Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Ortopodoloxía Clínica Código 750G02118
Titulación
Grao en Podoloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
Santalla Borreiros, Fátima
Correo electrónico
f.santalla@udc.es
Profesorado
Santalla Borreiros, Fátima
Correo electrónico
f.santalla@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.gal/
Descrición xeral A materia versará sobre as indicacións e contraindicacións na aplicación de próteses e ortesis á extremidade inferior; deseño, obtención e aplicación mediante diferentes técnicas e materiais de próteses e ortesis para as alteracións do pé, así como coñecer e deseñar o plan de tratamento ortopodolóxico da patoloxía da extremidade inferior. Apricando estes contidos teórico-prácticos a unhas primeiras prácticas clínicas no servizo de Patomecánica e Ortopodoloxía da Clínica Universitaria de Podoloxía da UDC (CUP)

Competencias do título
Código Competencias do título
A103 CE39 - Coñecer e desenvolver as técnicas de exploración, para emitir un diagnóstico e prognóstico, e deseñar o plan de tratamento ortopodolóxico de acordo aos obxectivos terapéuticos
A104 CE40 - Desenvolver a habilidade e destreza no uso do instrumental, material e maquinaria empregados para a confección e aplicación de tratamentos ortopodolóxicos identificando os riscos derivados da actividade e implementando as medidas de seguridade necesarias
A105 CE41 -Coñecer, diagnosticar e tratar as patoloxías do pé: Traumatismos óseos e músculo-ligamentosos, patoloxía de antepe e retropé, deformidades conxénitas e adquiridas, lesións neurolóxicas, Amputacións e Asimetrías
A106 CE42 -Obter os coñecementos e capacidade para deseñar, obter e aplicar as orteses plantares, ortesis dixitais, próteses e férulas mediante o uso de diferentes técnicas e materiais
A110 CE46 - Adquirir a capacidade de prescribir tratamentos ortopédicos da extremidade inferior
B24 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B28 CG01 - Coñecer e aplicar os fundamentos teóricos e metodolóxicos da Podoloxía e Podiatría
B30 CG03 - Obter a capacidade, habilidade e destreza necesarias para diagnosticar, prescribir, indicar, realizar e/ou elaborar e avaliar calquera tipo de tratamento podolóxico, ortopodolóxico, quiropodolóxico, cirurxía podolóxica, físico, farmacolóxico, preventivo e/ ou educativo, baseado na Historia clínica
B32 CG05 - Colaborar cos profesionais sanitarios especificamente formados na materia, na adaptación e uso de prótese e axudas técnicas necesarias, segundo as condicións físicas, psicolóxicas e sociais dos doentes
B39 CG12 -Capacidade para a cooperación, o traballo en equipo e a aprendizaxe colaborativo en contornas interdisciplinares
C9 CT01 - Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma
C13 CT05 - Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras
C15 CT07 - Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sustentable ambiental, económico, político e social
C16 CT08 - Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer os diferentes plans de tratamento ortopodolóxico e ortoprotésico do membro inferior A103
A105
B24
B28
C9
C13
C16
Coñecer e realizar a prescripción dos tratamentos ortopodolóxicos e ortoprotésicos da extremidade inferior. A110
B30
C9
C15
Aplicar á asistencia clínica os conceptos necesarios para o estudo e diagnóstico da patomecánica do pe e a confección dos seus tratamentos ortopodolóxicos A104
A106
B32
B39
C15

Contidos
Temas Subtemas
Conceptos necesarios no estudo e diagnóstico das patoloxías podolóxicas susceptibles de tratamento ortopodolóxico
Tratamento protésico das amputacións do membro inferior
Axudas e ortesis para a marcha
Tratamento ortopodolóxico das deformidades conxénitas, lesións neurolóxicas e grandes deformidades.
Tratamento ortopodolóxico das asimetrías do membro inferior
Tratamento ortopodolóxico da patoloxía podolóxica infantil e xeriátrica
Plans de tratamento ortopodolóxico e ortoprotésico da patoloxía do membro inferior con repercusión no pe.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A105 A106 A110 B28 C16 13 27 40
Seminario A103 A104 B24 B39 6 10 16
Prácticas clínicas A103 A104 A105 A106 B30 B32 B39 C9 C13 C15 25 9 34
Traballos tutelados A105 B39 C9 C16 2 16 18
Proba práctica A103 A104 A106 2 15 17
Proba obxectiva A103 A105 A106 A110 B28 2 20 22
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Os contidos teóricos da materia serán impartidos mediante clases expositivas, con apoio de medios audiovisuais, imaxes, vídeos,... e con enfoque participativo por parte do alumnado.
Seminario Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (prácticas guiadas, exposicións, simulacións, debates, solución de problemas,... etc) a través da que o alumnado reforzará os seus coñecementos teóricos, co apoio e supervisión do profesorado. Ó comenzo de curso fixarase as datas e grupos dos diferentes seminarios.
Prácticas clínicas Nas prácticas clínicas o alumnado debe pór en práctica os contidos teóricos da materia con actividades individuais ou en grupo. Ditas prácticas consistirán en prácticas de simulación clínica na Facultade e prácticas clínicas con pacientes reais na CUP. Ó comezo de curso fixarase as datas e grupos dos diferentes días de prácticas e instalacións onde se levarán a cabo, así como o material e indumentaria necesario.
Traballos tutelados O alumnado desenvolverá un traballo obrigatorio en grupo sobre un plan de tratamento ortopodolóxico.
Proba práctica A proba práctica consistirá na simulación dun caso clínico no que o alumnado deberá demostrar os coñecementos mínimos para a súa resolución, cun plan de tratamento xustificado e a fabricación do tratamento ortopodolóxico indicado.
Proba obxectiva A proba obxectiva está relacionada cos contidos expostos nas sesións maxistrais, seminarios e prácticas clínicas

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba práctica
Sesión maxistral
Seminario
Traballos tutelados
Proba obxectiva
Descrición
A atención personalizada realizarase de forma presencial ou virtual a través do correo electrónico ou Teams, programada previamente coa profesora.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba práctica A103 A104 A106 O alumnado debe superar a proba práctica da materia cun mínimo do 50% da avaliación total da mesma para superar a materia 10
Seminario A103 A104 B24 B39 Avaliarase a presencialidade e participación do alumnado nas diferentes actividades realizadas nos seminarios. Non é obrigatoria a asistencia a os seminarios para superar a materia, pero si avaliable. 10
Prácticas clínicas A103 A104 A105 A106 B30 B32 B39 C9 C13 C15 SERÁ OBRIGATORIO A ASISTENCIA Á TOTALIDADE DAS PRÁCTICAS CLÍNICAS PARA SUPERAR A MATERIA.
Avaliarase a presencialidade e participación do alumnado nas mesmas. O alumnado que teña faltas de puntualidade e de actitude durante as prácticas, será penalizado en cada ocasión, sobre a nota de prácticas.
Ao comezo de curso elaborarase un calendario de prácticas por grupo. É necesario obter, polo menos, un 50 % da calificación total desta metodoloxía para superar a materia
10
Traballos tutelados A105 B39 C9 C16 Avaliarase o interese do tema, a procura bibliográfica e a estructura e contido do traballo. O alumnado deberá expoñer de forma oral o traballo e a exposición tamen computará na avaliación. Salvo causa xustificada todo o alumnado debe estar presente na exposición dos traballos.
Ao comezo de curso fixarase a data límite de entrega de traballos e a data de exposición . É necesario obter, polo menos, un 50 % da calificación total desta metodoloxía para superar a materia
10
Proba obxectiva A103 A105 A106 A110 B28 Devandito exame realizarase sobre a totalidade dos contidos da materia e todos os contidos desenvolvidos tanto nas sesións maxistrais, como nos seminarios, prácticas clínicas e exposición de traballos tutelados.
É necesario obter, polo menos, un 50% da cualificación total da proba obxectiva para superar a materia.
15 días antes da proba facilitaráselle ó alumnado as indicacións, tipo de preguntas e puntuación das preguntas do examen.
60
 
Observacións avaliación

PARA SUPERAR A MATERIA É NECESARIO:



- PRÁCTICAS CLÍNICAS: Asistir á totalidade das prácticas clínicas. A FALTA DE ASISTENCIA INXUSTIFICADA* A ALGUNHA DAS PRÁCTICAS SEGÚN O CALENDARIO MARCADO Ó INICIO DE CURSO SUPORÁ O SUSPENSO DA MATERIA. O alumno/a que non poda asistir a prácticas por unha causa xustificada debe avisar ó docente a través do correo electrónico canto antes e nunca mais tarde do día da práctica e posteriormente presentar un xustificante nun prazo de 7 días. Non dar aviso ó docente en tempo ou non presentar o xustificante en prazo suporá o suspenso das prácticas clínicas.

- PROBA PRÁCTICA: Superar a proba práctica cun 50% da calificación total desta.



- TRABALLOS TUTELADOS: Realizar o traballo tutelado de acordo ás pautas
do profesor. Obter, polo menos, un 50% da calificación total do traballo
tutelado. E obrigatorio a asistencia á exposición dos traballos tutelados,
salvo causas xustificadas*.



- PROBA OBXECTIVA: Superar a proba obxectiva cun 50% da calificación
total desta.





É NECESARIO QUE A SUMA DE TÓDALAS METODOLOXIAS OBTEÑAN UN 50% DA
CUALIFICACIÓN TOTAL DA MATERIA

*A FALTA DE ASISTENCIA ÁS PRÁCTICAS CLÍNICAS, ACTIVIDADES OBRIGATORIAS OU PROBAS DE AVALUACIÓN TAN SO ESTARÁN XUSTIFICADAS POLAS SEGUINTES CAUSAS: 

a) Enfermidade ou lesión que incapacite para a realización da práctica ou proba (indispensable previo aviso á docente a través do correo electrónico e xustificante médico do mesmo día ou anterior á falta). 

b) Falecemento dun familiar ata o terceiro grao ata catro días antes. 

c) Citación xudicial que coincida coa data da práctica ou proba.

d) Asistencia como membro a unha sesión do Claustro, do Consello Social, Consello de Goberno ou de calquera órgano colexiado de goberno da UDC ou de calquera órgano onde se acuda en representación da UDC, que coincida coa data da práctica ou proba.

e) Participación en competición deportiva como deportista de alto nivel ou alto rendemento, ou como deportista da UDC participando en competicións de ámbito autonómico ou superior.

f) Asistencia a unha mobilización estudiantil cando coincida coa realización dunha tarefa ou actividade cuxa inasistencia afecte á cualificación da materia. En todo caso naqueles termos que regulen os órganos de goberno da Universidade.

MATRICULA DE HONRA. O alumnado con nota igual ou
superior a 9 poderán optar a matrícula de honra. A decisión tomarase pola nota
máis altas. De existir empate tomarase como referencia a nota máis alta das
metodoloxías dende as de máis peso as de menor peso na avaliación.



NON PRESENTADO. O alumnado que non curse ou participe en ningunha das
metodoloxías de avaliación será avaliado como "NON PRESENTADO".



MATRICULA PARCIAL. Para superar a materia deben superar nun 50% a nota
da proba obxectiva, o 50% da nota das prácticas clínicas e o 50% da proba práctica. A asistencia
ás prácticas clínicas é obrigatoria. O traballo tutelado teñen a
posibilidade de facelo de modo individual. É obrigatorio a exposición e a
asistencia ó día da exposición dos traballos, salvo causas xustificadas*. A
asistencia ós seminarios pode ser sustituida pola realización dun traballo a
acordar co profesor. O alumnado debe informar ó profesor desa situaciónn o inicio das clases. É necesario obtener un 50% da calificación global da asignatura.

DISPENSA. O alumnado con solicitude de dispensa ten a obriga de asistir
á totalidade das prácticas clínicas. A avaliación das prácticas clínicas e a proba práctica será a mesma que para o resto do alumnado, tendo que superar as mesmas nun 50%. E terá a opción de ser
avaliado do resto das competencias na proba obxetiva (80%),
sendo requisito imprescindible para superar a materia aprobar cunha puntuación
igual ou superior ó 50%. 



OPORTUNIDADE ADIANTADA. Os criterios de avaliación serán os mesmos que para o
resto das convocatorias, según o tipo de matrícula do estudiante.



2º O POSTERIORES OPORTUNIDADES. O alumnado presentado a 2º ou
posteriores oportunidades gardaráselles as notas da parte de proba práctica,
seminarios, traballos tutelados e exposición oral durante dous cursos sempre que participase e
superase as diferentes actividades.

Ante unha situación de plaxio ou copia nas probas de avaliación aplicarase a normativa da UDC.

"A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario".


Fontes de información
Bibliografía básica Oriol Cohí, Lluís Ximeno (2011). Actualizaciones en técnica ortopédica. Barcelona: Masson
Webster, Joseph B, Murphy, Douglas (2019). Atlas of orthoses and assistive devices.5th Edition. Elsevier
Kirby, K. (2019). Biomecánica del Pie y la Extremidad Inferior V : Artículos de Precisión Intricast, 2014-2018. Payson, Arizona : Precision Intricast
Kirby, K. (2012). Biomecánica del Pie y la Extremidad Inferior, 3 Vols.. Payson:Autor-editor
Kirby, K. (2016). Biomecánica del pie y la extremidad inferior, Vol. IV: Articulos de precision Intricast. Payson:Autor-editor
Viosca Herrero, Enrique (2004). Guía de uso y prescripción de productos ortoprotésicos a medida. Valencia: Instituto de Biomecánica de Valencia (IBV)
Lusardi, Michelle M. (2020). Orthotics and prosthetics in rehabilitation. Elsevier

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Patoloxía Podolóxica I/750G02119
Ortopodoloxía II/750G02116
Ortesioloxía Dixital e Calzadoterapia /750G02117
Biomecánica do Membro Inferior/750G02111
Podoloxía xeral /750G02110
Ortopodoloxía I/750G02115

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Patoloxía Podolóxica II/750G02120

Materias que continúan o temario
Prácticum II/750G02135
Prácticum III/750G02136
Prácticum I/750G02134

Observacións
MATERIAL DOCENTE. Tanto o material empregado na aula, como o dispoñible no campus Virtual e TEAMS da materia está protexido pola Lei de Propiedade Intelectual (Real Decreto Lexislativo 1/1996, do 12 de abril, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Propiedade Intelectual), e ponse ao dispor dos estudantes matriculados na materia, exclusivamente para o seu uso persoal.

Calquera extracción destes materiais para poñelos ao dispor de terceiros por calquera outro medio (fotocopiadoras, correo electrónico, páxinas web etc.)/ etc.), é un acto ilícito que conlevará as medidas legais e disciplinarias pertinentes, considerándose unha falta grave ou moi grave de acordo co Regulamento Disciplinar do Estudantado da Universidade da Coruña e unha infracción grave ou moi grave da Lei de Propiedade Intelectual.

SUSTENTABILIDADE. Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol":

1.- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

1.1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático

1.2. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos

 2.- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.

PERSPECTIVA DE XÉNERO. "Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)
-Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
-Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas."



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías