Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Cirurxía Podolóxica 2 Código 750G02129
Titulación
Grao en Podoloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
Alvarez-Calderón Iglesias, Oscar
Correo electrónico
oscar.alvarez-calderon.iglesias@udc.es
Profesorado
Alvarez-Calderón Iglesias, Oscar
Lopez Lopez, Luis
Correo electrónico
oscar.alvarez-calderon.iglesias@udc.es
luis.lopezl@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.gal/
Descrición xeral A materia de Cirurxía Podolóxica 2 combina durante o 2º cuadrimestre do 3º curso de grao teoría e práctica co obxectivo xeral de situar o alumnado no marco conceptual das técnicas máis habituais en cirurxía podolóxica e as súas indicacións. A materia pretende achegar o estudantado a unha metodoloxía que lle permita establecer un diagnóstico e un prognóstico certeiros e recoñecer a aparición de complicacións na aplicación das técnicas cirúrxicas propias da súa disciplina.
Dende o punto de vista práctico perséguese que o alumnado desenvolva unhas habilidades básicas.



Competencias do título
Código Competencias do título
A117 CE53 - Coñecer e empregar o instrumental de Quiropodoloxía e cirurxía podolóxica, as técnicas e procedementos en prevención da infección: métodos de limpeza, desinfección, esterilización e os seus controis
A122 CE58- Coñecer e diagnosticar a patoloxía do pé con indicación cirúrxica
A123 CE59 - Coñecer e empregar a historia clínica, valorar e aplicar o protocolo preoperatorio e o consentimento informado
A124 CE60 - Coñecer e aplicar a Farmacoloxía especifica de uso podolóxico e a farmacoloxía pre e post cirúrxica
A126 CE62 -Coñecer e obter habilidades nos procedementos técnicos e na aplicación das técnicas de cirurxía ungueal e de cirurxía podolóxica de partes brandas do pé
A127 CE63 - Coñecer e obter habilidades nos procedementos técnicos e na aplicación das técnicas de cirurxía ósea e articular do pé
A129 CE65 - - Coñecer e empregar as técnicas de exploración, diagnóstico e tratamentos dos tumores no pé
A130 CE66 - Coñecer e saber tratar as complicacións e efectos secundarios derivados da aplicación das técnicas de cirurxía podolóxica e quiropodolóxicas
B24 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B25 CB3 -- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B26 CB4 -Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B28 CG01 - Coñecer e aplicar os fundamentos teóricos e metodolóxicos da Podoloxía e Podiatría
B29 CG02 - Coñecer a estrutura e función do corpo humano en especial da extremidade inferior, semioloxía, mecanismos, causas e manifestacións xerais da enfermidade e métodos de diagnóstico dos procesos patolóxicos médicos e cirúrxicos, interrelacionando a patoloxía xeral coa patoloxía do pé.
B36 CG09 -Valorar de forma crítica a terminoloxía, ensaios clínicos e metodoloxía utilizados na investigación relacionada coa podoloxía
B37 CG10 - Identificar que o exercicio da profesión está asentado no respecto á autonomía do paciente, ás súas crenzas, cultura, determinantes xenéticos, demográficos e socioeconómicos, aplicando os principios de xustiza social e comprendendo as implicacións éticas nun contexto mundial en transformación
B39 CG12 -Capacidade para a cooperación, o traballo en equipo e a aprendizaxe colaborativo en contornas interdisciplinares
C9 CT01 - - Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma
C10 CT02 -Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro
C11 CT03 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida
C14 CT06 -Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables
C15 CT07 - Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sustentable ambiental, económico, político e social
C16 CT08 - V- Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade
C17 CT09 -Ter a capacidade de xestionar tempos e recursos: desenvolver plans, priorizar actividades, identificar as críticas, establecer prazos e cumprilos

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer o uso do instrumental en cirurxía A117
B24
B25
Coñecer e diagnosticar a patoloxía osteoarticular do pé con indicación cirúrxica A117
A122
A123
A124
A127
Coñecer e aplicar procedementos técnicos e habilidades en cirurxía podolóxica A126
A129
B26
B28
B29
Aplicar o protocolo preoperatorio A130
B36
B37
C9
C10
C11
C14
Coñecer e utilizar farmacoloxía pre e post cirúrxica A124
B39
C15
C16
C17
Coñecer e obter habilidades na aplicación das técnicas podolóxicas de cirurxía ósea e articular do pé A127
Coñecer e utilizar as técnicas de exploración, diagnóstico e tratamento de tumores óseos no pé A129
Coñecer e saber tratar as complicacións e os efectos secundarios derivados da aplicación de técnicas de cirurxía podolóxica A130

Contidos
Temas Subtemas
UNIDADE DIDÁCTICA 1. Introdución á cirurxía osteoarticular do antepé TEMA 1. Conceptos e consideracións básicas en cirurxía osteoarticular
UNIDADE DIDÁCTICA 2. Cirurxía das tumoraciones óseas do pé TEMA 2. Etioloxía e abordaxe cirúrxico da exostose subungueal
TEMA 3. Etioloxía e abordaxe cirúrxico do osteocondroma
UNIDADE DIDÁCTICA 3. Cirurxía das deformidades dos dedos menores TEMA 4. Etioloxía e tratamento cirúrxico das deformidades dixitais menores


UNIDADE DIDÁCTICA 4. Cirurxía das alteraciones do 1º radio e 1ª articulación metatarsofalángica (Hallux valgus e Hallux rigidus) TEMA 5. Fisiopatoloxía da deformidade hallux abductus valgus e hallux rigidus
TEMA 6. Avaliación precirúrxica
TEMA 7. Radioloxía cirúrxica
TEMA 8. Técnica anestésica
TEMA 9. Disección anatómica da 1ª articulación metatarsofalánxica
TEMA 10. Técnicas cirúrxicas distais
TEMA 11. Técnicas cirúrxicas diafisarias
TEMA 12. Técnicas cirúrxicas proximais
TEMA 13. Técnicas cirúrxicas falánxicas
TEMA 14. Procedementos sobre partes brandas
TEMA 15. Artrodese metatarsofalánxica
TEMA 16. Artrodese cuneo-metatarsal
TEMA 17. Artroplastias
TEMA 18. Implantes y hemi-implantes
UNIDADE DIDÁCTICA 5. Complicacións cirúrxicas do antepé TEMA 19. Complicacións mais habituais en cirurxía osteoarticular do antepé
UNIDADE DIDÁCTICA 6. Cirurxía da fascite plantar TEMA 20. Fisiopatoloxía e abordaxe cirúrxico
UNIDADE DIDÁCTICA 7: Introducción a la cirurxía percutánea o mínimamente invasiva (MIS) TEMA 21. Principios básicos da cirurxía percutánea do pé

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A122 A123 A127 B28 B36 C11 C15 C16 21 27 48
Prácticas de laboratorio A117 A122 A126 A127 A129 B24 B25 B26 B28 C10 C11 C14 C15 9 10 19
Seminario B29 B36 B37 B39 14 12 26
Traballos tutelados A123 A124 C9 C10 C15 C16 C17 0 20 20
Proba obxectiva A122 A124 A127 A130 1 34 35
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral As sesións maxistrais desenvolveranse como clases expositivas participativas con importante apoio audiovisual.
A través da plataforma virtual da UDC ofreceranse materiais didácticos para apoiar os contidos do temario.
A exposición oral compleméntase co uso de ferramentas audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas ao alumnado, coa finalidade de reflexionar sobre os coñecementos aprendidos.
A participación e achega activa e con criterio que denote coñecemento e seguimento dos conceptos teóricos explicados na aula cualificarase con 1 punto sempre que, a criterio dos docentes, haxa constancia desta participación nos controis periódicos que levarán a cabo.
A mera asistencia sen participación e/ou achegas insuficientes, fóra de contexto ou erróneas non computará na avaliación final (0 puntos).
Prácticas de laboratorio A asistencia ás prácticas de laboratorio é obrigatoria na súa totalidade e o seu obxectivo é que o alumnado desenvolva unhas habilidades básicas no manexo de instrumental cirúrxico e coñeza aqueles aspectos básicos de interese que forman parte do protocolo prequirúrgico.
A ausencia a ditas prácticas só xustificarase en caso dalgunha das seguintes causas, debidamente acreditadas (xustificante médico Sergas ou Servizo Nacional Público de Saúde) imprescindible que deberá entregarse antes de transcorridos 7 días de ausencia ao profesor responsable da materia), enfermidade ou lesión que incapacita para realizar a práctica, falecemento dun familiar ata o segundo grao, citación xudicial que coincida coa data da práctica, asistencia a unha sesión do Senado ou do Consello de Goberno da UDC que coincida coa data da práctica. O alumnado terá dereito a non recuperar ata un máximo de 1 práctica, un maior número de ausencias xustificadas ou a existencia de ausencias inxustificadas suporá o suspenso da materia.
O alumnado deberá asistir ás prácticas de laboratorio incorporándose ao grupo que lles sexa asignado.
Realizarase un control de asistencia no que o alumnado deberá asinar.
A firma é a garantía da asistencia á práctica, polo que a ausencia desta pode entenderse como falta á práctica de laboratorio.
A puntualidade ás prácticas e ter un comportamento adecuado durante as mesmas cumprindo coa normativa da UDC é de obrigado cumprimento polo que se penalizarán as reiteradas faltas de puntualidade podendo chegar a supor o suspenso da materia.
AVISO: É requisito imprescindible acudir a eles con bata ou pixama branco e bolígrafo.
Seminario Os seminarios traballarán aspectos específicos do temario mediante o desenvolvemento de actividades en grupos e / ou cuestionarios tipo test que servirán para profundar nos contidos da materia.
Tamén será posible traballar con textos en inglés e / ou español indistintamente.
En ocasións o traballo realizado nos seminarios verase reflectido na entrega e presentación dunha actividade individual ou grupal.
A asistencia aos seminarios e a realización das actividades puntuadas polo profesor son obrigatorias na súa totalidade e non poden ser recuperadas nin substituídas por outra actividade da materia sendo necesaria para chegar á metade da puntuación total dos seminarios para aprobar a materia.
En caso de non logralo, na convocatoria de xullo o alumno/a deberá responder a un cuestionario tipo test relacionado coas diferentes temáticas abordadas nos seminarios da materia.
A ausencia aos seminarios só xustificarase en caso dalgunha das seguintes causas, debidamente acreditadas (xustificante médico Sergas ou Servizo Nacional Público de Saúde) imprescindible que deberá entregarse antes de transcorridos 7 días de ausencia ao profesor responsable da materia), enfermidade ou lesión que incapacita para realizar a práctica, falecemento dun familiar ata o segundo grao, citación xudicial que coincida coa data do seminario, asistencia a unha sesión do Senado ou do Consello de Goberno da UDC que coincida coa data do seminario.
En caso de ausentarse justificadamente do seminario, o alumno terá dereito a non recuperar ata un máximo de 2 ausencias, estando aínda xustificadas un maior número de ausencias ou a existencia de ausencias inxustificadas suporá o suspenso da materia.
Todo o alumnado deberá asistir aos seminarios uníndose ao grupo que foi asignado.
Haberá control de asistencia.
A puntualidade na asistencia é obrigatoria polo que se rexistrarán os atrasos.
A falta de puntualidade será sancionada e pode dar lugar ao suspenso da materia.
Traballos tutelados Realizarase e exporá un traballo tutelado obrigatorio en grupo relacionado con algún dos apartados do temario e/ou relacionado coa cirurxía podológica.
As pautas para a súa realización así como a data e formato de entrega detallaranse ao comezo do cuadrimestre e publicarase na plataforma virtual da UDC.
Na cualificación final individual de cada un dos alumnos/as que compón o grupo de traballo tutelado considerarase: Comprensión do tema tratado, rigor científico, capacidade de síntese e de crítica, adecuación e actualización da bibliografía consultada, claridade na exposición, capacidade de explicar adecuadamente o tema tratado.
É necesario obter polo menos 5 puntos de 10 posibles para superar o traballo tutelado.
A non realización do traballo tutelado supón o suspenso da materia.
Neste caso o alumno/a deberá responder na convocatoria de xullo a un cuestionario tipo test relacionado cos traballos tutelados realizados por todo o alumnado.
Proba obxectiva Realizarase unha proba presencial obxectiva tipo test en data aprobada e publicada en calendario académico.
Esta proba poderá incluír cuestións relacionadas cos contidos tratados nas sesións maxistrais, con casos clínicos vistos na aula, coas prácticas de laboratorio, cos seminarios e con aqueles temas de interese que os profesores indiquen e que deberán ser traballados polo alumnado.
O día da súa realización facilitarase a información relativa á puntuación das preguntas.
É necesario obter polo menos 5 puntos de 10 posibles para superar a proba obxectiva.
Cara á metade do cuadrimestre en data que será notificada aos alumnos e publicada con suficiente antelación realizarase unha proba parcial individual dos contidos da materia e daqueles aspectos que indique o profesor que fosen abordados ata ese momento e que ten por obxecto valorar a capacidade de razoamento, creatividade e espírito crítico do alumno.
Esta proba parcial será tipo test, forma parte da proba obxectiva e terá carácter liberatorio de maneira que se é superada o alumno non terá nin poderá volver examinarse dos contidos xa avaliados e superados.
Esta proba parcial liberatoria ten un valor do 25% sobre o porcentaxe total da proba obxectiva.
É necesario obter polo menos 5 puntos de 10 posibles para superar a proba parcial. As pautas para a súa realización daranse o día da presentación da materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Seminario
Sesión maxistral
Prácticas de laboratorio
Traballos tutelados
Descrición
A atención personalizada que se describe en relación con estas metodoloxías concíbese como momentos de traballo co profesorado de forma presencial ou virtual.
A forma e o momento en que se desenvolverá a atención personalizada correspondente a cada actividade serán indicados ao longo do curso segundo o plan de traballo da materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario B29 B36 B37 B39 A realización e entrega das actividades marcadas polo profesor e incluídas nos Seminarios son obrigatorias na súa totalidade e non poden ser recuperadas ou substituídas por outras actividades da materia.
É necesario obter polo menos unha puntuación de 5 sobre 10 para superar a materia.
A non realización e/ou entrega en tempo e forma das actividades relacionadas cos Seminarios suporá o suspenso da materia.
Na cualificación dos Seminarios valorarase:
-Comprensión do tema tratado, rigor científico, as achegas ao resultado final, capacidade de síntese e de crítica, adaptación e actualización da literatura e capacidade de explicar o coñecemento adquirido.
As pautas para a realización das actividades relacionadas cos Seminarios serán anunciadas na plataforma virtual da UDC.
É obrigatorio asistir á totalidade (100%) dos Seminarios así como realizar todas as actividades marcadas polo docente sendo necesario conseguir a metade da puntuación total destinada aos Seminarios para superar a materia.
No caso de non asistir a totalidade dos Seminarios, non realizar/entregar as actividades relacionadas cos mesmos ou non lograr a puntuación mínima, requirida, na convocatoria de xullo o alumnado deberá responder a un cuestionario tipo test relacionado coas diferentes temáticas abordadas nos diferentes Seminarios.
10
Sesión maxistral A122 A123 A127 B28 B36 C11 C15 C16 A participación e achega activa e con criterio que denote coñecemento e seguimento dos conceptos teóricos explicados na aula cualificarase con 1 punto sempre que, a criterio do profesorado, haxa constancia desta participación nos controis periódicos que levarán a cabo.
A mera asistencia sen participación e/ou achegas inadecuadas ou insuficientes sen coñecemento teórico non computará na avaliación final (0 puntos).
10
Prácticas de laboratorio A117 A122 A126 A127 A129 B24 B25 B26 B28 C10 C11 C14 C15 É obrigatorio asistir a todas as prácticas de laboratorio (100%) para ser avaliado e aprobar a materia nas convocatorias oficiais de xuño ou xullo.
Na súa realización teranse en conta as actitudes e aptitudes demostradas polos alumnos en función dos seguintes criterios:
-Aplicación gradual dos coñecementos adquiridos.
-Habilidade e destreza na execución de técnicas.
-Cumprimento da normativa xeral da UDC e da Facultade incluída na guía do estudante.
-Grao de interese e participación.

O incumprimento ou superación dos obxectivos de cada práctica e / ou o incumprimento da normativa mencionada anteriormente provocará o fracaso da materia.
Esta sección representa o 10% da nota final
10
Traballos tutelados A123 A124 C9 C10 C15 C16 C17 Realizarase e exporá 1 Traballo tutelado obrigatorio en grupo relacionado con algún dos apartados do temario ou coa cirurxía podológica.
As pautas para a súa realización así como as datas de entrega detallaranse durante a primeira quincena de inicio das clases e anunciaranse na plataforma virtual da UDC.
A non realización, entrega e/ou exposición do Traballo tutelado supón o suspenso da materia.
Na cualificación final considerarase: Comprensión do tema tratado, rigor científico do traballo realizado, capacidade de síntese e de crítica, adecuación e actualización da bibliografía consultada e claridade na súa redacción.
É necesario obter polo menos 5 puntos de 10 posibles, en caso contrario, o alumnado deberá responder na convocatoria de xullo a un cuestionario tipo test relacionado coa temática dos Traballos tutelados realizados.
10
Proba obxectiva A122 A124 A127 A130 Realizarase unha proba obxectiva final presencial de 50 preguntas tipo test (60% da cualificación final). O factor de corrección será o seguinte: por cada 3 respostas incorrectas restarase 1 pregunta correcta.
Esta proba poderá incluír cuestións relacionadas cos contidos tratados nas sesións maxistrais, con casos clínicos vistos na aula, coas prácticas de laboratorio, cos seminarios e con aqueles temas de interese que o profesorado indique e que deberán ser traballados polo alumnado.
É necesario obter polo menos 5 puntos de 10 posibles para superar a proba obxectiva.
Cara á metade do cuadrimestre (en data que será notificada e publicada con suficiente antelación) realizarase unha proba parcial individual dos contidos da materia e daqueles aspectos que indique o profesor que fosen abordados ata ese momento e que ten por obxecto valorar a capacidade de comprensión, razoamento, creatividade e espírito crítico do alumnado.
Esta proba parcial será tipo test, forma parte da proba obxectiva e terá carácter liberatorio de maneira que se é superada o alumnado non terá nin poderá volver examinarse na convocatoria de maio nin de xullo dos contidos xa avaliados e superados. Supón un 25% do valor total da proba obxectiva. Será necesario obter polo menos 5 puntos de 10 posibles para superar a proba parcial liberatoria e para que a porcentaxe asignada (25% do valor total da proba obxectiva) contabilice na avaliación final facendo media segundo a porcentaxe asignada.
En caso de suspender a proba liberatoria o alumno/a deberá examinarse de todos os contidos da materia na convocatoria de maio e non se terá en conta ese 25% do valor da proba liberatoria. As pautas para a súa realización daranse con suficiente antelación.
60
 
Observacións avaliación

PARA SUPERAR A MATERIA É NECESARIO:

-Lograr unha cualificación de 5 sobre 10 no global da materia

-Asistir á totalidade das prácticas de laboratorio

-Asistir, realizar, expor e superar todas as actividades relacionadas cos seminarios

-Lograr unha cualificación de 5 sobre 10 na proba obxectiva final

-Realizar, expor e superar o traballo tutelado que lle foi asignado.

No caso de que a cualificación dalgunha das partes imprescindibles para superar a materia (Seminarios, Prácticas de laboratorio, Traballo tutelado e Proba obxectiva final) sexa inferior a 5/10 a cualificación final será de suspenso e a valoración numérica calcularase pasando a cualificación calculada da parte que motiva o suspenso sobre 10 e sumada porcentualmente ao resto de cualificacións, sempre que dita suma non supere o 4/10 nese caso reflectirase o 4 como cualificación final da materia.

*CONVOCATORIAS DE SEGUNDA E POSTERIORES MATRÍCULAS : Para aqueles alumnos/as que cursen a materia e realicen as prácticas obrigatorias de forma completa coa cualificación de APTO, deben de ter en conta que poden volver cursar toda a materia novamente ou presentarse só á proba obxectiva final. A cualificación da proba obxectiva fará media coas cualificacións das prácticas de laboratorio, seminarios e traballos tutelados do curso académico no que cursase as prácticas de laboratorio.

*ALUMNADO CON MATRÍCULA PARCIAL: poderá obter a cualificación da materia coa modalidade ordinaria ou coa modalidade na que a proba obxectiva supón o 80% da cualificación e o outro 20% un exame práctico que se realizará en data consensuada co profesor. Nesta modalidade será obrigatorio superar ambas as partes para superar a materia.

*CONVOCATORIAS DA OPORTUNIDADE ADIANTADA DE AVALIACIÓN: Para aqueles alumnos/as que solicitasen e concédaselles a oportunidade adiantada de avaliación cumprindo cos requisitos específicos a tal fin, poderán presentarse á proba obxectiva final cuxa cualificación suporá o 80% da cualificación global da materia. O 20% restante corresponderá a unha proba práctica relacionada cos contidos da materia.

A cualificación de NON PRESENTADO : outorgarase a aqueles alumnos/as que non se presentan á proba obxectiva final ou a ningunha das prácticas de laboratorio.

As condicións para a obtención de Matricúlaa de Honra (MH) son que o alumno/a obteña máis dun 90% da cualificación total da materia, sexa a mellor cualificación de entre todos os matriculados-as na materia na oportunidade avaliada e a súa achega nos seminarios-talleres e prácticas de laboratorio fose significativa a criterio do profesor responsable da materia.

*ALUMNADO SICUE/ERASMUS: Poderase acoller ás mesmas condicións de avaliación que se lle outorga ao alumnado de dispensa académica.


Fontes de información
Bibliografía básica

1. Banks AS. Mc Glamry's comprehensive textbook of foot and ankle surgery. 3ª ed. Philadelphia: Lippincott-Williams & Wilkins; 2001.

2. Chang TJ. Técnicas en cirugía ortopédica. Pie y tobillo. Madrid: Marban; 2006.

3. Gerbert J. Textbook of bunion surgery. 3ª ed. Philadelphia: WB Saunders company; 2001.

4. Hetherington VJ. Hallux valgus and forefoot surgery. New York: Churchill Livingstone; 1994.

5. Izquierdo Cases JO. Podología Quirúrgica. Madrid: Elsevier; 2006.

6. Mercado OA. Atlas de cirugía del pie. Madrid: Federación española de podólogos; 1995.

7. Kelikian AS. Sarrafian's anatomy of the foot and ankle. 3ª ed. Philadelphia: Lippincott-Williams&Wilkins; 2011. 

8. García Carmona FJ. Patología y cirugía ungueal. Barcelona: Ediciones Mayo; 2008.

9. Guía práctica de protocolos quirúrgicos en Podología. Comisión de formación del Consejo General de Colegios Oficiales de Podólogos; 2009.

10. Fernández Mallo O. Manual para personal del bloque quirúrgico. 2ª ed. Complejo Hospitalario Universitario A Coruña; 2009.

Bibliografía complementaria

1. Coughlin MJ. Pie y tobillo. Madrid: Marban; 2011.

2. Johnson KA. Pie y tobillo. Madrid: Marban; 1998.

3. Kelikian AS. Tratamiento quirúrgico de pie y tobillo. Madrid: McGraw-Hill Interamericana; 2001. 

4. Barouk LS. Reconstrucción del antepie. 2ª ed. Bordeaux: Amolca; 2008.

5. Nunley JA. Advanced reconstruction. Foot and ankle. 2ª ed. Rosemont: American Academy of Orthopaedic Surgeons; 2007.

6. Pfeffer GB. Foot and ankle surgery. Operative techniques. Philadelphia: Saunders Elsevier; 2010.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Anatomía específica do membro inferior/750G02104
Microbioloxía e parasitoloxía /750G02107
Quiropodoloxía 1/750G02125
Quiropodoloxía 2/750G02126
Farmacoloxía/750G02109
Cirurxía Podolóxica 1/750G02128
Conceptos Xerais de Cirurxía/750G02127

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Prácticum II/750G02135
Prácticum III/750G02136
Prácticum I/750G02134

Observacións
Axudar a acadar un contorno inmediato e sostible e cumprir o obxectivo da acción número 5: "Ensino e investigación ambiental e social saudables e sostibles" do "Plan de acción Green Campus Ferrol": a entrega dos traballos documentais realizados en Esta materia será preferentemente realizarse electrónicamente en formato dixital sen necesidade de imprimilos.

No caso do papel: non se utilizarán plásticos, farase impresión a dobre cara, empregarase papel reciclado e evitarase a impresión de borradores.

Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural, tendo en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores de sostibilidade no comportamento persoal e profesional.

Facilitarase a plena integración de estudantes que, por razóns físicas, sensoriais, mentais ou socioculturais, experimentan dificultades para un acceso ideal, igual e rendible á vida universitaria.

Na realización do traballo sobre o tema, o plaxio e o uso de material non orixinal, incluído o obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa orixe e, se é o caso, do permiso do seu autor, serán cualificados como fracaso (0 , 0) na actividade. Todo isto sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias que poidan xurdir despois do correspondente procedemento.

Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase no ambiente para modificalos e promover valores de respecto e igualdade, no caso de detectar situacións de discriminación por razón de xénero, adoptaranse medidas para corrixir eles.

É recomendable ter coñecemento do inglés xa que todas as metodoloxías da materia funcionarán co vocabulario inglés. Ademais, valorarase o uso desta linguaxe na representación e presentación do traballo supervisado.

Procedemento de matrícula para estudos parciais de estudantes:

Os estudantes a tempo parcial poderán solicitar aos decanos e directores dos centros responsables da súa titulación a exención académica que os exime de asistir á clase sobre o tema ou partes da mesma. Neste caso, os estudantes serán avaliados mediante unha proba teórica que suporá o 80% da nota final e unha proba práctica que suporá o 20% restante da nota global final.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías