Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Reeducación funcional das afeccións podolóxicas Código 750G02037
Titulación
Grao en Podoloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Coordinación
Souto Gestal, Antonio
Correo electrónico
antonio.souto@udc.es
Profesorado
Souto Gestal, Antonio
Correo electrónico
antonio.souto@udc.es
Web http://moodle.udc.es
Descrición xeral Esta materia ten como obxectivo dar a coñecer aos estudiantes de podoloxía un protocolo de carácter interdisciplinar para a valoración do complexo articular do nocello e pé, así como as súas implicacións globais no resto de segmentos corporais, utilizando para ilo a exploración física e o razonamento clínico seguidos no proceso de fisioterapia. A partir de biomecánica clínica, exponse protocolos de valoración neuro-ortopedica e funcional a partir dos cales implementar estratexias terapéuticas baseadas na cinesiterapia nas súas distintas modalidades e a reeducación sensorio-perceptivo-motora.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos

Non se contemplan modificacións nos contados.

2. Metodoloxías

*Metodoloxías docentes que se manteñen
Manteranse as seguintes metodoloxías docentes:
- Docencia expositiva (sesión maxistral) en formato virtual a través de plataformas institucionais.

- Estudo de casos, para o cal se reforzará o soporte e titorización telemática

- Lecturas

*Metodoloxías docentes que se modifican
Deberán modificarse as seguintes metodoloxías docentes:

- Proba mixta: levarase a cabo de forma telemática, facendo uso das plataformas insitucionais.

- Actividades iniciais: realizaranse a través de seminarios de debate en grupo reducido a través das plataformas institucionais

- Discusión dirixida. Realizaranse a través de seminarios de debate en grupo reducido a través das plataformas institucionais. Fomentarase a participación en foros de debate temáticos creados ao efecto, así como a través da realización de actividades/dinámicas de autoavaliación (facendo uso de recursos socráticos como Kahoot).

Decaerán as seguintes metodoloxías:

- Prácticas de laboratorio. De non poder realizarse por causa da situación sanitaria, os contidos serán abordados/compensados telemáticamente a través do uso de material audiovisual de apoio.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado

- Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.

- Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumnado. Crearanse foros temáticos asociados aos módulos da materia, onde formular as consultas necesarias, así como “foros de actividade específica” para desenvolver as “Discusións dirixidas”, a través das que se poñerá en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia.

- MS Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o a revisión dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade.

De 1 a 2 sesións semanais (ou mais segundo o demande o alumnado) en pequeno grupo (ata 6 persoas), para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumando para desenvolver o traballo da materia.

4. Modificacións na avaliación

Non se propón modificación, salvo a porcentaxe asignada a avaliación continuada das sesión prácticas, que pasaría a computar na avaliación continuada xeral do conxunto de actividades telemáticas da materia (elevándose por tanto ata o 20%). A proba mixta representará igualmente un 40% ao igual que o traballo de estudo de casos (40%).

*Observacións de avaliación:

Manteñense os mesmos requisitos para superar a materia agás o requisito de asistencia a un mínimo do 70% das sesións prácticas, que será esixible para o conxunto de sesións telemáticas que se desenvolvan.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía

Non se contemplan modificacións.

Competencias do título
Código Competencias do título
A4 Coñecer o concepto anatómico e funcional da enfermidade e a clasificación das enfermidades. Describir a patoloxía dos diferentes órganos, aparatos e sistemas. Semioloxía médica. Dermatoloxía. Reumatoloxía. Traumatoloxía. Neuroloxía. Endocrinoloxía. Procesos vasculares patolóxicos. Patoloxías sistémicas con repercusión no pé.
A11 Coñecer os fundamentos da biomecánica e a cinesioloxía. Teorías de apoio. A marcha humana. Alteracións estruturais do pé. Alteracións posturais do aparato locomotor con repercusión no pé e viceversa. Instrumentos de análise biomecánico.
A23 Coñecer e aplicar os métodos físicos, eléctricos e manuais na terapéutica das distintas patoloxías do pé. Vendaxes funcionais. Terapia da dor e inflamación no pé.
A39 Desenvolver as técnicas de exploración física.
A45 Desenvolver a capacidade de establecer protocolos, executalos e avalialos.
A48 Desenvolver as habilidades sociais para a comunicación e o trato co paciente e outros profesionais.
A49 Establecer intercambio de información cos distintos profesionais e autoridades sanitarias implicadas na prevención, promoción e protección da saúde.
A50 Prescribir, administrar e aplicar tratamentos farmacolóxicos, ortopodolóxicos, físicos e quirúrxicos.
A54 Manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes.
A55 Garantir a calidade asistencial na práctica da podoloxía.
A60 Integrar os coñecementos, habilidades, destrezas, valores e actitudes adquiridos durante o itinerario curricular do alumno.
A62 Adquirir habilidades de traballo en equipo como unidade na que se estruturan de forma uni ou multidisciplinar e interdisciplinar os profesionais e demais persoal relacionados coa prevención, avaliación diagnóstica e tratamento podolóxico.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo.
B12 Capacidade de xestión da información.
B13 Traballo en equipo de carácter interdisciplinar.
B19 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Ser capaz de aplicalas técnicas de exploración clínica do aparato locomotor en decúbito, bipedestación estática e dinámica para o diagnóstico das afeccións podolóxicas A11
Ser capaz de aplicalo protocolo de exploración analítica do complexo articular nocello-pé, así como de identificar a súa posible relación cos segmentos corporais supraxacentes (xeonllo, coxofemoral, cinturón pélvico e raquis), integrando estos aspectos no tratamento das afeccións podolóxicas máis frecuentes. A4
A11
A39
A45
A49
A50
A54
A55
A60
A62
B1
B3
B4
B5
B7
B19
C1
C6
Ser capaz de identificalas técnicas empregadas na abordaxe fisioterápica das afeccións podolóxicas, sexan de natureza curativa ou paliativa. A11
A39
A48
A49
A50
A62
B1
B2
B3
B5
B7
B13
C6
Coñecer o funcionamento e indicacións dos medios físicos empregados no tratamento das afeccións podolóxicas, especialmente os derivados do uso do movemento como axente terapéutico. A23
A45
A50
A55
A60
A62
B2
B12
B19
C6
Ser capaz de aplicalos medios físicos no tratamento das afeccións podolóxicas máis frecuentes A23
A45
A50
A60
B2
B3
B19
C6
Coñecer os fundamentos terapéuticos do manexo do doente con dor A11
A23
A45
A50
A60
B3
B12
C6

Contidos
Temas Subtemas
Bloque Temático I.
Valoración funcional do pé e membro inferior.
Tema 0. Recordo anatómo-biomecánico do pé e as súas relacións cinéticas e cinemáticas co membro inferior.

Tema 1. Exploración funcional e neuro-ortopédica do membro inferior. Xeneralidades do proceso de valoración. Concepto de disfunción e adaptación biomécanica. O sistema nervioso como estrutura integradora. Heterometrías, cadeas disfuncionais ascendentes e descendentes.
Bloque Temático II.
Reeducación funcional e Fisioterapia nos procesos inflamatorios e dexenerativos do pé. Modelo de tensión de tecidos e rexeneración de partes brandas.
Tema 2. O sistema fascial como fonte de dor e disfunción. Mecanotransducción celular.

Tema 3. Sistema nervioso e neuromecánica. O sistema nervioso como fonte de dor e disfunción. Avaliación e principios de tratamento neurodinámicos.

Tema 4. Modelo de rexeneración de tecidos brandos baseado no estímulo mecánico controlado. Resposta inflamatoria, fases e implicacións clínicas. Escordadura de nocello, Implicacións locais e ascendentes. Inestabilidade crónica de nocello. Propiocepción e captores posturais.

Tema 5. Modelo de estrés de tecidos. Teoría rotacional e o sistema de windlass. Consideracións cinéticas e as súas implicacións clínicas. Relacións ascendentes e descendentes.
Bloque Temático III.
Avaliación e intervención funcional nas principais afeccións podolóxicas. Dor, propiocepción e control motor.
Tema 6. Manifestacións de estrés tisular no sistema suro-aquileo-plantar. Tendinopatía aquilea. Implicacións locais e ascendentes.

Tema 7. Manifestacións de estrés tisular no sistema tibial: síndrome de estrés tibial medial, túnel tarsal e disfunción do tibial posterior. Implicacións locais e ascendentes.

Tema 8. Manifestacións de estrés tisular dos tecidos plantares. Implicacións locais e ascendentes.

Tema 9. Manifestacións de estrés tisular no antepé: metatarsalxias, sindrome de predislocación, fibrose perineural e disfuncións do primeiro radio. Implicacións locais e ascendentes.
Bloque Práctico I.
Valoración funcional do pé. Exploración neuro-ortopédica do pé e membro inferior.
Práctica 1. Exploración da postura e dos captadores posturais.

Práctica 2. Exploración neurodinámica do membro inferior: test de provocación neural e avaliación dos potenciais puntos de conflito mecánico do sistema nervioso periférico no membro inferior.

Práctica 3. Avaliación estática e dinámica da pelvis. Test ortopédicos e funcionais.

Práctica 4. Exploración da estática e dinámica da articulación coxofemoral. Alteracións torsionales e capacidade rotacional. Exploración do xeonllo.

Práctica 5. Exploración da mobilidade articular analítica do complexo nocello-pé.

Práctica 6. Valoración dinámica: marcha e test funcionais de control motor.
Bloque Práctico II.
Reeducación funcional e Fisioterapia nas principais afeccións podolóxicas.
Práctica 7. Técnicas articulares do complexo nocello-pé.

Práctica 8. Estiramentos, técnicas miofasciais manuais e instrumentais.

Práctica 9. Estratexias para a mellora da propiocepción e control motor do membro inferior.

Práctica 10. Vendaxe funcional e propioceptiva.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A4 A11 A23 A54 A55 A60 A62 B1 B3 C6 12 12 24
Prácticas de laboratorio A23 A39 A45 A50 A54 A55 A60 B2 B4 B5 B13 B19 16 16 32
Discusión dirixida A11 A23 A48 A49 A62 B1 B3 B7 C1 1 0 1
Estudo de casos A50 A54 A55 A60 B2 B3 B12 12 36 48
Lecturas A11 A49 A60 B1 B3 B12 C1 0 20 20
Proba mixta A11 A23 A60 B3 B12 C1 2 18 20
Actividades iniciais A60 B3 C1 2 0 2
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. Realizarase a través das plataformas de teleformación.
Prácticas de laboratorio Metodoloxía que permite que os estudantes aprendan efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como demostracións, exercicios, experimentos e investigacións.
Nesta materia os módulos prácticos centraránse por una parte na exploración estático-dinámica do complexo articular nocello-pe así como a súa relación coa valoración global dos segmentos corporales supraxacentes. Posteriormente experimentaránse algunhas das técnicas terapéuticas que dan resposta ás posibles disfuncións que resulten do proceso de valoración, fundamentalmente a través da aplicación de axentes físicos baseados no movemento (vendaxe funcional e propioceptiva, exercicio terapéutico, técnicas manuais, etc.). Realizaranse de forma presencial.
Discusión dirixida Técnica de dinámica de grupos na que os estudantes discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, especialmente a resolución dun problema xeralmente de natureza patomecánica e que garda relación co ámbito clínico, exposto e coordinado polo moderador do debate, neste caso o profesor. Realizarase de forma presencial no marco das prácticas de laboratorio e de forma telemática no contexto da sesión maxistral e estudo de casos.
Estudo de casos Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Lecturas Son un conxunto de textos e documentación escrita que se recolleron e editaron como fonte de profundización nos contidos traballados.
Proba mixta Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
Actividades iniciais Actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativos, que partan dos saberes previos do alumnado.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Discusión dirixida
Estudo de casos
Descrición
Nas prácticas de laboratorio o profesor encargase persoalmente de revisar de forma individual a correcta execución da mesma por parte do estudante.

Na discusión dirixida e no estudo de casos clínicos, o profesor é o encargado de moderalo debate e de propoñelas preguntas que o promovan, así como de que cada un dos estudantes participe e se beneficie das ideas que todos aportan.

Estímase un total de 4 horas para a atención personalizada en forma de titorías nas que poder resolver todo tipo de dúbidas, con especial atención á resolución dos casos clínicos.

A atención personalizada levarase a cabo a través de medios preferentemente telemáticos (plataforma microsoft Teams, Moodle e correo electrónico), nos horarios establecidos e/ou previa solicitude por parte do/a estudante.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A23 A39 A45 A50 A54 A55 A60 B2 B4 B5 B13 B19 A valoración das prácticas de laboratorio fai referencia fundamentalmente á actitude e participación activa e con aproveitamento das mesmas, que se traduce na correcta execución e no grado de perfeccionamiento alcanzado nas técnicas ensinadas. 10
Estudo de casos A50 A54 A55 A60 B2 B3 B12 Entrega en tempo e forma das resolucións de casos clínicos plantexados ao longo do curso, e que se solicitarán con antelación suficiente para a súa realización e con posibilidade de establecer grupos de discusión para un maior aproveitamento.
Os casos clínicos asignaranse por parellas durante a primeira metade do cuatrimestre. Contarán cunha descripción básica do suposto clínico, así como unha descripción das probas de avaliación efectuada e os seus resultados. Os estudantes deberán entregar unha memoria da resolución na que deberán:
1) replicar as probas, describir a súa execución práctica e os valores normativos.
2) ampliar con todas aquelas probas de exploración que estimen oportunas e relevantes para a resolución do caso.
3) propoñer un programa de tratamento funcional do caso e as disfuncións que o caracterizan
4) apoiar a resolución do caso con material preferentemente audiovisual (vídeos e ou fotografías), da realización das probas de exploración física e do tratamento proposto.
5) ao final do curso, os estudantes deberán presentar oralmente a resolución do caso diante de todolos compañeiros, promovendo un foro de debate.
A memoria será valorada sobre un máximo de 2 puntos (20% da calificación) e a presentación oral sobre un máximo de 1 punto (10% da calificación).
40
Proba mixta A11 A23 A60 B3 B12 C1 A proba mixta consistirá nunha combinación de preguntas tipo test de resposta única e sen penalización por erro cometido, e unha ou varias preguntas curtas acerca da valoración e/ou resolución dun caso clínico plantexado durante o curso. 40
Sesión maxistral A4 A11 A23 A54 A55 A60 A62 B1 B3 C6 Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. Valorarase fundamentalmente a asistencia e participación activa nas mesmas, a través da entrega puntual de pequenas probas de coñecemento de respuesta inmediata (metodoloxía socrative) que facilitan a asimilación das ideas clave. 10
 
Observacións avaliación

Para superar a materia será obligatorio:

1. A asistencia a un mínimo do 70% das sesións prácticas. A estos efectos, non se terán en conta as ausencias debidamente motivadas por cuestións de saúde, especialmente ante a sospeita de viriasis compatible con infección por SARS-CoV-2.

2. Únicamente se contempla a posibilidade dun 20% de faltas de asistencia a sesións prácticas sen aportalo correspondente xustificante 

3. Obter unha calificación superior a 5 puntos sobre 10 na proba mixta. Esta proba terá, con carácter xeral, un tempo máximo de execución de 1 hora.


Dado o carácter práctico e con orientación clínica da materia, non se contempla a posibilidade de dispensa académica que exima aos estudantes a tempo parcial da asistencia ás clases prácticas. 

Non se contemplan metodoloxías de avaliación diferente para a segunda oportunidade, nin para aqueles estudantes con matrícula parcial ou en segunda matrícula e posteriores, independentemente de que se conserve a calificación obtida na avaliación continuada do bloque práctico e interactivo así coma do estudo de casos. 

Asignarase a calificación de Non Presentado aos estudantes que non se presenten á proba mixta, independentemente de que se conserve a calificación obtida na avaliación continuada do bloque práctico e interactivo así coma do estudo de casos.

Os estudantes que alcaden unha calificación igual ou superiora 9.0/10 podrán optar á mención de Matrícula de Honra, dacordo aos cupos establecidos no artigo 21 das "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario" de la UDC. A matricula de honra será otorgada en todo caso á/ás calificación/s globais máis altas.

Fontes de información
Bibliografía básica Neumann, Donald A. (2017). Kinesiology of the musculoskeletal system : foundations for rehabilitation. St. Louis : Elsevier
Arnold G. Nelson, Jouko Kokkonen (2014). Anatomía de los estiramientos. Madrid: Tutor
Kirby, K. A. (2012). Biomecánica del pie y la extremidad inferior. Payson: Precisión Intracast
Kisner, Carolyn (2010). Ejercicio terapéutico: fundamentos y técnicas. Buenos Aires: Médica Panamericana,
Bové, T (2011). El vendaje funcional. Barcelona: Elsevier
Mulligan, Brian R. (2010). Manual therapy : NAGS, SNAGS, MWMs etc.. Wellington: Plane View
François Ricard ; Pedro Vicente Munuera Martínez, Ángel Oliva Pascual Vaca y Cleofás Rodríguez Blanc (2012). Medicina osteopática: miembro inferior. Alcalá de Henares: Escuela de Osteopatía de Madrid,
Butler, David S. (2009). Movilización del sistema nervioso. Barcelona: Paidotribo
Zamorano Zárate, E. (2013). Movilización neuromeníngea : tratamiento de los trastornos mecanosensitivos del sistema nervioso. Madrid : Panamericana
Cleland, Joshua (2006). Netter, Exploración clínica en ortopedia : un enfoque para fisioterapeutas basado en la evidencia. Barcelona : Masson,
Jon Parsons, Nicholas Marcer (2007). Osteopatía: modelos de diagnóstico, tratamiento y práctica.. Madrid : Elsevier,
Rueda-Sánchez, M. (2004). Podología: los desequilibrios del pie.. Barcelona: Paidotribo
Myers, Thomas W. (2010). Vías anatómicas : meridianos miofasciales para terapeutas manuales y del movimiento. Barcelona : Elsevier Masson

Astrom M., y Arvidson T. Alignment And Joint Motion In The Normal Foot. Journal Of Orthopaedic And Sports Physical Therapy 1995; 22 (5): 216-222

Bové, T. El vendaje funcional. 5ª ed. Barcelona: Elsevier; 2011.

Castillo-Montes, F. J. Título Bases y aplicaciones del vendaje neuromuscular. Jaén: Formación Alcalá; 2012.

Dueñas-Moscardó, L., Balasch-Bernat, M., y Espi-López, G. V. Técnicas y nuevas aplicaciones del vendaje neuromuscular. Sevilla: Lettera; 2010.

Kendall, F.; Kendal, E., y Geise, P. Kendall´s músculos, pruebas, funciones y dolor postural. 4° Ed. Ed. Marbán. Madrid: 2000.

Kirby, K. A. Biomecánica del pie y la extremidad inferior. Payson: Precisión Intracast; 1997 (2012 imp.).

McPoil, T. G., y Hunt, G. C. Evaluation and management of foot and ankle disorders—present problems and future-directions. Journal of Orthopaedic & Sports Physical Therapy 1995; 21:381-8.

Rueda-Sánchez, M. Podología: los desequilibrios del pie. Barcelona: Paidotribo; 2004

Martínez D. Cuidados del pie diabético. Madrid: Arán; 2001.

Root M. L., Orien W. P., Weed J. H., Hugues, R. J. Exploración Biomecánica Del Pie. Vol. I. Madrid: Ortocen; 1991.

Tixa S. Atlas de anatomía palpatoria de la extremidad inferior. Barcelona: Masson; 1999

Bibliografía complementaria

Bonnel, .F, Toullec, E., Mabit, C., Tourné, Y. y Sofcot. Chronic ankle instability: biomechanics and pathomechanics of ligaments injury and associated lesions. Orthop Traumatol Surg Res. 2010; 96(4):424-32.

Cleland, J. A., Mintken, P. E., McDevitt, A., Bieniek, M. L., Carpenter, K. J., Kulp, K., Whitman, J. M. Manual physical therapy and exercise versus supervised home exercise in the management of patients with inversion ankle sprain: a multicenter randomized clinical trial. J Orthop Sports Phys Ther., 2013; 43(7):443-55.

Golanó, P., Vega, J., de Leeuw, P. A., Malagelada, F., Manzanares, M. C., Götzens, V., van Dijk, C. N. Anatomy of the ankle ligaments: a pictorial essay. Knee Surg Sports Traumatol Arthrosc. 2010; 18(5):557-69.

Kirby K. A. Subtalar joint axis location and rotational equilibrium theory of foot function. J Am Podiatr Med Assoc. 2001; 91(9): 465-87.

Lemont, H., Ammirati, K. M., y Usen N. Plantar fasciitis: a degenerative process (fasciosis) without inflammation. J Am Podiatr Med Assoc. 2003; 93(3): 234-7.

Levy-Benasuly, A. E., Cortés, J. M. Ortopodología y aparato locomotor ortopedia de pie y tobillo. Barcelona: Masson; 2003.

Martos-Mora, C., Gentil-Fernández, J., Conejero-Casares, J. A., y Ramos-Moreno, R. Metatarso aducto congénito, clasificación clínica y actitud terapéutica. Rehabilitación 2012; 46(2): 127–134

Monagham K, Delahunt E, Caulfield B. Ankle Function During Gait In Patients With Chronic Ankle Instability Compared To Controls. Clin Biomech 2006; 21(2): 168-74.

Neumann DA. Ankle and foot. In: Neumann DAKinesiology of the musculoskeletal system: foundations for physical rehabilitation. 2nd ed. St. Louis (MO): Mosby; 2011. pp. 477-521.

Nyska M, Shabat S, Simkin A, Neeb M, Matan Y, Mann G. Dynamic Force Distribution During Level Walking Under The Feet Of Patients With Cronic Ankle Instability. Br J Sports Med 2003; 37(6): 495-7.

Ouzounian T. Reumatoid Arthritis of the Foot and Ankle. En: Myerson MS. Foot and Ankle Disorders. Vol. 2. Philadelphia: WB Saunders Company; 2000. p. 1189-1204.

Pascual-Gutiérrez, R., Arnao-Rodríguez, M.C., Chinchilla-Villaescusa, P., López-Ros, P., y García-Campos, J. Criterios de selección de tratamiento en el síndrome de predislocación. Rehabilitación 2010; 44(4): 364-370.

Pearce TJ, Buckley RE. Subtalar Joint Movement: Clinical and Computed Tomography Scan Correlation. Foot & Ankle Internacional 1999; 20 (7): 428-432.

Radford, J. E., Landorf, K. B., Buchbinder, R., y Cook, C. Effectiveness of low-Dye taping for the short-term treatment of plantar heel pain: a randomised trial. BMC Musculoskeletal Disorders 2006, 7:64

Rees J.D., Wilson, A. M., Wolman, R. L. Current concepts in the management of tendon disorders. Rheumatology (Oxford). 2006; 45(5): 508-21.

Thomas, J. L., Christensen, J. C., y Kravitz, S. R., et al. The diagnosis and treatment of heel pain: a clinical practice guideline-revision 2010. J Foot Ankle Surg 2010; 49(3 Suppl):S1-19.

Trojian T. H., y Mckeag D. B. Single leg balance test to identify risk of ankle sprains. Br J Sports Med 2006; 40(7): 610-3.

Yu G. V., Judge, M. S., Hudson, J. R., Seidelmann, F. E. Predislocation syndrome. Progressive subluxation/dislocation of the lesser metatarsophalangeal joint. J Am Podiatr Med Assoc. 2002; 92(4): 182-99.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Anatomía específica do membro inferior/750G02002
Biomecánica do membro inferior/750G02013
Podoloxía Física/750G02023

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Prácticum 3/750G02035
Traballo de fin de grao/750G02036

Materias que continúan o temario
Traballo de fin de grao/750G02036

Observacións

Ao tratarse dunha materia que habitualmente cursan estudantes de cuarto curso, recoméndase que se curse simultáneamente coa materia Prácticum 3, de forma que poidan aplicar novos coñecementes ao contexto clínico-asistencial.

Consideracións medioambientais:

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol":

A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia: 

1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático 

2. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos 

3. De se realizar en papel: - Non se empregarán plásticos. - Realizaranse impresións a dobre cara. - Empregarase papel reciclado. - Evitarase a impresión de borradores.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías