Identifying Data 2021/22
Subject (*) Biomechanics of the Lower Limb Code 750G02111
Study programme
Grao en Podoloxía
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 1st four-month period
Second Obligatory 6
Language
Spanish
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Coordinador
Raposo Vidal, Isabel
E-mail
isabel.raposo.vidal@udc.es
Lecturers
Pose Gontad, Alba
Raposo Vidal, Isabel
E-mail
alba.poseg@udc.es
isabel.raposo.vidal@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.gal/
General description A materia de Biomecanica do Membro Inferior supón o coñecemento dos fundamentos da cinemática e cinética do membro inferior tanto analíticamente como na sua globalidade funcional. A través da biomecánica descriptiva e aplicada a sistemas de rexistro, o alumno desarrollará por un lado a descripción do movemento en términos de desplazamento, recorridos angulares e factores estabilizadores do mesmo; así como as forzas responsables dos devanditos sistemas estáticos e/ou dinámicos.
Contingency plan No caso de alumno/a aislado/a (positivo, contacto directo ou pendiente de proba de cribado) que non poida acudir ó Centro daráselle a oportunidade de conectarse vía Teams ás clases de grupo grande e mediano (leccion maxistral e clase interactiva). No caso das clases prácticas deberá recuperar esas horas noutras datas factibles de clase práctica (noutros grupos diferentes ó seu). E SE UN GRUPO ESTIVESE AISLADO OU CONFINADO, PODERASE CAMBIAR POR OUTRO GRUPO SEGUNDO O CRITERIO DA PROFESORA.

No peor das situaciones, de peche da actividade presencial, terase en cuenta:
1. Modificacións nos contidos
Non se contemplan cambios nos contidos

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Sesión maxistral: clases expositivas participativas en tempo real a través da ferramenta Microsoft Teams e/ou clases coa presentación audio previas. Se complementan con actividades dirixidas aos estudantes, coa finalidade de facilitar a aprendizaxe e integrar coñecementos.
- Prácticas de laboratorio: poderá realizarse de forma presencial ou virtual dependendo da evolución da pandemia.
- Presentación oral: poderá realizarse de forma presencial ou virtual (ferramenta Microsoft Teams) dependendo da evolución da pandemia.
- Portafolios alumno. Titorizado ou guiado vía presencial ou virtual (Teams) dependendo da evolución da pandemia.
- Análise de fontes documentais. Vía virtual (Teams) ou presencial segundo a evolución da pandemia.

*Metodoloxías docentes que se modifican
-Prácticas de laboratorio:as demostracións presenciais son substituídas por material visual demostrativo da execución dos procedementos prácticos da materia.
-Proba mixta: é substituída por unha proba escrita vía Moodle con preguntas abertas de desenvolvemento e/ou preguntas obxectivas tal e como se especificaba na guía inicial da materia.
-Proba práctica: substitúese por unha proba oral en tempo real, que incorpora contidos prácticos, a través da ferramenta Microsoft Teams.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
A atención personalizada ao alumnado realizarase a través das seguintes ferramentas:
-Microsoft Teams: titorías a demanda do estudantado.
-Moodle: para propocionar todo o material necesario para o desenvolvemento da docencia. Realización de probas e resolución de dúbidas a través dos foros.
-Correo electrónico: para envío de convocatorias, avisos ou resolución de dúbidas a demanda do/da estudante.

4. Modificacións na avaliación
- Avaliación continua 60%
a. Asistencia a clases teóricas e prácticas presenciasis ou virtuais (Teams): actitude, puntualidade, a participación razoada, o traballo en equipo, probas de comprensión, presentación oral, resolución de prácticas e axuda aos compañeiros durante as mesmas, así como as destrezas e habilidades do/a alumno/a.
b. Participación en clases non presenciais a través de Teams.
c. Entrega de traballos non presenciais titorizados.

-Proba escrita 30%
Exame vía Moodle con preguntas abertas de desenvolvemento e/ou preguntas obxectivas tal e como se especificaba na guía inicial da materia.

-Proba oral 10%. Exame oral en tempo real, que incorpora contidos prácticos a través da ferramenta Microsoft Teams.

*Observacións de avaliación:
Programarase en data e hora a proba escrita e a proba oral.
Para a proba escrita farase a conexión vía Teams 15 ou 30 minutos antes do comezo do exame. Comprobaremos a asistencia do alumnado, a posibilidade de conexión, posibles incidencias e dúbidas. Garantizareos que todos poidan realizar a proba.
Si o/a estudante experimentase algunha dificultade técnica para conectarse ao inicio ou durante a proba, terá que comunicalo de forma inmediata ao profesor a través de chamada telefónica a unha extensión habilitada ao efecto. De non facelo a sú cualificación será de non presentado ou suspenso segundo o caso.
A continuación activarase o exame en Moolde con un tempo programado no que o estudantado subirá as respostas.
O exame oral levarase a cabo a través da plataforma Teams ou no seu defecto, a través da ferramenta que faga viable esta avaliación.
Para superar a materia requírese ter aprobada a proba escrita e a proba oral (puntuación igual ou superior a 5/10 puntos en cada proba). Non se sumará a puntuación correspondente á avaliación continuada se non se cumpre este requisito.
Se a cualificación obtida da ponderación da proba escrita e da proba oral resulta igual ou superior a 5/10 puntos, pero unha das partes non alcanza o mínimo esixido (5/10 puntos), a cualificación final será de suspenso (cunha puntuación de 4,9/10 puntos).
Se o/a estudante consegue superar unha das partes (proba escrita ou proba oral) no exame de 1ª oportunidade (xaneiro), gardarase a cualificación obtida na mesma así como a avaliación continuada só ata a convocatoria de 2ª oportunidade (xuño/xullo).
Os alumnos de primeria matrícula que non tivesen asistido ás clases e/ou non realizaran ou completarn as actividades de formación continuada presencial ou non presencial esixidas na planificación, serán avaliados a través do exame escrito e oral que suporán cada un deles o 70% e 30%, respectivamente, da cualificación final.
A avaliación de segunda oportunidade realizarase seguindo os mesmos criterios.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizan modificacións

Study programme competencies
Code Study programme competences
A84 CE20 Coñecer os fundamentos da biomecánica e a cinesioloxía
A85 CE21 - Coñecer os instrumentos de análise biomecánico e a biomecánica da marcha humana e obter a capacidade de análise da marcha
A86 CE22 - Coñecer as alteracións estruturais do pé e o seu comportamento biomecánico e coñecer as alteracións posturais do aparello locomotor e a súa influencia sobre o pé e viceversa
B24 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B25 CB3 -- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B28 CG01 - Coñecer e aplicar os fundamentos teóricos e metodolóxicos da Podoloxía e Podiatría
B32 CG05 - Colaborar cos profesionais sanitarios especificamente formados na materia, na adaptación e uso de prótese e axudas técnicas necesarias, segundo as condicións físicas, psicolóxicas e sociais dos doentes
B39 CG12 -Capacidade para a cooperación, o traballo en equipo e a aprendizaxe colaborativo en contornas interdisciplinares
C9 CT01 - - Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma
C11 CT03 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida
C17 CT09 -Ter a capacidade de xestionar tempos e recursos: desenvolver plans, priorizar actividades, identificar as críticas, establecer prazos e cumprilos

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Desarrollar los parámetros de evaluación biomecánica de la extremidad inferior y diseñar y ejecutar un protocolo de valoración. A84
A85
A86
B24
B25
B28
B32
B39
C9
C11
C17
Conocer y definir los fundamentos de la cinemática, estática y dinámica de todo el miembro inferior tanto analíticamente (niveles articulares) como ensu globalidad funcional a través de la biomecánica descriptiva y la aplicada a sistemas de registro A84
A85
A86
B24
B25
B28
B32
B39
C9
C11
C17
Conocer y definir las alteraciones morfoestructurales del pie A84
A85
A86
B28
Conocer y manejar los instrumentos de análisis biomecánico A85
A86
B28
B39
C9
C11

Contents
Topic Sub-topic
I.UNIDADE METÁTICA I. FUNDAMENTOS DA BIOMECÁNICA E A CINESIOLOXÍA
1.1. Biomecánica e cinesioloxía.
1.2. Parámetros cinemáticos e cinéticos.
1.3. Biomecánica dos tecidos.
1.3.1. Oso
1.3.2. Cartílago articular
1.3.3. Ligamentos e tendóns
1.3.4. Fascias
1.3.5. Músculos
1.3.6. Tecido nervioso periférico
II. UNIDADE TEMÁTICA II. BIOMECÁNICA ARTICULAR, DA POSTURA E DA MARCHA
2.1. Biomecánica da postura
2.2. Biomecánica da marcha
2.3. Biomecánica do cinturón pélvico
2.4. Biomecáncia da articulación coxofemoral
2.5. Biomecánica da rodilla
2.6. Biomecánica das articulación tibio-peroneais e tibio-peronea-astragalina
2.7. Biomecánica das articulacións subastragalina, intertarsianas, tarso-metatarsiana, metatarsofalánxicas e interfalánxicas.
III. UNIDADE TEMÁTICA III. SISTEMAS DE ANÁLISE BIOMECÁNICA
3.1. Parámetros cinemáticos e cinéticos
3.2. Estudio e análise visual
3.3. Estudio e análise instrumental
3.4. Análise cuantitativo.
3.5. Análisis cualitativo
3.6. Escalas
3.7. Instrumentos e sistemas de medición
IV. UNIDADE TEMÁTICA IV. ALTERACIÓNS MORFOESTRUCTURAIS E POSTURAIS 4.1. Alteracións morfoestructurais das articulacións tibio-peronea-astragalina e pe.
4.2. Alteracións morfoestructurais das articulacións da coxa e xeonllo

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Practical test: A86 B24 B25 B28 C9 C17 1 7 8
Student portfolio A84 A85 B39 C11 1 4 5
Oral presentation A84 A85 A86 B39 C9 1 10 11
Short answer questions A84 A85 A86 B25 B32 C11 6 30 36
Guest lecture / keynote speech A84 A85 A86 21 0 21
Laboratory practice B25 B28 C9 C11 C17 9 9 18
Mixed objective/subjective test A84 A85 A86 B24 B25 B32 B39 C9 C11 C17 2 48 50
 
Personalized attention 1 0 1
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Practical test: Proba que se realizará no laboratorio de prácticas e na que se buscará que o/a alumno/a desenvolva algunha técnica, método o procedemento que se tivese feito durante as clases prácticas.
Student portfolio Ficha de exploración biomecánica en formato papel ou dixital ordenada por apartados debidamente identificadas segundo o explicado nas clases prácticas de laboratorio. E produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo/a alumno/a no período de tempo de prácticas.
Oral presentation Exposición verbal dos contidos relacionados coa segunda e/ou cuarta unidade temática. Esta exposición posterior a elaboración dun tema, será desenvolvida por grupos.
Short answer questions Proba/s obxectiva/s dirixida/s a provocar o recordo dunha aprendizaxe presentada a través das leccións maxistrais. Preséntase un enunciado en forma de pregunta para responder cunha frase específica, palabra, cifra ou símbolo.
Guest lecture / keynote speech Clases expositivas para os grupos grandes de forma virtual. Expondranse contidos teóricos.
Laboratory practice Prácticas no laboratorio de Biomecánica. Reprodúcense técnicas, métodos e procedimentos de exploración biomecánica previamente explicados e representados pola profesora.
Mixed objective/subjective test Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.

Personalized attention
Methodologies
Practical test:
Mixed objective/subjective test
Student portfolio
Short answer questions
Guest lecture / keynote speech
Description
Atención a través das clases presencias ou virtuais. Coordinaranse coa posibilidade de responder mediante a ferramenta Microsoft Teams, correo electrónico ou moodle.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Practical test: A86 B24 B25 B28 C9 C17 Exame práctico no laboratorio de prácticas de Biomecánica. Realizarase por parellas e consistirá en duas preguntas de execución práctica. O/a alumno/a reproducirá o procedemento, técnica ou método explicado e desenvolvido ó longo do cuatrimestre nas clases prácticas. 10
Mixed objective/subjective test A84 A85 A86 B24 B25 B32 B39 C9 C11 C17 Exame escrito con preguntas obxectivas e de desenvolvemento. 30
Student portfolio A84 A85 B39 C11 Entregarase o día do exame teórico (proba mixta) e práctico (proba práctica) 20
Short answer questions A84 A85 A86 B25 B32 C11 Ó longo do cuadrimestre, individualmente o/a alumno/a cubrirá cuestionarios por Moodle. 25
Oral presentation A84 A85 A86 B39 C9 De forma presencial ou virtual (Microsoft Teams) por grupos. 15
 
Assessment comments

As porcentaxes asignadas a cada proba poden sufrir pequenas
modificacións dun curso a outro en función das necesidades da materia

  • SUPERACIÓN DA MATERIA
    • Para superar a materia  é necesario que o alumno obtivese a cualificación de 5 ou superior en:
      • 1-
        proba escrita (mixta). É o exame teórico que se efectuará ao finalizar o
        cuadrimestre na data aprobada por Xunta de Facultade.  Como mínimo se
        deberá alcanzar en cada parte un 50% da calificación asignada
      • 2- Proba práctica. O mesmo día do exámen teórico e a continuación realizarase o exame práctico.
  • CONDICIÓN DE ALUMNO/A NON PRESENTADO/A 
    • Considerarase como “Non presentado” (NP) aquel/a estudante que, estando matriculado non concorra ás distintas actividades de avaliación establecidas. En ausencia de regulación específica (en caso de regulación específica para o Grao de Podoloxía, seguirase ésta), considerarase que deberá ser cualificado como “Non presentado”:
      a) cando non completase o proceso de avaliación continua nas condicións que figuran nesta guía.
      b) cando non se presente ás proba do período oficial de avaliación.
    •  Se o/a alumno/a se presenta so a unha das
      partes, aparecerá na acta como suspenso. De aprobar unha das partes e suspender a outra, gárdase a parte aprobada ata a convocatoria de xullo.
  • MATRICULAS DE HONRA
Poderán
obter matrícula de honra (MH) aqueles/as alumnos/as que obtivesen un 9 ou
cualificación superior. Concederase esta cualificación ás mellores
notas, tendo en conta a posibilidade de outorgar unha matrícula de honra
cada 20 alumnos.
  • ALUMNOS/AS CON MATRÍCULA PARCIAL Aqueles/as alumnos/as con matrícula parcial veranse sometidos ós mesmos criterios.


  • SEGUNDA OPORTUNIDADE
    A superación dalgunha das partes (teórica ou práctica) a través da proba escrita ou proba práctica por parte do/a alumno/a na primeria oportunidade [enténdese cunha calificación de 5 ou superior] gardarase só ata a segunda oportunidade. Na segunda oportunidade examinarase só da suspensa pero de suspender de novo nesta segunda oportunidade, non se gardará a aprobada en primera oportunidade para a nova matrícula. Quedará pendente para o seguinte curso tanto a parte teórica coma a práctica.
  • SEGUNDA MATRÍCULA
    O/a alumno/a ten dereito a iniciar o proceso de avaliacion (continua e final) de cero. Non obstante pode elexir que se lle garde algunha ou todas as calificacións da avaliación continua.
  • CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE DICIEMBRE
    O/a alumno/a examinarase a través dun exame teórico (proba mixta) e dun examen práctico (proba práctica).
  • PARA
    Os RESTANTES CRITERIOS NON EXPOSTOS RELATIVOS Á AVALIACIÓN, SEGUIRANSE
    As NORMAS DE AVALIACIÓN, REVISIÓN E RECLAMACIÓN DAS CUALIFICACIÓNS DOS
    ESTUDOS DE GRAO E MESTRADO UNIVERSITARIO
    Aprobada polo Consello de Goberno do 19 de decembro de 2013
    Modificada polo Consello de Goberno do 30 de abril de 2014
    Modificada polo Consello de Goberno do 24 de xullo de 2014
    Modificada polo Consello de Goberno de 29 de xaneiro de 2015
    Modificada polo Consello de Goberno de 28 de setembro de 2016
    Modificada polo Consello de Goberno de 29 de xuño de 2017

Sources of information
Basic

1. Oatis, Carol A. [2017]. Kinesiology: The Mechanics and Pathomechanics of Human Movement. Philadelphia: Wolters Kluwer, 3rd ed

2. Bonilla, E., Fuentes, M., Lafuente, G., Martínez, A., Ortega, A. B., & Pérez, M. (2010). Exploración básica. Guía práctica de protocolos

de exploración y biomecánica. 1a ed. Madrid: Consejo General de Colegios Oficiales de Podólogos, 13-22.

3. Lacuesta, J. J. S. (2005). Biomecánica de la marcha humana normal y patológica. Instituto de Biomecánica.

4. Román, A. L., & Beltrán, E. L. (2003). Biofísica aplicada a la biomecánica del cuerpo humano. Bellisco, Ediciones Técnicas y Científicas.

5. Gutiérrez, M. A. (2000). Biomecánica: la física y la fisiología (No. 30). Editorial CSIC-CSIC Press.

6. Kirby, K. A. (2012). Biomecánica del pie y la extremidad inferior III: Artículos de Precisión Intricast, 2002-2008. III. Precision Intricast.

7. de la Fuente, J. L. M. (2009). Podología general y biomecánica+ CD. Elsevier España.

8. Núñez-Samper, M., & Alcázar, L. F. L. (2006). Biomecánica, medicina y cirugía del pie. Elsevier España.

9. Dufour, M., & Pillu, M. (2006). Biomecánica funcional: miembros, cabeza, tronco:[bases anatómicas, estabilidad, movilidad, tensiones].

Elsevier España.

10. Lesmes, J. D. (2007). Evaluación clínico-funcional del movimiento corporal humano. Ed. Médica Panamericana.

11. Marrero, R. C. M., & Rull, I. M. (2005). Biomecánica clínica de los tejidos y las articulaciones del aparato locomotor. Elsevier España.

12. Marrero, R. C. M., & Rull, I. M. (2006). Biomecánica clínica de las patologías del aparato locomotor. Elsevier España.

13. Nordin, M., Frankel, V. H., & Forssén, K. (2004). Biomecánica básica del sistema musculoesquelético. McGraw-Hill. Interamericana.

14. Nordin, M., & Frankel, V. H. (2013). Bases biomecánicas del sistema musculoesquelético. Lippincott Williams and Wilkins.

15. Valmassy, R. L. (1995). Clinical biomechanics of the lower extremities. Mosby Inc.

16. Plas, F., Viel, E., & Blanc, Y. (1996). La marcha humana: cinesiología dunámica, biomecànica y patomecánica.

17. Busquet, L. (2012). Las cadenas fisiológicas. La cintura pélvica y el miembro inferior. Editorial Paidotribo México.

18. Seibel, M. O. (1994). Función del pie: texto programado. Ortocen.

Complementary


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before
Specific Anatomy of the Lower Limb/750G02104
General Podiatry/750G02110

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments
ADAPTACIÓN DE PRESENCIALIDADE Á SITUACIÓN EPIDEMIOLÓXICA:

Todas as actividades presenciais realizaranse con asentos preasignados, con máscara, ventilación, non permitindo o consumo de alimentos e bebidas e asegurando que se cumpran as medidas de prevención e hixiene do centro establecidas e publicadas en:

https://udc.é/é/fep/coronavirus/.

No caso de que o grupo de docencia maxistral chegue a superar as indicacións do aforamento da aula estableceranse grupos rotativos de docencia híbrida, onde os estudantes que non caiban na aula seguirán esa semana a docencia de forma telemática e á seguinte de forma presencial, sendo outro grupo o que a realice de forma telemática, segundo planificación establecida polo docente da materia.

OBJECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SUSTENTABLE:
Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co obxectivo da acción número 5: %ou201CDocencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social%ou201D do "Plan de Acción Green Campus Ferrol":

·       A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos, no caso de realizarse en papel: non se empregarán plásticos, realizaranse impresións a dobre cara, empregarase papel reciclado e evitarase a impresión de borradores.

·       Débese facer un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural tendo en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

·       Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso idóneo, igualitario e proveitoso á vida universitaria.

PLAXIO:

Na realización dos traballos da materia, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa orixe e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, será cualificado con suspenso (0,0) na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento.



(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.