Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Psicoloxía Aplicada e Saúde Código 750G02105
Titulación
Grao en Podoloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Psicoloxía
Coordinación
Pértega Díaz, Sonia
Correo electrónico
s.pertega@udc.es
Profesorado
Fernández Basanta, Sara
Muñiz Garcia, Javier
Pértega Díaz, Sonia
Reig Botella, Adela Milagro
Rodriguez Maseda, Emma
Correo electrónico
sara.fbasanta@udc.es
javier.muniz.garcia@udc.es
s.pertega@udc.es
adela.reig@udc.es
emma.rodriguez.maseda@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.gal/
Descrición xeral Ao remate do proceso de ensinanza-aprendizaxe da materia de Psicoloxía Aplicada e Saúde o/a alumno/a deberá contar cos coñecimentos de introducción ao estudo do comportamento necesarios que lle capaciten para estabelecer e realizar unha relación axeitada co cliente - pacente, familia e grupo. Igualmente estará capacitado para integrar ditos coñecimentos na prestación de coidados integrais ao cliente-pacente.
Adquirirá unha visión ampla do concepto de saúde e dos principais modelos e sistemas sanitarios, ademais de identificar problemas de saúde da comunidade e coñecer as medidas preventivas máis adecuadas. O alumno coñecerá e saberá aplicar os fundamentos da Demografía como parte fundamental da Epidemioloxía e da Saúde Pública
Plan de continxencia ESTUDANTE CONFINADO OU GRUPO DE ESTUDANTES CONFINADOS: conectaranse ás clases expositivas e ós seminarios por Teams. Manteranse aquelas prácticas e actividades avaliables que o(s) estudante(s) podan desenvolverse de forma non presencial baixo tutorización personalizada (vía Teams ou correo electrónico). No caso de que non sexa posible, posporanse os seminarios, prácticas e avaliación do(s) estudante(s) confinado(s) ata a súa reincorporación.

PECHE DE ACTIVIDADES PRESENCIALES: Non se realizarán cambios nos contidos nin nas metodoloxías propostas, que se aplicarán de modo non presencial na súa totalidade a través de Teams e o campus virtual. Para a atención personalizada ao alumnado, utilizarase o correo electrónico, o campus virtual a través dos foros habilitados a tal efecto e o uso de Teams. Manterase o sistema de avaliación establecido na guía docente.

Competencias do título
Código Competencias do título
A77 CE13 - Coñecer o concepto de saúde e enfermidade, os determinantes da saúde na poboación e analizar os factores que inflúen no fenómeno saúde-enfermidade. Coñecer o concepto de saúde pública e organización sanitaria
A79 CE15 - Adquirir e aplicar os coñecementos teóricos e prácticos implicados nos aspectos psicolóxicos sociais intervintes na relación terapeuta-paciente e coñecer os aspectos psicolóxicos da dor
A80 CE16 - Coñecer os principios do desenvolvemento cognitivo, emocional e psicosocial do ser humano. Psicoloxía social
B24 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B25 CB3 -- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B26 CB4 -Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B27 CB5 -Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B32 CG05 - Colaborar cos profesionais sanitarios especificamente formados na materia, na adaptación e uso de prótese e axudas técnicas necesarias, segundo as condicións físicas, psicolóxicas e sociais dos doentes
B34 CG07 - Coñecer, deseñar e aplicar programas preventivos relacionados coa podoloxía e o fomento da atención podolóxica na poboación
B35 CG08 - Adquirir habilidades de traballo nas contornas educativo e investigador, asistencial-sanitario, así como en equipos uniprofesionais e multiprofesionais. Asesorar na elaboración e execución de políticas de atención e educación sobre temas relacionados coa prevención e asistencia podolóxica
B36 CG09 -Valorar de forma crítica a terminoloxía, ensaios clínicos e metodoloxía utilizados na investigación relacionada coa podoloxía
B37 CG10 - Identificar que o exercicio da profesión está asentado no respecto á autonomía do paciente, ás súas crenzas, cultura, determinantes xenéticos, demográficos e socioeconómicos, aplicando os principios de xustiza social e comprendendo as implicacións éticas nun contexto mundial en transformación
B38 CG11 -Incorporar os principios éticos e legais da profesión na práctica, actuando sempre en base ao cumprimento das obrigacións deontolóxicas, da lexislación vixente e dos criterios de normopraxis, integrando os aspectos sociais e comunitarios na toma de decisións
B39 CG12 -Capacidade para a cooperación, o traballo en equipo e a aprendizaxe colaborativo en contornas interdisciplinares
C11 CT03 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida
C14 CT06 -Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables
C15 CT07 - Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sustentable ambiental, económico, político e social
C16 CT08 - V- Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Introducir ao alumno no estudo do comportamento humano A80
Introducir ao alumno na valoración psicolóxica-social do paciente como elemento de exploración e tratamento A79
B24
B25
B26
B27
B36
B37
Coñecer os aspectos psicolóxicos da dor A79
A80
B38
B39
C15
Coñecer e identificar os aspectos psicolóxicos e sociais que interveñen na relación paciente-terapeuta A79
A80
B24
B25
B26
B35
B38
B39
C14
Comprender os aspectos fundamentais de saúde e enfermidade, os seus determinantes, así como os diferentes niveis de prevención A77
B24
B25
B26
B27
B34
B35
C14
C15
C16
Definir os conceptos básicos de saúde pública. O seu campo de actuación e as funcións que lle son propias A77
B24
B26
B27
B35
C11
C14
C15
C16
Identificar os principais problemas de saúde pública e os principais mecanismos de control que se empregan A77
B24
B26
B27
B34
B35
B36
C11
C14
C15
C16
Coñecer as actividades de protección de saúde, promoción da saúde e prevención da enfermidade A77
B24
B25
B26
B27
B34
B35
B36
C14
C15
C16
Coñecer a organización sanitaria en España e en Galicia. Coñecer o marco normativo fundamental de saúde pública no noso ámbito A77
B26
B34
B35
B37
B38
B39
C14
C15
C16
Coñecer os sistemas de información sanitaria máis relevantes para a sanidade pública A77
B24
B25
B27
B34
B35
B37
B38
B39
C11
C15
C16
Coñecer os conceptos xerais e aplicacións da demografía. Identificar as fontes de datos que posibilitan a elaboración de indicadores sanitarios A77
B24
B25
B26
B27
B35
C11
C16
Adquirir y aplicar los conocimientos teóricos y prácticos implicados en los aspectos psicológicos sociales intervinientes en la relación terapeuta-paciente y conocer los aspectos psicológicos del dolor A79
Colaborar con los profesionales sanitarios específicamente formados en la materia, en la adaptación y uso de prótesis y ayudas técnicas necesarias, según las condiciones físicas, psicológicas y sociales de los pacientes B32
CG10 - Identificar que o exercicio da profesión está asentado no respecto á autonomía do paciente, ás súas crenzas, cultura, determinantes xenéticos, demográficos e socioeconómicos, aplicando os principios de xustiza social e comprendendo as implicacións éticas nun contexto mundial en transformación B37

Contidos
Temas Subtemas
Concepto Psicoloxía. Procesos psicolóxicos básicos
A ciencia da Psicoloxía. Percepción. Atención. Memoria. Aprendizaxe.
Motivación e emoción.
Personalidade e conducta saudable.
Psicoloxía social Introducción á Psicoloxía Social.
Individuo e sociedade. O comportamento de grupo. Procesos de socialización.
O pensamento social: A influencia social e as relacións sociais.
Factores psicosociais da enfermidade humana O estrés e a sua influencia na saúde.
Estratexias de afrontamento.
O apoio social e a súa influencia na saúde.

Relación e comunicación persoal sanitario-paciente Principios de comunicación.
Estilos de comunicación interpersonal.
Comportamento non verbal
A entrevista sanitario-paciente
Saúde e enfermidade Concepto de saúde e enfermidade.
A saúde e os seus determinantes
Principais problemas de Saúde Pública.
Funcións da Saúde Pública.
Educación para a saúde Educación sanitaria.
Promoción da saúde.
Organización sanitaria Servizos de Saúde Pública no Sistema Sanitario Español e Galego.
Marco Normativo
Indicadores de Saúde Fontes de datos e sistemas de información.
Demografía sanitaria e Saúde Pública.
Demografía estática e dinámica.
Axuste de taxas.
Indicadores de saúde.
Desigualdades en saúde Xénero e saúde
Discapacidade e saúde
Cultura e saúde

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A77 A79 B24 B25 B27 B32 B34 B35 B36 B37 B38 B39 C14 C15 C16 40 28 68
Estudo de casos A79 A80 B39 C14 C15 5 5 10
Discusión dirixida A79 A80 B38 C14 C15 5 5 10
Traballos tutelados A77 A79 A80 B25 B26 B39 C16 0 10 10
Obradoiro A79 B37 C11 C14 C15 5 7.5 12.5
Prácticas a través de TIC B25 B26 B27 C11 C15 5 10 15
Solución de problemas B25 B26 B27 B36 C11 0 5 5
Análise de fontes documentais B24 B25 B26 C14 C15 C16 0 2.5 2.5
Presentación oral B24 B25 B26 B35 0 5 5
Proba obxectiva A77 B24 B25 B26 B27 B34 B35 B36 B37 B38 B39 C11 C14 C15 C16 0 10 10
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. Expoñeranse os principais conceptos de Psicoloxía e Saúde Pública facilitando a documentación adicional e indicando a fontes bibliográficas onde o estudante poderá completar a adquisición dos devanditos coñecementos.
Estudo de casos Presentaranse situación prácticas relacionadas cos contidos de Psicoloxía da asignatura
Discusión dirixida En este tipo de actividad, partiendo de los textos y de las explicaciones docentes, se animará al alumnado a participar por medio de preguntas ou temas de debate.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Obradoiro Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden
combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución
de problemas, prácticas guiadas, etc) a través da que o alumnado desenvolve tarefas
eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do
profesorado
Prácticas a través de TIC Realizaranse supostos prácticos con datos que serán analizados en computador por medio de software bioestatístico. Grazas a esta metodoloxía o estudante aplicará e poñerán en práctica os coñecementos adquiridos, facilitando a aprendizaxe e o desenvolvemento de habilidades por parte do alumnado.
Solución de problemas Con axuda de software o estudante realizará supostos propostos polo profesor e resolverá problemas concretos a partir dos coñecementos adquiridos nas sesións maxistrais. Trátase dunha metodoloxía que permite avaliar as competencias do estudante á hora de aplicar e poñer en práctica os coñecementos adquiridos.
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.
Presentación oral Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
Proba obxectiva Proba de preguntas tipo test. Plantexaranse dúas probas independentes para o bloque de contidos de Psicoloxía e de Saúde Pública

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas a través de TIC
Análise de fontes documentais
Estudo de casos
Discusión dirixida
Traballos tutelados
Descrición
Utilizaranse as seguintes ferramentas na atención personalizada ó alumnado:

- Correo electrónico: De uso para facer consultas e solicitar tutorías presenciais ou virtuais.
- Moodle: Disporase de foros para formular as consultas necesarias sobre os contidos da materia. Utilizarase para a entrega e comentarios de retroalimentación aos traballos que se soliciten no desenvolvemento da materia.
- Teams: empregarase para tutorías virtuais de xeito individual ou grupal para a resolución das dudas relacionadas cos contidos da materia e a elaboración das tarefas propostas

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas B25 B26 B27 B36 C11 Propoñeranse casos e exercicios que serán desenvoltos polos estudantes. 12.5
Presentación oral B24 B25 B26 B35 O Traballo tutelado deberá ser presentado de forma sincrona ou asíncrona dependendo das características do alumnado 7
Estudo de casos A79 A80 B39 C14 C15 Presentación de situacións prácticas, e información que axude a desenrolar e a asimilar os contidos da materia 21
Traballos tutelados A77 A79 A80 B25 B26 B39 C16 Proporase unha temática ao inicio do cuatrimestre para realizar un traballo de curso 14
Obradoiro A79 B37 C11 C14 C15 Valorarase a participación nos obradoiros que se desenvolvan en relación cos contidos de Desigualdades en Saúde 5
Proba obxectiva A77 B24 B25 B26 B27 B34 B35 B36 B37 B38 B39 C11 C14 C15 C16 Proba tipo test sobre os contidos da asignatura. Realizaranse dúas probas independentes sobre os contidos dos bloques de Psicoloxía e Saúde Pública 40.5
 
Observacións avaliación

As diferentes partes da materia serán cualificadas de forma independente, obtendo en cada unha delas unha puntuación entre 0 e 10 puntos.

Para superar a materia é necesario superar tanto a parte de Psicoloxía como a de Saúde Pública, de acordo cos criterios establecidos polo/a profesor/a correspondente, así como ter participado nos obradoiros relativos ós contidos de Desigualdades en Saúde (Enfermería).

No caso de que non se supere unha das partes na 1ª oportunidade, a nota máxima que figurará será de 4, e para a 2ª oportunidade manterase aprobada a/as parte/s que se teña/n superada/as na 1ª oportunidade dentro da mesma convocatoria.

A cualificación final calcularase tendo presente o número de créditos de cada unha das partes da materia. Por tanto, a nota final será a media ponderada calculada coa fórmula:

Nota final = 0,7 * Nota Psicoloxía + 0,25 * Nota Saúde Pública + 0,05 * Nota Desigualdades Saúde

Por limitacións da plataforma, o contido deste apartado é orientativo. Nos primeiros días de clase cada profesor/a comentará cómo se realizará a avaliación da súa parte.

MATRÍCULA DE HONRA

Poderán optar á calificación de Matrícula de Honra aqueles/as alumnos/as coas calificacións máis elevadas que obteñan unha nota final por encima de 9

NON PRESENTADO

A cualificación de Non Presentado corresponderá ao alumno/a que non se presente ás probas de avaliación esixidas nalgunha das tres partes das que consta a materia.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA AS UNIDADES DIDÁCTICAS DE SAÚDE PÚBLICA

Proba mixta: Realizarase unha proba obxectiva na data oficial do exame da materia. A proba constará de preguntas tipo test relacionadas cos contidos teóricos, as lecturas propostas e os problemas expostos no desenvolvemento da materia. Puntuará sobre un mínimo de 0 e un máximo de 10. O resultado desta proba representará o 50% da cualificación global desta parte da materia.

Solución de problemas: formulación aos alumnos de casos prácticos que deben resolver facendo uso dos coñecementos teóricos que se traballan na materia, e cuxa entrega será puntuable nos casos nos que así se indique. Todos os traballos puntuaranse sobre un mínimo de 0 e un máximo de 10. A cualificación media destes traballos representará o 50% da cualificación global desta parte da materia.

A cualificación final desta parte da materia calcularase de acordo coas porcentaxes anteriores. A puntuación mínima para superar esta parte da asignatura será de 5 puntos.

A metodoloxía de avaliación descrita é obrigatoria para os/ as alumnos/ as de matrícula ordinaria en primeira e segunda oportunidade.

En segunda e sucesivas matrículas non computarán as calificacións dos cursos anteriores.

Segunda oportunidade (e sucesivas), oportunidade adiantada: Os/ as alumnos/ as de segunda oportunidade ou oportunidade adiantada poderán elixir o sistema de avaliación descrito para a primeira oportunidade (sempre que entregasen en prazo as actividades académicas deseñadas para ese curso académico) ou a avaliación mediante un exame único que representará o 100% da nota final desta parte da materia. 

Matrícula parcial: Os/ as alumnos/ as de matrícula parcial deberán poñerse en contacto coa profesora desta parte da materia ao comezo do curso. Os/ as alumnos/ as con matrícula a tempo parcial poden acollerse a este último sistema de avaliación (avaliación mediante un exame único que representará o 100% da nota final desta parte da materia) tanto en primeira como en segunda oportunidade e en caso de oportunidade adiantada. 

CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA AS UNIDADES DIDÁCTICAS DE PSICOLOXÍA

A cualificación final da parte da materia que corresponde a contidos de Psicoloxía calcularase segundo as seguintes porcentaxes:

Estudios de casos -> 30%

Traballos tutelados -> 20% 

Presentación oral -> 10% 

Proba test -> 40%

 

CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA AS UNIDADES DIDÁCTICAS DE DESIGUALDADES EN SAÚDE

A cualificación desta parte da materia corresponderá á participación nos obradoiros que se realizarán sobre os contidos desenvolvidos.

Para axudar a conseguir unha contornainmediata sustentable e cumprir o obxectivo estratéxico 9 do "I Plan deSustentabilidade Medio-Ambiental Green Campus FCS", os traballos que se realicen nesta materia solicitaranse en formato virtual e soporte informático. De realizarse en papel:

a.- Non se empregarán plásticos.

b.- Realizaranse impresións a dobre cara.

c.- Empregarase papel reciclado.

d.- Evitarase a impresión de borradores, moiespecialmente en cor.



Fontes de información
Bibliografía básica http://www.fisterra.com/formacion/metodologia-investigacion/ (). .
López Pérez, R. (2016). Comportamiento no verbal. Madrid: Pirámide
Cuesta, U. (2012). Comunicación y salud. Madrid: Fragua
Ekman, P (2015). El rostro de las emociones: cómo leer las expresiones faciales. Barcelona. RBA
Llaneza, J (2009). Ergonomía y Psicosociología Aplicada. Valladolid: Lex Nova
Delgado Losada, M.L. (2015). Fundamentos de Psicología para Ciencias Sociales y de la Salud . Madrid: Panamericana
Merayo, A.,Bravo, E., Gordón, F. (2014). La comunicación con el paciente.Habilidades emocionales para los profesionales de la salud. Barcelona: Elsevier
Ildefonso Hernández-Aguado y Blanca Lumbreras Lacarra (2018). Manual de Epidemiología y Salud Pública para Grados en Ciencias de la Salud. Ed Panamericana
Caballo, V. (2015). Manual de evaluación y entrenamiento en habilidades sociales. Madrid. Siglo XXI
Amigo Vázquez, I. (2017). Manual de Psicología de la Salud. Madrid: Pirámide
Piedrola Gil (2015). Medicina preventiva y salud pública 12ª edición. Elsevier-Masson
Argimón Pallás JM, Jiménez Villa J (1999). Métodos de investigación clínica y epidemiológica 2ª ed. HARCOURT
Kanheman, D. (2013). Pensar rápido, pensar despacio. Barcelona. Penguin Randon House
Castanyer, O. (2010). Por qué no logro ser asertivo. Bilbao. Desclée Brouwer
Sanjuan, P. y Rueda, B (2014). Promoción y prevención de la salud desde la psicología.. Madrid: Síntesis
Barón, A. Y Byrne, D. (2005). Psicología Social. Madrid. Prentice Hall
Rodríguez Marín, J. (2014). Psicología Social de la Salud. Madrid: Síntesis
León Rubio, J. M. (2013). Psicología Social de la Salud: Fundamentos teóricos y metodológicos.. Madrid: comunicación social ediciones y publicaciones
Martínez Navarro F et al (1997). Salud Pública. MacGraw-Hill-Interamericana

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

RECOMENDACIÓNS POR PARTE DO PROFESORADO DE PSICOLOXÍA:

Recoméndase que os alumnos leven a materia ao día, tanto no que se refire ás clases expositivas como ás interactivas (prácticas). Convén a asistencia ás aulas, a realización de todas as actividades que se planifiquen nestas e a participación nos actos tanto académicos como non académicos, organizados polo docentes que imparten a materia como pola propia Facultade de Enfermería e Podoloxía, sen prexuízo dá asistencia a actos organizados por outras institucións.

En aras a contribuír cun medio ambiente responsable, desde esta materia pretendese contribuír, non utilizando máis que ou papel imprescindible, non caso dos exames e algúns traballos de importancia, todo o demais realizarase por medios telemáticos. Os alumnos adquirirán habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables. 

A materia impartirase baixo un ángulo de xénero, para que ou alumno estea sensibilizado coa igualdade.

ADAPTACIÓN DA PRESENCIALIDADE Á SITUACIÓN EPIDEMIOLÓXICA:

Todas as actividades presenciais realizaranse con asentos preasignados, con máscara, ventilación, non permitindo o consumo de alimentos e bebidas e asegurando que se cumpran as medidas de prevención e hixiene do centro establecidas e publicadas en: https:// udc.es/é/ fep/coronavirus/. No caso de que o grupo de docencia maxistral chegue a superar as indicacións do aforo da aula estableceranse grupos rotativos de docencia híbrida, onde os estudantes que non caiban na aula seguirán esa semana a docencia de forma telemática e á seguinte de forma presencial, sendo outro grupo o que a realice de forma telemática, segundo planificación establecida polo docente da materia.

OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE: 

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostible e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sostible ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol":

A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos, no caso de realizarse en papel: non se empregarán plásticos, realizaranse impresións a dobre cara, empregarase papel reciclado e evitarase a impresión de borradores.

Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural tendo en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais

Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso idóneo, igualitario e proveitoso á vida universitaria.

PLAXIO: Na realización dos traballos da materia, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa orixe e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, será cualificado con suspenso (0,0) na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías