Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Diagnóstico por Imaxe Código 750G02112
Titulación
Grao en Podoloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Coordinación
Miguens Vázquez, Xoán
Correo electrónico
xoan.miguens.vazquez@udc.es
Profesorado
Miguens Vázquez, Xoán
Correo electrónico
xoan.miguens.vazquez@udc.es
Web
Descrición xeral Nesta asignatura o alumnado traballará nos conceptos físicos necesarios para comprender a realización e obtención das diferentes modalidades de técnicas de imaxe diagnóstica. Recoñecer as diferentes imaxes así como a información que se espera obter en cada caso fundamentarán a elección da técnica máis axeitada a cada circunstancia clínica. Os contidos prácticos permitirán identificar correctamente cada técnica de imaxe e a visión anatómica que ofrece.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos: non se realizarán cambios

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
Sesion magistral
Seminarios
Estudos de casos
Traballos tutelados
Aprendizaxe colaborativa
Portafolios do alumno

*Metodoloxías docentes que se modifican: ninguna

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
– Correo electrónico: Diariamente. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
– Moodle: Segundo a necesidade do alumando para desenvolver as “Discusións dirixidas”, a través das que se se pon en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia.
– Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade.

4. Modificacións na avaliación:
- Sesión magistral: 30%
- Seminario: 20% -Traballo individual no que o alumno explique coas súas propias palabras os principios fundamentais de física de radiacións ionizantes así como a base de imaxe médica radiolóxica.
- Traballos tutelados: 20%
- Estudo de casos: 20% - Deberá aportar unha imaxe coa súa correspondente explicación de cada técnica de imaxe en cada unha das localizacións anatómicas do membro inferior.

*Observacións de avaliación:
Optarán á cualificación de Matrícula de Honra aquel alumno que obtendo unha cualificación global superior ao 95% sexa a mellor cualificación da clase.
A cualificación de non presentado: outorgarase a aqueles/es alumnos/as que non presenten as actividades pendentes nin participasen de ningún escenario.
Segunda oportunidade: Para aquel alumnado que non superase a materia na primeira oportunidade de avaliación, manterase as mesmas porcentaxes de avaliación a cada metodoloxía que na primeira oportunidade e o alumno poderá volver realizar calquera das tarefas avalidadas, que estime convenientes, neste caso de forma individual (mesmo as que inicialmente eran en grupo) e deberá entregalas 7 días antes da data do exame. As tarefas que non repita manterase a cualificación da primeira oportunidade.


5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: no se realizarán cambios

Competencias do título
Código Competencias do título
A66 CE2 -Coñecer a anatomía específica do membro inferior
A67 CE3 - Adquirir coñecementos sobre a composición e organización da materia dos seres vivos, bioloxía celular e tisular, histoloxía e xenética
A94 CE30 -Coñecer e utilizar os diferentes sistemas diagnósticos de imaxe do pé e as súas características, desenvolver a habilidade de realizar e interpretar probas radiolóxicas propias da Podoloxía
A95 CE31 - Coñecer as instalacións de radiodiagnóstico aplicables en Podoloxía, os principios básicos do manexo de equipos de radiodiagnóstico e os principios e técnicas de radioprotección respectando a lexislación vixente
B23 CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B24 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B25 CB3 -- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B29 CG02 - Coñecer a estrutura e función do corpo humano en especial da extremidade inferior, semioloxía, mecanismos, causas e manifestacións xerais da enfermidade e métodos de diagnóstico dos procesos patolóxicos médicos e cirúrxicos, interrelacionando a patoloxía xeral coa patoloxía do pé.
B30 CG03 - Obter a capacidade, habilidade e destreza necesarias para diagnosticar, prescribir, indicar, realizar e/ou elaborar e avaliar calquera tipo de tratamento podolóxico, ortopodolóxico, quiropodolóxico, cirurxía podolóxica, físico, farmacolóxico, preventivo e/ ou educativo, baseado na Historia clínica
B32 CG05 - Colaborar cos profesionais sanitarios especificamente formados na materia, na adaptación e uso de prótese e axudas técnicas necesarias, segundo as condicións físicas, psicolóxicas e sociais dos doentes
B33 CG06 - Adquirir a capacidade para realizar unha xestión clínica centrada no paciente, na economía da saúde e o uso eficiente dos recursos sanitarios, así como a xestión eficaz da documentación clínica, con especial atención á súa confidencialidade
B37 CG10 - Identificar que o exercicio da profesión está asentado no respecto á autonomía do paciente, ás súas crenzas, cultura, determinantes xenéticos, demográficos e socioeconómicos, aplicando os principios de xustiza social e comprendendo as implicacións éticas nun contexto mundial en transformación
B39 CG12 -Capacidade para a cooperación, o traballo en equipo e a aprendizaxe colaborativo en contornas interdisciplinares
C9 CT01 - - Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma
C11 CT03 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida
C14 CT06 -Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables
C15 CT07 - Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sustentable ambiental, económico, político e social
C16 CT08 - V- Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade
C17 CT09 -Ter a capacidade de xestionar tempos e recursos: desenvolver plans, priorizar actividades, identificar as críticas, establecer prazos e cumprilos

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer os distintos sistemas de diagnóstico, as súas características e a súa interpretación, así como a manipulación de instalacións de radiodiagnóstico podológico. A94
A95
Describir a estrutura atómica da materia, o concepto de radioactividade e a interacción de electróns e fotóns coa materia B23
B39
C9
C11
C16
Realizar as actividades radiolóxicas da podoloxía, xestionar equipos de raios X A66
A67
A94
A95
B24
Coñecer as técnicas de obtención de imaxes diagnósticas do pé e das técnicas radiolóxicas e da súa interpretación radiolóxica A66
A67
A94
A95
B29
B32
B33
C11
C16
Coñecer as unidades de magnitude e imaxe, os métodos de detección de radiación e os protocolos de control de calidade e calibración das instalacións de radiodiagnóstico. Lexislación B24
B25
B30
C15
Coñecer a radiobioloxía e a radioprotección. B29
Desenvolver a capacidade para realizar as actividades radiolóxicas da podoloxía A94
A95
B29
B37
C14
C17

Contidos
Temas Subtemas
1.-FISICA DAS RADIACIONS 1-A: Estructura atómica: Estructura atómica. Núcleos atómicos e radioactividade. Ondas electromagnéticas

1-B: Interacción da radiación coa materia. Radiacións ionizantes: Concepto e clasificación. Os Raios X: naturaleza, producción. Absorción das radiacións ionizantes. Interacción dos fotons coa materia.

1-C: Magnitudes y Unidades radiológicas
2.-EQUIPOS DE RAIOS X 2-A: O tubo de Raios X

2-B: Dispositivos asociados ao tubo de raios X

2-C: Características da radiación producida polo tubo de raios X

2-D: Sistemas de imagen
3.-FUNDAMENTOS DE RADIODIAGNÓSTICO CONVENCIONAL 3-A: Xeometría da imaxe radiolóxica

3-B: Densidades radiolóxicas: referencias e unidades de medida

3-C: Bases físicas da radiografía

3-D: Técnicas y proyecciones radiológicas
4.-DETECCIÓN E MEDIDA DAS RADIACIONS 4-A: Fundamentos da detección das radiacións
4-B: Dosimetría das radiacións ionizantes
4-C: Control de calidade das instalacións de raios X
5.-RADIOBIOLOXÍA 5-A: Mecanismos de acción da radiación. Resposta celular
5-B: Resposta sistémica e orgánica total a radiación
5-C: Efectos da radiación
6.-PROTECCIÓN RADIOLÓXICA 6-A: Criterios xerais de protección radiolóxica
6-B: Protección radiolóxica operacional
6-C: Protección radiolóxica específica en radiodiagnóstico: aspectos xerais
6-D: Aspectos particulares da protección do paciente e do persoal de operación en distintas Unidades de radiodiagnóstico
6-E: Garantía de la calidad en instalaciones de radiodiagnóstico
7.-LEXISLACIÓN SOBRE INSTALACIONS DE RADIODIAGNÓSTICO 7-A: Aspectos xerais legales e administración
7-B: Aspectos legales e administrativos a nivel nacional. Xestión técnica e administrativa de instalacions e persoal. Directrices e normas de ámbito europeo.
8.-TÉCNICAS DE DIAGNÓSTICO POR IMAXE 8-A: Radioloxía: Radioloxía convencional. Tomografía computarizada. Radioloxía digital.
8-B: Ecografía. Doppler
8-C: Resonancia Magnética
8-D: Medicina Nuclear
8-E: Métodos de apoio en diagnóstico por imaxe
9.-INSTRUMENTACIÓN TERAPÉUTICA 9-A: Radioloxía intervencionista
9-B: Ultrasons
10.-RADIODIAGNÓSTICO EN PODOLOXÍA 10-A: Anatomía radiolóxica do pe e miembro inferior
10-B: Proxeccions básicas do pe e membro inferior
10-C: Outras proxeccions radiolóxicas do pe e membro inferior
10-D: Outras técnicas de imaxe en podoloxía

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados A66 A67 B23 B24 B25 B29 2 10 12
Portafolios do alumno B25 C9 C11 C16 0 12 12
Sesión maxistral A94 A95 B30 C16 C14 55 0 55
Estudo de casos B32 B33 B37 B39 C9 C11 C15 C17 30 10 40
Seminario A94 B30 B33 B37 16 0 16
Aprendizaxe colaborativa B39 C9 C11 C15 C16 10 0 10
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Ten como finalidade a aprendizaxe autónoma dos estudantes baixo a tutela do profesor.
Os contidos incluidos nesta modalidade serán os fundamentos físicos da imaxe diagnóstica.
Complementase coa aprendizaje colaborativa nos contidos de artefactos de imaxe.
Portafolios do alumno O alumnado deberá dispor de xeito ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, os rexistros produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumno que incluen: apuntes ou notas de clases, resumes, tarefas desenvolvidas, comentarios de progreso do alumno realizado polo profesor, etc.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais con preguntas interactivas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.

Esta modalidad empregarase para proporcionar o alumnado experiencia derivada da practica clínica, que habitualmente non se presenta na bibliografía e por tanto difícil de acadar sen práctica asistencial
Estudo de casos O alumnado enfrontarase a un problema concreto (caso), que lle describe unha situación clínica real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar os feitos, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo. Esta decisión pode fundamentar tanto a elección de técnica de imaxe más axeitada como as diferentes opcions diagnósticas posibles.
Seminario Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema. Caracterízase pola discusión, a participación, a elaboración de documentos e as conclusións ás que teñen que chegar todos os compoñentes do seminario.
Aprendizaxe colaborativa Aplicaráse fundamentalmente na evolución dos contidos físicos que fundamentan a imaxe diagnóstica e os seus artefactos. Ben de forma presencial ou telemática os alumnado traballará de xeito colaborativo en pequenos grupos coordinados para acatar a resolución das tarefas asignadas.
Deste xeito optimizarase a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.

Atención personalizada
Metodoloxías
Portafolios do alumno
Traballos tutelados
Descrición
A atención personalizada realizarase mediante titorías personalizadas directas e virtuais a demanda, e previa cita, individuais e grupais.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno B25 C9 C11 C16 contidos actualizados segundo o ritmo de desenrolló da materia 5
Sesión maxistral A94 A95 B30 C16 C14 Exame tipo test de resposta única. 40
Estudo de casos B32 B33 B37 B39 C9 C11 C15 C17 traballo escrito de exposición razonada que fundamente a resposta ao problema presentado en base os contidos da materia 15
Seminario A94 B30 B33 B37 Exame tipo test resposta unica 20
Aprendizaxe colaborativa B39 C9 C11 C15 C16 constancia na participación 10
Traballos tutelados A66 A67 B23 B24 B25 B29 contidos actualizados acorde o desenrolló da materia e as indicacións do profesor 10
 
Observacións avaliación

Optarán á cualificación de Matrícula de Honra aquel alumno que obtendo unha cualificación global superior ao 95% sexa a mellor cualificación da clase. 

A cualificación de non presentado: outorgarase a aqueles/es alumnos/as que non presenten as actividades pendentes nin participasen de ningún escenario. 

Oportunidade adiantada (Dezembro): traballo de recopilación de imanes: deberá aportar unha imaxe coa súa correspondente explicación de cada técnica de imaxe en cada unha das localizacións anatómicas do membro inferior 7 dias antes da data prevista para o examen tipo test de resposta única ao que tamen debera superar con éxito.

Segunda oportunidade: Para aquel alumnado que non superase a materia na primeira oportunidade de avaliación, manterase as mesmas porcentaxes de avaliación a cada metodoloxía que na primeira oportunidade e o alumno poderá volver realizar calquera das tarefas avalidadas, que estime convenientes, neste caso de forma individual (mesmo as que inicialmente eran en grupo) e deberá entregalas 7 días antes da data do exame. As tarefas que non repita manterase a cualificación da primeira oportunidade. 

Para alumnos con modalidade matricula a tempo parcial deberán presentar os traballos tutelados e de parendizaxe colaborativa así coma o estado de casos en tempo e forma co resto de compañeros. Deberán tomen superar o exames tipo test de resposta unica previstos na data que figure no calendario académico correspondiente.


Fontes de información
Bibliografía básica

Eugene D. Frank, Bruce W. Long, Barbara J. Smith. Merrill: Atlas de posiciones radiográficas y procedimientos radiológicos. Editorial Elsevier. 11ª edición

William Herring. Radiología básica (aspectos fundamentales). Editorial Elsevier. 3ª edición

José Luis Del Cura Rodríguez, Ángel Gayete Cara, Àlex Rovira Cañellas, Salvador Pedraza Gutiérrez. Radiología esencial. SERAM Sociedad Española de Radiología Médica. Editorial Panamericana. 2ª edición

Miguel Ángel de Gregorio. Anatomía radiológica para estudiantes. Editorial Watson. 1ª edición

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Anatomía xeral/750G02103
Anatomía específica do membro inferior/750G02104
Biomecánica do Membro Inferior/750G02111

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

1.- Recomendacións de sustentabilidade medio-ambiental.

Para axudar a conseguir un entorno inmediato sustentable e cumprir cos obxectivos estratéxicos 1 e 2 do "III Plan de Acción do Programa Green Campus FCS (2018-2020)" os traballos documentais que se realicen nesta materia:

a.- Maioritariamente solicitaranse en formato virtual e soporte informático. 

b.- De realizarse en papel: 

- Non se empregarán plásticos. 

- Realizaranse impresións a dobre cara. 

- Empregarase papel reciclado. 

- Evitarase a realización de borradores.

2.- Caso de detección de fraudes, copias ou plaxios.

Caso de detectar fraude, copia ou plaxio na redacción do traballo da materia, implicará un suspenso na oportunidade de avaliación afectada (0,0) e remisión directa á oportunidade seguinte. Dita actitude comunicarase á Comisión Académica e ao resto de profesores do título. En caso de que se reitere a irregularidade nunha 2ª avaliación, a Comisión poderá solicitar ao Reitor a expulsión temporal ou perpetua do/a alumno/a do título cursado.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías