Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Patoloxía Xeral Aplicada en Podoloxía Código 750G02102
Titulación
Grao en Podoloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
Alvarez-Calderón Iglesias, Oscar
Correo electrónico
oscar.alvarez-calderon.iglesias@udc.es
Profesorado
Alvarez-Calderón Iglesias, Oscar
Vidan Martinez, Luciano
Correo electrónico
oscar.alvarez-calderon.iglesias@udc.es
l.vidan@udc.es
Web http://https://campusvirtual.udc.gal/
Descrición xeral A materia Patoloxía Xeral aplicada en Podoloxía aporta ó alumnado os conceptos teóricos básicos para coñecer as patoloxías máis frecuentes na poboación de diferentes idades e principalmente as patoloxías sistémicas que teñen repercusións nos pes.
É unha materia de formación básica para os profesionais de ciencias da saúde na que o estudo das principais patoloxias dos diferentes órganos e sistemas do corpo humano permite identificar os signos e síntomas das patoloxías máis frecuentes.
Introducese ó alumnado na patoloxía podolóxica co estudo das patoloxias sistémicas con repercusións no pe.

Competencias do título
Código Competencias do título
A70 CE6 - - Coñecer o concepto anatómico e funcional da enfermidade e a clasificación de enfermidades, adquirindo capacidade de describir as patoloxías máis prevalentes do ser humano
A71 CE7 - Coñecer as patoloxías sistémicas con repercusión no pé: alteracións reumatolóxicas, traumatolóxicas, neurolóxicas, endocrinolóxicas e vasculares
B23 CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B25 CB3 -- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B26 CB4 -Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B29 CG02 - Coñecer a estrutura e función do corpo humano en especial da extremidade inferior, semioloxía, mecanismos, causas e manifestacións xerais da enfermidade e métodos de diagnóstico dos procesos patolóxicos médicos e cirúrxicos, interrelacionando a patoloxía xeral coa patoloxía do pé.
B30 CG03 - Obter a capacidade, habilidade e destreza necesarias para diagnosticar, prescribir, indicar, realizar e/ou elaborar e avaliar calquera tipo de tratamento podolóxico, ortopodolóxico, quiropodolóxico, cirurxía podolóxica, físico, farmacolóxico, preventivo e/ ou educativo, baseado na Historia clínica
B37 CG10 - Identificar que o exercicio da profesión está asentado no respecto á autonomía do paciente, ás súas crenzas, cultura, determinantes xenéticos, demográficos e socioeconómicos, aplicando os principios de xustiza social e comprendendo as implicacións éticas nun contexto mundial en transformación
B39 CG12 -Capacidade para a cooperación, o traballo en equipo e a aprendizaxe colaborativo en contornas interdisciplinares
C9 CT01 - - Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma
C11 CT03 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida
C14 CT06 -Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables
C16 CT08 - V- Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
O alumnado coñece o concepto de Saúde e Enfermedad e o concepto de Patoloxía A70
B23
B25
B29
B39
C11
C14
C16
O alumnado coñece a fisiopatoloxía e os fundamentos etiolóxicos dos procesos patolóxicos A70
B23
B25
B29
B30
B37
C9
C11
C14
C16
O alumnado recoñece as consecuencias dos diferentes procesos patolóxicos sobre o funcionamento dos órganos e sistemas. A70
A71
B25
B26
B29
B30
C9
C11
C16
O alumnado coñece como evaluar as manifestacións secundarias as alteracións de órganos e sistemas A70
A71
B25
B29
B30
C9
C11
C16
O alumnado coñece a Semioloxía médica A70
B25
C11
C16
O alumnado coñece as patoloxías sistémicas con repercusions no pe A71
B25
B29
B30
B39
C9
C11
C16

Contidos
Temas Subtemas
UNIDADE DIDÁCTICA I : Concepto e fundamentos etiolóxicos da Patoloxía no ser humano Tema 1. Concepto de Patoloxía. Saude e enfermidade.
Tema 2. Manifestacións clínicas das enfermidades. Dolor. Febre.
Tema 3. Patoloxía inducida por axentes externos: tóxicos, microorganismos, factores ambientais
Tema 4. Xenética médica.
Tema 5. Inmunoloxía clínica.
Tema 6. Principios xerais das enfermidades infecciosas.
Tema 7. Principios xerais das enfermidades neoplásicas
UNIDADE DIDÁCTICA II: Patoloxía sistémica TEMA 8 Manifestacións da patoloxía do corazón. Semioloxías arterial, venosa e linfática . Grandes síndromes cardiocirculatorios. Insuficiencia cardíaca. Arterioesclerosis..
TEMA 9. Patoloxía osteoarticular: lesións articulares e óseas. Artrose, artrite. Trastornos do remodelamento óseo.
TEMA 10. Patoloxía do sistema nervioso. Semioloxía y patoloxía do sistema nervioso. Grandes síndromes do sistema nervioso: da función motora, síndromes de primeira e segunda neurona motora. Patoloxía da coordinación motora. Patoloxía extrapiramidal. Patoloxía da sensibilidade xeral e trastornos sensoriais. Alteración das funcións cerebrais superiores. Patoloxía do sistema nervioso autónomo.
TEMA 11 Trastornos endocrino- metabólicos. Grandes síndromes. Diabetes mellitus.
TEMA 12 Patoloxía do aparello dixestivo: deglución, ulcus, alteracións do tránsito intestinal. Síndrome de malabsorción.
Tema 13. Bases fisiopatolóxicas do sistema respiratorio. Signos e síntomas da patoloxía pulmonar e pleural. Grandes síndromes de la patoloxía pulmonar e pleural. Insuficiencia respiratoria ea
s súas consecuencias
TEMA 14. Patoloxía do sistema nefrourinario: semioloxía renal e das vías urinarias. Grandes síndromes.
UNIDADE DIDÁCTICA III: PATOLOXÍA DO MEMBRO INFERIOR TEMA 15: Alteracións vasculares do membro inferior: Conceptos xerais, principios diagnósticos.
Tema 16: Alteracións traumatológicas e reumatológicas no membro inferior: Conceptos xerais, principios diagnósticos
Tema 17: Alteracións musculares e tendinosas do membro inferior: Conceptos xerais, principios diagnósticos
Tema 18: Alteracións neurológicas do membro inferior: conceptos xerais, principios diagnósticos


Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados A71 B23 B26 B29 B39 C9 C11 C16 9 9 18
Estudo de casos A71 B23 B25 B29 B30 C9 C16 4 28 32
Proba mixta A70 A71 B23 B26 B29 C9 C11 2 23 25
Presentación oral A70 B23 B25 B26 C9 C11 3 8 11
Sesión maxistral A70 A71 B23 B25 B30 B37 C14 C16 45 18 63
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Realización de traballos en grupo de temas sinalados polo profesor. Realizarase unha tutorización continua do proceso de documentación, redacción, elaboración escrita do traballo e exposición do mesmo.
Os traballos serán expostos na aula ante todos os alumnos matriculados na materia e os contidos formarán parte do coñecemento a avaliar no exame final.

Estudo de casos O estudo da Unidade diactica III irá vinculado a metodoloxía de estudos de casos. O alumno deberá recoñecer as diferentes patoloxías sistémicas con repercusión podolóxica analizando síntomas e signos, así como datos de probas complementarias facilitadas. A materia dos casos, será avaliada no exame final.

Proba mixta Proba ou exame final, que poderá integrar preguntas tipo redacción e/ou preguntas tipo obxectivo. En canto ás preguntas de redacción, recompila preguntas abertas de desenvolvemento. As preguntas obxectivas serán preguntas de opción múltiple onde só 1 é correcta. As preguntas obxectivas pódense formular noutro formato a criterio do profesorado.
Presentación oral Exposición oral na aula dos traballos tutelados coa utilización dos medios necesarios.

Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas ao alumnado, co fin de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Sesión maxistral
Presentación oral
Proba mixta
Estudo de casos
Descrición
O profesorado da materia realizará diferentes sesións programadas de atención personalizada ao alumnado para a titoría dos traballos da materia.

O alumnado poderá consultar co profesorado durante o horario de titoría todas aquelas inquietudes ou dúbidas que atope na materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A71 B23 B26 B29 B39 C9 C11 C16 Avaliarase o proceso de elaboración dos traballos e os resultado final do mesmo. 10
Presentación oral A70 B23 B25 B26 C9 C11 Calificación das capacidades do alumnos para transmitir os contidos principais sintetizados do traballo realizado. 5
Proba mixta A70 A71 B23 B26 B29 C9 C11 Prueba o examen final, que poderá integrar preguntas tipo de ensayo y/o preguntas tipo objetivas. En cuanto a preguntas de ensayo, recoge preguntas abiertas de desarrollo. Las preguntas objetivas serán tipo test con varias opciones donde solamente 1 es correcta. Podrían plantearse preguntas objetivas con algún otro formato a discreción del profesorado. 75
Estudo de casos A71 B23 B25 B29 B30 C9 C16 Avaliarase o razoamento do alumnado e os coñecementos dos contidos traballados a través do estudo de casos. O día da proba mixta, realizaranse cuestións tipo test, referente ós casos clínicos. 10
 
Observacións avaliación

As cualificacións dos
traballos tutelados, da sua exposición e do estudo de casos, so computarán na cualificación final,
se se supera o 50% da cualificación da proba mixta. 

No estudo de casos a avaliación  se realizará a través dunha proba de casos (preguntas tipo test) realizada xunto coa proba mixta final da materia.

No caso de non presentarse
ou non superar a proba mixta na primeira oportunidade, as cualificacións dos
traballos tutelados e a súa presentación e do estudo de casos, computarán nas seguintes
oportunidades se se supera o 50% da calificación da proba mixta.

A cualificación de Non Presentado, outorgarase no caso de que non se presente á
proba mixta ou non realice os traballos tutelados e a súa presentación. 


A cualificación de Matricula de Honra, dado o seu caracter graciable,
concederase automaticamente ao alumnado que obteña 10 na cualificación media da
materia. De haber mais alumnos/as con esa cualificación que matriculas se
poidan outorgar pola cota oficial establecida, convocaranse a todos eles para a
realización dunha proba específica de desempate. A proba consistirá nun novo
exame de características similares ás da proba mixta. O exame fixaráse en data
e hora de acordo cos interesados.


Alumnado en matrícula parcial que lle fora concedida a dispensa académica.
O/A alumno/a debe de
comunícalo a profesora responsable da materia, no caso de obter a dispensa académica debe informar a responsable da materia  nos primeiros 15 días do cuatrimestre para acollerse a un plan de actividades específico que non precisan presencialidade, coa excepción da asistencia as sesións de casos clínicos.Para este alumnado é obrigatório a realización do 100% dos traballos tutelados e do estudo de casos.


Oportunidade adiantada de avaliación
. O alumnado que se atope nos supostos
recollidos na normativa de xestión académica da UDC, disporá desta opción para
superar a materia mediante unha proba escrita de características similares á a
recollida no proceso de avaliación que terá un peso do 100% da cualificación
final.

Fontes de información
Bibliografía básica Olazabal Ulacia, JC (2013). Averroes, Manuel de terapia en atención primaria. Salamanca: Evisciencce
Muñoz Calvo, B (2009). Cliniguía; actualización de diagnóstico y terapeútica. Eviscience
S. Porter, Robert (2010). Manual Merk de signos y síntomas del paciente. Madrid, Panamericana

Castro del Pozo, Sisinio (2003). Manual de patología general : etiología-fisiopatología. Masson, S.A

Pérez Arellano, J.L. y Castro del Pozo, S (2006). Manual de Patología General. 6ª. ed. . Masson;

GARCIA-CONDE J., MERINO SANCHEZ J., GONZALEZ MACÍAS (2000). Patología general. Semiología clínica y fisiopatología. Mac- Graw- Hill. Interamericana

Farreras Valentí, P. y Rozman, C (1997). Tratado de Medicina Interna.. Salvat Ediciones

No desenvolvemento dos temas, facilitarase ao alumnado bibliografía específica, de ser o caso.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Anatomía xeral/750G02103
Anatomía específica do membro inferior/750G02104
Fisioloxía Humana/750G02101

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Cirurxía Podolóxica Avanzada/750G02130
Cirurxía Podolóxica 2/750G02129
Dermatoloxía/750G02124
Prácticum I/750G02134
Patoloxía Podolóxica I/750G02119
Terapéutica Farmacolóxica/750G02122

Observacións

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol":

  • A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia realizarase entregaranse en formato dixital e en papel sen empregar plásticos, con impresións a dobre cara, empregando papel reciclado e evitando a impresión de borradores.
  • Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural tendo en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais
  • Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria
  • Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade, no caso de detectar situacións de discriminación por razón de xénero tomaranse medidas para corrixilas.

Na realización dos traballos da materia, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, será cualificado con suspenso (0,0) na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías