Identifying Data 2020/21
Subject (*) Practicum 1 Code 750G02033
Study programme
Grao en Podoloxía
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 2nd four-month period
Third Obligatory 12
Language
Spanish
Galician
English
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Ciencias da Saúde
Coordinador
Alonso Tajes, Francisco
E-mail
francisco.alonso.tajes@udc.es
Lecturers
Alonso Tajes, Francisco
Bernabeu Pena, Carolina
Carballo Díaz, Juan Luis
Lopez Lopez, Luis
López Martínez, Noemia Zeltia
Martínez Vázquez, María
Monteagudo Sánchez, Beningo
Pérez García, Sergio
Romero Soto, Manuel
Rosende Bautista, Carolina
Santalla Borreiros, Fátima
E-mail
francisco.alonso.tajes@udc.es
carolina.bernabeu@udc.es
juan.carballo1@udc.es
luis.lopezl@udc.es
zeltia.lopezm@udc.es
maria.martinez.vazquez@udc.es
benigno.monteagudo.sanchez@udc.es
sergio.perez.garcia@udc.es
manuel.romero.soto@udc.es
carolina.rosende@udc.es
f.santalla@udc.es
Web http://moodle.udc.es
General description O Prácticum consiste en prácticas clínicas que se desenvolverán principalmente na Clínica Universitaria de Podoloxía da Universidade da Coruña co fin de desenvolver as competencias que permitan ao alumnado incorporar á súa formación as competencias fundamentais e os valores profesionais para o exercicio da profesión podolóxica. Estas prácticas clínicas inclúen a participación do alumnado no proceso de atención podolóxica integral con pacientes reais, sempre baixo a supervisión dun profesional que guiará ao alumnado no proceso da aprendizaxe clínica. Tamén se desenvolverán outras actividades en forma de seminario ou sesións clínicas nas que se abordarán contidos e competencias relacionadas coa práctica clínica como o estudo e discusión de casos clínicos, interpretación de probas complementarias ou realización de informes.

Para cursar as materias do Prácticum os alumnos/as deben obter previamente 90 créditos da primeira metade do plan de estudos, de entre os cales deben de obter obrigatoriamente os correspondentes ás materias de: Podoloxía Xeral, Biomecánica do membro inferior, Ortopodoloxía 1 e Ortopodoloxía 2, Quiropodoloxía 1 e Quiropodoloxía 2.

Os contidos que se desenvolverán no Prácticum I son: Método clínico en podoloxía. Historia clínica podológica: rexistro da información obtida. Técnicas de exploración física. Actividades radiolóxicas propias da podoloxía. Probas complementarias e a racionalización do seu uso. Diagnóstico e prognóstico. Plan de intervención integral ou tratamento podolóxico. Plans de intervención específicos para o tratamento do pé de risco: diabético, neurolóxico e vascular. Protocolos: execución e avaliación. Uso do instrumental, material e maquinaria empregados para a confección e aplicación de tratamentos podolóxicos. Medidas de resucitación e reanimación en casos de emerxencia. Habilidades sociais para a comunicación e o trato co paciente e outros profesionais. Intercambio de información cos distintos profesionais e autoridades sanitarias implicadas na prevención, promoción e protección da saúde. Prescrición, administración e aplicación tratamentos farmacolóxicos, ortopodolóxicos, físicos e cirúrxicos. Elaboración e interpretación de informes clínicos. Avaliación dos resultados obtidos do proceso de atención Podolóxica. Capacidade na xestión clínica dos servizos de podoloxía. Actualización dos coñecementos, habilidades e actitudes. Calidade asistencial na práctica da podoloxía. Utilización elementos de documentación, estatística, informática e os métodos xerais de análises epidemiolóxicas
Contingency plan Dado que esta materia ten lugar no segundo cuadrimestre e trátase dunha materia de práctica clínica asistencial de carácter presencial, o presente plan de continxencia recolle liñas xerais que poden sufrir modificacións en función da evolución da pandemia COVID-19, agás o recollido no apartado da avaliación, que será de aplicación para a superación da materia.

1. Modificacións nos contidos

Non se realizarán cambios

2. Metodoloxías

Non se propoñen cambios a espera de coñecer a evolución da pandemia para o segundo cuadrimestre do curso

*Metodoloxías docentes que se manteñen

*Metodoloxías docentes que se modifican

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado

Teams, Moodle, e Correo electrónico. Temporalización acordada cos estudantes segundo necesidade e dispoñibilidade de ambas as partes e unha vez establecidos os cambios nas metodoloxías, de ser necesarios.

4. Modificacións na avaliación

Para poder ser avaliados e optar a superar a materia do Prácticum I, os estudantes deberán superar un número de horas mínimo equivalente ao 75% das horas presenciais de práctica clínica recollidas no apartado "Planificación", porcentaxe que implica a realización de 180 horas de práctica clínica presencial, e a superación do examen individual nos servizos de rotación na Clínica Universitaria de Podoloxía.

Observacións de avaliación:

No caso de que un confinamiento ou estado de alarma durante o periodo lectivo impida acadar o 75% da presencialidade mínima para superar a materia, será obligatorio, recuperar as horas de práctica presencial, en canto sexa posible, fora do periodo lectivo, así como a realización do exame individual. De existir a posibilidade, recuperase o 100% das horas de práctica clínica como criterio obrigatorio para superar a materia, agás a porcentaxe de horas de faltas xustificadas indicado na guía docente para o suposto dun desenvolvemento normal das prácticas.

Manterase a avaliación e a súa porcentaxe das metodoloxías na que todo o alumnado tivese a opción de ser calificado. As metodoloxías presenciais nas que non exista opción a manter a posibilidade de calificación verán redistribuida o peso na avaliación nas metodoloxías nas que sí exista a opción de avaliación.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía

Non se realizarán cambios

Study programme competencies
Code Study programme competences
A36 Integrar e aplicar na práctica clínica podolóxica os coñecementos adquiridos durante la carrera, nas Clínicas podolóxicas universitarias e centros acreditados.
A37 Protocolizar e aplicar o método clínico en podoloxía.
A38 Realizar a historia clínica podolóxica e rexistrar a información obtida.
A39 Desenvolver as técnicas de exploración física.
A40 Desenvolver a habilidade de realizar as actividades radiolóxicas propias da podoloxía.
A41 Interpretar os resultados das probas complementarias e a racionalización do seu uso.
A42 Emitir un diagnóstico e pronóstico.
A43 Deseñar o plan de intervención integral ou tratamento podolóxico.
A46 Desenvolver a habilidade e destreza no uso do instrumental, material e maquinaria empregados para a confección e aplicación de tratamentos podolóxicos.
A47 Aplicar as medidas de resucitación e reanimación en casos de emerxencia.
A48 Desenvolver as habilidades sociais para a comunicación e o trato co paciente e outros profesionais.
A49 Establecer intercambio de información cos distintos profesionais e autoridades sanitarias implicadas na prevención, promoción e protección da saúde.
A50 Prescribir, administrar e aplicar tratamentos farmacolóxicos, ortopodolóxicos, físicos e quirúrxicos.
A51 Elaborar e interpretar informes clínicos.
A55 Garantir a calidade asistencial na práctica da podoloxía.
A60 Integrar os coñecementos, habilidades, destrezas, valores e actitudes adquiridos durante o itinerario curricular do alumno.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo.
B12 Capacidade de xestión da información.
B13 Traballo en equipo de carácter interdisciplinar.
B14 Implicación na calidade e busca da excelencia.
B16 Capacidade de organización e planificación do tempo e o traballo.
B18 Capacidade para comunicarse con persoas non expertas na materia.
B19 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
O alumno/a integra e aplica na práctica clínica podolóxica os coñecementos adquiridos durante todos os seus estudos, nas Clínicas podolóxicas universitarias e centros acreditados, para o desenvolvemento da profesión podolóxica tanto en centros públicos como privados A36
A60
C4
C5
Protocoliza e aplica o método clínico en podoloxía, desenvolvendo a capacidade de establecer protocolos, executalos e avalialos A37
A60
B2
B14
B16
Realiza a historia clínica podolóxica e rexistra a información obtida; coñece e manexa os sistemas de rexistro de datos clínicos utilizados no proceso de atención podolóxico para o diagnóstico, tratamento e seguimento dos pacientes A38
B7
B12
C3
Desenvolve as técnicas de exploración física adaptada ao motivo de consulta e ao diagnóstico de sospeita A39
B2
B16
B19
Desenvolve a habilidade de realizar as actividades radiolóxicas propias da podoloxía. A40
B13
B14
Interpreta os resultados das probas complementarias e a racionalización do seu uso. A41
B13
B19
Emite un diagnóstico e prognóstico, mediante a análise dos resultados de todas as probas realizadas ao paciente (anamnesis, probas físicas e complementarias).. A41
A42
B2
B14
B18
B19
Deseña o plan de intervención integral ou tratamento podolóxico para unha intervención terapéutica eficaz das afeccións dos pacientes, valorando todas as posibles opcións dos diferentes campos terapéuticos podolóxicos A43
A50
A55
A60
B2
B3
B6
B19
Desenvolve a habilidade e destreza no uso do instrumental, material e maquinaria empregados para a confección e aplicación de tratamentos podolóxicos, aprendendo a manexar o instrumental quiropodolóxico así como os materiais terapéuticos ortoprotésicos e a maquinaria empregados para a fabricación e aplicación de tratamentos ortoprotésicos podolóxicos, e os equipos terapéuticos para a aplicación da terapia física A46
A55
B14
B19
Aplica as medidas de resucitación e reanimación en casos de emerxencia propia, mantendo actualizados os coñecementos e técnicas para a súa aplicación A47
B2
B5
B13
Desenvolve as habilidades sociais para a comunicación e o trato co paciente e outros profesionais. Establece intercambio de información cos distintos profesionais e autoridades sanitarias implicadas na prevención, promoción e protección da saúde. A48
A49
B7
B18
C3
Elabora e interpreta informes clínicos como parte do rexistro documental da clínica para o intercambio de información tanto co paciente como con outros profesionais A49
A51
B7
B12
B18
C3
Garante a calidade asistencial na práctica da podoloxía, avaliando os resultados obtidos do proceso de atención Podolóxica A55
A60
B6
B14
C4
O alumno/a é capaz de seleccionar información, analizala e avaliala para redactar, expor e defender un informe científico, fomentando a lectura crítica de artigos científicos e a asistencia a sesións clínicas, cursos, xornadas e congresos co fin de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes. A60
B6
B14
C3
C4

Contents
Topic Sub-topic
Método clínico en podoloxía. Historia clínica podolóxica: rexistro da información obtida. Técnicas de exploración física. Actividades radiolóxicas propias da podoloxía. Probas complementarias e a racionalización do seu uso. Diagnóstico e prognóstico. Plan de intervención integral ou tratamento podolóxico. Plans de intervención específicos para o tratamento do pé de risco: diabético, neurolóxico e vascular. Protocolos: execución e avaliación. Uso do instrumental, material e maquinaria empregados para a confección e aplicación de tratamentos podolóxicos. Medidas de resucitación e reanimación en casos de emerxencia. Habilidades sociais para a comunicación e o trato co paciente e outros profesionais. Intercambio de información cos distintos profesionais e autoridades sanitarias implicadas na prevención, promoción e protección da saúde. Prescrición, administración e aplicación tratamentos farmacolóxicos, ortopodolóxicos, físicos e cirúrxicos. Elaboración e interpretación de informes clínicos. Avaliación dos resultados obtidos do proceso de atención Podolóxica. Capacidade na xestión clínica dos servizos de podoloxía. Actualización dos coñecementos, habilidades e actitudes. Calidade asistencial na práctica da podoloxía. Utilización elementos de documentación, estatística, informática e os métodos xerais de análises epidemiolóxicas El Prácticum I consiste na aplicación dos conocimientos teóricos e prácticos adquiridos nas diferentes materias do título á práctica clínica, garantindo un proceso integral de atención podolóxica ao paciente que inclúa todos os aspectos clínicos, documentais e legais.

Todos os contidos teóricos e teórico-prácticos da titulación impartidos ata o segundo cuadrimestre do 3er curso de grao son relevantes para a práctica clínica e de obrigado coñecemento, feito que debe ser tido en conta polo alumnado que cursa a materia de Prácticum I, a efectos de que o seu coñecemento e actualización serán elementais para poder desenvolver as prácticas clínicas e garantir a adquisición das competencias, formando parte da avaliación da práctica clínica.

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Student portfolio A48 A49 A51 B5 B6 B12 C3 C4 C5 0 58 58
Clinical practice placement A36 A37 A38 A39 A40 A41 A42 A43 A46 A47 A50 A55 A60 B2 B3 B7 B13 B14 B16 B18 B19 240 0 240
 
Personalized attention 2 0 2
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Student portfolio Esta parte do Prácticum I consistirá no desenvolvemento de competencias relacionadas coa xestión documental clínica (elaboración da historia clínica, interpretación de probas complementarias, elaboración de informes, etc.) para o desenvolvemento de competencias como emitir un diagnóstico e un prognóstico, interpretar os resultados das probas complementarias ou manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes, mediante a lectura crítica e a discusión de publicacións científicas.

Para o curso 2019/2020 as actividades que conformarán o portafolio do alumno/a serán:
1. Elaboración dun vídeo tutorial como ferramenta de transferencia de coñecemento dirixido a estudantes e profesionais da podoloxía
2. Cumprimentar a actividade do Seminario de actuación en situacións de emerxencia e administración de medicamentos


Todas as actividades proporanse na plataforma Moodle e estarán dispoñibles ao comezo do cuadrimestre no que se cursa o Prácticum I. Especificarase para cada actividade o obxectivo/s, proporcionando información do formato ou modelo a seguir, os apartados a cubrir, de ser o caso, a extensión mínima/máxima da actividade (de ser oportuno) ou a documentación ou referencias necesarias para realizar a actividade. Establecerase unha data límite común para a entrega de todas as actividades.

Clinical practice placement As prácticas clínicas consisten na participación gradual e supervisada do alumnado no proceso de atención podolóxica integral cos pacientes reais que sexan atendidos polos diferentes servizos da Clínica Universitaria de Podoloxía e nos servizos hospitalarios de Dermatoloxía. O alumno/a participará de forma activa, sempre baixo supervisión, en todo o proceso de atención clínica: a xestión de datos clínicos; a exploración física e a xestión de probas complementarias e interpretación das mesmas; o diagnóstico, a prescrición, indicación, obtención e/ou aplicación dos diferentes tratamentos, así como o seguimento das afeccións tratadas e a súa evolución. Atendendo á participación gradual do alumno/a en a práctica, estableceranse actividades relacionadas coas competencias a adquirir nas que quedará delimitado se o alumno/a deberá saber facer con competencia, saber facer baixo supervisión e instrución, ou soamente coñecer o procedemento mediante a observación da súa realización por parte do profesor/a.

Ao comezo do Prácticum I o alumno/a disporá a través da plataforma Moodle dun documento baixo o nome de “ANEXO Á GUÍA DOCENTE DO PRÁCTICUM I”, no que atopará información específica e detallada sobre os obxectivos, contidos e competencias a adquirir durante as prácticas clínicas e o seu grao de adquisición, a composición dos grupos, os titores/as asignados a cada grupo, e o cronograma cos rotatorios de prácticas dos diferentes servizos así como o calendario das probas prácticas de cada rotatorio.

Personalized attention
Methodologies
Student portfolio
Description
A atención personalizada desenvolverase mediante concertación de cita previa co alumnado, quedando esta supeditada á dispoñibilidade dos horarios tanto do alumnado (aspecto este prioritario) como do profesor/a. Por tanto, de forma programada, a atención personalizada poderá desenvolverse de forma presencial, de ser requirida e/ou pertinente, na localización indicada e os horarios de atención ao alumnado que se recollen na plataforma da UDC para a indicación de "As miñas titorías", ou de forma virtual, sendo atendidas as titorías por correo electrónico ou a través doutros medios telemáticos que permita a plataforma virtual, como as mensaxes de Moodle, ou outras vías como a telefónica ou a videoconferencia (Teams).

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Clinical practice placement A36 A37 A38 A39 A40 A41 A42 A43 A46 A47 A50 A55 A60 B2 B3 B7 B13 B14 B16 B18 B19 A asistencia ás prácticas clínicas é obrigatoria para todo o alumnado independentemente da súa modalidade de matrícula.

Poderase optar a superar o Prácticum I con ausencias xustificadas baixo os seguintes supostos:
1. Un máximo de 3 ausencias xustificadas sen penalización na cualificación
2. Desde a 4ª á 7ª ausencia xustificada penalizarase con 0.25 puntos por ausencia na cualificación da avaliación continua do rotatorio no que se produza a ausencia
* Non computarán como faltas aquelas actividades formativas (xornadas, congresos ou cursos) que, estando previstas e organizadas pola UDC, teñan interés formativo para o alumnado do Prácticum I.

A partir de 8 faltas xustificadas (incluída a 8ª) ou de calquera número de faltas sen xustificar, non se poderá optar a superar o Prácticum na matrícula do curso corrente.

A motivación xustificada das faltas será a contemplada para os procesos de avaliación no artículo 12 das Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e máster universitario, aprobada polo Consello de Goberno da UDC.

Calquera suposto que se presente no límite da presente norma poderá ser revisado polo conxunto de profesorado do Prácticum para o curso en vigor, debendo adoptar unha resolución por unanimidade e a condición de que o alumno/a demostrase a adquisición das competencias superando os requisitos de avaliación previstos para o Prácticum I.

A avaliación das prácticas clínicas consiste na avaliación das competencias a adquirir polo alumno/a en o Prácticum I tendo en conta o carácter gradual de adquisición das mesmas segundo quedará recollido no ANEXO Á GUÍA DOCENTE DO PRÁCTICUM I.

A cualificación das prácticas clínicas obtense do sumatorio das cualificacións parciais nos diferentes rotatorios en avaliación continua e dos exames prácticos ao final de cada rotatorio en función da seguinte distribución porcentual:
• Rotatorio do Servizo de Quiropodoloxía e Cirurxía: 35% da cualificación final repartida ao 50% entre a avaliación continua e o exame práctico final
• Rotatorio do Servizo de Biomecánica e Ortopodoloxía: 35% da cualificación final repartida ao 50% entre a avaliación continua e o exame práctico final
• Rotatorio do Servizo de Dermatoloxía: 10% da cualificación final repartida no 75% da avaliación continua e un 25% para a resolución de caso clínico

Para superar a materia é requisito indispensable superar o 50% da cualificación da avaliación continua de cada un dos rotatorios e o 50% da cualificación de cada un dos exames prácticos.

Na 2ª oportunidade só poderán optar a superar a materia aqueles alumnos/as que superando a avaliación continua non superasen o exame práctico, ou cando o sumatorio total das cualificacións non supere a nota mínima para superar o Prácticum I (5) debido á cualificación do Portafolio do alumno/a. Para ambos os supostos no calendario académico quedará fixada unha data para as novas probas de exame práctico e/ou nova entrega de actividades de portafolio.

As cualificacións parciais de todos os ítems que conforman aavaliación do Prácticum I puntuaranse na escala 0-10 para posteriormente obter o seu peso porcentual correspondente na cualificación final.

80
Student portfolio A48 A49 A51 B5 B6 B12 C3 C4 C5 As actividades do Portafolio forman parte da cualificación final da materia de maneira sumativa á cualificación das prácticas clínicas. A súa realización é obrigatoria pero non existe unha puntuación mínima que condicione a superación do Prácticum I, establecéndose como requisito mínimo para superar a materia presentar o total das actividades propostas no tempo e a forma previstas para iso.

A elaboración do vídeo tutorial computará un 75% do peso da calificación do portafolio, mentres a calificación do Seminario de actuacións en situacións de emerxencia e administración de medicamentos, computará un 25%.

As actividades serán supervisadas e avaliadas polo titor/a que quede asignado a cada grupo, sendo cada titor/a responsable da cualificación e revisión da mesma.
20
 
Assessment comments

Matrícula de Honra: A cualificación de
Matrícula de honra
(MH) será
outorgada automaticamente a aqueles alumnos/as que obteñan un 10 na cualificación
final. No caso de que exista maior número de alumnos/as que matrículas de honra
poidan ser asignadas á materia, convocarase aos alumnos/as en disposición de
obter devandita cualificación e realizarase unha probaba específica de
características similares ás dos exames prácticos para determinar a súa
asignación final. Nos casos nos que a cualificación final sexa superior a 9.0
poderase outorgar a cualificación de MH. Para iso o conxunto do profesorado
con docencia no Prácticum I valorará a posibilidade de outorgar dita MH
tendo en conta as aptitudes e actitudes do alumno/a a condición de que o sea otorgación non supoña superar a cota de MH establecida pola normativa vixente
unha vez outorgadas as MH os alumnos/as que obteñan un 10 na cualificación
final.

Repetición de Prácticum I: Non superar o requisito
mínimo establecido para a cualificación da avaliación continua dalgún dos rotatorios, non superar algún dos exames prácticos entre as 2 oportunidades,
ou non alcanzar a cualificación final mínima de 5 no sumatorio de todos os ítems
de avaliación previstos para o Prácticum I entre as dúas oportunidades da convocatoria, suporá a non superación da
materia e a repetición íntegra das prácticas en segunda matrícula e posteriores
.

Non presentado: A
ausencia a máis do 30% das prácticas ou a algún dos exames prácticos suporá
automaticamente unha cualificación de Non Presentado

Alumnado de mobilidade (Erasmus , SICUE, Bilateral): A cualificación do alumnado de mobilidade realizarase só pola avaliación continua nos rotarorios. No caso de suspenso na mesma, poderán superar a materia superando as probas prácticas do rotatorio suspenso. 

Mentores ERASMUS e Bilateral: Ao comezo da materia proporase a todo o alumnado a posibilidade de, voluntariamente, participar como mentores/as do alumnado. De se presentar máis voluntarios/as dos necesarios, farase una selección pola nota do expediente académico, tendo en conta, de ser o caso, a certificación oficial de coñecemento do idioma do alumnado de mobilidade (segundo o nivel del coñecemento do idioma engadirase a nota do expediente de 0,5 a 3 puntos). A participación como mentor sumará ata 0,5 puntos á cualificación final da materia do alumnado mentor.

PLAXIO. Na realización dos traballos da materia, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, será cualificado con suspenso (0,0) na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento.

RECUPERACIÓN DE HORAS DE PRÁCTICUM I POR AUSENCIA JUSTIFICADA.

Todo o alumnado matriculado na materia de Prácticum I poderá optar á recuperación de horas en período non lectivo cando se dean as seguintes circunstancias:

a. O número de horas das faltas de asistencia acumuladas superen o número de horas de ausencia xustificadas non penalizadas prevista na guía docente (3 xornadas de prácticas ou o seu equivalente en horas: 12 horas). As horas de ausencia contabilizaranse tanto de días completos de ausencia (4 horas por día) como de ausencias parciais durante un día de prácticas (computo da diferenza de tempo entre a hora de entrada e a de saída).

b. A causa da superación do límite de horas de ausencias xustificadas prevista na guía docente atópese incluída nalgún dos seguintes supostos de ausencia:

i. Alumno/a de intercambio nos programas ERASMUS / SICUE
ii. Alumno/a con consideración de deportista de elite /alto nivel (con certificación acreditada)
iii. Ausencias por enfermidade que impida a asistencia ás prácticas clínicas, acudir a tratamentos, etc. En calquera destes supostos, requirirase informe médico.
iv. Ausencias xustificadas contempladas na normativa académica da UDC como asistencia a reunións de órganos colexiados da UDC como representantes dos estudantes; cumprimento dun deber inescusable; etc.
v. Ausencias que non se axusten aos apartados anteriores (como asistencia a cursos, xornadas ou congresos de formación de interese podológico). e que, tras ser avaliadas polo coordinador/a de a materia, poidan obter un informe favorable unha vez consultado o claustro de profesorado con docencia no Prácticum I.

Durante o curso vixente, as datas de recuperación de prácticas do período non lectivo estableceranse de maneira consensuada co alumnado, atendendo á dispoñibilidade dos horarios do profesorado e da Clínica Universitaria de Podoloxía.

De existir situacións de ausencia que non estean incluídas nos supostos recollidas no apartado b) e/ou que sexan motivo de controversia por non recibir un informe favorable para o seu cómputo como ausencias xustificadas, serán trasladadas, baixo petición do interesado/a, á Comisión de Docencia da Facultade de Enfermería e Podoloxía para a súa resolución.

Sources of information
Basic

Tendo en conta que todos os contidos teórico-prácticos da titulación son relevantes para o exercicio profesional e, polo mesmo motivo, para as prácticas clínicas, as fontes de información básicas e recomendadas por todas e cada unha das materias conforman as fontes de información para consulta e estudo durante a realización das prácticas clínicas comprendidas no Prácticum.

No entanto, existen determinadas fontes documentais de gran utilidade para a súa consulta durante a práctica clínica do día a día e que concretará o profesorado que supervise as prácticas clínicas dos diferentes servizos da Clínica Universitaria de Podoloxía.

Un exemplo destas fontes documentais de uso cotián:

Buckup K. Pruebas clínicas para patología ósea, articular y muscular. 3ª ed. Barcelona: Elsevier; 2007

Espinás Boquet J, Vilaseca Canals J. coordinadores. Guía Terapéutica en Atención Primaria (Basada en la selección razonada de medicamentos). 7ª ed. Barcelona: Sociedad Española de Medicina de Familia y Comunitaria; 2018

Dockery GL. Cutaneous Disorders of the lower extremity. 1ª ed. Philadelphia: Saunders; 1997

Muñoz Calvo B et al, comité editorial. Cliniguía, actualización de diagnóstico y terapéutica. 4ª ed. España: Eviescience; 2009

Olazabal JC et al. AVERROES manual de tesarpia en atención primaria. 1ª ed. España: EviScience; 2013

Straus SE, Scoot Richardson W, Glasziou P, Haynes RB. Medicina Basada en la Evidencia. 3ª ed. Madrid: Elsevier; 2006

Tixa S. Atlas de anatomía palpatoria: tomo 2 miembro inferior. 4ª ed. Barcelona: Masson; 2014

Villa LF. Coordinación. Medimecum, guía de terapia farmacológica. 25ª ed. España: Luis F Villa Alcazar; 2020

Turner WA, Merriman LM (2007) Habilidades Clínicas para el tratamiento del pie. Madrid: Elsevier

Complementary


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before
General Human Anatomy /750G02001
Specific Anatomy of the Lower Limb/750G02002
General Physiology/750G02003
Physiology of Systems/750G02004
Biology/750G02005
Psychology/750G02006
Microbiology and Parasitology/750G02007
General Pathology/750G02008
Pharmacology/750G02009
Information and Communication Systems in Health Science/750G02010
Scientific Method and Public Health/750G02011
General Podiatry/750G02012
Biomechanics of the Lower Limb/750G02013
Radiology and Radiation Protection/750G02014
Preventive Podiatry/750G02015
Podiatric Orthopedics 1/750G02017
Podiatric Orthopedics 2/750G02018
Podiatric Orthopedics 3/750G02019
Podiatric Pathology 1/750G02021
Podiatric Pathology 2/750G02022
Dermatology/750G02026
Chiropody 1/750G02027
Chiropody 2/750G02028
Podiatric Surgery 1/750G02029
Infection Prevention Techniques and Procedures/750G02032

Subjects that are recommended to be taken simultaneously
Digital Orthopedics and Footwear Therapy/750G02020
Physical Podiatry/750G02023
Podiatric Surgery 2/750G02030

Subjects that continue the syllabus
Practicum 2/750G02034
Practicum 3/750G02035

Other comments

Lémbrase que para poder realizar o Practicum I o alumno/a debe de superar 90 créditos ECTS da titulación entre os cales deben de estar obrigatoriamente os das seguintes materias chaves: Podoloxía Xeral, Biomecánica, Ortopodología I, Ortopodología II, Quiropodología I e Quiropodología II. O Practicum I é materia chave á súa vez para o Practicum II e Parcticum III

Todos os asuntos relacionados coa organización e planificación da materia deben de ser remitidos ao correo do profesor coordinador da materia falonso@udc.gal

Recomendacións Sostenibilidade Medio Ambiente, Persoa e Igualdade de Xénero

  1. Os traballos documentais do portafolio solicitaranse en formato informático
  2. Toda a información da organización do Prácticum I estará disponible en Moodle en formato PDF para ser descargada ou consultada en liña sen necesidade de realizar a impresión de esta. No caso de ter que imprimila recoméndase: 
    1. Impresións a dobre cara
    2. Empregar papel reciclado
  3. Como parte dos valores do Practicum I traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade, así como facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria
  4. É recomendable facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural (por exemplo, evitar mercar botellas de auga de plástico ou empregar unha para encher de auga da fonte da clínica universitaria)


(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.