Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Psicoloxía Aplicada e Saúde Código 750G02105
Titulación
Grao en Podoloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Psicoloxía
Coordinación
Pértega Díaz, Sonia
Correo electrónico
s.pertega@udc.es
Profesorado
Escudero Carranza, Valentin
Fernández Basanta, Sara
Muñiz Garcia, Javier
Pértega Díaz, Sonia
Rodriguez Maseda, Emma
Correo electrónico
valentin.escudero@udc.es
sara.fbasanta@udc.es
javier.muniz.garcia@udc.es
s.pertega@udc.es
emma.rodriguez.maseda@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.gal/
Descrición xeral Ao remate do proceso de ensinanza-aprendizaxe da materia de Psicoloxía Aplicada e Saúde o/a alumno/a deberá contar cos coñecimentos de introducción ao estudo do comportamento necesarios que lle capaciten para estabelecer e realizar unha relación axeitada co cliente - pacente, familia e grupo. Igualmente estará capacitado para integrar ditos coñecimentos na prestación de coidados integrais ao cliente-pacente.
Adquirirá unha visión ampla do concepto de saúde e dos principais modelos e sistemas sanitarios, ademais de identificar problemas de saúde da comunidade e coñecer as medidas preventivas máis adecuadas. O alumno coñecerá e saberá aplicar os fundamentos da Demografía como parte fundamental da Epidemioloxía e da Saúde Pública

Competencias do título
Código Competencias do título
A77 CE13 - Coñecer o concepto de saúde e enfermidade, os determinantes da saúde na poboación e analizar os factores que inflúen no fenómeno saúde-enfermidade. Coñecer o concepto de saúde pública e organización sanitaria
A79 CE15 - Adquirir e aplicar os coñecementos teóricos e prácticos implicados nos aspectos psicolóxicos sociais intervintes na relación terapeuta-paciente e coñecer os aspectos psicolóxicos da dor
A80 CE16 - Coñecer os principios do desenvolvemento cognitivo, emocional e psicosocial do ser humano. Psicoloxía social
B24 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B25 CB3 -- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B26 CB4 -Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B27 CB5 -Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B32 CG05 - Colaborar cos profesionais sanitarios especificamente formados na materia, na adaptación e uso de prótese e axudas técnicas necesarias, segundo as condicións físicas, psicolóxicas e sociais dos doentes
B34 CG07 - Coñecer, deseñar e aplicar programas preventivos relacionados coa podoloxía e o fomento da atención podolóxica na poboación
B35 CG08 - Adquirir habilidades de traballo nas contornas educativo e investigador, asistencial-sanitario, así como en equipos uniprofesionais e multiprofesionais. Asesorar na elaboración e execución de políticas de atención e educación sobre temas relacionados coa prevención e asistencia podolóxica
B36 CG09 -Valorar de forma crítica a terminoloxía, ensaios clínicos e metodoloxía utilizados na investigación relacionada coa podoloxía
B37 CG10 - Identificar que o exercicio da profesión está asentado no respecto á autonomía do paciente, ás súas crenzas, cultura, determinantes xenéticos, demográficos e socioeconómicos, aplicando os principios de xustiza social e comprendendo as implicacións éticas nun contexto mundial en transformación
B38 CG11 -Incorporar os principios éticos e legais da profesión na práctica, actuando sempre en base ao cumprimento das obrigacións deontolóxicas, da lexislación vixente e dos criterios de normopraxis, integrando os aspectos sociais e comunitarios na toma de decisións
B39 CG12 -Capacidade para a cooperación, o traballo en equipo e a aprendizaxe colaborativo en contornas interdisciplinares
C11 CT03 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida
C14 CT06 -Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables
C15 CT07 - Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sustentable ambiental, económico, político e social
C16 CT08 - V- Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Introducir ao alumno no estudo do comportamento humano A80
Introducir ao alumno na valoración psicolóxica-social do paciente como elemento de exploración e tratamento A79
B24
B25
B26
B27
B36
B37
Coñecer os aspectos psicolóxicos da dor A79
A80
B38
B39
C15
Coñecer e identificar os aspectos psicolóxicos e sociais que interveñen na relación paciente-terapeuta A79
A80
B24
B25
B26
B35
B38
B39
C14
Comprender os aspectos fundamentais de saúde e enfermidade, os seus determinantes, así como os diferentes niveis de prevención A77
B24
B25
B26
B27
B34
B35
C14
C15
C16
Definir os conceptos básicos de saúde pública. O seu campo de actuación e as funcións que lle son propias A77
B24
B26
B27
B35
C11
C14
C15
C16
Identificar os principais problemas de saúde pública e os principais mecanismos de control que se empregan A77
B24
B26
B27
B34
B35
B36
C11
C14
C15
C16
Coñecer as actividades de protección de saúde, promoción da saúde e prevención da enfermidade A77
B24
B25
B26
B27
B34
B35
B36
C14
C15
C16
Coñecer a organización sanitaria en España e en Galicia. Coñecer o marco normativo fundamental de saúde pública no noso ámbito A77
B26
B34
B35
B37
B38
B39
C14
C15
C16
Coñecer os sistemas de información sanitaria máis relevantes para a sanidade pública A77
B24
B25
B27
B34
B35
B37
B38
B39
C11
C15
C16
Coñecer os conceptos xerais e aplicacións da demografía. Identificar as fontes de datos que posibilitan a elaboración de indicadores sanitarios A77
B24
B25
B26
B27
B35
C11
C16
Adquirir e aplicar os coñecementos teóricos e prácticos implicados nos aspectos psicolóxicos sociais implicados na relación terapeuta-paciente e comprender os aspectos psicolóxicos da dor. A79
Colaborar cos profesionais sanitarios especificamente formados na materia, na adaptación e utilización de próteses e axudas técnicas necesarias, segundo as condicións físicas, psicolóxicas e sociais dos pacientes B32
Identificar que o exercicio da profesión non se basea na autonomía do paciente, senón tamén nas súas crenzas, cultura, determinantes xenéticos, demográficos e socioeconómicos, aplicando os principios de xustiza social e comprendendo as implicacións éticas nun contexto mundial cambiante. B37

Contidos
Temas Subtemas
Concepto Psicoloxía. Procesos psicolóxicos básicos
Principais modelos teóricos na Psicoloxía.
Procesos psicolóxicos desde unha perspectiva aplicada á saúde.
Psicoloxía social Ciclo de vida individual, familiar e social.
A familia como sistema na estrutura social.
Modelos psicosociais de seguridade emocional e apego.
Factores psicosociais da enfermidade humana Saúde, enfermidade a perspectiva da psicoloxía.
Estrés, afrontamiento e resiliencia.
Dor e sufrimento.
Relación e comunicación persoal sanitario-paciente Teoría relacional da comunicación.
A comunicación terapéutica.
O concepto de Alianza Terapéutica.
Modelo SOFTA de alianza de traballo co paciente.
Habilidades para construír alianza co paciente e os seus familiares.
Saúde e enfermidade Concepto de saúde e enfermidade.
A saúde e os seus determinantes
Principais problemas de Saúde Pública.
Funcións da Saúde Pública.
Educación para a saúde Educación sanitaria.
Promoción da saúde.
Organización sanitaria Servizos de Saúde Pública no Sistema Sanitario Español e Galego.
Marco Normativo
Indicadores de Saúde Fontes de datos e sistemas de información.
Demografía sanitaria e Saúde Pública.
Demografía estática e dinámica.
Axuste de taxas.
Indicadores de saúde.
Desigualdades en saúde Xénero e saúde
Discapacidade e saúde
Cultura e saúde

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A77 A79 B24 B25 B27 B32 B34 B35 B36 B37 B38 B39 C14 C15 C16 40 28 68
Estudo de casos A79 A80 B39 C14 C15 5 5 10
Discusión dirixida A79 A80 B38 C14 C15 5 5 10
Traballos tutelados A77 A79 A80 B25 B26 B39 C16 0 15 15
Obradoiro A79 B37 C11 C14 C15 5 7.5 12.5
Prácticas a través de TIC B25 B26 B27 C11 C15 5 10 15
Solución de problemas B25 B26 B27 B36 C11 0 5 5
Análise de fontes documentais B24 B25 B26 C14 C15 C16 0 2.5 2.5
Proba obxectiva A77 B24 B25 B26 B27 B34 B35 B36 B37 B38 B39 C11 C14 C15 C16 0 10 10
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. Expoñeranse os principais conceptos de Psicoloxía e Saúde Pública facilitando a documentación adicional e indicando a fontes bibliográficas onde o estudante poderá completar a adquisición dos devanditos coñecementos.
Estudo de casos Presentaranse situación prácticas relacionadas cos contidos de Psicoloxía da asignatura
Discusión dirixida En este tipo de actividad, partiendo de los textos y de las explicaciones docentes, se animará al alumnado a participar por medio de preguntas ou temas de debate.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Obradoiro Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden
combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución
de problemas, prácticas guiadas, etc) a través da que o alumnado desenvolve tarefas
eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do
profesorado
Prácticas a través de TIC Realizaranse supostos prácticos con datos que serán analizados en computador por medio de software bioestatístico. Grazas a esta metodoloxía o estudante aplicará e poñerán en práctica os coñecementos adquiridos, facilitando a aprendizaxe e o desenvolvemento de habilidades por parte do alumnado.
Solución de problemas Con axuda de software o estudante realizará supostos propostos polo profesor e resolverá problemas concretos a partir dos coñecementos adquiridos nas sesións maxistrais. Trátase dunha metodoloxía que permite avaliar as competencias do estudante á hora de aplicar e poñer en práctica os coñecementos adquiridos.
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.
Proba obxectiva Proba de preguntas tipo test. Plantexaranse dúas probas independentes para o bloque de contidos de Psicoloxía e de Saúde Pública

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas a través de TIC
Análise de fontes documentais
Estudo de casos
Discusión dirixida
Traballos tutelados
Descrición
Utilizaranse as seguintes ferramentas na atención personalizada ó alumnado:

- Correo electrónico: De uso para facer consultas puntuais e solicitar tutorías presenciais ou virtuais.
- Moodle: Disporase de foros para formular as consultas necesarias sobre os contidos da materia. Utilizarase para a entrega e comentarios de retroalimentación aos traballos que se soliciten no desenvolvemento da materia.
- Teams: empregarase para tutorías virtuais de xeito individual ou grupal para a resolución das dudas relacionadas cos contidos da materia e a elaboración das tarefas propostas

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas B25 B26 B27 B36 C11 Propoñeranse casos e exercicios que serán desenvoltos polos estudantes. 15
Estudo de casos A79 A80 B39 C14 C15 Presentación de situacións prácticas, e información que axude a desenrolar e a asimilar os contidos da materia 9
Traballos tutelados A77 A79 A80 B25 B26 B39 C16 Proporase unha temática ao inicio do cuatrimestre para realizar un traballo de curso 9
Obradoiro A79 B37 C11 C14 C15 Valorarase a participación nos obradoiros que se desenvolvan en relación cos contidos de Desigualdades en Saúde 10
Proba obxectiva A77 B24 B25 B26 B27 B34 B35 B36 B37 B38 B39 C11 C14 C15 C16 Proba tipo test sobre os contidos da asignatura. Realizaranse dúas probas independentes sobre os contidos dos bloques de Psicoloxía e Saúde Pública 57
 
Observacións avaliación

A materia PSICOLOXÍA
APLICADA E SAÚDE
consta de 3 BLOQUES:

-      PSICOLOXÍA (4 ECTs)

-      SAÚDE PÚBLICA (1,5 ECTs)

-      DESIGUALDADES EN
SAÚDE
(0,5 ECTs)


AVALIACIÓN EN 1ª OPORTUNIDADE

As diferentes partes da materia serán cualificadas
de forma independente
, obtendo en cada unha delas unha puntuación entre 0 e
10 puntos.

¡¡¡IMPORTANTE!!! Para superar a
materia é necesario superar tanto a parte de Psicoloxía como a de Saúde
Pública
, de acordo cos criterios establecidos polo/a profesor/a
correspondente, así como participar nos obradoiros relativos ós contidos de
Desigualdades en Saúde
.

No caso de que non se supere unha das partes, a nota que
figurará na acta será a cualificación obtida tras a ponderación de cada
parte, si esta é inferior a 5 puntos; en outro caso a nota que figurará
será de 4.

A cualificación final da materia calcularase ponderando
a cualificación obtida en cada unha das tres partes, segundo as seguintes
porcentaxes:

Nota final = 0,6 x Nota
Psicoloxía + 0,3 x Nota Saúde Pública + 0,1 x Nota Desigualdades Saúde

Por limitacións da plataforma, o contido deste
apartado é orientativo. Nos primeiros días de clase cada profesor/a comentará como
se realizará a avaliación de cada parte parte.

 

Criterios de avaliación para as unidades didácticas de
Psicoloxía

A cualificación final da parte da materia que
corresponde a contidos de Psicoloxía calcularase segundo as seguintes
porcentaxes:

Proba test (70%): Para superar o bloque
de Psicoloxía, será imprescindible superar o test, cun mínimo de 5 puntos sobre
10.

Estudios de casos
(15%)

Traballos tutelados
(15%)

 

Criterios de avaliación para as unidades didácticas de
Saúde Pública

A cualificación deste bloque calcularase segundo as
seguintes porcentaxes:

Proba test (50%): Realizarase unha
proba obxectiva na data oficial do exame da materia. A proba constará de
preguntas tipo test relacionadas cos contidos teóricos, as lecturas propostas e
os problemas expostos no desenvolvemento da materia.

-  Solución de problemas
(50%):
formulación aos alumnos de casos prácticos que deben
resolver facendo uso dos coñecementos teóricos que se traballan na materia, e
cuxa entrega será puntuable nos casos nos que así se indique.

A puntuación mínima
para superar esta parte da materia será de 5 puntos, sendo imprescindible obter
4 puntos ou máis na proba test.

 

Criterios de avaliación para as unidades didácticas de
Desigualdades en Saúde

A cualificación desta parte da materia corresponderá á
participación nos obradoiros que se realizarán sobre os contidos desenvolvidos.

 

2ª OPORTUNIDADE

O sistema de avaliación descrito será o mesmo en 1ª e 2ª oportunidade. Na
2ª oportunidade manteranse aprobadas as partes que se teñan superadas na 1ª
oportunidade dentro da mesma convocatoria.

Para o bloque de Saúde Pública, as/os alumnas/os
de segunda oportunidade poderán elixir o sistema de avaliación descrito para a
primeira oportunidade (sempre que entregasen en prazo as actividades académicas
deseñadas para ese curso académico) ou a avaliación mediante un exame único que
representará o 100% da nota final desta parte da materia.

 

2ª MATRÍCULA E SUCESIVAS

En segunda e sucesivas matrículas non computarán as
cualificacións dos cursos anteriores
. O sistema de avaliación descrito
será o mesmo que para a estudantes de 1ª convocatoria.

 

MATRÍCULA DE HONRA

Poderán optar á cualificación de Matrícula de Honra
aqueles/as alumnos/as coas cualificacións máis elevadas que obteñan unha nota
final por encima de 9. Os docentes da materia poderán considerar criterios adicionais
en caso de igualdade de condicións e habendo máis aspirantes que matrículas.

 

NON PRESENTADO

A cualificación de Non Presentado corresponderá ao estudante que non se
presente a ningunha das probas test programadas na parte de Psicoloxía ou na
parte de Saúde Pública.

 

MATRÍCULA PARCIAL OU DISPENSA ACADÉMICA

As/os/ alumnas/os de matrícula parcial ou dispensa
académica de asistencia deberán poñerse en contacto cos docentes responsables
da materia ao comezo do curso. O sistema de avaliación será o mesmo que o
descrito anteriormente.

 

OPORTUNIDADE ADIANTADA

Os/As alumnos/as deberán
examinarse por escrito a través dun exame que se corresponderá coas datas
oficiais aprobadas en Xunta de Facultade



FRAUDE

A realización fraudulenta dás
probas ou actividades de avaliación continua, unha vez comprobada, implicará
directamente a cualificación de suspenso "0" en dita proba ou
actividade na oportunidade correspondente, invalidando a súa cualificación
tamén para oportunidades sucesivas

 

SICUE, ERASMUS e BILATERAL

O alumnado nesta situación deberá poñerse en contacto cos
docentes ao comezo das distintas partes da materia. Deberán realizar a
avaliación continua no tempo e forma que se lles solicite para ser avaliados. O
sistema de avaliación é igual ao descrito en matrícula ordinaria.


Fontes de información
Bibliografía básica http://www.fisterra.com/formacion/metodologia-investigacion/ (). .
López Pérez, R. (2016). Comportamiento no verbal. Madrid: Pirámide
Cuesta, U. (2012). Comunicación y salud. Madrid: Fragua
Ekman, P (2015). El rostro de las emociones: cómo leer las expresiones faciales. Barcelona. RBA
Llaneza, J (2009). Ergonomía y Psicosociología Aplicada. Valladolid: Lex Nova
Delgado Losada, M.L. (2015). Fundamentos de Psicología para Ciencias Sociales y de la Salud . Madrid: Panamericana
Merayo, A.,Bravo, E., Gordón, F. (2014). La comunicación con el paciente.Habilidades emocionales para los profesionales de la salud. Barcelona: Elsevier
Ildefonso Hernández-Aguado y Blanca Lumbreras Lacarra (2018). Manual de Epidemiología y Salud Pública para Grados en Ciencias de la Salud. Ed Panamericana
Caballo, V. (2015). Manual de evaluación y entrenamiento en habilidades sociales. Madrid. Siglo XXI
Amigo Vázquez, I. (2017). Manual de Psicología de la Salud. Madrid: Pirámide
Piedrola Gil (2015). Medicina preventiva y salud pública 12ª edición. Elsevier-Masson
Argimón Pallás JM, Jiménez Villa J (1999). Métodos de investigación clínica y epidemiológica 2ª ed. HARCOURT
Kanheman, D. (2013). Pensar rápido, pensar despacio. Barcelona. Penguin Randon House
Castanyer, O. (2010). Por qué no logro ser asertivo. Bilbao. Desclée Brouwer
Sanjuan, P. y Rueda, B (2014). Promoción y prevención de la salud desde la psicología.. Madrid: Síntesis
Barón, A. Y Byrne, D. (2005). Psicología Social. Madrid. Prentice Hall
Rodríguez Marín, J. (2014). Psicología Social de la Salud. Madrid: Síntesis
León Rubio, J. M. (2013). Psicología Social de la Salud: Fundamentos teóricos y metodológicos.. Madrid: comunicación social ediciones y publicaciones
Martínez Navarro F et al (1997). Salud Pública. MacGraw-Hill-Interamericana

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

RECOMENDACIÓN DE IGUALDADE DE XÉNERO E NON-DISCRIMINACIÓN: Atendendo ás distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria nesta materia terase en conta a perspectiva de xénero, velando pola non utilización dunha linguaxe sexista na aula, nos documentos desenvolvidos na materia e nas actividades docentes realizadas co alumnado.

  • Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas dentro da aula, influíndo no contorno para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
  • Prestarase especial atención en detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.
  • Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso idóneo, igualitario e proveitoso á vida universitaria.

OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SUSTENIBLE: Para axudar a conseguir un contorno inmediato sustenble e cumprir co obxectivo da acción número 5: "Docencia e investigación saudable e sustenble ambiental e social" do "Plan de Acción Green Campus Ferrol":

  • A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos, no caso de realizarse en papel: non se empregarán plásticos, realizaranse impresións a dobre cara, empregarase papel reciclado e evitarase a impresión de borradores.
  • Débese facer un uso sustenible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural tendo en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustenbilidade nos comportamentos persoais e profesionais.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías