Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Prácticum 1 Código 750G02033
Titulación
Grao en Podoloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 12
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
Rosende Bautista, Carolina
Correo electrónico
carolina.rosende@udc.es
Profesorado
Alonso Tajes, Francisco
Alvarez-Calderón Iglesias, Oscar
Bouza Vivero, María Del Carmen
Carballo Díaz, Juan Luis
Garcia Sanchez, Maria Matilde
López López, Daniel
Lopez Lopez, Luis
Martínez Vázquez, María
Rosende Bautista, Carolina
Correo electrónico
francisco.alonso.tajes@udc.es
oscar.alvarez-calderon.iglesias@udc.es
carmen.bouza.vivero@udc.es
juan.carballo1@udc.es
matilde.garcia@udc.es
daniel.lopez.lopez@udc.es
luis.lopezl@udc.es
maria.martinez.vazquez@udc.es
carolina.rosende@udc.es
Web
Descrición xeral O Prácticum consiste en prácticas clínicas que se desenvolverán principalmente na Clínica Universitaria de Podoloxía da Universidade da Coruña co fin de desenvolver as competencias que permitan ao alumnado incorporar á súa formación as competencias fundamentais e os valores profesionais para o exercicio da profesión podolóxica. Estas prácticas clínicas inclúen a participación do alumnado no proceso de atención podolóxica integral con pacientes reais, sempre baixo a supervisión dun profesional que guiará ao alumnado no proceso da aprendizaxe clínica. Tamén se desenvolverán outras actividades en forma de seminario ou sesións clínicas nas que se abordarán contidos e competencias relacionadas coa práctica clínica como o estudo e discusión de casos clínicos, interpretación de probas complementarias ou realización de informes.

Para cursar as materias do Prácticum os alumnos/as deben de obter previamente 90 créditos da primeira metade do plan de estudos, de entre os cales deben de obter obrigatoriamente os correspondentes ás materias de: Podoloxía Xeral, Biomecánica do membro inferior, Ortopodoloxía 1 e Ortopodoloxía 2, Quiropodoloxía 1 e Quiropodoloxía 2.

Os contidos que se desenvolverán no Prácticum I son: Método clínico en podoloxía. Historia clínica podológica: rexistro da información obtida. Técnicas de exploración física. Actividades radiolóxicas propias da podoloxía. Probas complementarias e a racionalización do seu uso. Diagnóstico e prognóstico. Plan de intervención integral ou tratamento podolóxico. Plans de intervención específicos para o tratamento do pé de risco: diabético, neurolóxico e vascular. Protocolos: execución e avaliación. Uso do instrumental, material e maquinaria empregados para a confección e aplicación de tratamentos podolóxicos. Medidas de resucitación e reanimación en casos de emerxencia. Habilidades sociais para a comunicación e o trato co paciente e outros profesionais. Intercambio de información cos distintos profesionais e autoridades sanitarias implicadas na prevención, promoción e protección da saúde. Prescrición, administración e aplicación tratamentos farmacolóxicos, ortopodolóxicos, físicos e cirúrxicos. Elaboración e interpretación de informes clínicos. Avaliación dos resultados obtidos do proceso de atención Podolóxica. Capacidade na xestión clínica dos servizos de podoloxía. Actualización dos coñecementos, habilidades e actitudes. Calidade asistencial na práctica da podoloxía. Utilización elementos de documentación, estatística, informática e os métodos xerais de análises epidemiolóxicas

Competencias do título
Código Competencias do título
A36 Integrar e aplicar na práctica clínica podolóxica os coñecementos adquiridos durante la carrera, nas Clínicas podolóxicas universitarias e centros acreditados.
A37 Protocolizar e aplicar o método clínico en podoloxía.
A38 Realizar a historia clínica podolóxica e rexistrar a información obtida.
A39 Desenvolver as técnicas de exploración física.
A40 Desenvolver a habilidade de realizar as actividades radiolóxicas propias da podoloxía.
A41 Interpretar os resultados das probas complementarias e a racionalización do seu uso.
A42 Emitir un diagnóstico e pronóstico.
A43 Deseñar o plan de intervención integral ou tratamento podolóxico.
A46 Desenvolver a habilidade e destreza no uso do instrumental, material e maquinaria empregados para a confección e aplicación de tratamentos podolóxicos.
A47 Aplicar as medidas de resucitación e reanimación en casos de emerxencia.
A48 Desenvolver as habilidades sociais para a comunicación e o trato co paciente e outros profesionais.
A49 Establecer intercambio de información cos distintos profesionais e autoridades sanitarias implicadas na prevención, promoción e protección da saúde.
A50 Prescribir, administrar e aplicar tratamentos farmacolóxicos, ortopodolóxicos, físicos e quirúrxicos.
A51 Elaborar e interpretar informes clínicos.
A55 Garantir a calidade asistencial na práctica da podoloxía.
A60 Integrar os coñecementos, habilidades, destrezas, valores e actitudes adquiridos durante o itinerario curricular do alumno.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo.
B12 Capacidade de xestión da información.
B13 Traballo en equipo de carácter interdisciplinar.
B14 Implicación na calidade e busca da excelencia.
B16 Capacidade de organización e planificación do tempo e o traballo.
B18 Capacidade para comunicarse con persoas non expertas na materia.
B19 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
O alumno/a integra e aplica na práctica clínica podolóxica os coñecementos adquiridos durante todos os seus estudos, nas Clínicas podolóxicas universitarias e centros acreditados, para o desenvolvemento da profesión podolóxica tanto en centros públicos como privados A36
A60
C4
C5
Protocoliza e aplica o método clínico en podoloxía, desenvolvendo a capacidade de establecer protocolos, executalos e avalialos A37
A60
B2
B14
B16
Realiza a historia clínica podolóxica e rexistra a información obtida; coñece e manexa os sistemas de rexistro de datos clínicos utilizados no proceso de atención podolóxico para o diagnóstico, tratamento e seguimento dos pacientes A38
B7
B12
C3
Desenvolve as técnicas de exploración física adaptada ao motivo de consulta e ao diagnóstico de sospeita A39
B2
B16
B19
Desenvolve a habilidade de realizar as actividades radiolóxicas propias da podoloxía. A40
B13
B14
Interpreta os resultados das probas complementarias e a racionalización do seu uso. A41
B13
B19
Emite un diagnóstico e prognóstico, mediante a análise dos resultados de todas as probas realizadas ao paciente (anamnesis, probas físicas e complementarias).. A41
A42
B2
B14
B18
B19
Deseña o plan de intervención integral ou tratamento podolóxico para unha intervención terapéutica eficaz das afeccións dos pacientes, valorando todas as posibles opcións dos diferentes campos terapéuticos podolóxicos A43
A50
A55
A60
B2
B3
B6
B19
Desenvolve a habilidade e destreza no uso do instrumental, material e maquinaria empregados para a confección e aplicación de tratamentos podolóxicos, aprendendo a manexar o instrumental quiropodolóxico así como os materiais terapéuticos ortoprotésicos e a maquinaria empregados para a fabricación e aplicación de tratamentos ortoprotésicos podolóxicos, e os equipos terapéuticos para a aplicación da terapia física A46
A55
B14
B19
Aplica as medidas de resucitación e reanimación en casos de emerxencia propia, mantendo actualizados os coñecementos e técnicas para a súa aplicación A47
B2
B5
B13
Desenvolve as habilidades sociais para a comunicación e o trato co paciente e outros profesionais. Establece intercambio de información cos distintos profesionais e autoridades sanitarias implicadas na prevención, promoción e protección da saúde. A48
A49
B7
B18
C3
Elabora e interpreta informes clínicos como parte do rexistro documental da clínica para o intercambio de información tanto co paciente como con outros profesionais A49
A51
B7
B12
B18
C3
Garante a calidade asistencial na práctica da podoloxía, avaliando os resultados obtidos do proceso de atención Podolóxica A55
A60
B6
B14
C4
O alumno/a é capaz de seleccionar información, analizala e avaliala para redactar, expor e defender un informe científico, fomentando a lectura crítica de artigos científicos e a asistencia a sesións clínicas, cursos, xornadas e congresos co fin de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes. A60
B6
B14
C3
C4

Contidos
Temas Subtemas
Método clínico en podoloxía. Historia clínica podolóxica: rexistro da información obtida. Técnicas de exploración física. Actividades radiolóxicas propias da podoloxía. Probas complementarias e a racionalización do seu uso. Diagnóstico e prognóstico. Plan de intervención integral ou tratamento podolóxico. Plans de intervención específicos para o tratamento do pé de risco: diabético, neurolóxico e vascular. Protocolos: execución e avaliación. Uso do instrumental, material e maquinaria empregados para a confección e aplicación de tratamentos podolóxicos. Medidas de resucitación e reanimación en casos de emerxencia. Habilidades sociais para a comunicación e o trato co paciente e outros profesionais. Intercambio de información cos distintos profesionais e autoridades sanitarias implicadas na prevención, promoción e protección da saúde. Prescrición, administración e aplicación tratamentos farmacolóxicos, ortopodolóxicos, físicos e cirúrxicos. Elaboración e interpretación de informes clínicos. Avaliación dos resultados obtidos do proceso de atención Podolóxica. Capacidade na xestión clínica dos servizos de podoloxía. Actualización dos coñecementos, habilidades e actitudes. Calidade asistencial na práctica da podoloxía. Utilización elementos de documentación, estatística, informática e os métodos xerais de análises epidemiolóxicas Todos os contidos teóricos e teórico-prácticos da titulación impartidos ata o segundo cuadrimestre do 3er curso de grao son relevantes para a práctica clínica e de obrigado coñecemento, feito que debe ser tido en conta polo alumno que cursa a materia de Prácticum I, a efectos de que o seu coñecemento e actualización serán elementais para poder desenvolver as prácticas clínicas e garantir a adquisición das competencias, formando parte da avaliación da práctica clínica.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Portafolios do alumno A51 B12 B5 C3 0 50 50
Foro virtual A49 A48 B6 C3 C4 C5 0 8 8
Prácticas clínicas A36 A37 A38 A39 A40 A41 A42 A43 A46 A47 A50 A55 A60 B3 B2 B7 B13 B14 B16 B18 B19 240 0 240
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Portafolios do alumno Esta parte do Prácticum I consistirá no desenvolvemento de competencias relacionadas coa xestión documental clínica (elaboración da historia clínica, interpretación de probas complementarias, elaboración de informes, etc.) para o desenvolvemento de competencias como emitir un diagnóstico e un prognóstico, interpretar os resultados das probas complementarias ou manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes, mediante a lectura crítica e a discusión de publicacións científicas. As actividades proporanse e entregasen a través da plataforma Moodle.

Durante o desenvolvemento do practicum solicitaranse actividades individuais ou en grupo para ser realizadas en horario non presencial, entregaranse a través de Moodle nas datas asignadas para iso.
Foro virtual Precisará da participación activa, periódica do alumnado para resolución de cuestións relativas aos contidos de practícalas clínicas, os debates que se expor e cuestións xerais da materia.
Prácticas clínicas As prácticas clínicas consisten na participación gradual e supervisada do alumnado no proceso de atención podolóxica integral cos pacientes reais que sexan atendidos polos diferentes servizos da Clínica Universitaria de Podoloxía e nos servizos hospitalarios de Dermatoloxía. O alumno/a participará de forma activa, sempre baixo supervisión, en todo o proceso de atención clínica: a xestión de datos clínicos; a exploración física e a xestión de probas complementarias e interpretación das mesmas; o diagnóstico, a prescrición, indicación, obtención e/ou aplicación dos diferentes tratamentos, así como o seguimento das afeccións tratadas e a súa evolución. A asistencia ás prácticas clínicas é obrigatoria para todo o alumnado independentemente da súa modalidade de matrícula.

Atención personalizada
Metodoloxías
Portafolios do alumno
Descrición
A atención personalizada levará a cabo nas horas de tutorías do profesorado que imparte o Prácticum I así como por vía telemática a través da plataforma virtual ou o correo electrónico.

Todos os asuntos relacionados coa organización e planificación da materia deben de ser remitidos ao correo crosende@udc.es

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas clínicas A36 A37 A38 A39 A40 A41 A42 A43 A46 A47 A50 A55 A60 B3 B2 B7 B13 B14 B16 B18 B19 A avaliación da práctica clínica consistirá nunha avaliación do grao de adquisición por parte do alumno das competencias a desenvolver neste Prácticum I. A cualificación final obterase, da recollida dos coñecementos, habilidades e actitudes que cada profesor recollerá nas prácticas supervisadas do seu servizo. 80
Portafolios do alumno A51 B12 B5 C3 A cualificación desta parte consiste na avaliación de todas as actividades individuais ou en grupo que se solicitaron na planificación e metodoloxía do portafolios.
Para obter a cualificación deben de estar entregadas todas as actividades en tempo e forma e obter a cualificación de APTO na actividade.
Ademais incluirase como parte deste apartado a avaliación da participación nos foros virtuais expostos na materia.
10
Foro virtual A49 A48 B6 C3 C4 C5 Avaliarase a participación activa, periódica do alumnado para resolución de cuestións relativas aos contidos de practícalas clínicas, os debates que se expor e cuestións xerais da materia
10
 
Observacións avaliación

A avaliación do Prácticum I detallarase de forma máis específica en canto ás súas características e metodoloxía no Anexo da Guía docente do Prácticum I que se porá a disposición do alumnado antes do inicio das prácticas clínicas.

A asistencia ás prácticas clínicas é obrigatoria para superar a materia en calquera modalidade de matrícula. Faltas xustificadas: poderá superarse a materia con 10% de faltas xustificadas, (a xustificación debe de estar entre as contempladas pola Normativa académica de avaliación, cualificacións e reclamacións da UDC). Un número maior de faltas xustificadas ou a existencia de faltas inxustificadas pode supor o suspenso da materia. A puntualidade na asistencia ás prácticas é de obrigado cumprimento, as faltas de puntualidade serán penalizadas podendo chegar a supor o suspenso da materia. A xustificación das faltas debe entregarse nos 3 días seguintes a incorporación do alumno.

En calquera caso a ausencia ó 30% das prácticas clínicas suporá a calificación de non presentado.

A cualificación de Matrícula de honra será outorgada automaticamente a aqueles alumnos que alcancen a cualificación de 10. No caso de que exista maior número de alumnos que matrículas de honra asignadas á materia, ou existan alumnos con cualificación de 9 ou máis, previa solicitude por escrito dos alumnos interesados programarase, en data e hora acordada cos interesados, a realización dun exame tipo proba obxectiva para asignar ás mellores cualificacións do mesmo;a matrícula de honra. 

O suspenso no Prácticum I suporá a repetición íntegra das prácticas en segunda matrícula e posteriores.

A ausencia a máis do 30% das prácticas suporá automaticamente unha cualificación de Non Presentado.


Fontes de información
Bibliografía básica

Tendo en conta que todos os contidos teórico-prácticos da titulación son relevantes para o exercicio profesional e, polo mesmo motivo, para as prácticas clínicas, as fontes de información básicas e recomendadas por todas e cada unha das materias conforman as fontes de información para consulta e estudo durante a realización das prácticas clínicas comprendidas no Prácticum.

No entanto, existen determinadas fontes documentais de gran utilidade para a súa consulta durante a práctica clínica do día a día e que concretará o profesorado que supervise as prácticas clínicas dos diferentes servizos da Clínica Universitaria de Podoloxía.

Un exemplo destas fontes documentais de uso cotián:

Buckup K. Pruebas clínicas para patología ósea, articular y muscular. 3ª ed. Barcelona: Elsevier; 2007

Espinás Boquet J, Vilaseca Canals J. coordinadores. Guía Terapéutica en Atención Primaria (Basada en la selección razonada de medicamentos). 4ª ed. Barcelona: Sociedad Española de Medicina de Familia y Comunitaria; 2010

Dockery GL. Cutaneous Disorders of the lower extremity. 1ª ed. Philadelphia: Saunders; 1997

Muñoz Calvo B et al, comité editorial. Cliniguía, actualización de diagnóstico y terapéutica. 4ª ed. España: Eviescience; 2009

Straus SE, Scoot Richardson W, Glasziou P, Haynes RB. Medicina Basada en la Evidencia. 3ª ed. Madrid: Elsevier; 2006

Tixa S. Atlas de anatomía palpatoria: tomo 2 miembro inferior. 2ª ed. Barcelona: Masson; 2006

Villa LF. Coordinación. Medimecum, guía de terapia farmacológica. 18ª ed. España: Luis F Villa Alcazar; 2013

López, D;  Ramos, J ; Alonso,F; García, R. (2012) Manual de Podología. Conceptos, Organización psicológica y Práctica Clínica. Madrid: CERSA

Turner WA, Merriman LM (2007) Habilidades Clínicas para el tratamiento del pie. Madrid: Elsevier

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Anatomía humana xeral/750G02001
Anatomía específica do membro inferior/750G02002
Fisioloxía xeral/750G02003
Fisioloxía de sistemas/750G02004
Bioloxía/750G02005
Psicoloxía/750G02006
Microbioloxía e parasitoloxía/750G02007
Patoloxía xeral/750G02008
Farmacoloxía/750G02009
Sistemas de Información e Comunicación en Ciencias da Saude/750G02010
Método científico e Saude Pública/750G02011
Podología xeral/750G02012
Biomecánica do membro inferior/750G02013
Radiodiagnóstico e Radioprotección/750G02014
Podoloxía Preventiva/750G02015
Ortopodoloxía 1/750G02017
Ortopodoloxía 2/750G02018
Ortopodoloxía 3/750G02019
Patoloxía Podolóxica 1/750G02021
Patoloxía Podolóxica 2/750G02022
Dermatoloxía/750G02026
Quiropodoloxía 1/750G02027
Quiropodoloxía 2/750G02028
Cirugía Podolóxica 1/750G02029
Técnicas e procedementos en prevención da infección/750G02032

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Ortesioloxía dixital e calzadoterapia/750G02020
Podoloxía Física/750G02023
Cirugía Podolóxica 2/750G02030

Materias que continúan o temario
Prácticum 2/750G02034
Prácticum 3/750G02035

Observacións

Lémbrase ao alumno que para poder realizar o Practicum I o alumno debe de superar 90 créditos ECTS entre os cales deben de estar os das seguintes materias chaves:  Podoloxía Xeral, Biomecánica, Ortopodoloxía I, Ortopodoloxía II, Quiropodoloxía I e Quiropodoloxía II.

Así mesmo lembrar que o Practicum I en si é materia chave para o Practicum II e Prácticum III



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías