Identifying Data 2018/19
Subject (*) Chiropody 1 Code 750G02027
Study programme
Grao en Podoloxía
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 1st four-month period
Second Obligatory 6
Language
Spanish
English
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Ciencias da Saúde
Coordinador
Janeiro Arocas, Julia Maria
E-mail
julia.janeiro@udc.es
Lecturers
Janeiro Arocas, Julia Maria
E-mail
julia.janeiro@udc.es
Web http://moodle.udc.es
General description A materia de Quiropodología I forma parte do plan de estudos do título de Grao en Podoloxía como materia obrigatoria. Impártese no primeriro cuadrimestre e consta de 6 créditos (4 Cr. teóricos e 2 Cr. prácticos).
Proporciona ao alumnado coñecementos sobre: Técnicas de exploración, diagnóstico e tratamento das feridas, úlceras e procesos infecciosos que afectan ao pé. Mecanismos de reparación e cicatrización. Apósitos e vendaxes. Técnicas e tratamentos quiropodológicos e de administración de fármacos. Características do servizo de Quiropodoloxía: Aparataxe e Instrumental. Protocolo de traballo no servizo de Quiropodoloxía Diagnóstico e tratamento dos procesos vasculares e neurolóxicos periféricos susceptibles de tratamento quiropodológico. Métodos de reanimación cardiopulmonar e resucitación en casos de emerxencia. Lesións térmicas: complicacións secundarías a tratamentos quiropodolóxicos.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A25 Coñecer e aplicar as técnicas de exploración, diagnóstico e tratamento das feridas, úlceras e procesos infecciosos que afectan ó pé. Estudo, diagnóstico e tratamento do pé diabético Mecanismos de reparación e cicatrización.
A26 Coñecer e utilizar as técnicas e tratamentos quiropodolóxicos e de administración de fármacos.
A27 Coñecer e empregar o instrumental en cirurxía e quiropodoloxía, os métodos de esterilización e a toma de mostras para cultivos.
A28 Coñecer, diagnosticar e tratar os procesos vasculares e neurolóxicos periféricos que afectan ó pé e susceptibles de tratamento quiropodolóxico.
A34 Coñecer os métodos de reanimación cardiopulmonar e resucitación en casos de emerxencia. DEA.
B1 Aprender a aprender.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B16 Capacidade de organización e planificación do tempo e o traballo.
B19 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Coñocer e aplicar as técnicas de exploración, diagnóstico e tratamento das feridas, úlceras, queimaduras, reaccions cutaneas ao frio e procesos infecciosos que afectan ao pé, así como os mecanismos de reparación e cicatrización tisular. A25
B1
B3
B16
B19
C1
C3
C6
C8
Coñecer e utilizar as técnicas e tratamentos quiropodolóxicos e de administración de fármacos. A26
B1
B3
B16
B19
C1
C3
C6
Coñecer e empregar o instrumental en cirurxía e quiropodología, os métodos de esterilización e a toma de mostras para cultivos. A27
B1
B3
B16
B19
C1
C3
C6
Coñece, diagnostica e trata os procesos vasculares e neurolóxicos periféricos que afectan ao pé e susceptibles de tratamento quiropodolóxico. A28
B1
B3
B16
B19
C1
C3
C6
Coñece e aplica os métodos de reanimación cardiopulmonar e resucitación en casos de emerxencia. A34
B1
B3
B16
B19
C1
C3
C6

Contents
Topic Sub-topic
UNIDADE DIDACTICA I Introdución á materia.
- Partes de que consta a materia
· Módulo teórico
· Módulo práctico
- Avaliación
- Bibliografía recomendada
UNIDADE DIDÁCTICA 2 Tema 1: Concepto de Quiropodoloxia. Historia e evolución da quiropodoloxía.
UNIDADE DIDÁCTICA 3 Tema 2: Organización e acreditación dunha consulta de Quiropodoloxía. Aparataxe. Instrumental.
UNIDADE DIDÁCTICA 4 Tema 3: Probas diagnósticas, constantes vitais e Hª Clínica.
UNIDADE DIDÁCTICA 5 Tema 4: Vendaxes. Concepto, clasificación e utilización.
Tema 5: Feridas e curas en quiropodoloxia, concepto, tipos e tratamento. Hemorraxia e Hemostasia.
Tema 6: Reaccións cutaneas ao frito: Perniosis; Conxelación; Pé de Trincheira. Concepto; Tipos e
tratamento.
Tema 7: Estudo das Queimaduras: Concepto; Etiología; Clasificación; Tratamento. Tratamento avanzado.
UNIDADE DIDÁCTICA 6 Tema 8: Recordo Anatomo-fisiológico da pel e os seus anexos.
Tema 9: Estrutura da pel. Funcións. Tipos de pel. Modificacións biolóxicas.
Tema 10: Pel senil. Efectos do sol e os raios UV sobre a pel. Pel do neno e da embarazada.
UNIDADE DIDÁCTICA 7 Tema11: Ulceras e Mal Perforante Plantar. Concepto; Etioloxía; Clasificación; Características;
Tratamento. Técnicas de terapia avanzada.
Tema12: Dermatopatias bacterianas. Concepto; Clínica, Evolución, Tratamento do : Absceso.
Furúnculo. Foliculitis. Antrax. Panadizo. Impétigo. Erisipela. Flemón., Fascite necrotizante.
Linfanxite. Adenite. Celulite. Gangrena.
UNIDADE DIDÁCTICA 8 Tema 13: Procesos vasculares e neurolóxicos periféricos que afectan ao pé.
Tema 14: Situacións especiais na clínica de quiropodoloxía. Soporte vital básico.

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Guest lecture / keynote speech A25 21 29 50
Seminar A25 A26 A27 C8 8 12 20
Laboratory practice A25 A26 A27 A34 B16 B19 18 18 36
Supervised projects A25 A28 A34 B1 B3 B16 C1 C3 C6 4 16 20
Mixed objective/subjective test A25 A26 A27 A28 A34 C1 2 20 22
 
Personalized attention 2 0 2
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech As sesións maxistrais consisten en clases expositivas-participativas dos contidos básicos da materia, con apoio de imaxes, graficas, esquemas, etc. As sesións maxistrais centraranse nos contidos principais do temario.
Seminar Nos seminarios abordaranse temas específicos das unidades didácticas do temario da materia, sobre os cales se desenvolverán actividades en grupo.
Laboratory practice A asistencia á totalidade das prácticas é obrigatoria e ás mesmas cada alumno/a deberá ir provisto de bata branca, lentes de protección e tesoiras multiusos.
Nas prácticas, cada alumno/a debe ser capaz de alcanzar os seguintes obxectivos:
· Coñecer o instrumental, aparataxe e mobiliario necesarios para a práctica da quiropodoloxía.
. Adestrarse no funcionamento, utilización e manexo do instrumental e aparataje.
· Confeccionar unha historia clínica quiropodolóxica.
· Coñecer e realizar distintos tipos de vendaxes e curas de feridas, úlceras e lesions térmicas.
· Realizar técnicas de quiropodia.
· Realizar técnicas de exploración e diagnóstico quiropodolóxico.
· Aplicar métodos de reanimación e resucitación cardiopulmonar.
· Realizar técnicas de tratamentos quiropodolóxicos e de administración de fármacos.
Ao finalizar todas as prácticas cada alumno/a deberá entregar unha memoria de prácticas no prazo fixado ao comezo da materia.
Supervised projects Realizarase un traballo en grupo dun tema relacionado coa materia cuxos requisitos e prazo de entrega comunicaranse ao comezo da docencia da materia.
Mixed objective/subjective test Exame de preguntas (test e preguntas curtas) relacionadas cos contidos da materia tanto en sesións maxistrais como en seminarios e prácticas de laboratorio. O día do exame facilitarase información sobre a puntuación das preguntas.

Personalized attention
Methodologies
Supervised projects
Guest lecture / keynote speech
Description
A atención personalizada desenvolverse de forma programada nos horarios da profesora de atención ao alumnado e de forma virtual por correo electrónico.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Seminar A25 A26 A27 C8 A avaliación dos seminarios avaliarase en función da presencialidade e a participación de cada alumno/a nas actividades a realizar nos mesmos. 8
Mixed objective/subjective test A25 A26 A27 A28 A34 C1 Exame de preguntas (test e preguntas curtas) relacionadas cos contidos da materia tanto en sesións maxistrais como en seminarios e prácticas de laboratorio. O día do exame facilitarase información sobre a puntuación das preguntas.
Para superar a proba mixta será necesario obter o 50% de preguntas correctas do test así como coa superación do 50% das preguntas curtas.
70
Supervised projects A25 A28 A34 B1 B3 B16 C1 C3 C6 Avaliarase o contido, metodoloxía e bibliografía consultada do traballo realizado. 10
Laboratory practice A25 A26 A27 A34 B16 B19 A asistencia ás prácticas de laboratorio é obrigatoria na súa totalidade para superar a materia. A avaliación das prácticas realizarase a través da avaliación continuada dos coñecementos, habilidades e destrezas demostrados nas prácticas e a elaboración e entrega dunha memoria final de prácticas. 12
 
Assessment comments

Para superar a materia é necesario asistir e superar a totalidade das prácticas de laboratorio e superar a proba mixta (co 50% de preguntas correctas do test así como coa superación do 50% das preguntas curtas). Así como obter unha media de 5 na cualificación total da materia incluíndo proba mixta, prácticas de laboratorio, seminarios e traballos tutelados.

Convocatorias de segunda e posteriores matrículas: Para aqueles alumnos/as que cursen a materia e realicen as prácticas obrigatorias de forma completa coa cualificación de apto, deben de ter en conta que poden volver cursar toda a materia novamente ou presentarse só ao exame teórico final, tendo en conta que a cualificación do exame teórico fará media coas cualificacións das prácticas de laboratorio, seminarios, traballos tutelados do curso académico no que cursase as prácticas de laboratorio segundo as porcentaxes do devandito curso.

Alumnado en matrícula parcial: O alumnado en matrícula parcial debe de comunicalo obrigatoriamente ao profesor responsable da materia ao comezo do curso. Para este alumnado é obrigatorio ao 100% a realización da práctica clínicas. A cualificación dos seminarios e traballos tutelados pode obterse mediante a realización de traballos dirixidos que o alumno/a realizará de forma individual e autónoma.

Convocatorias da oportunidade adiantada de avaliación: Para aqueles alumnos/as que solicitasen a oportunidade adiantada de avaliación, cumpran cos requisitos e concédaselle poderán presentarse ao exame teórico final cuxa cualificación suporá o 100% da cualificación da materia.

A cualificación de non presentado: outorgarase a aqueles alumnos que non se presentan ao exame.

As condicións para a obtención dunha matricula de honra son que o alumno obteña un 90% da cualificación da materia, sexa a mellor cualificación da clase na oportunidade avaliada e a súa a súa evolución curricular fose significativa.


Sources of information
Basic
HILL, MARCIA J.: Trastornos cutáneos. Mosby/Doyma UMBERT, P. Y SÁNCHEZ-REGOÑA., M. Manual de dermatología práctica. J.R. Prous Editores (1995). MIX, GODFREY: Podología. Cuidados del pié. Paraninfo/Thomson Learning.(2001). Nuñez Samper M, Llanos Alcázar. Biomecanica, Medicina y Cirugía del Pie. Masson: Barcelona, 2000. Zalacain A,Ogalla JM,Garcia-palos. Atlas y sinopsis de enfermedades cutaneas del pie. Edikamed 2008. Toni Bove. El vendaje funcional. Elservier: 2007 Aragón/Lázaro. Atlas del manejo práctico del pie diabético. Masson 2004. Arcia, A.L./ Fernandez, J.I./ Rodriguez, R. El pie diabético. Ed. Elsevier-Masson: 2004. Aragón Sánchez/Ortiz. El pie diabético. Masson: 2001. Gómez Ortiz Santiago, Gómez Facundo Santiago. Guía farmacológica de utilización en podología. Nexus medica editores 2010. Comisión de Formación del Consejo General de Colegios Oficiales de Podólogos. Guia Práctica de protocolos quirúrgicos en Podología. Consejo General de Colegios Oficiales de Podólogos: 2009. Comisión de Formación del Consejo General de Colegios Oficiales de Podólogos. Guía de protocolo del píe diabético. Consejo General de Colegios Oficiales de Podólogo. 2011 Nuñez Samper M, Llanos Alcázar. Habilidades clínicas para el tratamiento del pie. Elsevier: 2007. Turner, W.A., Merriman, L.M. Técnicas Quirúrgicas en Cirugía del Pie. Masson, Barcelona, 2004.
Complementary
- ROMO SANZ, Mª ISABEL: Tratamiento progresivo de las heridas en medio ambiente húmedo. Gráficas Cervantes S.A. (1999). - CORDERO, CABREROS, ALLEVATO Y DOMOTTI: Manifestaciones cutáneas de las enfermedades sistémicas. Panamericana (1997). - FORBES, JACKSON, HARCOURT, BRACE: Atlas de Medicina Interna. 2ª Edición.(1997). - GOLDCHER, A.: Podología. Masson S.A.(1992). - FITZPATRICK, JOHNSON, WOLFF, POLONA: Atlas de Dermatología Clínica. 3ª edición. Sursmond (1997) - KLEIN, A.R. (ED.): Enfermería de Urgencias. 4ª Edición. Vol. I, II y IV. McGraw-Hill/Interamericana (1996) - GOLDCHER, A.: Podología.. Masson S.A. (1992) REVISTAS CIENTIFICAS RECOMENDADAS. - Revista Española de Podología. Consejo General de Colegios Oficiales de Podólogos de España. - El Peu. Colegio oficial de Podólogos de Cataluña. - Revista Internacional de Ciencias Podológicas  - Podología Clínica - British Journal of Podiatrie Medicine, Surgery. - The Chiropodest. The Journal of British Podiatric Medicine

Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before
Specific Anatomy of the Lower Limb/750G02002
Microbiology and Parasitology/750G02007
Infection Prevention Techniques and Procedures/750G02032

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus
Dermatology/750G02026
Chiropody 2/750G02028
Podiatric Surgery 1/750G02029
Diabetic Foot/750G02031
Practicum 1/750G02033
Practicum 2/750G02034
Practicum 3/750G02035

Other comments

IMPORTANTE PRÁCTICAS DE LABORATORIO Para as prácticas de laboratorio é un requisito imprescindible para a súa realización acudir ás mesmas provistos de bata branca, lentes de protección, máscara, bolígrafo e tesoiras multiusos. Na primeira clase do curso, estableceranse os grupos de prácticas para configurar o cronograma e a relación de materiais necesarios para as prácticas de laboratorio, polo que é básico asistir a esa primeira clase da materia.

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol":

  • A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia realizarase entregaranse en formato dixital e en papel sen empregar plásticos, con impresións a dobre cara, empregando papel reciclado e evitando a impresión de borradores.
  • Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural tendo en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais
  • Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria
  • Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade, no caso de detectar situacións de discriminación por razón de xénero tomaranse medidas para corrixilas.

Na realización dos traballos da materia, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, será cualificado con suspenso (0,0) na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento.



(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.