Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Prácticum 3 Código 750G02035
Titulación
Grao en Podoloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 12
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
Santalla Borreiros, Fátima
Correo electrónico
f.santalla@udc.es
Profesorado
Bernabeu Pena, Carolina
Carballo Díaz, Juan Luis
Garcia De Castro, Ricardo
Gil Racionero, Fernando
Gonzalez Martin, M. Cristina
López Martínez, Noemia Zeltia
Martínez Vázquez, María
Mosquera Fernandez, Abian
Santalla Borreiros, Fátima
Veiga Seijo, Raquel
Correo electrónico
carolina.bernabeu@udc.es
juan.carballo1@udc.es
ricardo.garcia.decastro@udc.es
f.gil@udc.es
cristina.gmartin@udc.es
zeltia.lopezm@udc.es
maria.martinez.vazquez@udc.es
abian.mosquera.fernandez@udc.es
f.santalla@udc.es
raquel.veiga.seijo@udc.es
Web http://moodle.udc.es
Descrición xeral Durante a realización do Prácticum 3 o alumno/a asume o último bloque das súas prácticas pre-profesionais. Estas prácticas desenvólvense na Clínica Universitaria de Podoloxía (CUP) e en Servizos clínicos do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol co fin de que o alumno/a incorpore á súa formación as competencias fundamentais e os valores profesionais para o exercicio da súa profesión. O bloque práctico supón unha participación activa do alumno/a en o proceso asistencial sempre baixo supervisión do profesorado. Durante as mesmas poderanse desenvolver outras actividades en forma de seminario ou sesións clínicas nas que se abordarán contidos e competencias relacionadas coa práctica clínica como o estudo e discusión de casos, interpretación de probas complementarias ou realización de informes. Antes do inicio das prácticas clínicas porase a disposición do alumno/a un anexo a esta guía na que se detallarán aspectos relacionados coa planificación, a metodoloxía e a avaliación da materia.
Plan de continxencia Dado que esta materia ten lugar no segundo cuadrimestre e trátase dunha materia de práctica clínica asistencial de carácter presencial, o presente plan de continxencia recolle liñas xerais que poden sufrir modificacións en función da evolución da pandemia COVID-19, agás o recollido no apartado da avaliación, que será de aplicación para a superación da materia.

1. Modificacións nos contidos

Non se realizarán cambios

2. Metodoloxías

Non se propoñen cambios a espera de coñecer a evolución da pandemia para o segundo cuadrimestre do curso

*Metodoloxías docentes que se manteñen

*Metodoloxías docentes que se modifican

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado

Teams, Moodle, e Correo electrónico. Temporalización acordada cos estudantes segundo necesidade e dispoñibilidade de ambas as partes e unha vez establecidos os cambios nas metodoloxías, de ser necesarios.

4. Modificacións na avaliación

Para poder ser avaliados e optar a superar a materia do Prácticum III, os estudantes deberán superar un número de horas mínimo equivalente ao 75% das horas presenciais de práctica clínica recollidas no apartado "Planificación", porcentaxe que implica a realización de 180 horas de práctica clínica presencial, e a superación do examen individual nos servizos de rotación na Clínica Universitaria de Podoloxía.

Observacións de avaliación:

No caso de que un confinamiento ou estado de alarma durante o periodo lectivo impida acadar o 75% da presencialidade mínima para superar a materia, será obligatorio, recuperar as horas de práctica presencial, en canto sexa posible, fora do periodo lectivo, así como a realización do exame individual. De existir a posibilidade, recuperase o 100% das horas de práctica clínica como criterio obrigatorio para superar a materia, agás a porcentaxe de horas de faltas xustificadas indicado na guía docente para o suposto dun desenvolvemento normal das prácticas.

Manterase a avaliación e a súa porcentaxe das metodoloxías na que todo o alumnado tivese a opción de ser calificado. As metodoloxías presenciais nas que non exista opción a manter a posibilidade de calificación verán redistribuida o peso na avaliación nas metodoloxías nas que sí exista a opción de avaliación.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía

Non se realizarán cambios

Competencias do título
Código Competencias do título
A33 Coñecer e obter habilidades na aplicación das técnicas podolóxicas de cirurxía ungueal, de cirurxía podolóxica de partes brandas, de cirurxía ósea e articular do pé.
A35 Coñecer e empregar as técnicas de exploración, diagnóstico e tratamentos dos tumores no pé. Coñecer e saber tratar as complicacións e efectos secundarios derivados da aplicación das técnicas de cirurxía podolóxica e quiropodolóxicas.
A36 Integrar e aplicar na práctica clínica podolóxica os coñecementos adquiridos durante la carrera, nas Clínicas podolóxicas universitarias e centros acreditados.
A37 Protocolizar e aplicar o método clínico en podoloxía.
A38 Realizar a historia clínica podolóxica e rexistrar a información obtida.
A39 Desenvolver as técnicas de exploración física.
A40 Desenvolver a habilidade de realizar as actividades radiolóxicas propias da podoloxía.
A41 Interpretar os resultados das probas complementarias e a racionalización do seu uso.
A42 Emitir un diagnóstico e pronóstico.
A43 Deseñar o plan de intervención integral ou tratamento podolóxico.
A44 Deseñar planes de intervención específicos para o tratamento do pé de risco: diabético, neurolóxico e vascular.
A45 Desenvolver a capacidade de establecer protocolos, executalos e avalialos.
A46 Desenvolver a habilidade e destreza no uso do instrumental, material e maquinaria empregados para a confección e aplicación de tratamentos podolóxicos.
A47 Aplicar as medidas de resucitación e reanimación en casos de emerxencia.
A48 Desenvolver as habilidades sociais para a comunicación e o trato co paciente e outros profesionais.
A49 Establecer intercambio de información cos distintos profesionais e autoridades sanitarias implicadas na prevención, promoción e protección da saúde.
A50 Prescribir, administrar e aplicar tratamentos farmacolóxicos, ortopodolóxicos, físicos e quirúrxicos.
A51 Elaborar e interpretar informes clínicos.
A52 Avaliar os resultados obtidos do proceso de atención podolóxica.
A53 Adquirir capacidade na xestión clínica dos servizos de podoloxía.
A54 Manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes.
A55 Garantir a calidade asistencial na práctica da podoloxía.
A60 Integrar os coñecementos, habilidades, destrezas, valores e actitudes adquiridos durante o itinerario curricular do alumno.
A62 Adquirir habilidades de traballo en equipo como unidade na que se estruturan de forma uni ou multidisciplinar e interdisciplinar os profesionais e demais persoal relacionados coa prevención, avaliación diagnóstica e tratamento podolóxico.
A64 Identificar e integrar a práctica profesional desde o respecto á autonomía do paciente; describir os elementos propios do manexo da documentación clínica con especial atención ós aspectos de confidencialidade; identificar os criterios básicos de xestión clínica, economía da saúde e uso eficiente dos recursos.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo.
B11 Coñecementos de informática relativos ó seu ámbito de estudo.
B12 Capacidade de xestión da información.
B14 Implicación na calidade e busca da excelencia.
B16 Capacidade de organización e planificación do tempo e o traballo.
B17 Capacidade de motivarse e motivar a outros.
B18 Capacidade para comunicarse con persoas non expertas na materia.
B19 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
B21 Habilidades interpersonais.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
O alumno/a integra e aplica na práctica clínica podológica os coñecementos adquiridos durante todos os seus estudos nas clínicas podológicas universitarias e centros acreditados. A36
A60
B19
Protocoliza e aplica o método clínico en podoloxía A37
Realiza a historia clínica podolóxica e rexistra a información obtida. A38
Desenvolve as técnicas de exploración física. A39
Desenvolve a habilidade de realizar as actividades radiolóxicas propias da podoloxía. A40
Interpreta os resultados das probas complementarias e a racionalización do seu uso. A41
B12
Emite un diagnóstico e prognóstico. A42
Deseña o plan de intervención integral ou tratamento podológico. A43
A62
A64
Deseña plans de intervención específicos para o tratamento do pé de risco: diabético, neurolóxico e vascular. A44
A62
Desenvolve a capacidade de establecer protocolos, executalos e avalialos. A45
B4
B17
Desenvolve a habilidade e destreza no uso do instrumental, material e maquinaria empregados para a confección e aplicación de tratamentos podológicos. A46
Desenvolve as habilidades sociais para a comunicación e o trato co paciente e outros profesionais. Establece intercambio de información cos distintos profesionais e autoridades sanitarias implicadas na prevención, promoción e protección da saúde. A47
Aplica as medidas de resucitación e reanimación en casos de emerxencia. A48
A49
B7
B21
C1
Prescribe, administra e aplica tratamentos farmacolóxicos, ortopodológicos, físicos e cirúrxicos. A50
Elabora e interpreta informes clínicos. A51
B7
B12
Avalía os resultados obtidos do proceso de atención podológica. A52
B14
C4
Adquirir capacidade na xestión clínica dos servizos de podoloxía. A53
B11
B12
B16
Manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes. B1
B3
B14
C6
Garante a calidade asistencial na práctica da podoloxía. A55
B6
C4
C6
O alumno/a é capaz de seleccionar información, analizala e avaliala para redactar, expor e defender un informe científico. B2
B18
C3
Coñecer e obter habilidades na aplicación das técnicas podológicas de cirurxía ungueal, de cirurxía podológica de partes brandas, de cirurxía ósea e articular do pé. A33
A54
C7
C8
A33
A35
A54
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
Na materia Prácticum 3 o alumno/a aplica os coñecementos teóricos adquiridos nas diferentes materias do título á práctica clínica, garantindo un proceso integral de atención podolóxica ao paciente que inclúa todos os aspectos clínicos, documentais e legais. Por iso, todos os contidos teóricos e teórico-prácticos da titulación impartidos ata o 2º cuadrimestre do 4º curso de grao así como os impartidos simultaneamente son relevantes para a práctica clínica e de obrigado coñecemento, feito que debe ser tido en conta polo alumno/á efectos de que o seu coñecemento e actualización serán elementais para poder desenvolver as prácticas clínicas e garantir a adquisición das competencias formando parte da avaliación continua e final da práctica clínica. -Método clínico en podoloxía.
-Historia clínica podolóxica: rexistro da información obtida.
-Técnicas de exploración física.
-Actividades radiolóxicas propias da podoloxía.
-Probas complementarias e a racionalización do seu uso.
-Diagnóstico e prognóstico.
-Plan de intervención integral ou tratamento podolóxico.
-Plans de intervención específicos para o tratamento do pé de risco: diabético, neurolóxico e vascular.
-Protocolos: execución e avaliación.
-Uso do instrumental, material e maquinaria empregados para a confección e aplicación de tratamentos podológicos.
-Medidas de resucitación e reanimación en casos de emerxencia.
-Habilidades sociais para a comunicación e o trato co paciente e outros profesionais.
-Intercambio de información cos distintos profesionais e autoridades sanitarias implicadas na prevención, promoción e protección da saúde.
-Prescrición, administración e aplicación tratamentos farmacolóxicos, ortopodolóxicos, físicos e cirúrxicos.
-Elaboración e interpretación de informes clínicos.
-Avaliación dos resultados obtidos do proceso de atención podolóxica.
-Capacidade na xestión clínica dos servizos de podoloxía.
-Actualización dos coñecementos, habilidades e actitudes.
-Calidade asistencial na práctica da podoloxía.
-Utilización elementos de documentación, estatística, informática e os métodos xerais de análises epidemiolóxicas

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Prácticas clínicas A33 A36 A37 A38 A39 A40 A41 A42 A43 A44 A45 A46 A47 A48 A50 A51 A52 A53 A55 A60 A62 A64 B2 B3 B4 B6 B7 B11 B14 B16 B17 B18 B19 B21 C1 240 0 240
Portafolios do alumno A49 B1 B12 C3 C4 C6 C7 C8 0 50 50
Proba obxectiva A35 A36 A37 A38 A39 A40 A41 A42 A43 A44 A45 A46 A47 A48 A49 A50 A51 A52 A53 A54 A55 A60 A62 A64 2 6 8
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas clínicas As prácticas clínicas consisten na participación gradual e supervisada do alumnado no proceso de atención podológica integral cos pacientes reais que sexan atendidos polos diferentes servizos da Clínica Universitaria de Podoloxía e as prácticas externas nos servizos do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol.
O alumnado participará de forma activa, sempre baixo supervisión en todo o proceso de atención clínica: a xestión de datos clínicos; a exploración física e a xestión de probas complementarias e interpretación das mesmas; o diagnóstico, a prescripción, indicación, obtención e/ou aplicación dos diferentes tratamentos, así como o seguimiento das afecciones tratadas e a súa evolución.
Do mesmo xeito participará de forma activa nas sesións clínicas dos servizos.
A asistencia ás prácticas clínicas é obligatoria e non pode ser substituída por ningunha outra actividade.
A ausencia a prácticas só estará xustificada no caso de producirse algunha das causas recolleitas no artigo 12 das Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grado e máster universitario, aprobada polo Consello de Goberno da UDC debidamente acreditada (con xustificante con data do día da ausencia que deberá de ser entregado antes de pasados 7 días da ausencia na a través da plataforma Moodle). O xustificante orixinal debe ser gardado polo alumno e ser solicitado polo coordinador/a da materia ante calquera dúbida.
Terase dereito a non recuperar as prácticas ata un máximo de 3 ausencias xustificadas a prácticas.
Cada ausencia xustificada adicional será penalizada con -0,25 puntos na avaliación continua do servizo no que se ausente.
Un número maior a 8 de faltas xustificadas ou a existencia de faltas inxustificadas supoñerá o suspenso da materia.
Calquer suposto que se presente no límite da presente norma será revisado polo coordinador da materia.
A fin de permitir a formación complementaria do alumno dentro das mesmas tamén poderán recoñecerse como tales prácticas a asistencia a actividades de relevancia e interese para a titulación.
Da participación en tales actividades deberase de entregar o certificado de asistencia antes de que pasen 7 días desde a súa celebración (a través da plataforma Moodle) e comunicar a intención de asistir con polo menos 30 días de antelación enviando un correo electrónico ao coordinador/a da materia.
Entre estas actividades das que se poden recoñecer un máximo de 2 ausencias a prácticas son:
- Congreso Nacional de Podoloxía
- Xornadas Galegas de Podoloxía
- Congresos Internacionais de Podoloxía
- Congreso de Estudantes de Podoloxía
Todo o alumnado debe de asistir no grupo no que está inscrito e dado que debe de asistir todos os días a prácticas non existe a posibilidade de cambiar prácticas.
Existirán follas de control de asistencia nas que o alumno/a deberá asinar á súa entrada e saída na CUP.
A firma é a garantía da asistencia do alumno/á a práctica polo que a ausencia desta poderase entender como unha falta á práctica clínica.
A puntualidad na asistencia a prácticas é de obrigado cumprimento polo que se rexistrará calquera atraso.
As faltas de puntualidad serán penalizadas podendo chegar a supoñer o suspenso da materia.
Todo procedemento e tratamento será supervisado polo docente responsable de cada práctica que á súa vez será quen estableza o prazo de próximas visitas e/ou revisiones.
Durante todas as prácticas o alumno/a deberá de levar pijama e calzado sanitario branco, limpo así como bolígrafo e lentes de protección. Do mesmo xeito deberán de respectarse as normas da CUP en todo momento (http://www.enfermeriaypodologia.com/podologia/cup/normas-cup/), o Plan de continxencia COVID-19, a lexislación vixente e o Código Deontolóxico de Podoloxía moi especialmente no que ao segredo profesional refírese.
O incumprimento da normativa de Clínica Podolóxica, o Plan de continxencia COVID-19, a normativa da UDC, normativa sanitaria e/ou Ley Orgánica de Protección de Datos de carácter Personal suporá o suspenso da materia.
Portafolios do alumno Este apartado consistirá no desenvolvemento de competencias relacionadas coa xestión documental clínica, a elaboración da historia clínica, petición de probas complementarias, elaboración de informes clínicos, etc. para o desenvolvemento de competencias como emitir un diagnóstico e un prognóstico, interpretar os resultados das probas complementarias ou manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes, mediante a lectura crítica e a discusión de publicacións científicas.
Para iso todo o alumnado matriculado deberá elaborar e entregar a través da plataforma Moodle en formato PDF una tarefa individual. Ó comenzo de curso se llevó facilitará ó alumnado toda a información relativa a dita tarefa, así como os criterios de avaliación e as indicacións e data de entrega.



Proba obxectiva Nesta proba obxectiva avaliarase calquera das competencias a adquirir nos 3 Practicums.
Este exame será de carácter teórico-práctico avaliando tamén os coñecementos teóricos aplicados á práctica e será elaborado en consenso polo conxunto dos profesores de cada Servizo da CUP.
O tipo e planificación do exame detallarase polo menos 15 días antes á data oficial de exame aprobada en Xunta de Facultade.

Atención personalizada
Metodoloxías
Portafolios do alumno
Descrición
A atención personalizada que se describe en relación a estas metodoloxías levarase a cabo a través do correo electrónico e da plataforma Teams.
A forma e o momento en que se desenvolverá a atención personalizada correspondente a cada actividade indicarase ao inicio de curso segundo o plan de traballo da materia e o horario de titorías dos docentes.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A35 A36 A37 A38 A39 A40 A41 A42 A43 A44 A45 A46 A47 A48 A49 A50 A51 A52 A53 A54 A55 A60 A62 A64 O exame constará de dous partes unha correspondente ao Servizo de Quiropodoloxía e Cirurxía e outra correspondente ao Servizo de Patoloxía mecánica e tratamentos físicos e ortopodológicos.
Para superar o exame e a materia será necesario obter unha cualificación de aprobado en cada unha das partes. En caso de suspender o exame dun Servizo non se fai media coa cualificación obtida no exame do outro servizo.
A porcentaxe global de cada apartado de probar obxectiva será: Exame de Quiropodoloxía e Cirurxía (20%); Exame de Patomecánica-Ortopodología (20%)
40
Prácticas clínicas A33 A36 A37 A38 A39 A40 A41 A42 A43 A44 A45 A46 A47 A48 A50 A51 A52 A53 A55 A60 A62 A64 B2 B3 B4 B6 B7 B11 B14 B16 B17 B18 B19 B21 C1 A avaliación da práctica clínica consistirá nunha avaliación do grao de adquisición por parte do alumno das competencias a desenvolver neste Prácticum e en calquera dos 2 Practicums anteriores.
A cualificación final obterase da recollida dos coñecementos, habilidades e actitudes-aptitudes que cada profesor recollerá durante o desenvolvemento das prácticas clínicas.
A porcentaxe global de cada Servizo é:
-Quiropodología-Cirurxía (20%)
-Patomecánica-Ortopodología (20%)


É necesario superar cada apartado (5/10), é dicir superar as prácticas clínicas de cada Servizo para superar as prácticas clínicas e a materia.
Para a avaliación continua das prácticas clínicas avaliaranse os seguintes ítems nunha ficha individual:
-Capacidade de expresión e comunicación co paciente, compañeiros e resto do persoal.
-Co paciente valorarase especialmente a capacidade de expresión e comunicación en todo o proceso de atención clínica, desde a anamnesis ata a prescrición terapéutica
-Coñecemento profesional na toma de decisións de exploración, diagnóstico, racionalización das probas complementarias, diagnóstico e manexo terapéutico
-Habilidade na utilización de instrumental, material e maquinaria para a aplicación, administración e fabricación de tratamentos
-Capacidade de iniciativa, traballo, responsabilidade, organización e planificación
-Asistencia, puntualidade, interese e colaboración no traballo.
O incumprimento da normativa de Clínica, Plan de continxencia COVID-19 e/ou da lexislación vixente no que a protección de datos persoais refírese así como da normativa xeral da UDC suporá o suspenso da materia independentemente das cualificacións obtidas no resto de metodoloxías.
Da mesma forma o incumprimento de ditas normativas pode supor tamén a expulsión da práctica clínica sen dereito a ser recuperada.
40
Portafolios do alumno A49 B1 B12 C3 C4 C6 C7 C8 Avaliaranse todas as actividades que se programaron na planificación e metodoloxía do portafolio.
Toda a información relativa á avaliación do portafolio detallarase o inicio de curso.
O portafolio do alumnado ten un valor do 20% sobre a cualificación final.
20
 
Observacións avaliación

CONDICIÓNS A TER EN CONTA PARA SUPERAR O PRACTICUM 3:

1) É obrigatorio asistir ao 100% das prácticas clínicas.

O alumnado que falte aínda de forma xustificada a un número de prácticas maior a 8 faltas e aínda que só sexa 1 non xustificada suporá o suspenso da materia debendo de matricularse no seguinte curso académico.

En calquera caso un número de faltas ás prácticas superior ao 30% suporá automaticamente a cualificación de Non Presentado no conxunto da materia tanto para a primeira como para a segunda oportunidade, debendo de matricularse no seguinte curso académico.

2) Para superar a materia será necesario superar cada unha das metodoloxías incluídas na guía docente.

O alumnado que non supere a puntuación mínima ou non se presente a proba obxectiva na 1ª oportunidade terá a opción de facelo na 2ª oportunidade.

Con todo, na avaliación de 2ª oportunidade (mes de xullo) non hai opción a examinarse da avaliación continua. Desta maneira se a avaliación continua está suspensa o alumno/a estará suspenso no Prácticum 3 debendo de matricularse no seguinte curso académico.

3) É obrigación do alumnado matriculado ler, coñecer e cumprir en todo momento coa normativa de práctica clínica, plan de continxencia COVID-19, normativa xeral da UDC e normativa de protección de datos persoais. Desta maneira calquera comportamento inapropiado cos pacientes, compañeiros, profesorado ou persoal da CUP, así como faltas reiteradas ás normas de funcionamento da CUP, do segredo profesional e da lexislación sanitaria vixente, suporá a expulsión da práctica clínica e o suspenso da materia.

Non se permite falar e permanecer nos corredores ou recepción da CUP.

Non se permite utilizar o teléfono móbil e/ou escoitar música durante as prácticas clínicas

Non se permite realizar fotos ou gravacións con dispositivos que non pertenzan á CUP.

Non se permite rexistrar datos persoais do paciente, revelar datos de saúde do paciente na recepción da CUP e/ou anotar datos persoais ou sanitarios en cadernos ou calquera outro soporte propio do alumnado.

Débese recoller e organizar os gabinetes e salas tras o seu uso.

O alumnado non pode dar o alta ou cita a un paciente sen autorización expresa por parte do docente responsable da atención clínica.

Non se permite ausentarse das prácticas clínicas e/ou abandonar a CUP sen unha xustificación e comunicación ao profesor responsable da práctica.

Non se permite comer ou beber nas instalacións da CUP.

Débese portar o cartón identificativo, indumentaria de prácticas (pixama branco limpo e calzado sanitario branco), bolígrafo 4 cores, rotulador permanente, rotulador borrable, luvas de kevlar (ou equivalente), tesoiras multiusos ou lentes, máscara ou máscara de protección.

Débese manter un aseo adecuado incluíndo manter o pelo recolleito ou curto, as uñas cortadas e sen pintar así como non portar colares, aneis, pendentes longos ou pulseiras.

Normas da CUP (http://www.udc.es/fep/cup).

Situacións especiais de avaliación

1) A cualificación de matrícula de honra, dado o seu carácter graciable, concederase automaticamente ao alumnado que obteña un 10 na cualificación media da materia. En caso de non existir ningún alumno/a con cualificación de 10, todo o alumnado que obteña unha cualificación media superior a 9.0, requisito básico para optar á matrícula de honra, poderán optar á matrícula de honra por acordo do conxunto de docentes da materia naqueles casos que, cumprindo o requisito mínimo, puidesen ser merecedores de matrícula pola aptitude e a actitude mostradas durante o desenvolvemento da materia. De darse o caso de que haxa empate na avaliación, a decisión tomarase tengo en conta a nota máis alta das diferentes metodoloxías por este orden: 1º Proba obxectiva, 2º Prácticas clínicas e 3º Portafolio.

2) Segunda oportunidade: Na 2ª oportunidade só poderán optar a superar a materia aqueles alumnos/as que superando a avaliación continua non superasen o exame práctico, ou portafolio.

3) Convocatorias de segunda e posteriores matrículas: Para aqueles alumnos/as que cursen a materia e realicen as prácticas obrigatorias de forma completa, poden volver cursar toda a materia novamente ou presentarse só a aquelas partes que non obtivesen unha cualificación mínima de 5 sobre 10. En caso de non realizar a totalidade das prácticas clínicas terá que cursar a totalidade da materia novamente.

4) Conservaranse de forma automática as cualificacións superadas de calquera das metodoloxías dentro das 2 oportunidades da mesma convocatoria.

5) Para alumnado con matrícula parcial: poderán desenvolver a materia realizando os diferentes conceptos da materia en dous cursos, sempre realizando as prácticas, portafolio e exame do mesmo servizo no mesmo curso. Para iso contarase o primeiro curso en que se curse a materia coa cualificación de N.P. e no segundo coa cualificación calculada de todos os conceptos no momento de realización dos mesmos. Deberán de solicitar e aprobarse esta modalidade de avaliación ao comezo do curso, en caso contrario avaliarase como na modalidade ordinaria.

6) Convocatorias da oportunidade adiantada de avaliación: Para aqueles alumnos/as que solicitasen a oportunidade adiantada de avaliación, cumpran cos requisitos, concédaselle e cursen e superen as prácticas clínicas (cuxa cualificación suporá o 40% da materia), poderán presentarse á proba obxectiva de carácter práctico clínico cuxa cualificación suporá o 60% da cualificación da materia.

7) Non presentado: aqueles alumnos/as que asistan a menos do 70% das prácticas clínicas da materia, a súa cualificación será automaticamente de Non Presentado (para calquera das oportunidades do curso).

8) Alumnado de mobilidade (Erasmus , SICUE, Bilateral): A cualificación dos alumnos de mobilidade (tanto Erasmus, como SICUE, como Bilateral) realizarase só pola avaliación continua en caso de suspenso poderán recuperar no exame da materia. Estes distribuiranse entre todos os grupos de prácticas.

9) Mentorización ERASMUS e Bilateral: Ao comezo da materia proporase a todos os alumnos/as que polo menos obtivesen unha cualificación de notable no Prácticum 2 priorizando a aqueles/as alumnos/as obtivesen unha maior cualificación no Prácticum 2 e os que en cursos anteriores realizasen unha estancia de mobilidade noutro país. Dita proposta deberá de realizarse por cada alumno/a que estea interesado en participar como mentor dentro da actividade Moodle onde voluntariamente cada solicitante achegará unha copia do seu expediente e xustificantes de realizar algunha estancia de mobilidade en cursos anteriores a fin de que sexa valorado polo conxunto de docentes da materia. A participación como mentor/a sumará ata  0,5 á súa cualificación final da materia.


Fontes de información
Bibliografía básica

Tendo en conta que todos os contidos teórico-prácticos da titulación son relevantes para o exercicio profesional e, polo mesmo motivo, para as prácticas clínicas, as fontes de información básica e recomendadas por todas e cada unha das materias conforman as fontes de información, consulta e estudo durante a realización das prácticas clínicas comprendidas deste Prácticum.

No entanto existen determinadas fontes documentais de gran utilidade para a súa consulta clínica diaria e que concretará o profesorado que supervise as prácticas clínicas dos diferentes servizos da CUP.

A modo de exemplo citamos:

-Buckup K. Pruebas clínicas para patología ósea, articular y muscular. 3ª ed. Barcelona: Elsevier; 2007.

-Espinás Boquet J, Vilaseca Canals J. coordinadores. Guía Terapéutica en Atención Primaria (Basada en la selección razonada de medicamentos). 4ª ed. Barcelona: Sociedad Española de Medicina de Familia y Comunitaria; 2010.

-Dockery GL. Cutaneous disorders of the lower extremity. 1ª ed. Philadelphia: Saunders; 1997

-Muñoz Calvo B et al, comité editorial. Cliniguía, actualización de diagnóstico y terapéutica. 7ªed. España: EvieScience; 2012.

-Straus SE, Scoot Richardson W, Glasziou P, Haynes RB. Medicina Basada en la evidencia. 3ªed. Madrid: Elsevier; 2006.

-Tixa S. Atlas de anatomía palpatoria: tomo 2 miembro inferior. 2ª ed. Barcelona: Masson; 2006.

-Villa LF. Coordinación. Medimecum, guía de terapia farmacológica. 15ª ed. España: Luis F Villa Alcazar; 2010.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Anatomía humana xeral/750G02001
Anatomía específica do membro inferior/750G02002
Fisioloxía xeral/750G02003
Fisioloxía de sistemas/750G02004
Bioloxía/750G02005
Psicoloxía/750G02006
Microbioloxía e parasitoloxía/750G02007
Patoloxía xeral/750G02008
Farmacoloxía/750G02009
Sistemas de Información e Comunicación en Ciencias da Saude/750G02010
Método científico e Saude Pública/750G02011
Podología xeral/750G02012
Biomecánica do membro inferior/750G02013
Radiodiagnóstico e Radioprotección/750G02014
Podoloxía Preventiva/750G02015
Ortopodoloxía 1/750G02017
Ortopodoloxía 2/750G02018
Ortopodoloxía 3/750G02019
Ortesioloxía dixital e calzadoterapia/750G02020
Patoloxía Podolóxica 1/750G02021
Patoloxía Podolóxica 2/750G02022
Podoloxía Física/750G02023
Dermatoloxía/750G02026
Quiropodoloxía 1/750G02027
Quiropodoloxía 2/750G02028
Cirugía Podolóxica 1/750G02029
Cirugía Podolóxica 2/750G02030
Técnicas e procedementos en prevención da infección/750G02032
Prácticum 1/750G02033

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Terapéutica farmacolóxica/750G02024
Podoloxía Deportiva/750G02025
Pe de risco/750G02031
Prácticum 2/750G02034

Materias que continúan o temario

Observacións

O Prácticum consiste na aplicación dos coñecementos teóricos adquiridos nas diferentes materias do título á práctica clínica, garantindo un proceso integral de atención podológica ao paciente que inclúa todos os aspectos clínicos, documentales e legais.

Por iso, todos os contidos teóricos e teórico-prácticos da titulación impartidos ata o 2º cuatrimestre do 4º curso de grado así como os impartidos simultáneamente no 2º cuatrimestre do 4º curso de grado, son relevantes para a práctica clínica e de obrigado coñecemento, feito que debe ser ter en conta polo alumno que cursa a materia de Prácticum 3, a efectos de que o seu coñecemento e actualización serán elementais para poder desenvolver as prácticas clínicas e garantir a adquisición das competencias, formando parte da avaliación continua e final da práctica clínica.

Para axudar a conseguir un entorno inmediato sostenible e cumprir co obxectivo da acción número 5: Docencia e investigación saudable e sostenible ambiental e social do "Plan de Acción Green Campus Ferrol":

A entrega dos traballos documentales que se realicen nesta materia realizarase a través de Moodle en formato digital sen necesidade de imprimilos, no caso de realizarse en papel: non se empregarán plásticos, realizaranse impresións a dobre cara, se empleará papel reciclado e evitarase a impresión de borradores.

Débese facer un uso sostenible delos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural tendo en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidad nos comportamentos persoais e profesionais.

Facilitarase a plena integración del alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturales experimenten dificultades a un acceso idóneo, igualitario e provechoso a la vida universitaria

Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas,e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdad, no caso de detectar situacións de discriminación por razón de xénero tomaranse medidas para corrixilas.

A fin de facilitar a conciliación familiar do profesorado do Practicum 3 aqueles/as docentes que así o estimen, poderán acordar cos alumnos/as que correspondan en cada rotación o cambio de hora de inicio e fin da práctica notificándoo ao persoal da CUP.

Na realización dos traballos da materia, o plagio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtenido a través da internet, sen indicación expresa da súa orixe e, si é o caso, o permiso do seu autor/a, será cualificado con suspenso (0,0) na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tralo correspondente procedemento.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías