Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Prácticum 3 Código 750G02035
Titulación
Grao en Podoloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 12
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
Mosquera Fernandez, Abian
Correo electrónico
abian.mosquera.fernandez@udc.es
Profesorado
Becerra Noal, Saleta
Bernabeu Pena, Carolina
Carballo Díaz, Juan Luis
Garcia De Castro, Ricardo
López Martínez, Noemia Zeltia
Martínez Vázquez, María
Mosquera Fernandez, Abian
Pérez García, Sergio
Souto Rey, Victoriano
Correo electrónico
saleta.becerra@udc.es
carolina.bernabeu@udc.es
juan.carballo1@udc.es
ricardo.garcia.decastro@udc.es
zeltia.lopezm@udc.es
maria.martinez.vazquez@udc.es
abian.mosquera.fernandez@udc.es
sergio.perez.garcia@udc.es
victoriano.souto.rey@udc.es
Web http://moodle.udc.es
Descrición xeral Durante a realización do Prácticum 3 o alumno/a asume o último bloque das súas prácticas pre-profesionais. Estas prácticas desenvólvense na Clínica Universitaria de Podoloxía (CUP) e no Servizo de Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía (COT) do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol co fin de que o alumno/a incorpore á súa formación as competencias fundamentais e os valores profesionais para o exercicio da súa profesión. O bloque práctico supón unha participación activa do alumno/a en o proceso asistencial sempre baixo supervisión do profesorado. Durante as mesmas poderanse desenvolver outras actividades en forma de seminario ou sesións clínicas nas que se abordarán contidos e competencias relacionadas coa práctica clínica como o estudo e discusión de casos, interpretación de probas complementarias ou realización de informes. Antes do inicio das prácticas clínicas porase a disposición do alumno/a un anexo a esta guía na que se detallarán aspectos relacionados coa planificación, a metodoloxía e a avaliación da materia.

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título
A33 Coñecer e obter habilidades na aplicación das técnicas podolóxicas de cirurxía ungueal, de cirurxía podolóxica de partes brandas, de cirurxía ósea e articular do pé.
A36 Integrar e aplicar na práctica clínica podolóxica os coñecementos adquiridos durante la carrera, nas Clínicas podolóxicas universitarias e centros acreditados.
A37 Protocolizar e aplicar o método clínico en podoloxía.
A38 Realizar a historia clínica podolóxica e rexistrar a información obtida.
A39 Desenvolver as técnicas de exploración física.
A40 Desenvolver a habilidade de realizar as actividades radiolóxicas propias da podoloxía.
A41 Interpretar os resultados das probas complementarias e a racionalización do seu uso.
A42 Emitir un diagnóstico e pronóstico.
A43 Deseñar o plan de intervención integral ou tratamento podolóxico.
A44 Deseñar planes de intervención específicos para o tratamento do pé de risco: diabético, neurolóxico e vascular.
A45 Desenvolver a capacidade de establecer protocolos, executalos e avalialos.
A46 Desenvolver a habilidade e destreza no uso do instrumental, material e maquinaria empregados para a confección e aplicación de tratamentos podolóxicos.
A47 Aplicar as medidas de resucitación e reanimación en casos de emerxencia.
A48 Desenvolver as habilidades sociais para a comunicación e o trato co paciente e outros profesionais.
A49 Establecer intercambio de información cos distintos profesionais e autoridades sanitarias implicadas na prevención, promoción e protección da saúde.
A50 Prescribir, administrar e aplicar tratamentos farmacolóxicos, ortopodolóxicos, físicos e quirúrxicos.
A51 Elaborar e interpretar informes clínicos.
A52 Avaliar os resultados obtidos do proceso de atención podolóxica.
A53 Adquirir capacidade na xestión clínica dos servizos de podoloxía.
A54 Manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes.
A55 Garantir a calidade asistencial na práctica da podoloxía.
A60 Integrar os coñecementos, habilidades, destrezas, valores e actitudes adquiridos durante o itinerario curricular do alumno.
A62 Adquirir habilidades de traballo en equipo como unidade na que se estruturan de forma uni ou multidisciplinar e interdisciplinar os profesionais e demais persoal relacionados coa prevención, avaliación diagnóstica e tratamento podolóxico.
A64 Identificar e integrar a práctica profesional desde o respecto á autonomía do paciente; describir os elementos propios do manexo da documentación clínica con especial atención ós aspectos de confidencialidade; identificar os criterios básicos de xestión clínica, economía da saúde e uso eficiente dos recursos.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo.
B11 Coñecementos de informática relativos ó seu ámbito de estudo.
B12 Capacidade de xestión da información.
B14 Implicación na calidade e busca da excelencia.
B16 Capacidade de organización e planificación do tempo e o traballo.
B17 Capacidade de motivarse e motivar a outros.
B18 Capacidade para comunicarse con persoas non expertas na materia.
B19 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
B21 Habilidades interpersonais.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
O alumno/a integra e aplica na práctica clínica podológica os coñecementos adquiridos durante todos os seus estudos nas clínicas podológicas universitarias e centros acreditados. A36
A60
B19
Protocoliza e aplica o método clínico en podoloxía A37
Realiza a historia clínica podolóxica e rexistra a información obtida. A38
Desenvolve as técnicas de exploración física. A39
Desenvolve a habilidade de realizar as actividades radiolóxicas propias da podoloxía. A40
Interpreta os resultados das probas complementarias e a racionalización do seu uso. A41
B12
Emite un diagnóstico e prognóstico. A42
Deseña o plan de intervención integral ou tratamento podológico. A43
A62
A64
Deseña plans de intervención específicos para o tratamento do pé de risco: diabético, neurolóxico e vascular. A44
A62
Desenvolve a capacidade de establecer protocolos, executalos e avalialos. A45
B4
B17
Desenvolve a habilidade e destreza no uso do instrumental, material e maquinaria empregados para a confección e aplicación de tratamentos podológicos. A46
Desenvolve as habilidades sociais para a comunicación e o trato co paciente e outros profesionais. Establece intercambio de información cos distintos profesionais e autoridades sanitarias implicadas na prevención, promoción e protección da saúde. A47
Aplica as medidas de resucitación e reanimación en casos de emerxencia. A48
A49
B7
B21
C1
Prescribe, administra e aplica tratamentos farmacolóxicos, ortopodológicos, físicos e cirúrxicos. A50
Elabora e interpreta informes clínicos. A51
B7
B12
Avalía os resultados obtidos do proceso de atención podológica. A52
B14
C4
Adquirir capacidade na xestión clínica dos servizos de podoloxía. A53
B11
B12
B16
Manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes. B1
B3
B14
C6
Garante a calidade asistencial na práctica da podoloxía. A55
B6
C4
C6
O alumno/a é capaz de seleccionar información, analizala e avaliala para redactar, expor e defender un informe científico. B2
B18
C3
Coñecer e obter habilidades na aplicación das técnicas podológicas de cirurxía ungueal, de cirurxía podológica de partes brandas, de cirurxía ósea e articular do pé. A33
A54
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
Na materia Prácticum 3 o alumno/a aplica os coñecementos teóricos adquiridos nas diferentes materias do título á práctica clínica, garantindo un proceso integral de atención podológica ao paciente que inclúa todos os aspectos clínicos, documentais e legais. Por iso, todos os contidos teóricos e teórico-prácticos da titulación impartidos ata o 2º cuadrimestre do 4º curso de grao así como os impartidos simultaneamente son relevantes para a práctica clínica e de obrigado coñecemento, feito que debe ser tido en conta polo alumno/á efectos de que o seu coñecemento e actualización serán elementais para poder desenvolver as prácticas clínicas e garantir a adquisición das competencias formando parte da avaliación continua e final da práctica clínica. -Método clínico en podoloxía.
-Historia clínica podolóxica: rexistro da información obtida.
-Técnicas de exploración física.
-Actividades radiolóxicas propias da podoloxía.
-Probas complementarias e a racionalización do seu uso.
-Diagnóstico e prognóstico.
-Plan de intervención integral ou tratamento podolóxico.
-Plans de intervención específicos para o tratamento do pé de risco: diabético, neurolóxico e vascular.
-Protocolos: execución e avaliación.
-Uso do instrumental, material e maquinaria empregados para a confección e aplicación de tratamentos podológicos.
-Medidas de resucitación e reanimación en casos de emerxencia.
-Habilidades sociais para a comunicación e o trato co paciente e outros profesionais.
-Intercambio de información cos distintos profesionais e autoridades sanitarias implicadas na prevención, promoción e protección da saúde.
-Prescrición, administración e aplicación tratamentos farmacolóxicos, ortopodolóxicos, físicos e cirúrxicos.
-Elaboración e interpretación de informes clínicos.
-Avaliación dos resultados obtidos do proceso de atención podolóxica.
-Capacidade na xestión clínica dos servizos de podoloxía.
-Actualización dos coñecementos, habilidades e actitudes.
-Calidade asistencial na práctica da podoloxía.
-Utilización elementos de documentación, estatística, informática e os métodos xerais de análises epidemiolóxicas

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Prácticas clínicas A33 A36 A37 A38 A39 A40 A41 A42 A43 A44 A45 A46 A47 A48 A50 A51 A52 A53 A55 A60 A62 A64 B2 B3 B4 B6 B7 B11 B14 B16 B17 B18 B19 B21 C1 240 0 240
Portafolios do alumno A49 B1 B12 C3 C4 C6 C7 C8 0 50 50
Proba obxectiva A36 A37 A38 A39 A40 A41 A42 A43 A44 A45 A46 A47 A48 A49 A50 A51 A52 A53 A54 A55 A60 A62 A64 2 6 8
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas clínicas As prácticas clínicas supoñen a participación gradual e supervisada do alumno/a en o proceso de atención podológica integral aos pacientes atendidos nos diferentes servizos da CUP e as prácticas externas nos Servizos do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol. O alumno/a participará de forma activa, sempre baixo supervisión, en todo o proceso de atención clínica: a xestión de datos clínicos; a exploración física e a xestión de probas complementarias e interpretación das mesmas; o diagnóstico, a prescrición, indicación, obtención e/ou aplicación dos diferentes tratamentos, así como o seguimento das afeccións tratadas e a súa evolución. Do mesmo xeito sempre que sexa posible participará nas sesións clínicas que leven a cabo nos diferentes Servizos.
A asistencia ás prácticas clínicas é obrigatoria.
A ausencia a ditas prácticas só estará xustificada no caso de producirse algunha das seguintes causas, debidamente acreditada (con xustificante con data do mesmo día da ausencia que deberá de ser entregado antes de pasados 10 días da ausencia na administración da CUP), enfermidade ou lesión que incapacite para a realización da práctica, falecemento dun familiar ata o segundo grao, citación xudicial que coincida coa data da práctica, asistencia a unha sesión do Claustro ou do Consello de Goberno da UDC que coincida coa data da práctica, o/a estudante terá dereito a non recuperala ata un máximo de 5 prácticas, un número maior de faltas xustificadas ou a existencia de faltas inxustificadas pode supor o suspenso da materia.
A fin de permitir a formación complementaria do alumno dentro das mesmas tamén poderán recoñecerse como tales prácticas a asistencia a actividades de relevancia e interese para a titulación. Da participación en tales actividades deberase de entregar o certificado de asistencia antes de que pasen 10 días desde a súa celebración e comunicando a intención de asistir con polo menos 10 días de antelación ao profesor que lle corresponda impartir a docencia ese día e ao coordinador da materia. Entre estas actividades das que se poden recoñecer un máximo de 4 ausencias a prácticas son:
-Congreso nacional de Podoloxía
-Xornadas galegas de Podoloxía
-Congresos internacionais de Podoloxía
-Congreso de estudantes de Podoloxía
-Xornadas Laboralia
-Outras actividades que poidan ser valoradas polos docentes da materia

Todo o alumnado debe asistir a prácticas incorporándose ao grupo que lle foi asignado e dado que a asistencia é diaria non existe posibilidade de cambio de prácticas.
Existirán follas de control de asistencia nas que o alumno/a debe de asinar ao entrar en prácticas no mostrador de administración (estarán dispoñibles de 16:00 a 16:15h). A firma é a garantía da asistencia do alumno/á a práctica polo que a ausencia desta poderase entender como unha falta á práctica clínica. Calquera falta xustificada debe de documentarse adecuadamente coa causa e datas do día e entregarse ao persoal de administración da CUP antes de pasados 10 días desde a ausencia. A puntualidade na asistencia a prácticas é de obrigado cumprimento polo que se rexistrará calquera hora de chegada posterior ás 16:15h. As faltas de puntualidade serán penalizadas podendo chegar a supor o suspenso da materia.
Todo procedemento e tratamento será supervisado polo docente responsable de cada práctica. E tras a mesma será este quen estableza o prazo de próximas visitas e/ou revisións.
Durante todas as prácticas o alumno/a deberá de levar pixama e calzado sanitario branco, así como bolígrafo e lentes de protección. Do mesmo xeito deberán de respectarse as normas da CUP (http://www.enfermeriaypodologia.com/podologia/cup/normas-cup/), a lexislación vixente e o Código Deontolóxico de Podoloxía muy especialmente en lo que al secreto profesional se refiere.
Portafolios do alumno Toda a información relativa á elaboración e avaliación do portafolio facilitarase no anexo á guía docente que se entregará ao alumno/ao día da presentación da materia
Proba obxectiva Realizarase un exame final individual no que se avaliará calquera das competencias a adquirir detalladas neste programa. Este exame será de carácter práctico-clínico sen esquecer a base da aplicación da teoría á práctica e será elaborado en consenso polo conxunto dos profesores que de cada Servizo da CUP. O tipo e planificación do exame detallarase polo menos 15 días antes á data oficial de exame aprobada en Xunta de Facultade.
O exame constará de dous partes unha correspondente ao Servizo de Quiropodoloxía e Cirurxía e outra correspondente ao Servizo de Patoloxía mecánica e tratamentos físicos e ortopodolóxicos para superar o exame e a materia será necesario obter unha cualificación de aprobado en cada unha das partes.
A porcentaxe global de cada apartado de probar obxectiva será: Exame de Quiropodoloxía e Cirurxía (20%); Exame de Patomecánica-Ortopodoloxía (20%)

Atención personalizada
Metodoloxías
Portafolios do alumno
Descrición
A atención personalizada que se describe en relación a estas metodoloxías concíbese como momentos de traballo co profesor de forma presencial ou virtual.
A forma e o momento en que se desenvolverá a atención personalizada correspondente a cada actividade indicarase ao longo do curso segundo o plan de traballo da materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba obxectiva A36 A37 A38 A39 A40 A41 A42 A43 A44 A45 A46 A47 A48 A49 A50 A51 A52 A53 A54 A55 A60 A62 A64 Realizarase un exame final individual no que se avaliará calquera das competencias a adquirir detalladas neste programa. Este exame será de carácter práctico-clínico sen esquecer a base da aplicación da teoría á práctica e será elaborado en consenso polo conxunto dos profesores que de cada Servizo da CUP. O tipo e a planificación do exame detallarase polo menos 15 días antes á data de exame.
O exame constará de dous partes unha correspondente ao Servizo de Quiropodoloxía e Cirurxía e outra correspondente ao Servizo de Patoloxía mecánica e tratamentos físicos e ortopodolóxicos para superar o exame e a materia será necesario obter unha cualificación de aprobado en cada unha das partes.
A porcentaxe global de cada apartado de probar obxectiva será: Exame de Quiropodoloxía e Cirurxía (20%); Exame de Patomecánica-Ortopodoloxía (20%)
40
Prácticas clínicas A33 A36 A37 A38 A39 A40 A41 A42 A43 A44 A45 A46 A47 A48 A50 A51 A52 A53 A55 A60 A62 A64 B2 B3 B4 B6 B7 B11 B14 B16 B17 B18 B19 B21 C1 A avaliación da práctica clínica consistirá nunha avaliación do grao de adquisición por parte do alumno das competencias a desenvolver neste Prácticum . A cualificación final obterase da recollida dos coñecementos, habilidades e actitudes que cada profesor recollerá nas prácticas supervisadas do seu Servizo.
A porcentaxe global de cada Servizo é:
-Quiropodoloxía-Cirurxía (16%)
-Patomecánica-Ortopodoloxía (16%)
-Servizo COT (4%)
-Outros Servizos hospitalarios (4%)

É necesario superar cada apartado (5/10) da avaliación para superar as prácticas clínicas e a materia.
Para a avaliación continua das prácticas clínicas avaliaranse os seguintes ítems nunha ficha individual por alumno/a:
-Capacidade de expresión e comunicación co paciente, compañeiros e resto do persoal.
-Co paciente valorarase especialmente a capacidade de expresión e comunicación en todo o proceso de atención clínica, desde a anamnesis ata a prescrición terapéutica
-Coñecemento profesional na toma de decisións de exploración, diagnóstico, racionalización das probas complementarias, diagnóstico e manexo terapéutico
-Habilidade na utilización de instrumental, material e maquinaria para a aplicación, administración e fabricación de tratamentos
-Capacidade de iniciativa, traballo, responsabilidade, organización e planificación
-Asistencia, puntualidade, interese e colaboración no traballo.
40
Portafolios do alumno A49 B1 B12 C3 C4 C6 C7 C8 Avaliaranse todas as actividades individuais ou en grupo que se programaron na planificación e metodoloxía do portafolio. Toda a información relativa á avaliación do portafolio detallareise o día da presentación da materia. 20
 
Observacións avaliación

Condicións a ter en conta para superar o Prácticum 3:

1) É obrigatorio asistir ao 100% das prácticas clínicas.
O alumno que falte aínda de forma xustificada a un número de
prácticas maior ao 10% (5 faltas) poderá supor un suspenso na materia
debendo de matricularse no seguinte curso académico. En calquera caso
un número de faltas ás prácticas superior ao 30% suporá automaticamente a
cualificación de "Non Presentado" no conxunto da materia tanto para a
primeira como para a segunda oportunidade, debendo de matricularse no
seguinte curso académico.

2) Para superar a materia será necesario aprobar cada un dos apartados da avaliación e
obter unha cualificación global mínima de 5 sobre 10. Os alumnos que
non superen a puntuación mínima ou se presenten ao exame individual na
convocatoria de maio terán opción a facelo na convocatoria de xullo.
No mes de xullo non hai opción a recuperar ningunha outra parte da
materia polo que si está suspensa o alumno/a estará suspenso no
Prácticum 3 debendo de matricularse no seguinte curso académico.

3) Calquera falta grave de disciplina ou comportamento cos doentes, compañeiros, profesorado ou persoal da CUP, así como faltas reiteradas ás normas de funcionamento da CUP, do segredo profesional e da lexislación sanitaria vixente,
será sometida a avaliación polo claustro de profesorado da materia,
previo informe da situación desencadeada, e pode supor o suspenso
automático no Prácticum 3.

- Falar e permanecer nos corredores ou en recepción.

- Utilizar o teléfono móbil durante as prácticas.

- Escoitar música durante as prácticas.

- Realizar fotos ou gravacións con dispositivos que non pertenzan á CUP.

-
Non rexistrar e comprobar os datos da historia clínica, rexistralos na
recepción ou non identificar convenientemente ao paciente (por nome e
apelidos).

- Non recoller ou organizar os gabinetes e salas tras o seu uso.

- Dar o alta ou cita a un paciente sen supervisión por parte do docente responsable da atención.

- Ausentarse das prácticas sen unha xustificación e comunicación ao profesor responsable da práctica.

- Comer ou beber nas instalacións da CUP (só se permite na aula CPI ou cafetaría).


- Non portar o cartón identificativo, indumentaria de prácticas (pixama
e calzado sanitario branco), bolígrafo 4 cores ou lentes de protección.


- Non manter un aseo adecuado incluíndo non manter o pelo recolleito ou
curto, as uñas cortadas e sen pintar así como portar colares, aneis,
pendentes longos ou pulseiras.

- Calquera outro incumprimento das normas da CUP ((http://www.enfermeriaypodologia.com/podologia/cup/normas-cup/).

Situacións especiais de avaliación

1) A cualificación de matrícula de honra:
dado o seu carácter graciable, concederase automaticamente ao alumnado
que obteña un 10 na cualificación media da materia. De darse o caso de
que haxa máis alumnos/as con esa cualificación que matrículas se poidan
outorgar pola cota oficial establecido, convocarase a todos os
alumnos/as para a realización dunha proba específica de desempate, proba
que consistirá en novo exame de características similares ás da proba
obxectiva, exame que se fixará en data e hora de acordo cos
interesados/as 3 días antes da data de actas.

En caso de non existir
ningún alumno/a con cualificación de 10, todo o alumnado que obteña unha
cualificación media superior a 9.0, requisito básico para optar á
matrícula de honra, poderán optar á matrícula de honra por acordo do
conxunto de docentes da materia naqueles casos que, cumprindo o
requisito mínimo, puidesen ser merecedores de matrícula pola aptitude e a
actitude mostradas durante o desenvolvemento da materia.

2) Convocatorias de segunda e posteriores matrículas: Para
aqueles alumnos/as que cursen a materia e realicen as prácticas
obrigatorias de forma completa, poden volver cursar toda a materia
novamente ou presentarse só a aquelas partes que non obtivesen unha
cualificación mínima de 5 sobre 10. En caso de non realizar a totalidade
das prácticas clínicas terá que cursar a totalidade da materia
novamente.

3) Conservaranse
de forma automática as cualificacións superadas de calquera das
metodoloxías dentro das 2 oportunidades da mesma convocatoria.

4) Para os alumnos con matrícula parcial:
poderán desenvolver a materia realizando os diferentes conceptos da
materia en dous cursos, sempre realizando as prácticas, portafolio e
exame do mesmo servizo no mesmo curso. Para iso contarase o primeiro
curso en que se curse a materia coa cualificación de "Non presentado" e no segundo
coa cualificación calculada de todos os conceptos no momento de
realización dos mesmos. Deberán de solicitar e aprobarse esta modalidade
de avaliación ao comezo do curso, en caso contrario avaliarase como na
modalidade ordinaria

5) Convocatorias da oportunidade adiantada de avaliación :
Para aqueles alumnos/as que solicitasen a oportunidade adiantada de
avaliación, cumpran cos requisitos, concédaselle e cursen e superen as
prácticas clínicas (cuxa cualificación suporá o 25% da materia), poderán
presentarse á proba obxectiva de carácter práctico clínico cuxa
cualificación suporá o 75% da cualificación da materia.

6)Non presentado: aqueles
alumnos/as que asistan a menos do 70% das prácticas clínicas da materia
a súa cualificación será automáticamente de "Non Presentado" (para
calqueira das oportunidades do curso).


Fontes de información
Bibliografía básica

Tendo en conta que todos os contidos teórico-prácticos da titulación son relevantes para o exercicio profesional e, polo mesmo motivo, para as prácticas clínicas, as fontes de información básica e recomendadas por todas e cada unha das materias conforman as fontes de información, consulta e estudo durante a realización das prácticas clínicas comprendidas deste Prácticum.

No entanto existen determinadas fontes documentais de gran utilidade para a súa consulta clínica diaria e que concretará o profesorado que supervise as prácticas clínicas dos diferentes servizos da CUP.

A modo de exemplo citamos:

-Buckup K. Pruebas clínicas para patología ósea, articular y muscular. 3ª ed. Barcelona: Elsevier; 2007.

-Espinás Boquet J, Vilaseca Canals J. coordinadores. Guía Terapéutica en Atención Primaria (Basada en la selección razonada de medicamentos). 4ª ed. Barcelona: Sociedad Española de Medicina de Familia y Comunitaria; 2010.

-Dockery GL. Cutaneous disorders of the lower extremity. 1ª ed. Philadelphia: Saunders; 1997

-Muñoz Calvo B et al, comité editorial. Cliniguía, actualización de diagnóstico y terapéutica. 7ªed. España: EvieScience; 2012.

-Straus SE, Scoot Richardson W, Glasziou P, Haynes RB. Medicina Basada en la evidencia. 3ªed. Madrid: Elsevier; 2006.

-Tixa S. Atlas de anatomía palpatoria: tomo 2 miembro inferior. 2ª ed. Barcelona: Masson; 2006.

-Villa LF. Coordinación. Medimecum, guía de terapia farmacológica. 15ª ed. España: Luis F Villa Alcazar; 2010.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Anatomía humana xeral/750G02001
Anatomía específica do membro inferior/750G02002
Fisioloxía xeral/750G02003
Fisioloxía de sistemas/750G02004
Bioloxía/750G02005
Psicoloxía/750G02006
Microbioloxía e parasitoloxía/750G02007
Patoloxía xeral/750G02008
Farmacoloxía/750G02009
Sistemas de Información e Comunicación en Ciencias da Saude/750G02010
Método científico e Saude Pública/750G02011
Podología xeral/750G02012
Biomecánica do membro inferior/750G02013
Radiodiagnóstico e Radioprotección/750G02014
Podoloxía Preventiva/750G02015
Ortopodoloxía 1/750G02017
Ortopodoloxía 2/750G02018
Ortopodoloxía 3/750G02019
Ortesioloxía dixital e calzadoterapia/750G02020
Patoloxía Podolóxica 1/750G02021
Patoloxía Podolóxica 2/750G02022
Podoloxía Física/750G02023
Dermatoloxía/750G02026
Quiropodoloxía 1/750G02027
Quiropodoloxía 2/750G02028
Cirugía Podolóxica 1/750G02029
Cirugía Podolóxica 2/750G02030
Técnicas e procedementos en prevención da infección/750G02032
Prácticum 1/750G02033

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Terapéutica farmacolóxica/750G02024
Podoloxía Deportiva/750G02025
Pe de risco/750G02031
Prácticum 2/750G02034

Materias que continúan o temario

Observacións

Recoméndase ter coñecementos de inglés.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías