Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Podoloxía Física Código 750G02023
Titulación
Grao en Podoloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
Romero Soto, Manuel
Correo electrónico
manuel.romero.soto@udc.es
Profesorado
Romero Soto, Manuel
Correo electrónico
manuel.romero.soto@udc.es
Web http://moodle.udc.es
Descrición xeral Podoloxía Física é unha materia pertencente ao 2º Cuadrimestre do 3º curso do Grao de Podoloxía. O obxectivo da materia é formar ao alumno que a curse na aplicación de terapias físicas e de rehabilitación dentro do marco legal da Podoloxía.

Competencias do título
Código Competencias do título
A23 Coñecer e aplicar os métodos físicos, eléctricos e manuais na terapéutica das distintas patoloxías do pé. Vendaxes funcionais. Terapia da dor e inflamación no pé.
B1 Aprender a aprender.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B19 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e aplicar as técnicas de valoración articular e muscular da extremidade inferior para o diagnóstico das afeccións podolóxicas. A23
Coñecer as bases de funcionamento e indicacións dos métodos físicos, eléctricos e manuais utilizados no tratamento das afeccións do pé. A23
Prescribir, administrar e aplicar os métodos físicos, eléctricos e manuais no tratamento das distintas patoloxías podolóxicas. A23
Coñecer o concepto de dor e inflamación. Coñecer os fundamentos terapéuticos do manexo do paciente con dor e/ou inflamación no pé. A23
Coñecer e aplicar diferentes tipos de vendaxes no membro inferior A23
Deseñar e aplicar un plan de tratamento con terapia física nas distintas afeccións podolóxicas. A23
Coñecer conceptos básicos de anatomía e fisioloxía útiles á hora de abordar a patoloxía do pé mediante tratamentos físicos A23
Coñecer e aplicar os métodos físicos, eléctricos e manuais na terapéutica das distintas patoloxías do pé. Vendaxes funcionais. Terapia da dor e inflamación no pé. A23
Aprender a aprender. B1
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. B3
Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica. B19
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. C1
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. C7

Contidos
Temas Subtemas
Xeneralidades do sistema oseo e muscular Descripción da estructura osea
Descripción anatómica das articulacións
Histología muscular
Histología do tendón

Valoración articular Descripción anatómica das articulacións do membro inferior
Función articular
Exploración e valoración articular
Valoración muscular Descripción anatómica muscular
Función muscular
Exploración e valoración muscular
Valoración neural e miofascial Descripción anatómica
Función neural e miofascial
Exploración e valoración neural e miofascial
Fisiología da dor e inflamación e a sua teraèutica con axentes físicos Fisioloxía da dor
Terapeutica da dor
Estudo da marcha aplicado as terapias físicas Historia da Baropodometría
Conceptos xerais da marcha humana: marcha humana, ciclo da marcha, biomecánica (estrés de texidos)
Vendaxes en podoloxía Conceptos xerais de vendaxes
Vendaxes funcionais
Vendaxes neuromusculares
Dinamic tape
Cinesiterapia 1 Conceptos xerais cinesiterapia
Clasificación cinesiterapia
Cinesiterapia pasiva
Cinesiterapia activa
Cinesiterapia 2 Técnicas de cinesiterapia pasiva forzada mantida: estiramentos musculares
Técnicas de cinesiterapia activa libre: propiocepción
Técnicas de exercicio concéntrico e excéntrico
Masoterapia Conceptos xerais de masoterapia
Clasificación Masoterapia
Técnicas de masoterapia
Electroterapia Fundamentos biofísicos da electroterapia
Clasificación da electroterapia
Electroterapia e ultrasóns
Terapias Físicas 1 Laserterapia
Magnetoterapia
Electrolisis percutánea
Ondas de choque
Terapias Físicas 2 Crioterapia
Termoterapia
Punción seca

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A23 B1 B3 B19 C1 C7 14 25 39
Seminario A23 B1 B3 B19 C1 C7 11.5 25 36.5
Prácticas de laboratorio A23 B1 B3 B19 C7 18 15 33
Traballos tutelados A23 B3 C1 C7 0 15 15
Presentación oral A23 C1 2 5 7
Proba mixta A23 B19 B3 2 5 7
Proba práctica A23 B3 B19 C1 1 10.5 11.5
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Realizaranse exposicións de contenidos teórico-prácticos por parte do profesorado da materia, fomentándose a interación entre o docente e os alumnos.
Seminario Realizaranse actividades teórico-prácticas en grupos. Valorarase a interacción e a participación do alumno nos mesmos
Prácticas de laboratorio Realizaranse prácticas en grupos en relación cos temas abordados na sesión maxistral e os seminarios
Traballos tutelados Os alumnos distribuídos en grupos deberán de realizar unha serie de traballos a definir cando comece o curso
Presentación oral Os alumnos divididos en grupos deberán de realizar unha exposición oral do traballo realizado.
Proba mixta Exame con preguntas (50-70) obxectivas. Cada pregunta terá 4-5 opcións, das cales soamente 1 será válida. Cada 3 preguntas falladas, restarase unha correcta. Para aprobar a materia é necesario que o alumno consiga polo menos o 50% de preguntas netas nesta proba, e que ademais a suma de todos os items da avaliación some polo menos 5 puntos de 10.
Proba práctica Exame práctico no que o alumno deberá efectuar unha técnica de cada unha das prácticas desenroladas o longo do curso. Para aprobar o bloque práctico o alumno deberá explicar e realizar correctamente un mínimo de duas técnicas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
O alumno poderá contactar co profesorado a través da plataforma virtual, a través do correo electrónico ou a través de calquera outro medio para resolver calquera dúbida que teñan.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A23 C1 Os alumnos deberán defender os seus traballos en público. 5
Proba mixta A23 B19 B3 Exame con preguntas (50-70) obxectivas. Cada pregunta terá 4-5 opcións, das cales soamente 1 será válida. Cada 3 preguntas falladas, restarase unha correcta. Para aprobar a materia é necesario que o alumno consiga polo menos o 50% de preguntas netas nesta proba, e que ademais a suma de todos os items da avaliación some polo menos 5 puntos de 10. 60
Traballos tutelados A23 B3 C1 C7 Os alumnos deberán realizar traballos en grupo a definir ao longo do curso 5
Prácticas de laboratorio A23 B1 B3 B19 C7 A asistencia a prácticas é obrigatoria. En caso de necesitar realizar algún cambio, será imprescindible que se realice un cambio con algún compañeiro. Haberá un exame de prácticas nunha data a determinar de común acordo entre os profesores e os alumnos. Para poder realizar o exame, é obrigatorio asistir á totalidade das prácticas. 5
Seminario A23 B1 B3 B19 C1 C7 A asistencia aos seminarios non é obrigatoria. Avaliarase a asistencia, a participación e a realización de diferentes actividades. 5
Proba práctica A23 B3 B19 C1 Exame práctico no que o alumno deberá efectuar unha técnica de cada unha das prácticas desenroladas o longo do curso. Para aprobar o bloque práctico o alumno deberá explicar e realizar correctamente un mínimo de duas técnicas. 20
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia é imprescindible a asistencia as prácticas e aprobar tanto a proba práctica como a proba mixta.

O alumno que non teña pendente mais de 12 créditos, de materias das que xa estuvese matriculado nalgún curso académico, ou de 18 créditos correspondentes as prácticas, ademais do TFG, para rematar os seus estudos poderá concorrer a unha oportunidade adiantada de avaliación, que se realizará antes da finalización das actividades académicas do 1º cuadrimestre, en aquelas datas que se establezcan no calendario académico aprobado polo Consello de Goberno. O alumno será evaluado mediante unha proba tipo test de contidos teórico-prácticos según o programa da asignatura.

Aqueles alumnos con matrícula parcial, de mutuo acordo cos docentes da asignatura poderán acordar actividades para poder conciliar os estudos co seu desenrolo profesional de forma que non se vexan en desventaxa debido ao seu tipo de matricula.

Aqueles alumnos que concorran a segundas e posteriores matrículas serán avaliados conforme a guía docente e os requerimentos docentes e académicos do curso correspondente, sendo responsabilidade do alumno antes de iniciar o curso reunirse cos profesores responsables da materia para establecer e clarificar aquelas dúbidas que puderan surxir no alumno. Recórdase que cada ano poden facerse modificacións nas asignaturas e os alumnos han de ser conscientes de este feito.

O número de Matrículas de Honra establecerase en base o número de alumnos matriculados. As Matrículas de Honra concederanse as mellores cualificacións finais. En caso de empate farase unha proba obxectiva entre os alumnos candidatos.

A cualificación NON PRESENTADO/A será obtida por aqueles alumnos que non acudan ó examen final nas datas establecidas pola Xunta do Centro.

Oportunidade adiantada de avaliación: O alumnado que se encontre nos supostos recollidos na normativa de xestión académica da UDC dispoñerá desta opción para superar a materia mediante unha proba escrita de características similares á a recollida no proceso de avaliación que terá un peso do 100% da cualificación final


Fontes de información
Bibliografía básica Tixa, Serge (2006). Atlas de anatomía palpatoria. Barcelona: Masson
Aramburu de Vega, Cristina (1998). Electroterapia, termoterapia e hidroterapia. Madrid : Síntesis
Maya Martín, Julián (2010). Estimulación eléctrica transcutánea y neuromuscular . Barcelona : Elsevier
Kapandji, I. A. (2006-2010). Fisiología articular : esquemas comentados de mecánica humana. Madrid : Médica Panamericana
Kendall´s (2007). Músculos, pruebas funcionales, postura y dolor. Madrid : Marbán
José Luis Moreno de la Fuente (2006). Podología Física. Barcelona: Masson
Rueda Sánchez, Martín ( 2004). Podología: los desequilibrios del pie. Barcelona : Editorial Paidotribo
Clarkson, Hazel M. (2003). Proceso evaluativo musculoesquelético amplitud del movimiento articular y test manual de fuerza muscular. Barcelona : Paidotribo
J.R. Roces , Carmen Fernández y Col (). Vendajes funcionales. Barcelona: BDF

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Biomecánica do membro inferior/750G02013
Patoloxía Podolóxica 1/750G02021
Patoloxía Podolóxica 2/750G02022

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías