Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Microbioloxía e parasitoloxía Código 750G02107
Titulación
Grao en Podoloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
Coronado Carvajal, Carmen
Correo electrónico
carmen.coronado@udc.es
Profesorado
Coronado Carvajal, Carmen
Correo electrónico
carmen.coronado@udc.es
Web http://moodle.udc.es
Descrición xeral No exercicio profesional da Podoloxía preséntanse como imprescindibles a práctica do control sobre o crecemento microbiano e o coñecemento das enfermidades infecciosas podolóxicas. Nesta materia perséguese que o alumno poida:
1.- Adquirir os coñecementos científicos e técnicos fundamentais en Microbioloxía e Parasitoloxía.
2.- Coñecer a relación parásito-hospedador durante a infección.
3.- Comprender a importancia de microorganismos (bacterias, virus e fungos) e parásitos na produción de enfermidades, a presenza ambiental daqueles que son importantes en Podoloxía, e a súa implicación nas técnicas de prevención da infección hospitalaria.
4.- Integrar estes coñecementos no campo profesional da Podoloxía.

Competencias do título
Código Competencias do título
A73 CE9 - Conocer y comprender la morfología y fisiología de los microorganismos, así como los mecanismos de la infección e inmunidad, la inmunoprofilaxis, los fundamentos del control del crecimiento microbiano y los aspectos básicos de diagnóstico microbiológico, micología clínica, parasitología ambiental y microbiología ambiental
A74 CE10 - Conocer los microorganismos más frecuentes en las patologías del pie
B23 CB1 - Que los estudiantes hayan demostrado poseer y comprender conocimientos en un área de estudio que parte de la base de la educación secundaria general, y se suele encontrar a un nivel que, si bien se apoya en libros de texto avanzados, incluye también algunos aspectos que implican conocimientos procedentes de la vanguardia de su campo de estudio
B29 CG02 - Conocer la estructura y función del cuerpo humano en especial de la extremidad inferior, semiología, mecanismos, causas y manifestaciones generales de la enfermedad y métodos de diagnóstico de los procesos patológicos médicos y quirúrgicos, interrelacionando la patología general con la patología del pie.
B39 CG12 - Capacidad para la cooperación, el trabajo en equipo y el aprendizaje colaborativo en entornos interdisciplinares
C9 CT01 - Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, en las lenguas oficiales de la comunidad autónoma
C11 CT03 - Utilizar las herramientas básicas de las tecnologías de la información y las comunicaciones (TIC) necesarias para el ejercicio de su profesión y para el aprendizaje a lo largo de su vida
C12 CT04 - Desarrollar el ejercicio de una ciudadanía respetuosa con la cultura democrática, los derechos humanos y la perspectiva de género
C14 CT06 - Adquirir habilidades para la vida y hábitos, rutinas y estilos de vida saludables

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer os conceptos básicos da Microbioloxía. Coñecer a morfoloxía e fisioloxía dos microorganismos. Coñecer a xenética bacteriana. A73
B23
C9
C11
C12
C14
Coñecer Infección, Inmunoloxía, Inmunidade natural e adquirida, Inmunoprofilaxis. Comprender os mecanismos mediante os cales os microorganismos causan infección e coñecer os mecanismos de defensa do hospedador ou sistemas de inmunidade. A73
B23
C9
C11
C12
C14
Coñecer os microorganismos máis frecuentes nas patoloxías do pé. Coñecer os mecanismos da patogenicidad viral. Micoloxía. Sinalar as enfermidades infecciosas bacterianas, víricas e fúngicas máis comúns. Coñecer os seus axentes etiológicos, epidemiología, sintomatología, tratamento e prevención. A74
B23
B29
C9
C11
C12
C14
Coñecer os aspectos fundamentais da parasitoloxía sanitaria. Sinalar as parasitosis máis comúns. Coñecer os seus axentes etiolóxicos, epidemioloxía, sintomatoloxía, tratamento e prevención. A74
B23
B29
C9
C11
C12
C14
Coñecer a Microbioloxía ambiental e o diagnóstico microbiolóxico. Comprender os principios da Microbioloxía ambiental, incidindo especialmente na auga e a terra como hábitats máis relevantes en Podoloxía. Identificar a necesidade do diagnóstico microbiolóxico e a súa utilidade. A73
B23
B29
C9
C11
C12
C14
Coñecer os fundamentos microbiolóxicos para a prevención da infección. Comprender os principios da esterilización, a desinfección e a antibioterapia e quimioterapia antibacteriana. A73
B23
B39
C9
C11
C12
C14

Contidos
Temas Subtemas
Bloque temático I. MICROBIOLOXÍA E PARASITOLOXÍA
Tema 1.- Introducción á Microbioloxía e á Parasitoloxía
Bloque temático II. MORFOLOXÍA E FISIOLOXÍA DOS MICROORGANISMOS
Tema 2.- Estructura microbiana
Tema 3.- Fisioloxía bacteriana
Tema 4.- Xenética bacteriana
Bloque temático III. CONTROL DO CRECEMENTO MICROBIANO
Tema 5.- Axentes físicos y químicos
Tema 6.- Antimicrobianos
Bloque temático IV. MECANISMOS DE INFECCIÓN E RESISTENCIA
Tema 7.- Microorganismos e enfermidade
Tema 8.- Inmunidad á infección
Bloque temático V. DIAGNÓSTICO MICROBIOLÓXICO
Tema 9.- Diagnóstico microbiolóxico
Bloque temático VI. BACTERIOLOXÍA
Tema 10.- Cocos gram positivos: Xénero Staphylococcus
Tema 11.- Cocos gram positivos: Xénero Streptococcus
Tema 12.- Enterobacterias
Tema 13.- Bacilos gram negativos non fermentadores
Tema 14.- Bacterias anaerobias de interese podolóxico
Tema 15.- Xénero Corynebacterium e outros bacilos gram positivos
Tema 16.- Xénero Mycobacterium
Bloque temático VII. VIROLOXÍA
Tema 17.- Os virus. Metodoloxía e características xerais
Tema 18.- Virus de interese clínico
Bloque temático VIII. MICOLOXÍA
Tema 19.- Micoloxía xeral
Tema 20.- Micosis superficiais e cutáneas
Tema 21.- Micosis subcutáneas e sistémicas
Tema 22.- Fungos oportunistas
Bloque temático IX. PARASITOLOXÍA
Tema 23.- Parasitoloxía. Xeralidades
Tema 24.- Protozoos
Tema 25.- Helmintos
Tema 26.- Artrópodos
Bloque temático X. MICROBIOLOXÍA AMBIENTAL
Tema 27.- Os microorganismos na natureza
Tema 28.- Microbioloxía da auga
Tema 29.- Microbioloxía do solo

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba mixta A74 A73 B23 B29 C9 C11 C12 C14 2 16 18
Sesión maxistral A74 A73 B23 B29 C9 C11 C12 C14 43 53.75 96.75
Traballos tutelados A73 B23 B39 C9 C11 C12 C14 2 14 16
Saídas de campo A74 A73 B23 C9 C11 C12 C14 3 2 5
Prácticas de laboratorio A74 A73 B23 C9 C11 C12 C14 6 6 12
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba mixta Realizarase un exame que inclúe 10 preguntas curtas de ensaio e 30 preguntas de tipo test con catro posibilidades e resposta única. Nesta proba incluiranse unha pregunta curta e dúas preguntas tipo test relativas ao traballo tutelado.
Sesión maxistral A maior parte dos contidos desta materia desenvolveranse mediante leccións maxistrais participativas con apoio importante de imaxes e vídeo. Periodicamente realizaranse controis de asistencia a clase.
Traballos tutelados Realizarase un traballo colaborativo, obrigatorio para superar a materia en Primeira oportunidade, en grupos preferiblemente de seis integrantess. Consistirá nun traballo de síntese de información sobre coñecemento científico relativo ao control do crecemento dos microorganismos como base para a aplicación na práctica podológica da política de antisepsia e desinfección no ambiente clínico. A data de entrega do traballo será única a final do período de clases, anunciarase no Campus Virtual da UDC, e de acordo co calendario de exames e a normativa vixente fixarase para uns 15 días antes da data de comezo do periodo de exames da Primeira oportunidade.
Saídas de campo Realizaranse visitas programadas a centros de interese para o contido da materia.
Prácticas de laboratorio Realizaranse unhas prácticas dedicadas a introducir ao alumnado no manexo do microscopio óptico para observar preparacións comerciais de mostras biolóxicas relativas ao contido da materia. Realizarase unha práctica de sementeira e cultivo microbiano dirixida a demostrar os beneficios do lavado de mans.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Saídas de campo
Descrición
A atención personalizada que se describe en relación a estas metodoloxías concíbese como momentos de traballo presencial co profesor, polo que implican unha participación obrigatoria para o alumnado.
A forma e momento en que se desenvolverá a atención personalizada correspondente a cada actividade, indicarase ao longo do curso segundo o plan de traballo da materia e publicarase no campus virtual.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A74 A73 B23 B29 C9 C11 C12 C14 As preguntas de ensaio puntúanse entre 0 e 1 e supoñen o 50% da nota da proba. As preguntas obxectivas de resposta única constitúen o outro 50% da nota. Tres preguntas non acertadas (ou fracción) restan unha acertada. Para poder facer a suma debe obterse en cada parte polo menos 15% da calificación total da proba. Para poder aprobar a materia a nota da proba debe ser igual ou superior a 4 puntos. O alumnado que non se presente a esta proba final na data oficial do centro obterá a cualificación de Non Presentado. 65
Sesión maxistral A74 A73 B23 B29 C9 C11 C12 C14 A asistencia ás sesións maxistrais cualificarase con 0; 0,5 ou 1 punto en función de que se obteña a presenza na maior parte dos controis periódicos que se realicen ao longo do curso.
Entre o 70 e o 100% da asistencia = 1 pt
Entre o 50 e o 70% da asistencia = 0,5 pt
Menos do 50% = 0 pt
10
Traballos tutelados A73 B23 B39 C9 C11 C12 C14 A presentación do traballo tutelado é obrigatoria en Primeira Oportunidade. Na cualificación do traballo considerarase: Comprensión do tema tratado, rigor científico, capacidade de síntese e de crítica e adecuación da bibliografía consultada.
Ante situacións de plaxio aplicarase o que se recolle na normativa da UDC.
15
Saídas de campo A74 A73 B23 C9 C11 C12 C14 A asistencia a esta actividade e a entrega da memoria resumen da saída valórase con 0,5 puntos. Se non poidese realizarse a saída, as prácticas de laboratorio cualificaríanse como o 10% da nota final. 5
Prácticas de laboratorio A74 A73 B23 C9 C11 C12 C14 Avaliarase o traballo práctico realizado no proceso de aprendizaxe e o aproveitamento da observación en relación cos contidos da materia, que se plasmará na elaboración dun caderno de laboratorio. A realización de todas as sesións prácticas e a presentación do caderno correspondente é obrigatoria e contribuirá sumando 0,5 puntos. 5
 
Observacións avaliación

A avaliación descrita (ITINERARIO ORDINARIO) é obrigatoria para todos o alumnado con matrícula ordinaria na Primeira oportunidade (xuño). Para a Segunda oportunidade (xullo) e na Oportunidade adiantada de avaliación (decembro, ITINERARIO ADIANTADA), o alumnado pode elixir o sistema de avaliación descrito para a primeira oportunidade (sempre que entregase en prazo as actividades académicas deseñadas para o curso) ou a avaliación mediante un exame único que achegue o 100% da nota final (ITINERARIO FINAL), indicándoo por escrito na proba mixta o día da data oficial para a realización do exame. O alumnado con matrícula a tempo parcial pode acollerse a este último sistema de avaliación (avaliación mediante un exame único que achegue o 100% da nota final) tanto en Primeira como en Segunda oportunidade (ITINERARIO TEMPO PARCIAL) e adiantada (ITINERARIO ADIANTADA). O alumnado con matrícula a tempo parcial que teña concedida dispensa académica de asistencia a clase pode acollerse tamén ao
sistema de avaliación ITINERARIO TEMPO PARCIAL DISPENSA en todas as oportunidades.

Avaliación ITINERARIO ORDINARIO (aplicable en Primeira e Segunda oportunidade):
1.- Traballo tutelado 15%
2.- Proba mixta con nota superior a 4 puntos 65%
3.- Sesións maxistrais 10%
4.- Prácticas de laboratorio 5%
5.- Saída de campo 5%

Avaliación ITINERARIO FINAL, ITINERARIO TEMPO PARCIAL e ITINERARIO ADIANTADA (aplicable só en Segunda e Oportunidade adiantada para alumnado con matrícula ordinaria e en Primeira, Segunda e Oportunidade adiantada para alumnado con matrícula a tempo parcial):
1.- Proba mixta 100%

Avaliación ITINERARIO TEMPO PARCIAL DISPENSA (aplicable en Primeira, Segunda oportunidade e adiantada):
1.- Traballo tutelado 15%
2.- Proba mixta con nota superior a 4 puntos 75%
3.- Prácticas de laboratorio 5%
4.- Saída de campo 5%

A avaliación en segunda e posteriores matrículas do alumnado será a mesma que para primeira matrícula, coa excepción de que se conservará durante dous cursos académicos a porcentaxe da nota final obtida pola avaliación das Prácticas de laboratorio e Saída de campo


Fontes de información
Bibliografía básica Madigan, M.T., Martinko, J.M., Bender, K., Buckley, D. y Stahl, D. (2015). Brock Biología de los microorganismos. Décimo cuarta edición. Prentice Hall
Willey, J.M., Sherwood, L.M. y Woolverton, C.J. (2009). Microbiología de Prescott, Harley y Klein. Séptima edición. Mc Graw Hill Interamericana
Willey, J.M., Sherwood, L., Woolverton, C.J., Prescott, L. M. (2015). Prescott's microbiology. Tenth edition. McGraw Hill

Bibliografía complementaria Larone, H.D. (2011). Medically Important Fungi: A Guide to Identification. 5th edition.. ASM Press
de la Rosa, M., Prieto, J., Navarro, J.M. (2011). Microbiología en ciencias de la salud. Tercera edición. Elsevier España
Martín, A., Béjar, V., Gutiérrez, J.C., Llagostera, M. y Quesada, E. (2019). Microbiología Esencial . Ed. Médica Panamericana
Murray, P.R., Rosenthal, K.S., Pfaller, M.A. (2017). Microbiología médica. Octava edición.. Elsevier
Pumarola, A., Rodríguez-Torres, A., García Rodríguez, J.A. y Piédrola-Angulo, G. (1994). Microbiología y Parasitología Médica. Segunda Edición. Ed. Salvat
Bauman, R.W. (2018). Microbiology wth diseases by body system. Fifth Edition. Pearson Education
Becerril Flores, M.A. (2014). Parasitología Médica. Cuarta edición.. McGraw Hill
Joklik, W.K., Willet, H.P. y Amos, D.B. (1994). Zinsser Microbiología. Vigésima Edición. Editorial Panamericana
Tortora, G.J., Berdell, R., Funke, B.R. y Case, C.L. (2017). “Introducción a la Microbiología”. Duodécima edición. Editorial Médica Panamericana
Ingraham, J.L. e Ingraham, C.A. (2004). “Introducción a la Microbiología”. Volumen I y Volumen II. Ed. Reverté


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Fisioloxía Humana/750G02101
Bases Biolóxicas e Físicas do Movemento Humano/750G02106

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Conceptos Xerais de Cirurxía/750G02127

Materias que continúan o temario
Quiropodoloxía 1/750G02125
Quiropodoloxía 2/750G02126
Patoloxía Xeral Aplicada en Podoloxía /750G02102

Observacións
Recoméndase ao alumno superar esta materia durante o primeiro curso por tratarse dunha materia básica para a adquisición de coñecementos en materias que se cursarán posteriormente.
Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol":
1.- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos
2.- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural
3.- Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais
4.- Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas…)
5.- Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade
6. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas
7. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías