Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Traballo de fin de grao [a extinguir] Código 750G02036
Titulación
Grao en Podoloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos Para formalizar la matrícula del TFG, el alumnado podrá tener pendientes para completar los estudios, como máximo, 78 créditos, incluidos los correspondientes al TFG, y deberá matricularse también de todas las materias necesarias para concluir el plan de estudios del grado.
Departamento Bioloxía
Ciencias da Saúde
Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Coordinación
Alvarez-Calderón Iglesias, Oscar
Correo electrónico
oscar.alvarez-calderon.iglesias@udc.es
Profesorado
Alvarez-Calderón Iglesias, Oscar
Gil Manso, Pedro
Correo electrónico
oscar.alvarez-calderon.iglesias@udc.es
pedro.gil.manso@udc.es
Web http://http://campusvirtual.udc.gal/
Descrición xeral Proxecto ou Traballo de Fin de Grao consta de 6 ECTS que se realizará no 2º cuadrimestre de 4º curso.
Por tanto, os estudos de Grao de Podoloxía concluirán coa elaboración e defensa do Proxecto ou Traballo de Fin de Grao que estará orientado á avaliación das competencias asociadas ó título, tal como prevé o RD 1393/2007 e a Orde CIN/728/2009 polos que se establecen os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habilitan para o exercicio da profesión Podólogo.
Materia transversal cuxo traballo se realizará asociado a distintas materias, co obxectivo de integrar os coñecementos, habilidades, destrezas, valores e actitudes adquiridos durante o itinerario curricular do alumno.

Competencias do título
Código Competencias do título
A56 Utilizar elementos de documentación, estatística, informática e os métodos xerais de análise epidemiolóxicos.
A57 Aplicar os métodos de investigación e preparación científica.
A58 Adquirir a capacidade crítica sobre publicacións científicas.
A59 Adquirir a capacidade de comunicar nos foros científicos os avances profesionais.
A60 Integrar os coñecementos, habilidades, destrezas, valores e actitudes adquiridos durante o itinerario curricular do alumno.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo.
B9 Fomento dunha segunda lingua de interese para a profesión.
B11 Coñecementos de informática relativos ó seu ámbito de estudo.
B12 Capacidade de xestión da información.
B14 Implicación na calidade e busca da excelencia.
B16 Capacidade de organización e planificación do tempo e o traballo.
B18 Capacidade para comunicarse con persoas non expertas na materia.
B19 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
B21 Habilidades interpersonais.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Utilizar los elementos de documentación, estadística, informática y los métodos generales de análisis epidemiológicos A56
A57
A58
A59
A60
B2
B3
B4
B6
B9
B12
B16
C1
C2
C3
C6
Aplicar los métodos de investigación y preparación científica A56
A57
A58
A60
B2
B3
B11
B12
B19
C1
C2
C7
C8
Capacidad crítica sobre publicaciones científicas A56
A57
A58
A59
A60
B1
B2
B3
B12
B14
B16
C3
C4
C6
Comunicar en los foros científicos los avances profesionales A56
A57
A58
A59
A60
B7
B9
B12
B18
B21
C1
C2
C3

Contidos
Temas Subtemas

O traballo de final de grao tratará de xeito fundamental sobre temas e aspectos da profesión podolóxica.
Tratase dun proceso onde o estudante deberá optar entre os campos temático propostos.
Cada un dos subtemas poderá ofertar liñas concretas de investigación.

Temas ou campos:
Principios básicos e xerais en Podoloxía: Anatomía, Fisioloxía, Psicoloxía, Bioloxía, Microbiloxía e Parasitoloxía, Patoloxía Xeral, Farmacoloxía, Sistemas de información e comunicación en ciencias da saúde y Metodo científico e saúde publica.

Podoloxía Xeral e Biomecánica: Podoloxía Xeral, Biomecánica do membro inferior, Radiodiagnóstico e radioprotección, Podoloxía preventiva, Bioética, lexislación e xestión en Podoloxía.

Patoloxía Podolóxica, Tratamentos ortopodolóxicos, físicos e farmacolóxicos: Ortopodoloxía, Ortesioloxía dixital e calzadoterapia, Patoloxía podolóxica, Podoloxía física, Terapeútica farmacolóxica, Podoloxía deportiva, Dermatoloxía.

Quiropodoloxía e Cirurxía Podolóxica: Quiropodoloxía, Cirurxía Podolóxica, Pé de risco, técnicas e procedementos en prevención da infección.



Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados A56 A57 A58 A60 B1 B2 B3 B4 B6 B9 B11 B12 B14 B16 B19 B21 C1 C2 C3 C4 C6 C7 C8 0 135 135
Presentación oral A57 A59 A60 B7 B9 B18 B21 C1 C2 1 6 7
 
Atención personalizada 8 0 8
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados O alumno debe desenrolar baixo a tutela do seu tutor/es un traballo seguindo as especificacions do regulamento para a elaboración dos traballos de fin de grao na facultade de enfermería e Podoloxía.
O traballo realizado deberá seguir o esquemas dunha das seguintes modalidades (https://www.udc.es/gl/fep/traballo_fin_grao/):
- Revisión narrativa
- Revisión sistemática
- Estudo dun caso
- Proposta de investigación
- Traballo de investigación
Presentación oral Unha vez que o estudante obteña a autorización de defensa do traballo e unha calificación igual ou superior a 3,5 sobre por parte do seu titor, deberá solicitar a defensa do mesmo seguindo o regulamento do TFG da Facultade de Enfermaría e Podoloxía.
Deberá de defender o traballo ante o tribunal asignado, seguindo o regulamento de TFG da Facultade de Enfermaría e Podoloxía (https://www.udc.es/gl/fep/traballo_fin_grao/).

A defensa, que será presencial e pública, consistirá na exposición oral do traballo durante un tempo máximo de 10 minutos, en que se dará conta dos seus aspectos máis salientables. O alumnado poderá axudarse dos medios informáticos e audiovisuais que estime pertinentes.
A exposición oral realizarase en galego ou castelán.
Logo da exposición, os membros do tribunal poderán formular as preguntas e solicitar as aclaracións que consideren oportunas para poder xulgar a exposición e defensa, ás cales os alumnos deberán dar resposta. O tempo máximo establecido para esta defensa será de 15 minutos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
A atención persoalizada ten como finalidade orientar ó alumno no desenrolo e planificación do traballo.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A57 A59 A60 B7 B9 B18 B21 C1 C2 A avaliación do TFG realizarase seguindo os criterios de avaliación establecidos no Regulamento de Traballo de Fin de Grao da Facultade de Enfermaría e Podoloxía disponible na web https://www.udc.es/gl/fep/traballo_fin_grao/. Establecendo unha calificación de ata 1,5 puntos pola exposición e 1,5 puntos pola defensa.

O secretarío do tribunal cubrirá a acta e calificación final do TFG, que se fará pública ao finalizar a avaliación de todos os alumnos presentados nesa convocatoria. Na acta de cualificación final de TFG figurarán a data, a hora e o lugar da revisión, que se efectuará dentro das 24 horas seguintes á defensa. Na revisión estará presente cando menos, un membro do tribunal avaliador.
30
Traballos tutelados A56 A57 A58 A60 B1 B2 B3 B4 B6 B9 B11 B12 B14 B16 B19 B21 C1 C2 C3 C4 C6 C7 C8 A avaliación do TFG realizarase seguindo os criterios de avaliación establecidos no Regulamento de Traballo de Fin de Grao da Facultade de Enfermaría e Podoloxía disponible na web https://www.udc.es/gl/fep/traballo_fin_grao.

O titor avaliará o proceso de elaboración do TFG cunha puntuación de ata 3 puntos e o avaliará o propio TFG cunha calificación de ata 4 puntos segundo os criterios do Regulamento de Traballo de Fin de Grao da Facultade de Enfermaría e Podoloxía disponible na web https://www.udc.es/gl/fep/traballo_fin_gr
e comunicará o estudante a súa calificación e a data de revisión.
70
 
Observacións avaliación

Para formalizar a matrícula do TFG, o alumnado poderá ter pendentes para completar os estudos, como máximo, 78 créditos, incluídos os correspondentes ao TFG, e deberá matricularse tamén de todas as materias necesarias para concluír o plan de estudos do grao. 

O TFG só poderá ser defendido e avaliado unha vez se teña
constancia fidedigna de que o estudante superou todos os créditos necesarios
para obter o título de grao, agás os correspondentes ao propio TFG, tal e como
recolle no texto consolidado da Normativa reguladora da matrícula e a defensa
do TFG.
 No caso de entregar o traballo fin de grao, solicitar a defensa e non efectuar a exposición e defensa na data e hora acordada, cualificarase como NON PRESENTADO.  Igualmente no caso de expoñer e defender o TFG sen ter todas as materias do grao superadas, avaliarase como NON PRESENTADO.

O tribunal avaliador contará con todas as calificacións precisas para establecer a calificación final.

O secretarío do tribunal cubrirá a acta e calificación final do TFG, que se fará pública ao finalizar a avaliación de todos os alumnos presentados nesa convocatoria.

Todo alumno autorizado para realizala defensa do seu TFG que non se presente a mesma, será calificado coma non presentado. 


Fontes de información
Bibliografía básica

  •  Del Pino Casado R, Martínez Riera JR (2016). Manual para la elaboración y defensa del trabajo fin de grado en Ciencias de la Salud. Barcelona: Elsevier
  •  Polgar S (2014). Introducción a la investigación en ciencias de la salud. Barcelona: Elsevier
  •  Echevarría Pérez P (Dir) (2016). Investigación en metodología y lenguajes enfermeros. Barcelona: Elsevier
  •  Fernández-Lasquetty Blanc B (2013). Introducción a la investigación en enfermería . Madrid : Difusión Avances Enfermería
  •  Albert Florensa JS (ed) (2017). Ética de la investigación científica. Bilbao: Desclee de Brouwer

VÍDEOS E OUTROS MATERIAIS DE APOIO

  • Módulo Metodología de la Investigación. Axencia de Coñecemento en Saúde. Servizo Galego de Saúde (SERGAS), Santiago de Compostela. Disponible en: https://www.youtube.com/playlist?list=PLmquZD2sO_g4_-tj1q-ZjNhr3i64iETgT
  • Módulo gestión de resultados. Axencia de Coñecemento en Saúde. Servizo Galego de Saúde (SERGAS), Santiago de Compostela. Disponible en: https://www.youtube.com/playlist?list=PLmquZD2sO_g7K1B8W9kzkjUTOML-N3nu6

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Sistemas de Información e Comunicación en Ciencias da Saude [extinguida]/750G02010
Método científico e Saude Pública [extinguida]/750G02011

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Para formalizar a matrícula do TFG, o alumnado poderá ter pendentes para completar os estudos, como máximo, 78 créditos, incluídos os correspondentes ao TFG, e deberá matricularse tamén de todas as materias necesarias para concluír o plan de estudos do grao. 

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol":
  • A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos, no caso de se realizar en papel: non se empregarán plásticos, realizaranse impresións a dobre cara, empregarase papel reciclado e evitarase a impresión de borradores.
  • Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural tendo en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais
  • Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria
  • Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade, no caso de detectar situacións de discriminación por razón de xénero tomaranse medidas para corrixilas.

Na realización dos traballos da materia, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, será cualificado con suspenso (0,0) na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto lla comisión da falta prodúcese na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.




(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías