Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Dermatoloxía Código 750G02124
Titulación
Grao en Podoloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
Mosquera Fernandez, Abian
Correo electrónico
abian.mosquera.fernandez@udc.es
Profesorado
Janeiro Arocas, Julia Maria
Monteagudo Sánchez, Beningo
Mosquera Fernandez, Abian
Correo electrónico
julia.janeiro@udc.es
benigno.monteagudo.sanchez@udc.es
abian.mosquera.fernandez@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.gal/
Descrición xeral A materia de Dermatoloxía pretende proporcionar ao alumnado unha serie de coñecementos xerais de dermatoloxía do membro inferior e o seu tratamento. O alumnado ao longo do curso adquirirá coñecementos sobre: semioloxía, histopatoloxía e terapéutica dermatolóxica das principais afeccións cutáneas que afectan ao pé. Afeccións do tecido conectivo. Lesións de orixe vascular. Afeccións zooparasitarias e fito parasitarias. Lesións cutáneas benignas, lesións precancerosas e tumores cutáneos. Cirurxía en dermatoloxía e cicatrices.

Competencias do título
Código Competencias do título
A101 CE37 - - Identificar as lesións dermatolóxicas e coñecer o seu tratamento
B24 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B28 CG01 - Coñecer e aplicar os fundamentos teóricos e metodolóxicos da Podoloxía e Podiatría
B30 CG03 - Obter a capacidade, habilidade e destreza necesarias para diagnosticar, prescribir, indicar, realizar e/ou elaborar e avaliar calquera tipo de tratamento podolóxico, ortopodolóxico, quiropodolóxico, cirurxía podolóxica, físico, farmacolóxico, preventivo e/ ou educativo, baseado na Historia clínica
C9 CT01 - - Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma
C16 CT08 - V- Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
O alumnado coñece e identifica as lesións dermatolóxicas que afectan ao membro inferior e o seu tratamento. A101
B24
B28
B30
C9
C16

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1. BASES DO DIAGNÓSTICO DERMATOLÓXICO 1.1. Anatomía e fisioloxía da pel
1.2. Lesións elementais da pel
1.3. Lesións elementais das uñas
1.4. Procedementos e dispositivos diagnósticos
TEMA 2. AFECCIÓNS DO TECIDO CONECTIVO 2.1. Lupus eritematoso
2.2. Esclerodermia
2.3. Dermatomiositis
2.4. Síndrome de Sjögren
2.5. Artritis reumatoide
TEMA 3. LESIÓNS DE ORIXE VASCULAR 3.1. Enfermidade arterial periférica
3.2. Vasculitis
3.3. Enfermidade de Raynaud
3.4. Eritema pernio
TEMA 4. INFECCIÓNS E INFESTACIÓNS 4.1. Infeccións bacterianas
4.2. Infeccións víricas
4.3. Infeccións fúngicas
4.4. Infestacións
TEMA 5. DERMATOSIS INFLAMATORIAS 5.1. Psoriasis
5.2. Liquen plano
5.3. Eccemas/dermatitis
TEMA 6.
TUMORES MALIGNOS
LESIÓNS PRECANCEROSAS
TUMORES BENIGNOS
6.1. Carcinoma basocelular
6.2. Carcinoma epidermoide
6.3. Melanoma
6.4. Sarcoma de Kaposi
6.5. Queratosis actínica
6.6. Queilitis actínica
6.7. Leucoplasia
6.8. Eritroplasia
6.9. Poroma ecrino
6.10. Acantoma de células claras
6.11. Fibroqueratoma digital
6.12. Quiste mucoide digital
TEMA 7. CIRURXÍA EN DERMATOLOXÍA E CICATRICES 7.1. Principios básicos da cirurxía dermatolóxica

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A101 B28 B30 21 42 63
Seminario A101 B24 B30 C9 18 31.5 49.5
Traballos tutelados A101 B24 B28 B30 C9 3 13.5 16.5
Proba obxectiva A101 B28 B30 C16 2 16 18
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral A sesión maxistral consistirá en clases teóricas expositivas con métodos audiovisuais de apoio (presentacións, vídeos,...).
Facilitarase ao alumnado o material cos contidos teóricos básicos da materia, así como material para traballar na aula ou fóra dela.
Seminario Os seminarios consistirán en actividades grupais onde se traballarán aspectos e conceptos relacionados co exposto na clase maxistral ou conceptos complementarios a estes. Favorecerase a participación e interacción profesor-alumno/a.
Traballos tutelados Realizarase e exporá un traballo tutelado obrigatorio en grupo relacionado con algún dos apartados do temario e/ou relacionado coa dermatoloxía.
As pautas para a súa realización así como a data e formato de entrega detallaranse ao comezo do cuadrimestre e publicarase na plataforma virtual da UDC.
Na cualificación final individual de cada un dos alumnos/as que compón o grupo de traballo tutelado considerarase: Comprensión do tema tratado, rigor científico, capacidade de síntese e de crítica, adecuación e actualización da bibliografía consultada, claridade na exposición, capacidade de explicar adecuadamente o tema tratado.
É necesario obter polo menos 5 puntos de 10 posibles para superar o traballo tutelado.
A non realización do traballo tutelado supón o suspenso da materia.
Neste caso o alumno/a deberá responder na convocatoria de xullo a un cuestionario tipo test relacionado cos traballos tutelados realizados por todo o alumnado.
Proba obxectiva Realizarase unha proba obxectiva presencial tipo test en data aprobada e publicada en calendario académico.
Esta proba constará de 2 partes e será necesario superar ambas as partes para poder facer media e dar por superada a proba obxectiva e superar a materia.
A proba obxectiva poderá incluír cuestións relacionadas cos contidos tratados nas sesións maxistrais, cos seminarios e con todos aqueles temas de interese que os profesores indiquen e que deberán ser traballados polo alumnado.
O día da súa realización facilitarase a información relativa á puntuación das preguntas así como as pautas da proba.
É necesario obter polo menos 5 puntos de 10 posibles para superar a proba obxectiva.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Traballos tutelados
Seminario
Descrición
A atención personalizada está destinada a resolver calquera dúbida ou cuestión relacionada coa materia. Desenvolverase de maneira presencial de mutuo acordo co profesorado, ou de maneira virtual (vía telefónica, correo electrónico, plataforma de teleformación...etc).

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A101 B28 B30 Valoraráse a asistencia e a participación activa e produtiva ás clases da materia. 10
Traballos tutelados A101 B24 B28 B30 C9 Realizarase e exporá 1 Traballo tutelado obrigatorio en grupo relacionado con algún dos apartados do temario ou coa dermatoloxía.
As pautas para a súa realización así como as datas de entrega detallaranse ao comezo do cuadrimestre e anunciaranse na plataforma virtual da UDC.
A non realización, entrega e/ou exposición do Traballo tutelado supón o suspenso da materia.
Na cualificación final considerarase: Comprensión do tema tratado, rigor científico do traballo realizado, capacidade de síntese e de crítica, adecuación e actualización da bibliografía consultada e claridade na súa redacción.
É necesario obter polo menos 5 puntos de 10 posibles para superar o traballo tutelado e a materia.
10
Proba obxectiva A101 B28 B30 C16 Realizarase unha proba obxectiva presencial de 70 preguntas tipo test en data aprobada e publicada en calendario académico.
Esta proba constará de 2 partes (cada parte constará de 35 preguntas tipo test) e será necesario superar ambas as partes para poder facer media e dar por superada a proba obxectiva e por tanto a materia.
O factor de corrección será o seguinte: por cada 3 respostas incorrectas restará 1 pregunta correcta.
A proba obxectiva poderá incluír cuestións relacionadas cos contidos tratados nas sesións maxistrais, cos seminarios e con todos aqueles temas de interese que os profesores indiquen e que deberán ser traballados polo alumnado.
É necesario obter polo menos 5 puntos de 10 posibles para superar a proba obxectiva.
60
Seminario A101 B24 B30 C9 A asistencia aos seminarios non é obrigatoria.
A puntuación deste apartado realizarase en función da asistencia do alumno e a participación do mesmo cunha valoración maior dos seminarios preseciais.
20
 
Observacións avaliación

CONDICIÓNS PARA SUPERAR A MATERIA: Para poder aprobar a materia a cualificación da "proba obxectiva" é preciso sexa maior ou igual a 5 sobre 10. Se a cualificación é inferior a esta cifra (5), non se sumarán as cualificacións relativas aos apartados "seminario" e "traballo tutelado", e a cualificación será "SUSPENSO", coa nota numérica final a mesma que a do exame. Ademais, a nota total da suma das diferentes metodoloxías de avaliación ha de ser igual ou superior ao 50% da calificación total (5 sobre 10).

Os coñecementos a avaliar non se cinguirán ao que aparece escrito no material de traballo ou diapositivas entregadas polo profesorado. O alumnado deberá complementar a información e os contidos explicados na sesión maxistral e nos seminarios coa bibliografía recomendada. A información recollida nas diapositivas é meramente "informativa" e "de apoio" e non son os "APUNTES DA MATERIA".

MATRICULA DE HONRA: 

O alumnado con nota igual ou superior a 9 poderán optar a matrícula de honra. A decisión a tomará o profesorado e tomarase pola nota máis altas e a participación na aula.


NON PRESENTADO: O alumnado que non se presenten á proba obxectiva serán avaliados como "NON PRESENTADOS", independentemente da participación noutras actividades.

MATRICULA PARCIAL: O alumnado con matricula parcial debe ter en conta que a presencialidade e participación nas diferentes actividades da materia é opcional. O alumno/a debe informar o profesorado desta situación como moito ata 15 días despois do inicio das clases. A asistencia ós seminarios e clases poderá ser sustituida pola realización dun traballo sobre un tema dermatolóxico acordado co profesor responsable da materia ó inicio do curso, traballo que suporá o 10% da nota da materia. Neste caso a proba obxectiva supoñerá o 80 % da cualificación e o traballo tutelado o 10%.

DISPENSA ACADÉMICA No alumnado con solicitude de dispensa académica a asistencia ós seminarios e clases será sustituida pola realización dun traballo sobre un tema dermatolóxico acordado co profesor responsable da materia ó inicio do curso, traballo que suporá o 10% da nota da materia. Neste caso a proba obxectiva supoñerá o 80 % da cualificación e o traballo tutelado o 10%.

OPORTUNIDADE ADIANTADA. O alumnado que non teña pendente mais de 12 créditos, de materias das que xa estivese matriculado nalgún curso académico, ou de 18 créditos correspondentes ás prácticas, ademais do TFG, para finalizar os seus estudos poderá concorrer a unha oportunidade adiantada de avaliación, que se realizará antes da finalización das actividades académicas do 1º cuadrimestre, naquelas datas que se establezan no calendario académico aprobado polo Consello de Goberno. Neste caso a califición da proba obxectiva suporá o 100% da nota da materia.

2ª OPORTUNIDADE. O alumnado presentado a 2ª oportunidade aplicaranse os mesmos criterios e porcentaxes que na primeira oportunidade. O alumnado que non participase no resto de actividades de avaliación (sesión maxistral, traballo tutelado e seminario) na primeira oportunidade, ten que superar a proba obxetiva e obter un 5 sobre 10 na evaluación final para superar a materia. Pudendo realizar un traballo acordado co profesor responsable da materia en sustitución da nota da asistencia ós seminarios e entregar, de ser o caso, a tarefa de traballo tutelado (se non foi realizada no periodo da primeira oportunidade), en ambolos dous casos o plazo de entrega será 15 días antes do exame de segunda oportunidade.

2ª e POSTERIORES MATRÍCULAS. O alumnado que cursase a materia un ano e non supere a materia, gardaráselle as notas das partes superadas de sesións maxistrais, seminario e traballo tutelado, tendo que repetir as partes non superadas. 

ALUMNADO DE MOBILIDADE-INTERCAMBIO (SICUE/ERASMUS) BILATERAL: No caso do alumnado con condición de estudante de mobilidade debe de comunicalo obrigatoriamente ao profesor responsable da materia ao comezo do curso. Este alumnado debe ter en conta que na súa condición a presencialidad  e a participación nas diferentes actividades da materia é opcional no caso de solapamiento de horarios. 

O alumnado poderá obter a cualificación da materia coa modalidade ordinaria ou coa modalidade na que a proba obxectiva supón o 80% da cualificación e o outro 20% a realización dun traballo consensuado co profesor responsable da materia. Nesta modalidade será obrigatorio superar ambas as partes para superar a materia.


Fontes de información
Bibliografía básica

BIBLIOGRAFÍA OBLIGATORIA:

-MOSQUERA FERNÁNDEZ A, MONTEAGUDO SÁNCHEZ B. Patología cutánea del pie. 1ª ed. A Coruña: Universidade da Coruña, Servicio de Publicaciones; 2021. 

BIBLIOGRAFÍA ADICIONAL RECOMENDADA:

- GARCÍA CARMONA FJ. Dermatología podológica.  Guía práctica avanzada. Barcelona: Isdin-Ediciones Mayo 2009.

- GARCÍA CARMONA FJ, FERNÁNDEZ MORATO D. Guía práctica de Dermatología Podológica. Barcelona: Isdin- Ediciones Mayo 2005.

- DAWBER R, BRISTOW I., TURNER W. Text Atlas of Podiatric Dermatology. 2001. Martin Dunitz.

- FITZPATRICK. Dermatología en Medicina General. 6ª Edición. 2005. Editorial Panamericana.

- FERRANDIZ C., Dermatología Clínica. 2ª edición. Madrid, Hacourt; 2001.

- GARCÍA CARMONA FJ, FERNÁNDEZ MORATO D. Abordaje quirúrgico de la patología subungueal. Madrid: Aula Médica 2005.

REVISTA Actas Dermo-Sifiliográficas

REVISTA Atención Primaria

REVISTA Piel. Formación continuada en dermatología

REVISTA SEMERGEN. Medicina de Familia

REVISTA Journal of the American Podiatric Medical Association 

REVISTA Journal of Dermatological Science

www.dermfoot.com

www.iqb.es




Bibliografía complementaria



Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Anatomía xeral/750G02103
Anatomía específica do membro inferior/750G02104
Fisioloxía Humana/750G02101
Microbioloxía e parasitoloxía /750G02107
Quiropodoloxía 1/750G02125
Quiropodoloxía 2/750G02126
Patoloxía Xeral Aplicada en Podoloxía /750G02102
Farmacoloxía/750G02109
Conceptos Xerais de Cirurxía/750G02127

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Prácticum I/750G02134
Terapéutica Farmacolóxica/750G02122
Pé de Risco/750G02131

Observacións

ADAPTACIÓN DA  PRESENCIALIDADE Á  SITUACIÓN EPIDEMIOLÓXICA: Todas as actividades presenciais reealizaránse con asentos  preasignados, con máscara, ventilación, non permitindo o consumo de alimentos e bebidas e asegurando que se cumpran as medidas de prevención e hixiene do centro establecidas e publicadas en: https://udc.es/gl/fep/coronavirus/.

 No caso de que o grupo de docencia chegue a superar as indicacións do aforo da aula estableceranse grupos rotativos de docencia híbrida, onde os estudantes que non caiban na aula seguirán esa semana a docencia de forma telemática e á seguinte de forma presencial, sendo outro grupo o que a realice de forma telemática, segundo planificación establecida polo docente da materia.


OBXECTIVOS DE DESENVOLVIMENTO SOSTIBLE: Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol":
  • A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos, no caso de se realizar en papel: non se empregarán plásticos, realizaranse impresións a dobre cara, empregarase papel reciclado e evitarase a impresión de borradores.
  • Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural tendo en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.
  • Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.

PLAXIO: Na realización dos traballos da materia, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, será cualificado con suspenso (0,0) na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías