Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) Quiropodoloxía 2 Código 750G02028
Titulación
Grao en Podoloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
Janeiro Arocas, Julia Maria
Correo electrónico
julia.janeiro@udc.es
Profesorado
Janeiro Arocas, Julia Maria
Correo electrónico
julia.janeiro@udc.es
Web http://moodle.udc.es
Descrición xeral A materia de Quiropodología II forma parte do plan de estudos do título de Grao en Podoloxía como materia obrigatoria. Impártese no segundo cuadrimestre e consta de 6 créditos (4 Cr. teóricos e 2 Cr. prácticos).
Proporciona ao alumnado coñecementos sobre: afeccións da pel susceptibles de tratamento quiropodológico: dermatopatías e queratopatías. O tratamento dos helomas e das súas causas. Toma de mostras para cultivos. Estudo e valoración do paciente candidato a tratamentos quiropodológicos. Coñecer e aplicar probas complementarias en Quiropodología. Onicología, patoloxía e tratamento conservador do aparello ungueal.

Competencias do título
Código Competencias do título
A24 Coñecer, diagnosticar e tratar as dermatopatías e queratopatías, o tratamento dos helomas e das súas causas. Onicoloxía, patoloxía e tratamento conservador do aparato ungueal.
A26 Coñecer e utilizar as técnicas e tratamentos quiropodolóxicos e de administración de fármacos.
A27 Coñecer e empregar o instrumental en cirurxía e quiropodoloxía, os métodos de esterilización e a toma de mostras para cultivos.
A29 Coñecer e aplicar probas complementarias en quiropodoloxía. Estudo e valoración do paciente candidato a tratamentos quiropodolóxicos. Protocolos diagnósticos e catalogación do risco quirúrxico.
B1 Aprender a aprender.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B16 Capacidade de organización e planificación do tempo e o traballo.
B19 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer, diagnosticar e tratar as dermatopatías e queratopatías, o tratamento dos helomas e das suas causas. A24
A26
B1
B3
B16
B19
C1
C3
C6
Coñecer, diagnosticar e tratalos papilomas e aplicar métodos de prevención. A24
B1
B3
C1
C3
C6
Coñecer a onicoloxía, patoloxía e tratamento conservador do aparato ungueal. A24
B1
B3
B16
B19
C1
C3
C6
Coñecer e emplear o instrumental de ciruxía e quiropoloxía, os métodos de esterilización e a toma de mostras para cultivos. A27
B1
B3
B16
B19
C1
C3
C6
Coñecer, aplicar e interpretar probas complementarias en quiropodoloxía. Emitir un diagnóstico e pronóstico. Deseñar un plan de intervención integral ou tratamento podolóxico. A29
B1
B3
B16
B19
C1
C3
C6
Valorar o paciente candidato a tratamientos quiropodolóxicos. A29
B1
B3
B16
B19
C1
C3
C6
Coñecer e utilizar as técnicas e tratamentos quiropodolóxicos e de administración de fármacos. A26
B1
B3
B16
B19
C1
C3
C6

Contidos
Temas Subtemas
UNIDADE DIDACTICA 1 Introdución á materia.
- Partes de que consta a materia
· Módulo teórico
· Módulo práctico
- Avaliación
- Bibliografía recomendada
UNIDADE DIDÁCTICA 2 Tema 1: Identificación de lesións e alteracións da pel, patróns de distribución, diagnóstico, valoración e exploración. Dermatopatías máis habituais en Podoloxía. Queratodermia palmo plantar. Psoriasis. Dermatomicosis. Etioloxía; Clínica ; Tratamento.
UNIDADE DIDÁCTICA 3 Tema 2: Proceso de queratinización. Concepto de queratopatía. Localización. Clasificación e definición de queratopatías conxénitas e adquiridas.
Tema 3: Hiperqueratose: Concepto. Evolución. Localización e tratamento.
Tema 4: Prevención de risco biolóxico e actuación en caso de accidente no servizo de Quiropodoloxía. Probas diagnósticas en quiropodoloxía. Técnicas de tratamento quiropodolóxico e de administración de fármacos.
Tema 5: Técnicas de deslaminación e enucleación en Quiropodoloxía. Concepto de Tiloma. Características. Localización. Tratamento.
UNIDADE DIDÁCTICA 4 Tema 6: Concepto de Heloma. Causas. Características. Evolución. Localización.
Tema 7: Tipos de Helomas. Tratamentos. Terapia avanzada.
UNIDADE DIDÁCTICA 5 Tema 8: Onicoloxía. Concepto. Recordo anatomo-fisiolóxico da uña.
Tema 9: Tipos de lámina ungueal. Características. Técnica ergonómica de corte e fresado da lámina ungueal. Profilaxis. Alteracións morfolóxicas da lámina ungueal e tratamento.
UNIDADE DIDÁCTICA 6 Tema 10: Concepto de onicopatía.
Clasificación de onicopatías: Conxénitas e adquiridas.
Tema 11: Concepto, características e tratamento da Anoniquia; Macroniquia; Microniquia; Polioniquia;Coiloniquia; Onicomadese; Onicolise; Onicoxe; Paquioniquia; Hapaloniquia
Tema 12: Definición, clínica e tratamento da: Onicocriptose, Onicogrifose e Hematoma Subungueal.
Tema 13: Técnicas de reeducación ungueal. Concepto. Clasificación. Metodoloxía de aplicación.
Tema 14: Definición, clínica e tratamento da Onicomicose.
UNIDADE DIDÁCTICA 7 Tema 15: Alteracións ungueais debidas a infeccións, alteracións sistémicas e metabólicas.
UNIDADE DIDÁCTICA 8 Tema 16: Dermatopatias tumorales.Clasificación. Concepto.
UNIDADE DIDÁCTICA 9 Tema 17: Papiloma vírico. Etioloxía. Clasificación. Clínica. Tratamientos.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A24 A26 21 29 50
Seminario A24 A27 A29 B3 B16 C1 8 12 20
Prácticas de laboratorio A24 A26 A27 A29 B16 B19 18 18 36
Traballos tutelados A24 A26 A29 B1 B3 B16 C1 C3 C6 4 16 20
Proba mixta A24 A26 A27 A29 C1 2 20 22
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral As sesións maxistrais consisten en clases expositivas-participativas dos contidos básicos da materia, con apoio de imaxes, gráficos, esquemas, etc. As sesións maxistrais centraranse nos contidos principais do temario.
Seminario Nos seminarios abordaranse temas específicos das unidades didácticas do temario da materia, sobre os cales se desenvolverán actividades en grupo.
Prácticas de laboratorio A asistencia á totalidade das prácticas é obrigatoria e ás mesmas cada alumno/a deberá ir provisto de bata branca, lentes de protección e tesoiras multiusos.
Nas prácticas, cada alumno/a debe ser capaz de alcanzar os seguintes obxectivos:
- Aplicar as recomendacións universais de prevención de risco biolóxico.
- Realizar probas diagnósticas e identificar patoloxías quiropodológicas.
- Aprender e aplicar técnicas de deslaminación e enucleación de queratopatías e adestrarse nestas técnicas mediante prácticas manuais, para adquirir destreza e hábito quiropodológico.
- Confeccionar almohadillas e proteccións.
- Adquirir os coñecementos para a aplicación de tratamentos e técnicas de corrección e reeducación da lámina ungueal.
- Confeccionar uñas de resina con fin terapéutico e/ou estético.
- Realizar técnicas e aplicar protocolos de actuación quiropodológica.
- Aplicar a historia clínica.
- Realizar técnicas de exploración, diagnóstico e tratamento quiropodológico.
- Coñecer e aplicar técnicas de tratamento en patoloxía dérmica.
- Identificar e tratar queratopatías e helomas, alteracións da lámina ungueal, dermatopatías e papilomas.
- Aplicar técnicas de administración de fármacos.

Ao finalizar todas as prácticas cada alumno/a deberá entregar unha memoria de prácticas no prazo fixado ao comezo da materia.
Traballos tutelados Realizarase un traballo en grupo dun tema relacionado coa materia cuxos requisitos e prazo de entrega comunicaranse ao comezo da docencia da materia.
Proba mixta Exame de preguntas (test e preguntas curtas) relacionadas cos contidos da materia tanto en sesións maxistrais como en seminarios e prácticas de laboratorio. O día do exame facilitarase información sobre a puntuación das preguntas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Sesión maxistral
Descrición
A atención personalizada desenvolverase de forma programada nos horarios da profesora de atención ao alumnado e de forma virtual por correo electrónico.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A24 A26 A29 B1 B3 B16 C1 C3 C6 Avaliarase o contido, metodoloxía e bibliografía consultada do traballo realizado. 10
Seminario A24 A27 A29 B3 B16 C1 A avaliación dos seminarios avaliarase en función da presencialidade e a participación de cada alumno/a nas actividades a realizar nos mesmos. 8
Proba mixta A24 A26 A27 A29 C1 Exame de preguntas (test e preguntas curtas) relacionadas cos contidos da materia tanto en sesións maxistrais como en seminarios e prácticas de laboratorio. O día do exame facilitarase información sobre a puntuación das preguntas.
Para superar a proba mixta será necesario obter o 50% de preguntas correctas do test así como coa superación do 50% das preguntas curtas.
70
Prácticas de laboratorio A24 A26 A27 A29 B16 B19 A asistencia ás prácticas de laboratorio é obrigatoria na súa totalidade para superar a materia. A avaliación das prácticas realizarase a través da avaliación continuada dos coñecementos, habilidades e destrezas demostrados nas prácticas e a elaboración e entrega dunha memoria final de prácticas. 12
 
Observacións avaliación

Para superar a materia é necesario asistir e superar a totalidade das prácticas de laboratorio e superar a proba mixta (co 50% de preguntas correctas do test así como coa superación do 50% das preguntas curtas). Así como obter unha media de 5 na cualificación total da materia incluíndo proba mixta, prácticas de laboratorio, seminarios e traballos tutelados.

Convocatorias de segunda e posteriores matrículas: Para aqueles alumnos/as que cursen a materia e realicen as prácticas obrigatorias de forma completa coa cualificación de apto, deben de ter en conta que poden volver cursar toda a materia novamente ou presentarse só ao exame teórico final, tendo en conta que a cualificación do exame teórico fará media coas cualificacións das prácticas de laboratorio, seminarios, traballos tutelados do curso académico no que cursase as prácticas de laboratorio segundo as porcentaxes do devandito curso.

Alumnado en matrícula parcial: O alumnado en matrícula parcial debe de comunicalo obrigatoriamente ao profesor responsable da materia ao comezo do curso. Para este alumnado é obrigatorio ao 100% a realización da práctica clínicas. A cualificación dos seminarios e traballos tutelados pode obterse mediante a realización de traballos dirixidos que o alumno/a realizará de forma individual e autónoma.

Convocatorias da oportunidade adiantada de avaliación: Para aqueles alumnos/as que solicitasen a oportunidade adiantada de avaliación, cumpran cos requisitos e concédaselle poderán presentarse ao exame teórico final cuxa cualificación suporá o 100% da cualificación da materia.

A cualificación de non presentado: outorgarase a aqueles alumnos que non se presentan ao exame.

As condicións para a obtención dunha matricula de honra son que o alumno obteña un 90% da cualificación da materia, sexa a mellor cualificación da clase na oportunidade avaliada e a súa a súa evolución curricular fose significativa.


Fontes de información
Bibliografía básica (). .

  1. HILL, MARCIA J.: Trastornos cutáneos.. Mosby/Doyma (98?)
  2. UMBERT, P. Y SÁNCHEZ-REGOÑA., M. :Manual de dermatología práctica. J.R. Prous Editores (1995)
  3. MIX, GODFREY: Podología. Cuidados del pié.. Paraninfo/Thomson Learning.(2001)
  4. Martínez Nova. Podología, Atlas de cirugía ungueal. Ed. Panamericana. Madrid, 2006.
  5. Viadé Juliá J. Pie diabético: guía práctica para la prevención, evaluación y tratamiento. Ed.  Panamericana.
  6. Aragón/Lázaro. Atlas del manejo práctico del pie diabético. Masson 2004; 
  7. Zalacain A, Ogalla JM, Garcia-palos. Atlas y sinopsis de enfermedades cutaneas del pie. Edikamed: 2008. 
  8.  Nuñez Samper M, Llanos Alcázar. Biomecanica, Medicina y Cirugía del Pie. Masson: Barcelona, 2000.
  9. Gómez Ortiz Santiago, Gómez Facundo Santiago. Guía farmacológica de utilización en podología. Nexus medica editores: 2010
  10. Comisión de Formación del Consejo General de Colegios Oficiales de Podólogos. Guia Práctica de protocolos quirúrgicos en Podología. Consejo General de Colegios Oficiales de Podólogos: 2009
  11. Nuñez Samper M, Llanos Alcázar. Habilidades clínicas para el tratamiento del pie. Elsevier 2007; 
  12. Turner, W.A., Merriman, L.M.Técnicas Quirúrgicas en Cirugía del Pie. Masson, Barcelona 2001.
  13. Baran,R et al. Onicología. Biología y alteraciones de la unidad ungueal. Ed. Aula Médica.Madrid. 2006
  14. Conejo- Mir, et .al. Manual de dermatología. Ed. Aula médica. 2010. Madrid.
  15. Zalacain. A, Ogalkla J.M, Garcia Patos.V. Atlas y sinopsis de enfermedades cutáneas del pie. Ed.Edika Med. 2008. Barcelona.

Bibliografía complementaria

? ROMO SANZ, Mª ISABEL: Tratamiento progresivo de las heridas en medio

ambiente húmedo. Gráficas Cervantes S.A. (1999)

? CORDERO, CABREROS, ALLEVATO Y DOMOTTI: Manifestaciones

cutáneas de las enfermedades sistémicas. Panamericana (1997)

? FORBES, JACKSON, HARCOURT, BRACE: Atlas de Medicina Interna.

Edición.(1997).

? GOLDCHER, A.: Podología. Masson S.A.(1992).

? FITZPATRICK, JOHNSON, WOLFF, POLONA: Atlas de Dermatología

Clínica. 3ª edición. Sursmond (1997)

? KLEIN, A.R. (ED.): Enfermería de Urgencias. 4ª Edición. Vol. I, II y IV.

McGraw-Hill/Interamericana (1996)

? GOLDCHER, A.: Podología.. Masson S.A. (1992)

REVISTAS CIENTIFICAS RECOMENDADAS.

  • Revista Española de Podología.
  • El Peu.
  • Revista Internacional de Ciencias Podológicas
  • Podología Clínica.
  • British Journal of Podiatrie Medicine, Surgery.
  • The Chiropodest. The Journal of British Podiatric Medicine.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Anatomía específica do membro inferior/750G02002
Quiropodoloxía 1/750G02027
Técnicas e procedementos en prevención da infección/750G02032

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Dermatoloxía/750G02026
Cirugía Podolóxica 1/750G02029
Pe de risco/750G02031
Prácticum 1/750G02033
Prácticum 2/750G02034
Prácticum 3/750G02035

Observacións

IMPORTANTE PRÁCTICAS DE LABORATORIO Para as prácticas de laboratorio é un requisito imprescindible para a súa realización acudir ás mesmas provistos de bata branca, lentes de protección, máscara, bolígrafo e tesoiras multiusos. Na primeira clase do curso, estableceranse os grupos de prácticas para configurar o cronograma e a relación de materiais necesarios para as prácticas de laboratorio, polo que é básico asistir a esa primeira clase da materia.

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol":

  • A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia realizarase entregaranse en formato dixital e en papel sen empregar plásticos, con impresións a dobre cara, empregando papel reciclado e evitando a impresión de borradores.
  • Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural tendo en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais
  • Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria
  • Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade, no caso de detectar situacións de discriminación por razón de xénero tomaranse medidas para corrixilas.

Na realización dos traballos da materia, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, será cualificado con suspenso (0,0) na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías