxénitas. Asimetrías. Enfermedades raras e a súa repercusión no pé. Fisiopatoloxía do envellecemento músculo-esquelético. Características da marcha do ancián. Patoloxía podológica no ancián
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
A natureza da materia permite manter os mesmos contados no caso de que se produza una nova situación de confinamento que impida a presencialidade.

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Sesión Maxistral (TEAMS)
Seminarios (TEAMS)
Estudos de casos (TEAMS / MOODLE)
Atención persoalizada
Proba mixta (TEAMS/ MOODLE)


*Metodoloxías docentes que se modifican
RESUMO: sustituirÁse por un PORTAFOLIO DO ALUMNO no que se traballará o resumo dos temas e se realizarán actividades por cada unidad didáctica.o alumno entregará as actividades es resumos nos prazos establecidos.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
Correo electrónico: De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos estudos de casos, seminarios ou portafolio.
Moodle: Estableceranse foros de dubidas e casos clínicos.
Teams: sesions semanais de lección maxistral. Seions de seminarios e estudos de casos. Encontros de titorización.


4. Modificacións na avaliación
Estudo de casos(25%): Suprimes a proba de estudo de casos na avaliación final, a porcentaxe será sustituida polo traballo individual de casos propostos.
A data de entrega dos citados casos será concertada coa alumnado en función da evolución da docencia.
Portafolio do alumno(25%): Pasará a ser obrigatoria a entrega dos resumos dos temas e actividades propostas de cada unidade temática, nas que se incluirán as actividades dos seminarios. Computará un 25% da calificación final da materia.
Proba Mixta: Realizaráse una proba final a través da Plataforma Moodle e Teams. Computará o 50% da calificación final.


*Observacións de avaliación: Para superar a materia o alumnado deberá alcanzar a métade da puntuación en cada unha das metodoloxias.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
O profesorado facilitará o acceso os materiais necesario para a materia

Competencias do título
Código Competencias do título
A19 Coñecer e identificar os procesos patolóxicos do pé e sistémicos con repercusión podolóxica, pé de risco e os parámetros clínicos patolóxicos das afeccións estruturais e funcionais do aparato locomotor en decúbito, bipedestación estática e dinámica. Identificar as lesións dermatolóxicas e o seu tratamento. Coñecer e aplicar a Farmacoloxía especifica de uso podolóxico.
B1 Aprender a aprender.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo.
B9 Fomento dunha segunda lingua de interese para a profesión.
B18 Capacidade para comunicarse con persoas non expertas na materia.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
O estudante coñece e identifica os procesos patolóxicos do pé e sistémicos con repercusión podológica, pé de risco e os parámetros clínicos patolóxicos das afeccións estruturais e funcionais do aparello locomotor en decúbito, bipedestación estática e dinámica. A19
B1
B3
B5
C1
C2
C3
C4
C7
O estudante coñece a fisiopatología do envellecemento músculo-esquelético e as principais patoloxías podológicas no adulto maior así como as características propias da marcha neste grupo. A19
B1
B9
B18
C2
C3
O estudante coñece o desenvolvemento e os cambios fisiológicos da extremidade inferior así como as características da marcha nas diferentes etapas do crecemento. A19
B1
B9
B18
C2
C3
O estudante coñece e identifica as patoloxías do membro inferior características da etapa infantil que inflúen no pé e a marcha e as pautas xerais de tratamento, así como coñece e identifica as principais enfermidades congénitas que poden afectar ao pé e o concepto de enfermidade rara e a actuación ante as mesmas. A19
B1
B3
B5
B7
C1
C3

Contidos
Temas Subtemas
Fisiopatología do envellecemento músculo-esquelético.
Características da marcha do ancián
Tema 1: Epidemioloxía das lesións nos pés na poboación Xeriátrica.
Tema 2: Fisiopatoloxía do envellecemento. Alteracións máis frecuentes nos pés na poboación Xeriátrica.
Tema 3: Características da marcha xeriátrica.
Patoloxía Podológica no ancián. Tema 4: Alteracións do 1º Radio e 1ª articulación metatarsofalánxica.
Tema 5: Patoloxía dixito-metatarsal.
Tema 6: Metatarsalxia no adulto maior. Tipos. Causas. Patoloxía dos sesamoideos.
Tema 7: Patoloxía de retropie:Disfunción do Tibial Posterior. Talalxias no adulto maior.Síndrome dolorosa no talón.
Pé cavo doloroso, síndrome do túnel do tarso e síndrome do seo do tarso.
Procesos patolóxicos do pé e sistémicos con repercusión podológica. Tema 8: A Gota. Artrite Gotosa
Tema 9: Artrose xeneralizada.
Tema 10: Artrite Reumatoide. Outros tipos de Artrites.
Tema 11: Alteracións vasculares e neurolóxicas: centrais (ACV, Parkinson) e periféricas
Cambios fisiológicos da extremidade inferior e características da marcha nas diferentes etapas de crecemento Tema 12: Caracteristicas especiais da atención ao paciente pediatrico.
Tema 13: Embrioloxía e desenvolvemento da extremidade inferior.
Tema 14:Características da marcha nas diferente etapas do crecemento.
Deformidades congénitas. Asimetrías. Enfermidades raras e a súa repercusión no pé Tema 15: Malformacións por defecto/exceso
Tema 16: Malformacións Morfoestructurais
Tema 17: Enfermidades Raras
Patoloxía podológica infantil. Tema 18: alteracións do crecemento e a postura
Tema 19: alteracións de cadeira e xeonllo
Tema 20: alteracións do pé
Tema 21: alteracións neurolóxicas centrais e periféricas
Tema 22: Alteracións reumatolóxicas

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Estudo de casos A19 B1 B3 B5 C3 10 20 30
Seminario A19 B7 B18 C1 C4 C7 10 15 25
Proba mixta A19 B3 C3 2 29 31
Resumo A19 B1 B7 C1 C3 C7 0 30 30
Sesión maxistral A19 B1 B3 B9 C2 21 12 33
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Estudo de casos Describiranse diferentes situacións clínicas, facilitandolle aos estudantes datos da anamnesis, motivos de consulta,datos da exploración física imaxes e probas complementarias. Ante estes datos cada grupo de estudantes deben realizar un diagnóstico xustificado e razoado da patoloxía do paciente e propor un plan integral de tratamento.
As argumentacions dos casos deben xustificarse sempre coa bibliografía consultada para chegar a resolución dos casos.
O profesorado realizará nas sesions exemplos dos casos.
Seminario Mediante o desenvolvemento de diferentes actividades en grupo desenvolveranse e profundarase en diferentes contidos da materia.
Proba mixta Realizarase un exame de proba obxectiva con 70 preguntas, para superar a materia debe alcanzarse nesta proba unha cualificación de 35 puntos.
Resumo Consiste nunha síntese dos principais contidos traballados. É un recurso óptimo para facilitar a comprensión do texto e a concentración persoal sobre o material obxecto de estudo. É tamén unha axuda importante para o repaso e a preparación de exames.
Sesión maxistral As sesións maxistrais desenvolveranse como clases expositivas-participativas durante as cales se exporán os contidos básicos da materia, con apoio de imaxes, vídeo, etc. As sesións maxistrais centraranse nos contidos principais do temario. A través da plataforma MOODLE( https://campusvirtual.udc.es/moodle/)ofreceranse materiais escritos cos contidos BASICOS do temario.
O plan de prevención COVID-19 da Facultade de Enfermaría e Podoloxía obriga a virtualizar a totalidade das sesions presenciais.O alumnado disporá do material para cada sesión e deberá entregar un esquema de cada un dos temas da materia semanalmente a través da plataforma Moodle.

Atención personalizada
Metodoloxías
Resumo
Estudo de casos
Descrición
A atención personalizada desenvolverase de forma programada nos horarios do profes@r de atención ao estudante, esta atención poderá desenvolverse de forma virtual por correo electrónico ou na plataforma TEAMS.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Resumo A19 B1 B7 C1 C3 C7 O alumno presentará nos 5 días seguintes a sesión maxistral (que poderá seguir deforma sincrona ou asíncrona) un resumo dos contidos impartidos e do material facilitado para cada un dos temas.
A actividade de resumo e sumatoria e non obrigatoria
10
Estudo de casos A19 B1 B3 B5 C3 Cada grupo de traballo entregará un dossier sobre os casos traballados, a argumentación do diagnóstico e o plan de tratamento. Establecerase durante a planificación do curso a data de entrega dos devanditos dossieres.(valor 5). Só se puntuará o traballo dos casos traballados cando o estudante asista ao 50% das sesións presenciais, con excepción dos estudantes de matrícula parcial aos que se lles indicará os casos que deben traballar e a data de entrega.
O día do exame final oficial da materia incluiranse dous casos clínicos no que cada estudante debe resolver de forma individual un caso .(valor 15).
O estudante debe alcanzar polo menos a metade da puntuación en cada unha das partes.
Na convocatoria de Xullo se o estudante non alcanzou a puntuación deberá obter na proba de casos clínicos o 90% da puntuacion (13,5 puntos sobre 15)
20
Seminario A19 B7 B18 C1 C4 C7 As actividades relacionadas cos seminarios é obrigatorio asistir ao 50% das sesións presenciais e non se poden recuperar ou substituír por outras actividades da materia; con execepcion dos estudantes de matricula parcial para os que se programasen actividades específicas cando se presente a situación.
Realizaranse 4 actividades (en grupo ou individuais)con cualificacións de 2.5 puntos cada actividade.
Para aprobar a materia é necesario sumar polo menos 5 puntos dos seminarios.
Na convocatoria de Xullo no caso de que o estudante non asistise aos seminarios deberá responder a 2 preguntas que teran un valor de 10 puntos e alcanzar nas mesmas polo menos un 80% da puntuación outorgada ás mesmas.
10
Proba mixta A19 B3 C3 Realizarase un exame de proba obxectiva con 60 preguntas, para superar a materia debe alcanzarse nesta proba unha cualificación de 30 puntos.
A distribución de dous bloques ben diferenciados na materia, obriga a que o alumno supere ambas partes para superar a materia
60
 
Observacións avaliación
  1. As cualificacións dos estudos de casos  os seminarios só computarán na cualificación final se se supera o 50% da cualificación da proba mixta. No caso de non se presentar ou non superar a proba mixta na primeira oportunidade, as cualificaciónsdelos estudos de casos e os seminarios computarán na segunda oportunidade se se supera o 50% da cualificación da proba mixta.
  2. As calificacións de estudos de casos e seminarios unha vez superadas poderán conservarse, previa solicitude do estudante, durante 1 curso académico. Nas seguintes matriculas os estudantes deberán cursar obrigatoriamente todas ás actividades.
  3. A cualificación de No Presentado outorgarase no caso de que non se presente á proba mixta.
  4. A cualificación de matrícula de honra, dado o seu carácter graciable, concederase automaticamente aos estudantes que obteñan un 10 na cualificación media da materia . De darse o caso de que haxa máis estudantes con esa cualificación que matrículas se poidan outorgar pola cota oficial establecida, convocarase a todos os estudantes para a realización dunha proba específica de desempate, proba que consistirá en novo exame de características similares ás da proba mixta, exame que se fixará en data e hora de acordo cos interesados/ás. En caso de non existir ningún estudante con cualificación de 10, todos os estudantes que obteñan unha cualificación media superior a 9.0 requisito básico para optar á matrícula de honra, poderá optar á matrícula de honra logo de solicitude ao profes@r e mediante a superación da proba anteriormente descrita. No caso de que non existan solicitudes expresas de opción a matrícula, o profesor resérvase a potestade de outorgalas naqueles casos que, cumprindo o requisito mínimo, puidesen ser merecedores de matrícula pola aptitude e a actitude mostradas durante o desenvolvemento da materia
  5. Estudantes en matrícula parcial que obtivesen a dispensa académica deben de comunicalo obrigatoriamente ao profes@r responsable da materia ao inicio do curso (1ª semana). Para este alumnado a cualificación dos seminarios e os estudos de casos pode obterse mediante a realización de traballos dirixidos que o estudante realizará de forma autónoma.
  6. Oportunidade adiantada de avaliación: Os estudantes que se encontren nos supostos recollidos na normativa de xestión académica da UDC dispoñerán desta opción para superar a materia mediante unha proba escrita de características similares á a recollida no proceso de avaliación que terá un peso do 100% da cualificación final

Fontes de información
Bibliografía básica Thomson & Volpe (2001). Introduction to podopediatrics. London: Churchill livingstone
Minguella (2003). Malformaciones del Pie. Barcelona: Masson
Tachdjian (1999). Ortopedia Clinica Pediatríca. Madrid: Panamericana
A. DIMEGLIO (1999). ORTOPEDIA INFANTIL COTIDIANA. Barcelona: Masson
Drenann (2010). The child´s Foot & Ankle. Philadelphia: Wolters Kluwer
Angela M Evans (2010). The Pocket Podiatry Guide. Paediatrics. London: Churchill Livingstone

- Menz Hylton. "Foot Problems in older people". 1ª Edición. 2008. Churchill Livingston. Elsevier.

- Herbaux Isabelle et al. "Podología Geriátrica". 1ª Edición. 2007. Ed. Paidotribo.

- Banks Alan, et al. "McGlamry's comprehensive textbook of foot and ankle surgery". Philadelphia: Lippincott Williams & Wilkins 2001.

- Munuera Martínez P. "El primer radio: biomecánica y ortopodología". Santander. Ed Exa. 2009.

- Harrison. "Principios de Medicina Interna". 17ª Edición. 2009. Ed. Mc Graw-Hill Interamericana Editores.
Bibliografía complementaria

- Revista Internacional de Ciencias Podológicas


- Journal of the American Podiatric Association (JAPMA).

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Anatomía humana xeral/750G02001
Anatomía específica do membro inferior/750G02002
Fisioloxía xeral/750G02003
Fisioloxía de sistemas/750G02004
Patoloxía xeral/750G02008
Biomecánica do membro inferior/750G02013
Ortopodoloxía 1/750G02017
Ortopodoloxía 2/750G02018
Patoloxía Podolóxica 1/750G02021

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Podoloxía Preventiva/750G02015
Dermatoloxía/750G02026

Materias que continúan o temario
Prácticum 2/750G02034
Prácticum 3/750G02035

Observacións

Na primeira clase do curso, estableceranse os grupos de traballo de seminarios e casos clínicos para configurar o cronograma, polo que é básico asistir a esa primeira clase da materia, aqueles alumnos que non asistan a esa primeira sesión serán incluídos nos grupos de forma arbitraría para conseguir o equilibrio numérico entre estes.

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol":

  • A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia realizarase entregaranse en formato dixital e en papel sen empregar plásticos, con impresións a dobre cara, empregando papel reciclado e evitando a impresión de borradores.
  • Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural tendo en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais
  • Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria
  • Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade, no caso de detectar situacións de discriminación por razón de xénero tomaranse medidas para corrixilas.

Na realización dos traballos da materia, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, será cualificado con suspenso (0,0) na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías