Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Podoloxía Física Código 750G02121
Titulación
Grao en Podoloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
Romero Soto, Manuel
Correo electrónico
manuel.romero.soto@udc.es
Profesorado
Romero Soto, Manuel
Correo electrónico
manuel.romero.soto@udc.es
Web http://moodle.udc.es
Descrición xeral Podoloxía Física é unha materia pertencente ao 2º Cuadrimestre do 3º curso do Grao de Podoloxía. O obxectivo da materia é formar ao alumnado que a curse na aplicación de terapias físicas e de rehabilitación dentro do marco legal da Podoloxía.

Competencias do título
Código Competencias do título
A112 CE48 - Coñecer e aplicar os métodos físicos, eléctricos e manuais na terapéutica das distintas patoloxías morfolóxicas e funcionais do pé e no tratamento da dor e a inflamación
B24 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B27 CB5 -Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B29 CG02 - Coñecer a estrutura e función do corpo humano en especial da extremidade inferior, semioloxía, mecanismos, causas e manifestacións xerais da enfermidade e métodos de diagnóstico dos procesos patolóxicos médicos e cirúrxicos, interrelacionando a patoloxía xeral coa patoloxía do pé.
B30 CG03 - Obter a capacidade, habilidade e destreza necesarias para diagnosticar, prescribir, indicar, realizar e/ou elaborar e avaliar calquera tipo de tratamento podolóxico, ortopodolóxico, quiropodolóxico, cirurxía podolóxica, físico, farmacolóxico, preventivo e/ ou educativo, baseado na Historia clínica
B36 CG09 -Valorar de forma crítica a terminoloxía, ensaios clínicos e metodoloxía utilizados na investigación relacionada coa podoloxía
B39 CG12 -Capacidade para a cooperación, o traballo en equipo e a aprendizaxe colaborativo en contornas interdisciplinares
C9 CT01 - Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma
C14 CT06 - Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e aplicar as técnicas de exame físico do membro inferior para o diagnóstico de afeccións podolóxicas B29
B30
Coñecer as bases de funcionamento e as indicacións dos métodos físicos, eléctricos e manuais empregados no tratamento das afeccións A112
B24
Prescribir, administrar e aplicar os métodos físicos, eléctricos e manuais no tratamento das diferentes patoloxías dos pés podolóxicos A112
B24
B30
Coñecer os fundamentos terapéuticos do manexo do paciente con dor B24
B29
B30
Coñecer e aplicar técnicas de vendaxe funcionais para o tratamento de afeccións podolóxicas A112
B27
C9
Deseñar un plan de intervención e tratamento para fisioterapia de diferentes patoloxías podolóxicas B27
B36
B39
C14
Coñecer conceptos básicos de anatomía e fisioloxía útiles para abordar a patoloxía do pé mediante tratamentos físicos B29
B36
C14

Contidos
Temas Subtemas
Método de intervención Definición
Etapas do método de intervención:
- Valoración
- Análisis dos datos
- Formulación do programa de tratamento
- Aplicación do programa
- Avaliación
Valoración do membro inferior Descripción anatómica das articulacións do membro inferior.
Función articular.
Exploración e valoración articular.

Descripción anatómica muscular do membro inferior.
Función muscular.
Exploración e valoración muscular.

Descripción anatómica miofascial do membro inferior.
Función miofascial.
Exploración e valoración miofascial.

Descripción anatómica neural do membro inferior.
Función neural.
Exploración e valoración neural.
Funcionalidade do pe Teoría de estrés de tecidos.
Abordaxe dende a terapéutica física do estrés de tecidos.

Foot Core
Valoración e abordaxe terapéutico.
Fisiología da dor e inflamación e a sua teraèutica con axentes físicos Fisioloxía da dor e inflamación
Terapeutica da dor e da inflamación
Vendaxes en podoloxía Conceptos xerais de vendaxes
Vendaxes funcionais
Vendaxes neuromusculares
Dinamic tape
Cinesiterapia Conceptos xerais cinesiterapia
Clasificación cinesiterapia
Cinesiterapia pasiva
Cinesiterapia activa
Técnicas de cinesiterapia pasiva forzada mantida: estiramentos musculares
Técnicas de cinesiterapia activa libre: propiocepción
Técnicas de exercicio isométrico, concéntrico e excéntrico
Masoterapia Conceptos xerais de masoterapia
Clasificación Masoterapia
Técnicas de masoterapia
Electroterapia Conceptos xerais de electroterapia e ultrasóns
Fundamentos biofísicos da electroterapia
Clasificación da electroterapia
Electroterapia e ultrasóns

Laserterapia Definición
Efectos fisiológicos da laserterapia
Pautas de tratamento
Magnetoterapia Definición
Efectos fisiológicos da magnetoterapia
Pautas de tratamento
Punción seca Definición
Efectos fisiológicos da punción seca
Pautas de tratamento
Crioterapia Definición
Efectos fisiológicos da crioterapia
Pautas de tratamento
Termoterapia Definición
Efectos fisiológicos da termoterapia
Pautas de tratamento
Electrólisis percutanea intratisular (EPI) Definición
Efectos fisiológicos da EPI
Pautas de tratamento
Ondas de Choque Definición
Efectos fisiológicos das ondas de choque
Pautas de tratamento
Exercicio Físico Principios xerais.
Exercício nas diferentes idades.
Entrenamento de resistencia.
Entrenamento de fuerza.
Outras terapias físicas Outras terapias físicas

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A112 B27 B29 B36 C9 14 20 34
Seminario B24 B30 B39 C14 14 25 39
Prácticas de laboratorio A112 B27 C9 C14 18 25 43
Proba mixta A112 B24 B27 B29 B30 B36 C9 2 31 33
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Realizaranse exposicións de contenidos teórico-prácticos por parte do profesorado da materia, fomentándose a interación entre o docente e o alumnado. O alumnado trabajará nos contidos da materia na dedicación non presencial.
Seminario Realizaranse actividades teórico-prácticas en grupos con interacción e a participación do alumnado nos mesmos. O alumnado realizará traballos dos contidos impartidos nestes seminarios na parte non presencial. E obligatorio a asistencia a seminarios para poder realizar os traballos.
Prácticas de laboratorio Realizaranse prácticas en grupos en relación cos temas abordados na sesión maxistral e os seminarios que serán reflexados no portafolio de prácticas. Para aprobar a materia é necesario que o/a alumno/a consiga polo menos o 50% en cada trabajo de prácticas do portafolio.
Proba mixta Exame con dúas seccións: Exame con preguntas obxectivas (50-100) e cuestión de desenvolvemento de casos clínicos. Cada pregunta de opción múltiple terá 5 opcións, das cales só 1 será válida. Por cada 2 preguntas incorrectas, restarase unha correcta. A pregunta de desenvolvemento basearase en casos clínicos. Para aprobar a materia é necesario que o alumno obteña, como mínimo, o 60% da nota en cada apartado (proba e desenvolvemento) desta proba, e que a suma de todos os ítems da avaliación sume como mínimo. 5. puntos de 10emais a suma de todos os items da avaliación some polo menos 5 puntos de 10.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba mixta
Descrición
O alumnado poderá contactar co profesorado a través da plataforma virtual, a través do correo electrónico ou a través de calquera outro medio para resolver calquera dúbida que teñan.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A112 B24 B27 B29 B30 B36 C9 Exame con dúas seccións: Exame con preguntas obxectivas (50-100) e cuestión de desenvolvemento de casos clínicos. Cada pregunta de opción múltiple terá 5 opcións, das cales só 1 será válida. Por cada 2 preguntas incorrectas, restarase unha correcta. A pregunta de desenvolvemento basearase en casos clínicos. Para aprobar a materia é necesario que o alumno obteña, como mínimo, o 60% da nota en cada apartado (proba e desenvolvemento) desta proba, e que a suma de todos os ítems da avaliación sume como mínimo. 5. puntos de 10 60
Prácticas de laboratorio A112 B27 C9 C14 A asistencia a prácticas é obrigatoria e sometida a avaliación por un total do 25% desde apartado. En caso de necesitar realizar algún cambio, será imprescindible que se realice un cambio con algún compañeiro/a. Evaluaráse o portafolio de prácticas que o alumno deberá ir realizando tras cada práctica presentandoo cando haxa realizado todas ellas. E necesario acadar o 50% da nota de cada un dos trabajos para superar a materia. De non ser superado o 50% de cada traballo terase que recuperar a parte correspondiente na seguinte convocatoria.
25% prácticas + 75% portafolio
20
Seminario B24 B30 B39 C14 A asistencia aos seminarios non é obrigatoria pero sí imprescindible para poder presentar os trabajos que se realizarán na dedicación de horas non presenciais. Os alumnos que non asistan os seminarios non terán opción de presentar o trabajo correspondente. 10
Sesión maxistral A112 B27 B29 B36 C9 O alumnado realizará traballo en grupo de cada tema impartido nas sesións maxistrais. Neles se diseñarán un número de preguntas a determinar no comezo do curso e que serán as que conformen a proba mixta da materia no caso en que estas cumplan os estándares mínimos que se exporán na aula. 10
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia é imprescindible a asistencia as prácticas, ter acadado o 50% da nota de cada traballo de prácticas e o 60% de cada sección da proba mixta. En caso de non superar unha destas partes e polo tanto a materia non estea superada otorgaráse a nota da proba non superada e deberá recuperar a parte suspensa na seguinte convocatoria de evaluación.  

Non se recuperarán as prácticas que non fosen debidamente xustificadas segundo a normativa académica.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario

Calquera indicio de copia, falsificación ou plaxio en calquera das partes da materia será causa de falla na materia cunha nota numérica de 0.

Calquera falta de disciplina ou comportamento será motivo de expulsión da aula e suporá o suspenso da materia cunha nota numérica de 0.

Estableceranse 5 preguntas de reserva na proba mixta que poderán ser usadas para o redondeo da nota do exáme e da materia. 

O/a alumno/a que non teña pendente mais de 12 créditos, de materias das que xa estuvese matriculado nalgún curso académico, ou de 18 créditos correspondentes as prácticas, ademais do TFG, para rematar os seus estudos poderá concorrer a unha oportunidade adiantada de avaliación, que se realizará antes da finalización das actividades académicas do 1º cuadrimestre, en aquelas datas que se establezcan no calendario académico aprobado polo Consello de Goberno. Desta forma será evaluado mediante unha proba tipo test de contidos teórico-prácticos según o programa da asignatura.

Aqueles/as alumnos/as con matrícula parcial ou dispensa, poden realizar as actividades avaliables da sesión maxistral e seminarios de modo individual e a distancia. A asistencia ás prácticas de laboratorio continuarán sendo requisito imprescindible para superar a materia. 


2º convocatoria. O alumnado presentado a 2º oportunidade gardaráselles as notas das  diferentes metodoloxías avaliadas sempre que participase e superase as diferentes actividades.

O alumnado que concorra a segundas e posteriores matrículas serán avaliados conforme a guía docente e os requerimentos docentes e académicos do curso correspondente, sendo responsabilidade do/a alumno/a antes de iniciar o curso reunirse cos profesores responsables da materia para establecer e clarificar aquelas dúbidas que puderan surxir. Recórdase que cada ano poden facerse modificacións nas asignaturas e o alumnado ha de ser consciente deste feito.

O número de Matrículas de Honra establecerase en base o número de alumnado matriculado. As Matrículas de Honra concederanse as mellores cualificacións finais. En caso de empate farase unha proba obxectiva entre os candidatos.

A cualificación NON PRESENTADO/A será obtida por aqueles/as alumnos/as que non acudan ó examen final nas datas establecidas pola Xunta do Centro.

Oportunidade adiantada de avaliación: O alumnado que se encontre nos supostos recollidos na normativa de xestión académica da UDC dispoñerá desta opción para superar a materia mediante unha proba escrita de características similares á a recollida no proceso de avaliación que terá un peso do 100% da cualificación final


Fontes de información
Bibliografía básica Tixa, Serge (2006). Atlas de anatomía palpatoria. Barcelona: Masson
Gallego, T (2007). Bases teóricas y fundamentos de la fisioterapia. Madrid: Panamericana
Aramburu de Vega, Cristina (1998). Electroterapia, termoterapia e hidroterapia. Madrid : Síntesis
Maya Martín, Julián (2010). Estimulación eléctrica transcutánea y neuromuscular . Barcelona : Elsevier
Norris, CM (2001). Estiramientos. Barcelona: Paidotribo
Norris, CM (2001). Estiramientos. Barcelona: Paidotribo
Daza Lesmes, J. (2007). Evaluación clinico funcional del movimiento corporal humano. Madrid: Panamericana
Kapandji, I. A. (2006-2010). Fisiología articular : esquemas comentados de mecánica humana. Madrid : Médica Panamericana
Díaz Mohedo, E. (2015). Fisioterapia en traumatología. Barcelona: Elsevier
Mayoral del Moral, O. et al (2017). Fisioterapia invadida del sindrome de dolor miofascial. Madrid: Panamericana
Valera Garrido, F; Minaya Muñoz, F. (2017). Fisioterapia invasiva. Barcelona: Elsevier
Paoletti, S. (2004). Las fascias. Barcelona: Paidotribo
Sánchez Blanco, I. et al. (2006). Manuel SERMEF de rehabilitación y medicina física. Madrid Panamericana
Beck, FB (1999). Masaje terapéutico. Madrid: Paraninfo
Seco Calvo, J. (2016). Métodos específicos de intervención en fisioterapia. Madrid: Panamericana
Zamorano, E. (2013). Movilización neuromeningea. Madrid: Panamericana
Kendall´s (2007). Músculos, pruebas funcionales, postura y dolor. Madrid : Marbán
José Luis Moreno de la Fuente (2006). Podología Física. Barcelona: Masson
Rueda Sánchez, Martín ( 2004). Podología: los desequilibrios del pie. Barcelona : Editorial Paidotribo
Clarkson, Hazel M. (2003). Proceso evaluativo musculoesquelético amplitud del movimiento articular y test manual de fuerza muscular. Barcelona : Paidotribo
Tutusaus,R; Potau, JM. (2015). Sistema Fascial. Madrid: Panamericana
Hislop HJ; Avers, D; Brown, M. (2014). Técnicas de balance muscular. Barcelona: Elsevier
J.R. Roces , Carmen Fernández y Col (). Vendajes funcionales. Barcelona: BDF

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Patoloxía Podolóxica I/750G02119
Patoloxía Podolóxica II/750G02120
Biomecánica do Membro Inferior/750G02111

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Prácticum I/750G02134

Materias que continúan o temario

Observacións

MATERIAL DOCENTE:

Tanto o material empregado na aula, como o dispoñible no campus Virtual e TEAMS da materia está protexido pola Lei de Propiedade Intelectual (Real Decreto Lexislativo 1/1996, do 12 de abril, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Propiedade Intelectual), e ponse ao dispor dos estudantes matriculados na materia, exclusivamente para o seu uso persoal.

Calquera extracción destes materiais para poñelos ao dispor de terceiros por calquera outro medio (fotocopiadoras, correo electrónico, páxinas web etc.)/ etc.), é un acto ilícito que conlevará as medidas legais e disciplinarias pertinentes, considerándose unha falta grave ou moi grave de acordo co Regulamento Disciplinar do Estudantado da Universidade da Coruña e unha infracción grave ou moi grave da Lei de Propiedade Intelectual.

PERSPECTIVA DE XÉNERO:

Segundo se recolle nas distintas normativas deaplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva dexénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía deautores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos ealumnas...)

-Traballarase para identificar e modificarprexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos efomentar valores de respecto e igualdade.

-Deberanse detectar situaciónsde discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas paracorrixilas.


OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SUSTENTABLE: Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol": 

  • A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos, no caso de realizarse en papel: non se empregarán plásticos, realizaranse impresións a dobre cara, empregarase papel reciclado e evitarase a impresión de borradores. 
  • Débese facer un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural tendo en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais. 
  • Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso idóneo, igualitario e proveitoso á vida universitaria. 

PLAXIO: Na realización dos traballos da materia, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa orixe e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, será cualificado con suspenso (0,0) na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías