Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Bases para a Interpretación do Coñecemento Científico Aplicadas Código 750G02132
Titulación
Grao en Podoloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
Pértega Díaz, Sonia
Correo electrónico
s.pertega@udc.es
Profesorado
Movilla Fernandez, Maria Jesus
Pértega Díaz, Sonia
Seoane Pillado, María Teresa
Sobrido Prieto, María
Correo electrónico
maria.jesus.movilla@udc.es
s.pertega@udc.es
maria.teresa.seoane.pillado@udc.es
maria.sobrido@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.gal/
Descrición xeral A materia Bases para a Interpretación do Coñecemento Científico Aplicadas consolida os elementos metodolóxicos que necesitan os/as estudantes para poder deseñar e levar a cabo estudos de investigación cuantitativa ou cualitativa no ámbito da Podoloxía e en xeral das Ciencias da Saúde, así como adquirir a capacidade de lectura crítica da información científica da súa disciplina. En particular, esta materia senta as bases metodolóxicas necesarias de cara á elaboración do TFG.

Competencias do título
Código Competencias do título
A139 CE75 - Aplicar os diferentes métodos de investigación, preparación e comunicación científica no ámbito de Ciencias da Saúde
B24 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B25 CB3 -- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B26 CB4 -Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B27 CB5 -Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B35 CG08 - Adquirir habilidades de traballo nas contornas educativo e investigador, asistencial-sanitario, así como en equipos uniprofesionais e multiprofesionais. Asesorar na elaboración e execución de políticas de atención e educación sobre temas relacionados coa prevención e asistencia podolóxica
B36 CG09 -Valorar de forma crítica a terminoloxía, ensaios clínicos e metodoloxía utilizados na investigación relacionada coa podoloxía
B39 CG12 -Capacidade para a cooperación, o traballo en equipo e a aprendizaxe colaborativo en contornas interdisciplinares
C9 CT01 - Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma
C10 CT02 - Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro
C11 CT03 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida
C13 CT05 - Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras
C16 CT08 - Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade
C17 CT09 - Ter a capacidade de xestionar tempos e recursos: desenvolver plans, priorizar actividades, identificar as críticas, establecer prazos e cumprilos

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Plantexar e formular preguntas de investigación relevantes A139
B24
B26
B27
B35
C9
C16
Aplicar os elementos necesarios para a realización dun estudo clínico-epidemiolóxico A139
B24
B25
B26
B27
B35
B39
C11
C16
C17
Utilizar métodos estatísticos para a análise de datos en estudos da área de Ciencias da Saúde. Xestión de software específico. A139
B25
B26
B27
B35
B39
C11
C13
C16
Interpretar, analizar, sintetizar e criticar resultados de investigación e publicacións relacionadas coa especialidade. A139
B24
B25
B26
B27
B35
B36
B39
Identificar métodos de investigación cualitativa para o deseño dun traballo de investigación cualitativa: fenomenoloxía, teoría fundamentada, método etnográfico, investigación acción, metasíntese e metaetnografía. Deseñar un proxecto de investigación utilizando metodoloxía cualitativa A139
B24
B25
B26
B27
B35
B36
B39
C16
C17
Coñecer os distintos estudos da información científica e a estrutura requirida en cada un deles. A139
B24
B26
B27
B35
B36
C16
Adquirir a capacidade de lectura crítica e saber avaliar a información científica, a través das ferramentas máis habituais recoñecidas pola comunidade científica. A139
B24
B25
B26
B27
B35
B36
C9
C10
C16
Saber manexar as bases de datos nacionais e internacionais e outros sistemas de busca científica en ciencias da saúde. A139
B25
B27
B35
C9
C10
C11
C13
C16
Saber comunicar resultados científicos en foros profesionais tanto oralmente como por escrito. A139
B24
B25
B26
B27
B35
B39
C9
C10
C16

Contidos
Temas Subtemas
BÚSQUEDA DA INFORMACIÓN CIENTÍFICA - Busca de información e elaboración dunha adecuada estratexia de busca bibliográfica.
- Avaliación da calidade da investigación Listas de verificación
PRÁCTICA DA METODOLOXÍA DA INVESTIGACIÓN CUANTITATIVA - Deseño de proxectos de investigación en Ciencias da Saúde:
•Estrutura xeral dun protocolo de investigación.
•Pertinencia e viabilidade dun estudo.
•Características dos principais tipos de estudos clínico-epidemiolóxicos
•Aspectos éticos e legais
•Limitacións do estudo.

- Métodos estatísticos aplicados:
•Selección mostral
•Xustificación do tamaño da mostra
•Redacción do plan de análise estatística nun proxecto de investigación: análise descritivo e inferencial
PRÁCTICA DA METODOLOXÍA DA INVESTIGACIÓN CUALITATIVA - Métodos cualitativos no deseño dun estudo de investigación.
•Estudos empíricos
•Estudos de revisión cualitativos

- Proceso e fases da investigación cualitativa
•Fases iniciais do deseño da investigación
•Métodos de recollidas de datos
•Estratexias de análise
•Calidade e rigor metodolóxico
COMUNICACIÓN CIENTÍFICA - Comunicación de resultados científicos: oral e escrita

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados A139 B24 B25 B26 B27 B35 B36 B39 C9 C10 C11 C13 C16 C17 9 24 33
Proba obxectiva A139 B24 B25 B26 B27 B35 B36 B39 C9 C10 C11 C13 C16 C17 4 10 14
Sesión maxistral A139 B24 B25 B26 B27 B35 B36 B39 C9 C13 C16 C17 14 14 28
 
Atención personalizada 0 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para favorecer a aprendizaxe autónoma do alumnado, baixo a tutela do profesorado. Consiste na proposta de traballos prácticos que deberán resolverse co apoio das docentes responsables da materia.
Proba obxectiva Proba que pode integrar preguntas test de resposta múltiple, resposta breve e/ou solución de exercicios e interpretación de casos prácticos sobre os contidos desenvoltos na materia
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuales e a introducción de preguntas e exercicios prácticos dirixidos aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
A atención personalizada relacionada con estas metodoloxías pretende orientar ao alumnado na realización dos traballos propostos e no uso das tecnoloxías da información e da comunicación. O seguimento farase de forma individual ou en pequenos grupos, ben presencialmente ou en liña a través de Teams.
Utilizarase análoga metodoloxía para o alumnado a tempo parcial ou dispensa académica de asistencia

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A139 B24 B25 B26 B27 B35 B36 B39 C9 C10 C11 C13 C16 C17 Traballos prácticos nos que se leven á práctica os contidos traballados nas clases co apoio das docentes 50
Proba obxectiva A139 B24 B25 B26 B27 B35 B36 B39 C9 C10 C11 C13 C16 C17 Proba escrita que se realizará na data oficial de exame da materia. 50
 
Observacións avaliación

A materia BASES PARA A INTERPRETACIÓN DO
COÑECEMENTO CIENTÍFICO APLICADAS
CONSTA DE 3 bloques:


  • Busca de
    Información e Comunicación Científica. 
    (1 ECT). (Prof. María Sobrido
    Prieto)

  • Metodoloxía
    da Investigación Cuantitativa. 
    (1 ECT). (Prof. María Teresa
    Seoane Pillado / Prof. Sonia Pértega Díaz)

  • Metodoloxía
    da Investigación Cualitativa. 
    (1 ECT). (Prof. María Jesús
    Movilla Fernández)

A materia será avaliada globalmente de acordo
coas porcentaxes seguintes:

i) Proba obxectiva (50%
da cualificación):

Realizarase unha proba escrita na data oficial do exame da materia, que poderá
constar de preguntas test, preguntas de resposta breve e/ou exercicios de
cálculo relacionados cos contidos teóricos, as lecturas propostas e os
problemas expostos no desenvolvemento da materia. Calificarase de 0 a 10
puntos, sendo imprescindible obter 5 puntos ou máis para superar a materia.

ii) Traballos prácticos (50% da
cualificación):
Proporase un traballo
práctico que deberá resolverse en grupos pequenos. Será cualificado de forma
independente con respecto ós contidos de cada un dos tres bloques, de 0 a 10 puntos,
sendo imprescindible obter 5 puntos ou máis no traballo proposto en cada bloque
para superar a materia. A cualificacion final nesta metodoloxía será o promedio
das cualificacións das tres partes das que constará o traballo final.

Para superar a materia será
necesario ter aprobada a proba obxectiva, así como cada
un dos traballos prácticos 
que se pidan como parte da avaliación continua. No
caso de non acadar os 5 puntos na proba obxectiva, ou no traballo práctico en
algún dos tres bloques, a nota que figurará na acta será de 4.  

Por limitacións da plataforma, o contido
deste punto é orientativo. Nos primeiros días de clase as docentes comentarán detalladamente
o proceso de avaliación.

MATRÍCULA DE HONRA

Poderán optar a Matrícula de Honra o alumnado
coas cualificacións máis elevadas cuxa nota supere os 9 puntos. As
docentes da materia poderán considerar criterios adicionais en caso de igualdade
de condicións e tendo máis aspirantes que matrículas. Os aspirantes poderán ser
convocados a unha proba voluntaria obxectiva para asignar matrícula de honra ás
mellores cualificacións

NON PRESENTADO

A cualificación de Non Presentado corresponderalle
á/o alumna/ou que non se presente á proba obxectiva de avaliación.

MATRÍCULA A TEMPO PARCIAL E DISPENSA
ACADÉMICA

O sistema de avaliación descrito aplicará
tamén ó alumnado con matrícula a tempo parcial e dispensa académica de
asistencia. Deberán contactar coas docentes da materia ó inicio do curso
académico.

SEGUNDA OPORTUNIDADE

O sistema de avaliación
descrito aplicará ao alumnado de 1ª matrícula tanto en 1ª como en 2ª
oportunidade. Na 2ª oportunidade manteranse aprobados os traballos
prácticos que se teñan superados na 1ª oportunidade dentro da mesma
convocatoria. De igual modo, se é o caso, manterase o aprobado da proba
obxectiva entre oportunidades da mesma convocatoria.

SEGUNDA CONVOCATORIA E SUCESIVAS

O alumnado de segunda convocatoria e
sucesivas deberá poñerse en contacto coas profesoras ó inicio do cuadrimestre. O
sistema de avaliación descrito aplicará ó alumnado en 2ª matrícula ou
posteriores. No caso do alumnado de segunda convocatoria e sucesivas, non se
conservarán as cualificacións obtidas en cursos anteriores
.

OPORTUNIDADE ADIANTADA

Os criterios son os establecidos nas
"Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dous
estudos de grao e máster universitario", artigo 19.

SICUE, ERASMUS e BILATERAL

Aplicarase o mesmo sistema de avaliación que
o descrito para o alumnado de convocatoria ordinaria.

FRAUDE













































A realización fraudulenta das
probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará
directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a
estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria
correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na
primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa
cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.


Fontes de información
Bibliografía básica

METODOLOXÍA DA INVESTIGACIÓN CUANTITATIVA

  • A bibliografía necesaria será ofrecida a través da plataforma Moodle, xunto coa impartición de cada un dos temas correspondentes


METODOLOXÍA DA INVESTIGACIÓN CUALITATIVA

  • Beck, C. T. (2019). Introduction to phenomenology: Focus on methodology. SAGE Publications
  • Elliott, R., & Timulak, L. (2021). Essentials of descriptive-interpretive qualitative research: a generic approach. American Psychological Association.
  • Fine, M., & Torre, M. E. (2021). Essentials of critical participatory action research. American Psychological Association.
  • Flick, U. (Ed.). (2017). The Sage handbook of qualitative data collection. Sage
  • Flick, U. (2018). Doing grounded theory (Vol. 9). Sage.
  • Hennink, M., Hutter, I., & Bailey, A. (2020). Qualitative research methods. Sage.
  • Houser, J. (2016). Nursing Research: Reading, Using and Creating Evidence: Reading, Using and Creating Evidence. Jones & Bartlett Learning.
  • King, N., Horrocks, C., & Brooks, J. (2018). Interviews in qualitative research. Sage.
  • Levitt, H. M. (2021). Essentials of critical-constructivist grounded theory research. American Psychological Association.
  • Liamputtong, P. (2010). Research methods in health: foundations for evidence-based practice.
  • Smith, J. A., & Nizza, I. E. (2022). Essentials of interpretative phenomenological analysis. American Psychological Association.
  • Tappen, R. M. (2022). Advanced nursing research: From theory to practice. Jones & Bartlett Learning.
  • Terry, G., & Hayfield, N. (2021). Essentials of thematic analysis. American Psychological Association.

BUSCA DE INFORMACIÓN E COMUNICACIÓN CIENTÍFICA

  • A bibliografía necesaria será ofrecida a través da plataforma Moodle, xunto coa impartición de cada un dos temas correspondentes.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Bases para a Interpretación do Coñecemento Científico/750G02108

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE: Para axudar a acadar un contorno inmediato sostible e cumprir co V Plan de Acción do Programa Green Campus (2023-2025):

  • A entrega dos traballos documentais que se leven a cabo nesta materia farase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos, no caso de facerse en papel: non se utilizarán plásticos, farase a impresión a dobre cara, empregarase papel reciclado e evitarase a impresión de borradores.
  • Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural, tendo en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade no comportamento persoal e profesional.

IGUALDADE DE XÉNERO E NON DISCRIMINACIÓN:

-Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)

-Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

-Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías