Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Podoloxía Preventiva Código 750G02114
Titulación
Grao en Podoloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
López López, Daniel
Correo electrónico
daniel.lopez.lopez@udc.es
Profesorado
Bouza Prego, Maria angeles
López López, Daniel
Correo electrónico
maria.prego@udc.es
daniel.lopez.lopez@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.gal/
Descrición xeral A materia de Podoloxía Preventiva ten unha clara importancia de cara a que o alumnado, no marco do proceso de ensino-aprendizaxe da súa formación, desenvolva algunhas das habilidades e destrezas necesarias para mellorar a saúde das persoas en xeral e no tocante ao pé en particular.

Xa que logo, o seu valor é moi significativo para os futuros podólogos, ao posibilitarlles comprender e actuar sobre o proceso de saúde-enfermidade en xeral e no ámbito particular do pé. Está enfocada á adopción das medidas preventivas axeitadas en cada situación, así como a realizar unha educación sanitaria preventiva nos pacientes, os sanitarios e as persoas.

Por iso, dentro dos denominados procesos de promoción e prevención da saúde, faise fincapé na visión holística da saúde do pé, habida conta do seu interese e importancia dentro da tendencia actual da disciplina no mantemento e mellora da calidade de vida.

Competencias do título
Código Competencias do título
A96 CE32 - Identificar e analizar os problemas de saúde do pé nos diferentes aspectos ambiéntais, biodinámicos e sociais, así como unha aprendizaxe relativa á avaliación dos feitos cientificamente probados e á análise dos datos en xeral, para aplicar a Podoloxía Baseada na Evidencia Científica
A97 CE33 - Coñecer e aplicar estratexias de prevención e educación e os métodos de educación para a saúde en podoloxía preventiva e deseñar e avaliar os programas de educación para a saúde en Podoloxía
A98 CE34 -Coñecer os problemas de saúde laboral no exercicio da profesión e os seus factores etiolóxicos e aplicar os métodos de prevención de riscos laborais en Podoloxía
A99 CE35 -Coñecer a Antropoloxía da Saúde e a Enfermidade
B25 CB3 -- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B26 CB4 -Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B27 CB5 -Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B28 CG01 - Coñecer e aplicar os fundamentos teóricos e metodolóxicos da Podoloxía e Podiatría
B30 CG03 - Obter a capacidade, habilidade e destreza necesarias para diagnosticar, prescribir, indicar, realizar e/ou elaborar e avaliar calquera tipo de tratamento podolóxico, ortopodolóxico, quiropodolóxico, cirurxía podolóxica, físico, farmacolóxico, preventivo e/ ou educativo, baseado na Historia clínica
B34 CG07 - Coñecer, deseñar e aplicar programas preventivos relacionados coa podoloxía e o fomento da atención podolóxica na poboación
B36 CG09 -Valorar de forma crítica a terminoloxía, ensaios clínicos e metodoloxía utilizados na investigación relacionada coa podoloxía
B37 CG10 - Identificar que o exercicio da profesión está asentado no respecto á autonomía do paciente, ás súas crenzas, cultura, determinantes xenéticos, demográficos e socioeconómicos, aplicando os principios de xustiza social e comprendendo as implicacións éticas nun contexto mundial en transformación
B39 CG12 -Capacidade para a cooperación, o traballo en equipo e a aprendizaxe colaborativo en contornas interdisciplinares
C9 CT01 - - Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma
C11 CT03 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida
C12 CT04 -Desenvolver o exercicio dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero
C14 CT06 -Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables
C15 CT07 - Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sustentable ambiental, económico, político e social
C16 CT08 - V- Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade
C17 CT09 -Ter a capacidade de xestionar tempos e recursos: desenvolver plans, priorizar actividades, identificar as críticas, establecer prazos e cumprilos

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Identificar e analizar os problemas de saúde do pe nos diferentes aspectos ambientais, biodinámicos e sociaies. A96
B25
B26
C9
Fomentar o aprendizaxe relativo á avaliación dos feitos científicamente probados e ó análisis dos datos en xeral para aplicar a Podoloxía Basada na Evidencia Científica. A97
B34
C16
Coñecer, deseñar e aplicar estratexias e programas de prevención e educación para a saúde en podoloxía, e os métodos de educación sanitaria podolóxica. A99
B28
B36
C14
C15
Coñecer e asumir a saúde laboral podolóxica e a prevención de riscos laborais en podoloxía. A98
B30
B37
C17
Deseñar i evaluar os programas de educación para a saúde. A97
B27
C11
Coñecer a antropoloxía da Saúde e da Enfermidade, o saneamento e a desinfección. A99
B39
C12

Contidos
Temas Subtemas
1. Xeneralidades.

a) Conceptos relacionados coa podoloxía preventiva.
b) Historia natural da enfermidade e niveis de prevención podolóxica.
c) Características de cada nivel de asistencia sanitaria. Atención primaria de saúde.
d) Programas infantís, de adultos, xerontopodolóxicos e para pacientes con necesidades especiais.
e) Presente e futuro da podoloxía preventiva
2. Estratexias en Podoloxía Preventiva.

a) Estratexias de prevención. Vixilancia epidemiolóxica.
b) Estratexias de prevención. Promoción da saúde en podoloxía. Hixiene podolóxica.
c) Conceptos de estratexias. Estratexias útiles en podoloxía preventiva.
3. Programa de Saúde Podolóxica. Cribados a) Discusión e análise de programas de saúde podolóxica
b) Exploración sistemática do pé para aprender a valorar: morfoloxía, mobilidade, apoio e marcha.
c) Realización e interpretación de pedigrafías específicas en nenos ou adultos.
4. Educación Sanitaria Podolóxica.
a) Valorar o estado de saúde dunha poboación, en relación coa podoloxía preventiva, mediante a análise e interpretación dos indicadores de saúde publicados ou da experiencia adquirida polos propios alumnos.
b) Análise e organización de actividades de educación sanitaria podolóxica. Deseño de obxectivos e actividades dirixidas a diferentes sectores da poboación.
5. Saúde Laboral e Podoloxía Preventiva. Riscos Profesionais dos Podólogos. a) Podoloxía laboral. Vixilancia da saúde podolóxica.
b) Lei de riscos laborais.
c) Riscos profesionais en podoloxía e a súa prevención.
d) Xestión de residuos sanitarios.
6. Podoloxía Preventiva nas Enfermidades Transmisibles a) Bases xerais da prevención nas enfermidades transmisibles.
b) Epidemioloxía xeral das enfermidades transmisibles.
c) Podoloxía preventiva nas infeccións víricas, poliomielite, hepatite e VIH/sida e COVID-19.
d) Podoloxía preventiva no tétano.
e) Accións sanitarias sobre o suxeito susceptible. Vacinacións, soros e gammaglobulinas. Quimioprofilaxe.
f) Podoloxía preventiva nas micoses. Dermatomicoses, onicomicoses.
Podoloxía preventiva noutras enfermidades transmisibles. Verrugas plantares.
e) Accións sanitarias sobor o suxeito susceptible. Vacunaciónss, sueros e gammaglobulinas. Quimioprofilaxis.
f) Podoloxía Preventiva nas Micoses. Dermatomicoses. Onicomicoses.
g) Podoloxía Preventiva en outras enfermidades transmisibles verrugas plantares.
7. Podoloxía Preventiva nas Enfermidades Non Transmisibles a) Enfermidades non transmisibles. Enfermidades crónicas.
b) Enfermidades non transmisibles relacionadas coa podoloxía.
c) Podoloxía preventiva nas enfermidades endócrinas e metabólicas. Pé diabético.
d) Podoloxía preventiva nas enfermidades do sistema músculo-esquelético. Artrite e artrose.
e) Podoloxía preventiva nos trastornos de orixe dérmica e neurolóxica. Lepra e dermatite.
8. O Rol dos Podólogos no Equipo Multidisciplinar de Saúde a) Definición, integrantes e paradigma actual dun equipo de saúde.
b) Percepción social da saúde do pé.
c) Beneficios dun equipo multidisciplinar de saúde do pé.
d) Funcións e xestión dun equipo de saúde.
9. Podoloxía Preventiva e Calidade de Vida. a) Niveis de saúde e calidade de vida.
b) A percepción da calidade de vida e os seus compoñentes.
c) Referentes teóricos da calidade de vida.
d) Características, dimensións e avaliación da calidade e vida.
Calidade de vida relacionada coa saúde en podoloxía.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba obxectiva A96 A97 A98 A99 B28 1.5 19.5 21
Sesión maxistral B37 C12 C14 C15 C16 21 42 63
Seminario B26 B27 B36 B39 C9 C11 C17 14 28 42
Prácticas de laboratorio B25 B30 B34 9 9 18
 
Atención personalizada 6 0 6
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.

A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Seminario Nos seminarios trátanse temas específicos das unidades didácticas do temario da materia. Sobre os devanditos temas desenvolveranse actividades en grupo que se entregarán a través da plataforma de teleensino Moodle, para a súa exposición nos seminarios da materia e posterior avaliación.
Prácticas de laboratorio A asistencia ás prácticas de laboratorio é obrigatoria na súa totalidade para superar a materia. As dúas últimas horas de prácticas destinaranse a realizar un exame práctico con preguntas teórico-prácticas sobre os contidos da materia tratados nelas.
Para obter o apto/a nas prácticas de laboratorio debe contestarse ou realizarse correctamente o 50% das actividades e/ou preguntas do exame, alén de ter asistido á totalidade das prácticas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba obxectiva
Sesión maxistral
Seminario
Prácticas de laboratorio
Descrición
A atención personalizada está destinada a resolver as cuestións relacionadas cas diferentes metodoloxías e/ou os contidos da materia.

A atención presencial desenvolverase de forma programada nos horarios de atención ao alumnado por parte do profesorado; canto á virtual, efectuarase a través do foro virtual da plataforma de teleensinanza moodle.

Asemade o alumnado terá a posibilidade de conquerir titorías a maiores do horario establecido previo acordo co profesorado da materia e solicitude mediante enderezo electrónico no caso de que fose posible e non interfira nas actividades académicas asignadas.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A96 A97 A98 A99 B28 As preguntas test conteñen unha soa resposta correcta. En caso de existir dúas ou máis respostas que poidesen considerarse correctas, a resposta correcta única será aquela que sexa máis completa ou elimine aspectos contradictorios. Cada 2 preguntas non acertadas eliminan 1 resposta acertada. As preguntas en branco non restan.
Tódalas respostas deben respostarse na plantilla. Non se terán en conta aquelas respostas que non figuren na plantilla.
As respostas deben marcarse na plantilla cunha X, abarcando todo o cadro da resposta sinalada.
Eliminaranse tódalas respostas da plantilla que conteñan máis dunha resposta ou conteñan borróns ou tachaduras que xeren incertidume sobre cal foi a resposta marcada. Cada pregunta ten un valor de 0,2 puntos.
65
Seminario B26 B27 B36 B39 C9 C11 C17 As actividades relacionadas cos seminarios son obrigatorias e non poden recuperarse ou ser substituídas por outras actividades da materia. A súa cualificación especificarase con cada actividade.
20
Prácticas de laboratorio B25 B30 B34 A asistencia ás prácticas de laboratorio é obrigatoria na súa totalidade para superar a materia. As dúas últimas horas de prácticas destinaranse a realizar un exame práctico con preguntas teórico-prácticas sobre os contidos da materia tratados nelas.
Para obter o apto/a nas prácticas de laboratorio debe contestarse ou realizarse correctamente o 50% das actividades e/ou preguntas do exame, alén de ter asistido á totalidade das prácticas.
15
 
Observacións avaliación

Na presentación da materia Podoloxía Preventiva explicarase de maneira detallada a guía docente da materia e as normas para a súa avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario que establece a Universidade da Coruña, modificada polo Consello de Goberno de 29 de xuño de 2017 e que no seu artigo 14 indica o seguinte:

1) COMISIÓN DE FRAUDE E RESPONSABILIDADES DISCIPLINARIAS:

1. 1. Se durante a realización dunha proba de avaliación o profesorado responsable teñen coñecemento da quebra dos principios de decoro, legalidade ou mérito individual tales como o uso de documentos ou instrumentos non permitidos, acopia ou intento de copia dos resultados obtidos por compañeiros, a comunicación entre estudantado ou un comportamento impropio, procederase á expulsión inmediata do estudante da proba de avaliación e redactarase unha acta cos motivos, que se enviará ao decano ou director xunto coas verificacións documentais que estime oportunas para a súa valoración. Todo, sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese proceder de acordo coa cualificación da falta cometida polo alumno infractor.

1.2 Queda prohibido o acceso á realización das probas de avaliación con instrumentos electrónicos ou dispositivos móbiles acesos, non expresamente autorizados polo profesorado responsable, o cal será causa suficiente de expulsión da proba, logo de redactar a acta correspondente que se enviará ao centro.

1.3 A expulsión dunha proba de avaliación implicará a cualificación de suspenso (nota numérica de 0) na convocatoria da materia.

1.4. Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento.

2. PRIMEIRA OPORTUNIDADE CONVOCATORIA ORDINARIA

2.1. Cómpre asistir ao 80% das sesións maxistrais, dos seminarios, así como realizar as actividades propostas e obter unha puntuación total, nunha escala numérica de 1-10, dun 5 (apto/a). A devandita puntuación só computará no caso de superar o exame test da materia.

2.2 Asisitir o 80% das prácticas de laboratorio, así como realizar as actividades propostas e obter unha puntuación total nunha escala numérica de 1 – 10; dun 5 (Apto), que so computará no caso de superar na súa totalidade o exame tipo test.

2.3 Debe obterse no exame test da materia unha puntuación, nunha escala numérica de 1-10, dun 5 (apto/a).

2.4 O alumnado que obteña a máxima nota final da materia na primeira convocatoria, por enriba do 9.5 puntos acadará a calificación de matrícula de honra.

No caso, de que exista empate entre o alumnado na calificación por enriba de 9.5 puntos, acadará a calificación de matrícula de honra o que entregara o exame da proba mixta no menor tempo posible.

3. SEGUNDA OPORTUNIDADE CONVOCATORIA ORDINARIA, OPORTUNIDADE ADIANTADA E SUCESIVAS CONVOCATORIAS:

3.1 Cómpre obter no exame test da materia unha puntuación, nunha escala numérica de 1-10, dun 5 (apto/a).

3.2 As cualificacións dos seminarios e prácticas de laboratorio non computarán, aínda que será necesario ter superadas as actividades para aprobar a materia en sucesivas oportunidades e convocatorias.

4.ALUMNADO DE MATRÍCULA PARCIAL CON OBTENCIÓN DE DISPENSA ACADÉMICA:

4.1 Cómpre obter no exame test da materia unha puntuación, nunha escala numérica de 1-10, dun 5 (apto/a), sendo a porcentaxe da cualificación un 60% da nota final.

4.2 Cómpre asistir ao 80% das prácticas de laboratorio, así como realizar as actividades propostas e obter unha puntuación total, nunha escala numérica de 1-10, dun 5 (apto/a). A devandita puntuación só computará no caso de superar na súa totalidade o exame test, sendo a porcentaxe da cualificación un 40% da nota final.

5. CALIFICACIÓN NON PRESENTADO

5.1 O alumnado que non asista as prácticas de laboratorio, seminarios ou ao exame test, na oportunidade e convocatoria establecida para avaliación outorgarase automáticamente a calificación de non presentado.


Fontes de información
Bibliografía básica López D, Ramos J, Alonso F, García R (2012). Manual de Podología. Conceptos, Organización Psicológica y Práctica Clínica. . Madrid: CERSA.
Vileikyte L, González JS (2008). Aspectos Psicosociales de las Complicaciones del Pie Diabético. En M.E. Levin L.W. & O´Neal (Eds). El Pie Diabético. (pp.589 - 598).. Barcelona: Elsevier.
López-López D, García-Mira R, Palomo-López P, Sánchez-Gómez R, Ramos-Galván J, Tovaruela-Carrión N, (2017). Attitude and knowledge about foot health: a spanish view.. Rev Lat Am Enfermagem. 2017 Apr 6;25:e2855
Llor B, Abad MA, García M, Nieto, J (1995). Ciencias Psicosociales Aplicadas a la Salud.. Madrid: McGraw Hill.
Palomo-López P, Rodríguez-Sanz D, Becerro-de-Bengoa-Vallejo R, Losa-Iglesias ME, Guerrero-Martín J, (2017). Clinical aspects of foot health and their influence on quality of life among breast cancer survivors: a case-control study. Cancer Manag Res. 2017 Nov 1;9:545-551
López-López D, Grela-Fariña M, Losa-Iglesias ME, Calvo-Lobo C, Rodríguez-Sanz D, Palomo-López P, Bec (2018). Clinical Aspects of Foot Health in Individuals with Alzheimer's Disease.. Int J Environ Res Public Health. 2018 Feb 7;15(2). pii: E286
Tovaruela-Carrión N, López-López D, Losa-Iglesias ME, Álvarez-Ruíz V, Melero-González G, Calvo-Lobo (2018). Comparison of health-related quality of life between patients with different metatarsalgia types and matched healthy controls: a cross-sectional analysis.. Sao Paulo Med J. 2018 Sep-Oct;136(5):464-471
Simón MA (1992). Comportamiento y salud. . Valencia: Promolibro.
Whitehead M (1990). Conceptos y principios de igualdad y salud. En Programa de políticas de salud y Planificación, OMS. . Copenhague: Ministerio de Sanidad y Consumo.
Losa ME, Becerro de Bengoa-Vallejo R (2003). Criterios americanos de patología podológica. En A.E. Levy, & J.M. Cortes (Eds). Ortopodología y aparato locomotor. Ortopedia de pie y tobillo (pp. 455 - 481).. Barcelona: Masson.
Ramos J (2007). Detección Precoz y confirmación diagnóstica de alteraciones podológicas en la población escolar. (Tesis doctoral).. Universidad de Sevilla, Sevilla.
Losa ME, Becerro de Bengoa-Vallejo B. (2005). Diferente asunción de los avances en el campo de la biotecnología en la sociedad española y la norteamericana actual.. Madrid : C.E.R.S.A.
Perea R (2005). Educación para la salud: reto de nuestro tiempo.. Madrid: Díaz Santos.
Salleras L (1985). Educación Sanitaria, principios. . Madrid: Díaz de Santos
Palomo-López P, Becerro-de-Bengoa-Vallejo R, Losa-Iglesias ME, López-López D, Rodríguez-Sanz D, Rome (2018). Effect of generalized ligamentous hyperlaxity related of quality of life in the foot: a case controlled study. Rev Assoc Med Bras (1992). 2018 Sep;64(9):819-823
Beneson AS (1992). El control de las enfermedades. . Washington: Organización Panamericana de Salud.
Becerro de Bengoa R, Losa ME, Berzosa M (2005). Estudio bibliométrico de la producción científica en materia de podología a través de la revista Podoscopio desde los años 1984-2001. Madrid: C.E.R.S.A.
Álvarez J (2006). Estudio de las creencias, salud y enfermedad. Análisis Psicosocial.. Sevilla: Editorial Mad Sl.
Lopez-Lopez D, Vilar-Fernandez JM, Calvo-Lobo C, Losa-Iglesias ME, Rodriguez-Sanz D, Becerro-de-Beng (2017). Evaluation of Depression in Subacute Low Back Pain: A Case Control Study. Pain Physician. 2017 May;20(4):E499-E505
López-López D, Becerro-de-Bengoa-Vallejo R, Losa-Iglesias ME, Palomo-López P, Rodríguez-Sanz D, Bran (2018). Evaluation of foot health related quality of life in individuals with foot problems by gender: a cross-sectional comparative analysis study. BMJ Open. 2018 Oct 18;8(10):e023980
Cala-Pérez L, Losa-Iglesias ME, Rodríguez-Sanz D, Calvo-Lobo C, López-López D, Becerro-de-Bengoa-Val (2018). Evaluation of podiatric disorders in a sample of children with intellectual disabilities: an analytical cross-sectional study. Sao Paulo Med J. 2018 Nov-Dec;136(6):505-510
López-López D, Vilar-Fernández JM, Barros-García G, Losa-Iglesias ME, Palomo-López P, Becerro-de-Ben (2018). Foot Arch Height and Quality of Life in Adults: A Strobe Observational Study. Int J Environ Res Public Health. 2018 Jul 23;15(7). pii: E1555
Rodríguez-Sanz D, Tovaruela-Carrión N, López-López D, Palomo-López P, Romero-Morales C, Navarro-Flor (2018). Foot disorders in the elderly: A mini-review.. Mosby-Elsevier, Maryland Heights
Rodríguez-Sanz D, Barbeito-Fernández D, Losa-Iglesias ME, Saleta-Canosa JL, López-López D, Tovaruela (2002). Foot health and quality of life among university students: cross-sectional study. Sao Paulo Med J. 2018 Mar 29;136(2):123-128
López-López D, Martínez-Vázquez M, Losa-Iglesias ME, Calvo-Lobo C, Rodríguez-Sanz D, Palomo-López P, (2018). Foot health-related quality of life among elderly with and without lesser toe deformities: a case-control study. Patient Prefer Adherence. 2018 Feb 12;12:251-255
Palomo-López P, Becerro-de-Bengoa-Vallejo R, Losa-Iglesias ME, Rodríguez-Sanz D, Calvo-Lobo C, López (2017). Impact of Hallux Valgus related of quality of life in Women.. Int Wound J. 2017 Oct;14(5):782-785
Palomo-López P, Becerro-de-Bengoa-Vallejo R, Losa-Iglesias ME, Rodríguez-Sanz D, Calvo-Lobo C, López (2017). Impact of plantar fasciitis on the quality of life of male and female patients according to the Foot Health Status Questionnaire. J Pain Res. 2018 Apr 27;11:875-880
López-López D, Rodríguez-Vila I, Losa-Iglesias ME, Rodríguez-Sanz D, Calvo-Lobo C, Romero-Morales C, (2017). Impact of the quality of life related to foot health in a sample of pregnant women: A case control study.. Medicine (Baltimore). 2017 Mar;96(12):e6433
López DL, Fernández JM, Iglesias ME, Castro CÁ, Lobo CC, Galván JR, de Bengoa Vallejo RB (2016). Influence of depression in a sample of people with hallux valgus. Int J Ment Health Nurs. 2016 Dec;25(6):574-578
Rodríguez-Sanz D, Losa-Iglesias ME, López-López D, Calvo-Lobo C, Palomo-López P, Becerro-de-Bengoa-V (2017). Infrared thermography applied to lower limb muscles in elite soccer players with functional ankle equinus and non-equinus condition. PeerJ. 2017 May 25;5:e3388
Rodríguez-Marín J (1999). La Psicología de la Salud en la España actual. En : Simón, M.A (Eds). Manual de Psicología de la Salud. Fundamentos, Metodología y Aplicaciones, (pp. 177-216).. Madrid: Biblioteca Nueva S.L.
Agencia Nacional de Evaluación de la Calidad y Acreditación (2005). Libro Blanco. Título de Grado en Podología. Madrid
Hernandez-Aguado, Lumbreras-Lacarra B (2019). Manual de Epidemiología y Salud Pública para grados en Ciencias de la Salud. Madrid: Panamericana
Vaquero JL (1992). Manual de Medicina Preventiva y Salud Pública. Madrid: Pirámide
Simón MA, Amenedo E (2001). Manual de Psicofisología Clínica. Madrid: Pirámide
Sánchez A (2007). Manual de Psicología Comunitaria. Un enfoque integrado.. Madrid: Pirámide.
Simón MA (1999). Manual de Psicología de la Salud. Fundamentos, Metodología y Aplicaciones.. Madrid: Biblioteca Nueva S.L.
Rodíguez-Marín J, Neipp MC (2008). Manual de Psicología Social de la Salud. . Editorial Síntesis.
Gil P (2001). Medicina Preventiva y Salud Pública. (10ª Ed). . Barcelona: Masson.
Pumarola A (1980). Medicina Preventiva y Social: Higiene y sanidad ambiental. . Madrid: Amadeo.
Robbins JM (1995). Podología y Atención primaria.. Madrid: Panamericana.
López D (2011). Podología y Salud: Un análisis de las representaciones sociales de las enfermedades del pie desde una perspectiva psicosocial.. A Coruña: Universidade da Coruña.
Blain H, Jeandel C (2007). Prevención y EnvejecimientoEn I. Herbaux, H. Blain, & C. Jeandel (Eds), Podología Geriátrica. (pp. 14-40).. Badalona : Paidotribo.
Turner WA, Merriman LM (2007). Principios terapéuticos fundamentales. En W.A.Turner, & L.M. Merriman (Eds). Habilidades Clínicas para el tratamiento del pie. (pp 1-14).. Madrid : Elsevier.
Alonso B, Martínez A, Pérez JJ, Blanco O, Lado ME, González-Zaera J, Hervada J (2006). Programa galego de actividades saludables, exercicio e alimentación (PASEA). Documentos técnicos de saúde pública serie A. Nº 17. . Santiago de Compostela: Xunta de Galicia.
Gallar M (2006). Promoción de la salud y apoyo psicológico al paciente. Madrid: Paraninfo
Oblitas LA, Becoña E (2008). Psicología de la Salud. . México: Plaza y Valdes Editores, S.A.
Godoy JF (1999). Psicología de la Salud: delimitación conceptual. En M.A. Simón (Eds). Manual de Psicología de la Salud. Fundamentos, Metodología y Aplicaciones (pp. 39-45). Madrid: Biblioteca Nueva S.L
López DL, Callejo González L, Losa Iglesias ME, Canosa JL, Sanz DR, Lobo CC, Becerro de Bengoa Valle (2016). Quality of Life Impact Related to Foot Health in a Sample of Older People with Hallux Valgus. Aging Dis. 2016 Jan 2;7(1):45-52
López López D, Rivas López M, Bouza Prego Mde L, María Mónaco L, Losa Iglesias ME, Saleta Canosa JL, (2015). Quality of life impact related to foot health in a sample of sea workers. J Tissue Viability. 2015 Nov;24(4):146-52
Becerro de Bengoa Vallejo R, López López D, Palomo López P, Soriano Medrano A, Morales Ponce Á, Losa (2019). Quality of life improvement in aged patients after toenail surgery.. Z Gerontol Geriatr. 2019 Feb 1
Ley 44/2003 de Ordenación de Profesiones Sanitarias. (2003). Recuperado 21 de Octubre, 2008. http://www.boe.es/boe/dias/2003/11/22/pdfs/A41442-41458.pdf
López-López D, Becerro-de-Bengoa-Vallejo R, Losa-Iglesias ME, Rodríguez-Sanz D, Palomo-López P, Calv (2019). Relationship between depression scores and degree of skin perspiration: A novel cross-sectional study.. Int Wound J. 2019 Feb;16(1):139-143
Palomo-López P, Becerro-de-Bengoa-Vallejo R, Elena-Losa-Iglesias M, López-López D, Rodríguez-Sanz D, (2019). Relationship of Depression Scores and Ranges in Women Who Suffer From Fibromyalgia by Age Distribution: A Case-Control Study. Worldviews Evid Based Nurs. 2019 Jun;16(3):211-220
Gestal JJ (1993). Riesgos del trabajo del personal. Madrid: Interamericana Mc Graw-Hill.
O´Donnel T (2007). Salud y promoción de la salud. En W.A Turner, & M.A. Merriman (Eds). Habilidades Clínicas para el tratamiento del pie, (pp. 69 -88).. Madrid: Elsevier.
Rodríguez-Sanz D, Becerro-de-Bengoa-Vallejo R, López-López D, Calvo-Lobo C, Martínez-Jiménez EM, Per (2018). Slow velocity of the center of pressure and high heel pressures may increase the risk of Sever's disease: a case-control study.. BMC Pediatr. 2018 Nov 19;18(1):357
Calvo-Lobo C, Painceira-Villar R, López-López D, García-Paz V, Becerro-de-Bengoa-Vallejo R, Losa-Igl (2018). Tarsal Tunnel Mechanosensitivity Is Increased in Patients with Asthma: A Case-Control Study. J Clin Med. 2018 Dec 12;7(12). pii: E541
Navarro-Flores E, Losa-Iglesias ME, Becerro-de-Bengoa-Vallejo R, Lopez-Lopez D, Vilar-Fernandez JM, (2018). Transcultural Adaptation and Validation of the Spanish Bristol Foot Score (BFS-S). Aging Dis. 2018 Oct 1;9(5):861-868
Navarro-Flores E, Losa-Iglesias ME, Becerro-de-Bengoa-Vallejo R, López-López D, Rodríguez-Sanz D, Pa (2018). Translation and Test?Retest of the Spanish Podiatry Health Questionnaire (PHQ-S). Int J Environ Res Public Health. 2018 Oct 10;15(10)

Bibliografía complementaria López-López D, Cancela-Carral JM, Araujo R, Losa-Iglesias ME, Becerro-de-Bengoa-Vallejo R, Rodríguez (2019). Association between sex differences on foot health related to the quality of life in a sample of sedentary people.. Rev Assoc Med Bras (1992). 2019 Feb;65(2):149-155
Calvo Lobo C, Vilar-Fernández JM, Losa-Iglesias ME, López-López D, Rodríguez-Sanz D, Palomo-López P, (2019). Depression Symptoms Among Older Adults With and Without Subacute Low Back Pain. Rehabil Nurs. 2019 Jan/Feb;44(1):47-51
Corrales R (1999). Epidemiología del pie cavo en la población escolar de Málaga. (Tesis doctoral).. Universidad de Málaga, Málaga.
Pérez MC (1999). Epidemiología del pie plano en la población preescolar de Málaga. (Tesis doctoral). . Universidad de Málaga, Málaga.
Clayton Y, Hay R (1994). Epidemiology of fungal skin and nail disease: roundtable discussion held at Dermatology 2000, Vienna, 17 May 1993.. The British Journal Of Dermatology, 130, 439-11.
Calvo A (2007). Estudio de casos y controles para la evaluación de la asociación de parámetros morfológicos del pie y la presencia de Hallux Rigidus.(Tesis doctoral).. Universidad de Rovira y Virgili, Tarragona.
Domínguez G, Munuera, PV (2009). Evaluación Radiográfica del primer segmento metatarso-digital. En P.V Munuera (Ed). El primer radio biomecánica y ortopodología (pp. 73-103). . Santander: Exa Editores S.L.
Calvo-Lobo C, Painceira-Villar R, García-Paz V, Becerro-de-Bengoa-Vallejo R, Losa-Iglesias ME, Munue (2019). Falls rate increase and foot dorsal flexion limitations are exhibited in patients who suffer from asthma: A novel case-control study. Int J Med Sci. 2019 Apr 25;16(4):607-613
López-López D, Painceira-Villar R, García-Paz V, Becerro-de-Bengoa-Vallejo R, Losa-Iglesias ME, Rodr (2019). Impact of the Allergic Asthma on Foot Health-Related Quality of Life and Depression: A Novel Case-Control Research. Medicina (Kaunas). 2019 May 8;55(5). pii: E124
Crawford, F., Atkins, D., & Edwards, J. (2003). Interventions for treating plantar heel pain. . Cochrane Database Syst Rev 2003, CD000416
Alemany J, Flamarich M, Mañe F, Sala, J (1998). Podología historia de una profesión. Barcelona: Index
Losa ME, Becerro de Bengoa-Vallejo R, Saez A, Salvadores, P (2009). Poor Sitting Posture and Metatarsus Adductus Deformity.. Journal of the American Podiatric Medical Association, 99 (2), 174-177.
Palomo-López P, Calvo-Lobo C, Becerro-de-Bengoa-Vallejo R, Losa-Iglesias ME, Rodriguez-Sanz D, Sánch (2019). Quality of life related to foot health status in women with fibromyalgia: a case-control study.. Arch Med Sci. 2019 May;15(3):694-699
Dresch V (2006). Relaciones entre personalidad y salud física / psicológica diferencias según sexo / género, situación laboral y cultura / nación. (Tesis Doctoral). . Universidad Complutense de Madrid, Madrid.
Domínguez G, Munuera PV, Lafuente G (2006). Relatiive metatarsal protusion in the adult: a preliminary study.. J Am Podiatr Med Assoc, 96 (3), 238-44.
Lopez-Lopez D, Becerro-de-Bengoa-Vallejo R, Losa-Iglesias ME, Soriano-Medrano A, Palomo-Lopez P, Mor (2019). Relationship Between Decreased Subcalcaneal Fat Pad Thickness and Plantar Heel Pain. A Case Control Study. Pain Physician. 2019 Jan;22(1):109-116.
Palomo-López P, Losa-Iglesias ME, Becerro-de-Bengoa-Vallejo R, López-López D, Rodríguez-Sanz D, Rome (2019). Specific foot health-related quality-of-life impairment in patients with type II versus type I diabetes. Int Wound J. 2019 Feb;16(1):47-51
López López D, Bouza Prego Mde L, Requeijo Constenla A, Saleta Canosa JL, Bautista Casasnovas A, Taj (2014). The impact of foot arch height on quality of life in 6-12 year olds.. Colomb Med (Cali). 2014 Dec 30;45(4):168-72
Dawson, J., Thorogood, M., Marks, S. A., Juszczak, E. D., Dodd, C., Lavis, G., & Fitzpatrick (2002). The prevalence of foot problems in older women: a cause for concern. . Journal of Public Health Medicine, 24, 77-84.
Losa ME, Becerro de Bengoa-Vallejo R (2008). Tratamiento no farmacológico del dolor en la osteoartritis basado en la evidencia.. Revista Española de Podología 19 (4), 154-156.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Psicoloxía Aplicada e Saúde/750G02105
Patoloxía Podolóxica I/750G02119
Ortopodoloxía II/750G02116
Ortesioloxía Dixital e Calzadoterapia /750G02117
Patoloxía Xeral Aplicada en Podoloxía /750G02102
Podoloxía xeral /750G02110
Conceptos Xerais de Cirurxía/750G02127
Bases para a Interpretación do Coñecemento Científico/750G02108
Ortopodoloxía I/750G02115

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Dermatoloxía/750G02124
Patoloxía Podolóxica II/750G02120
Ortopodoloxía Clínica/750G02118
Cirurxía Podolóxica 1/750G02128

Materias que continúan o temario
Cirurxía Podolóxica 2/750G02129
Traballo Fin de Grao/750G02133
Prácticum II/750G02135
Prácticum III/750G02136
Prácticum I/750G02134
Podoloxía Deportiva/750G02123
Ética, Lexislación e Xestión en Podoloxía/750G02113
Pé de Risco/750G02131

Observacións

Para o seguemento das diferentes metodoloxías na aula da materia recoméndase a utilización dun ordenador portátil que dispoña de conexión wifi.

Asemade, ca finalidade de conquerir unha contorna inmediata sustentable e cumprir o obxectivo estratéxico do Plan de Sustentabilidade Medio-ambiental Green Campus FEP, tódolos traballos documentais que se realicen nesta materia serán entregados a través de Moodle, en formato dixital, sen necesidade de imprimilos.


De realizarse en papel: 

- Non se empregarán plásticos. - Realizaránse impresións a dobre cara.
- Empregarase papel reciclado.
- Evitaranse imprimir borradores.




(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías