Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Prácticum II Código 750G02135
Titulación
Grao en Podoloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 12
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos Para cursar a materia é obrigatorio superar: PRACTICUM I. Non se matricule desta materia mentres non supere a materia de 3. er curso Prácticum I, debido a que a súa matrícula nesta materia será anulada.
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
Romero Soto, Manuel
Correo electrónico
manuel.romero.soto@udc.es
Profesorado
Alonso Tajes, Francisco
Barros García, Gonzalo
Bernabeu Pena, Carolina
Carballo Díaz, Juan Luis
Gil Manso, Pedro
Gonzalez Martin, M. Cristina
Lopez Lopez, Luis
López Martínez, Noemia Zeltia
Martínez Vázquez, María
Mosquera Fernandez, Abian
Romero Soto, Manuel
Rosende Bautista, Carolina
Souto Rey, Victoriano
Correo electrónico
francisco.alonso.tajes@udc.es
gonzalo.barros@udc.es
carolina.bernabeu@udc.es
juan.carballo1@udc.es
pedro.gil.manso@udc.es
cristina.gmartin@udc.es
luis.lopezl@udc.es
zeltia.lopezm@udc.es
maria.martinez.vazquez@udc.es
abian.mosquera.fernandez@udc.es
manuel.romero.soto@udc.es
carolina.rosende@udc.es
victoriano.souto.rey@udc.es
Web http://moodle.udc.es/
Descrición xeral El Prácticum consiste en prácticas pre-profesionales que se desarrollarán principalmente en la Clínica Universitaria de Podología de la Universidad de A Coruña, pudiéndose complementar esta formación con prácticas en otros centros sanitarios acreditados, con el fin de desarrollar las competencias que permitan al alumnado incorporar a su formación las competencias fundamentales y los valores profesionales para el ejercicio de la profesión podológica. Estas prácticas clínicas incluyen la participación del alumnado en el proceso de atención podológica integral con pacientes reales, siempre bajo la supervisión de un/a profesional que guiará al alumnado en el proceso de aprendizaje clínico. También se desarrollarán otras actividades en forma de seminario o sesiones clínicas en las que se abordarán contenidos y competencias relacionadas con la práctica clínica como el estudio y discusión de casos clínicos, interpretación de pruebas complementarias o realización de informes.

Para cursar las materias del Prácticum el alumnado debe de haber obtenido previamente 90 créditos de la primera mitad del plan de estudios, de entre los cuales deben de haber obtenido obligatoriamente los correspondientes a las materias de: Podología General, Biomecánica del miembro inferior, Ortopodología 1 y Ortopodología 2, Quiropodología 1 y Quiropodología 2. Para cursar el el prácticum 2 el alumno/a deberá de haber obtendo los créditos del prácticum 1.
En esta materia se desenvolverá y aplicará: Método clínico en podología. Historia clínica podológica: registro de la información obtenida. Técnicas de exploración física. Actividades radiológicas propias de la podología. Pruebas complementarias y la racionalización de su uso. Diagnóstico y pronóstico. Plan de intervención integral o tratamiento podológico. Planes de intervención específicos para el tratamiento del pie de riesgo: diabético, neurológico y vascular. Protocolos: ejecución y evaluación. Uso del instrumental, material y maquinaria empleados para la confección y aplicación de tratamientos podológicos. Medidas de resucitación y reanimación en casos de emergencia. Habilidades sociales para la comunicación y el trato con el paciente y otros profesionales. Intercambio de información con los distintos profesionales y autoridades sanitarias implicadas en la prevención, promoción y protección de la salud. Prescripción, administración y aplicación tratamientos farmacológicos, ortopodológicos, físicos y quirúrgicos. Elaboración e interpretación de informes clínicos. Evaluación de los resultados obtenidos del proceso de atención Podológica. Capacidad en la gestión clínica de los servicios de podología. Actualización de los conocimientos, habilidades y actitudes. Calidad asistencial en la práctica de la podología. Utilización elementos de documentación, estadística, informática y los métodos generales de análisis epidemiológicos.

Competencias do título
Código Competencias do título
A131 CE67 - Aplicar nas Clínicas Podolóxicas Universitarias e centros acreditados os coñecementos adquiridos nos módulos previos durante a realización de prácticas preprofesionales que permitan ao alumno incorporar os valores profesionais e competencias dirixidas a: Protocolizar e aplicar o método clínico en podoloxía Realizar a historia clínica e rexistrar a información obtida Aplicar as técnicas de exploración física, interpretar os resultados e integralos no proceso de diagnóstico Realizar as técnicas radiolóxicas propias da podoloxía no ámbito clínico Interpretar os resultados das probas complementarias e a racionalización do seu uso. Emitir un diagnóstico e prognóstico Desenvolver a capacidade de establecer protocolos, executalos e avalialos. Desenvolver a habilidade e destreza no uso do instrumental, material e maquinaria empregados para a confección e aplicación de tratamentos podolóxicos no ámbito clínico. Deseñar o plan de tratamento integral ou tratamento podolóxico e avaliar os resultados obtidos no ámbito clínico. Deseñar plans de intervención específicos para o tratamento do pé de risco: diabético, neurolóxico e vascular Aplicar as medidas de resucitación e reanimación en podoloxía
A132 CE68 - Integrar os coñecementos, habilidades, destrezas, valores e actitudes adquiridos durante o itinerario curricular do alumno
A133 CE69 - Desenvolver as habilidades sociais para a comunicación e o trato co paciente e outros profesionais
A134 CE70 - Adquirir a capacidade de establecer intercambio de información cos distintos profesionais e autoridades sanitarias implicadas na atención sanitaria , prevención, promoción e protección da saúde, mediante a elaboración e interpretación de informes clínicos e plans de prevención e promoción de saúde podolóxica
A135 CE71 - Adquirir a capacidade de prescribir, administrar e aplicar tratamentos farmacolóxicos, ortopodolóxicos, físicos e cirúrxicos no ámbito clínico integrado no plan de atención podolóxica
A136 CE72 - Adquirir capacidade na xestión clínica dos servizos de podoloxía
A137 CE73 - Garantir a calidade asistencial na práctica da podoloxía mantendo actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes na práctica profesional
B24 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B25 CB3 -- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B26 CB4 -Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B27 CB5 -Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B28 CG01 - Coñecer e aplicar os fundamentos teóricos e metodolóxicos da Podoloxía e Podiatría
B29 CG02 - Coñecer a estrutura e función do corpo humano en especial da extremidade inferior, semioloxía, mecanismos, causas e manifestacións xerais da enfermidade e métodos de diagnóstico dos procesos patolóxicos médicos e cirúrxicos, interrelacionando a patoloxía xeral coa patoloxía do pé.
B30 CG03 - Obter a capacidade, habilidade e destreza necesarias para diagnosticar, prescribir, indicar, realizar e/ou elaborar e avaliar calquera tipo de tratamento podolóxico, ortopodolóxico, quiropodolóxico, cirurxía podolóxica, físico, farmacolóxico, preventivo e/ ou educativo, baseado na Historia clínica
B31 CG04 -Adquirir unha experiencia clínica adecuada en cada un dos contidos podolóxicos, levados a cabo en Centros acreditados para a formación universitaria de Podoloxía, fomentando a interrelación e comunicación eficaz con pacientes, familiares, e membros do equipo multidisciplinar
B32 CG05 - Colaborar cos profesionais sanitarios especificamente formados na materia, na adaptación e uso de prótese e axudas técnicas necesarias, segundo as condicións físicas, psicolóxicas e sociais dos doentes
B33 CG06 - Adquirir a capacidade para realizar unha xestión clínica centrada no paciente, na economía da saúde e o uso eficiente dos recursos sanitarios, así como a xestión eficaz da documentación clínica, con especial atención á súa confidencialidade
B34 CG07 - Coñecer, deseñar e aplicar programas preventivos relacionados coa podoloxía e o fomento da atención podolóxica na poboación
B35 CG08 - Adquirir habilidades de traballo nas contornas educativo e investigador, asistencial-sanitario, así como en equipos uniprofesionais e multiprofesionais. Asesorar na elaboración e execución de políticas de atención e educación sobre temas relacionados coa prevención e asistencia podolóxica
B36 CG09 -Valorar de forma crítica a terminoloxía, ensaios clínicos e metodoloxía utilizados na investigación relacionada coa podoloxía
B37 CG10 - Identificar que o exercicio da profesión está asentado no respecto á autonomía do paciente, ás súas crenzas, cultura, determinantes xenéticos, demográficos e socioeconómicos, aplicando os principios de xustiza social e comprendendo as implicacións éticas nun contexto mundial en transformación
B38 CG11 -Incorporar os principios éticos e legais da profesión na práctica, actuando sempre en base ao cumprimento das obrigacións deontolóxicas, da lexislación vixente e dos criterios de normopraxis, integrando os aspectos sociais e comunitarios na toma de decisións
B39 CG12 -Capacidade para a cooperación, o traballo en equipo e a aprendizaxe colaborativo en contornas interdisciplinares
C9 CT01 - - Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma
C11 CT03 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida
C12 CT04 -Desenvolver o exercicio dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero
C15 CT07 - Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sustentable ambiental, económico, político e social
C17 CT09 -Ter a capacidade de xestionar tempos e recursos: desenvolver plans, priorizar actividades, identificar as críticas, establecer prazos e cumprilos

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
O alumno/a integra e aplica na práctica clínica podolóxica os coñecementos adquiridos durante todos os seus estudos, nas Clínicas podolóxicas universitarias e centros acreditados. A131
A132
A133
B24
B25
B26
B29
B30
B31
B33
B34
Protocoliza e aplica o método clínico en podoloxía. A131
A132
Realiza a historia clínica podológica e rexistra a información obtida. A134
A136
B25
B32
B33
C9
C11
C15
Desenvolve as técnicas de exploración física. A131
B29
B30
B31
C17
Desenvolve a habilidade de realizar as actividades radiolóxicas propias da podoloxía. A131
Interpreta os resultados das probas complementarias e a racionalización do seu uso. A132
B25
Emite un diagnóstico e prognóstico. A131
A132
Deseña o plan de intervención integral ou tratamento podolóxico. A131
A132
A135
A137
B24
B26
Deseña plans de intervención específicos para o tratamento do pé de risco: diabético, neurolóxico e vascular. A131
A132
A135
B34
B35
B36
C12
Desenvolve a capacidade de establecer protocolos, executalos e avalialos. A131
A137
B32
B35
B39
Desenvolve a habilidade e destreza no uso do instrumental, material e maquinaria empregados para a confección e aplicación de tratamentos podológicos. A131
A132
Aplica as medidas de resucitación e reanimación en casos de emerxencia propia. A131
Desenvolver as habilidades sociais para a comunicación e o trato co paciente e outros profesionais. Establece intercambio de información cos distintos profesionais e autoridades sanitarias implicadas na prevención, promoción e protección da saúde. A133
A134
B32
B35
C9
Prescribe, administra e aplica tratamentos farmacolóxicos, ortopodológicos, físicos e cirúrxicos. A135
Elaborar e interpretar informes clínicos. A134
B35
B39
Avalía os resultados obtidos do proceso de atención Podolóxica. A136
A137
B33
B38
C12
Adquirir a capacidade na xestión clínica dos servizos de podoloxía. A136
B27
B28
B37
B38
B39
Manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes. A137
B24
B37
B38
C11
C17
Garante a calidade asistencial na práctica da podoloxía. A137
B38
C17
O alumno/a é capaz de seleccionar información, analizala e avaliala para redactar, expor e defender un informe científico. A134
B26
B27
B30
C11
Coñecer e obter habilidades na aplicación das técnicas podológicas de cirurxía ungueal, de cirurxía podológica de partes brandas, de cirurxía ósea e articular do pé. A131
C11

Contidos
Temas Subtemas
Método clínico en podoloxía.
Historia clínica podológica: rexistro da información obtida.
Técnicas de exploración física.
Actividades radiolóxicas propias da podoloxía.
Probas complementarias e a racionalización do seu uso.
Diagnóstico e prognóstico.
Plan de intervención integral ou tratamento podológico.
Plans de intervención específicos para o tratamento do pé de risco: diabético, neurolóxico e vascular.
Protocolos: execución e avaliación.
Uso do instrumental, material e maquinaria empregados para a confección e aplicación de tratamentos podológicos.
Medidas de resucitación e reanimación en casos de emerxencia.
Habilidades sociais para a comunicación e o trato cos e coas pacientes e outros e outras profesionais. Intercambio de información cos distintos profesionais e autoridades sanitarias implicadas na prevención, promoción e protección da saúde.
Prescrición, administración e aplicación tratamentos farmacolóxicos, ortopodológicos, físicos e cirúrxicos.
Elaboración e interpretación de informes clínicos.
Avaliación dos resultados obtidos do proceso de atención Podológica.
Capacidade na xestión clínica dos servizos de podoloxía. Actualización dos coñecementos, habilidades e actitudes.
Calidade asistencial na práctica da podoloxía.
Utilización elementos de documentación, estatística, informática e os métodos xerais de análises epidemiolóxicas
O Prácticum consiste na aplicación dos coñecementos teóricos adquiridos nas diferentes materias do título á práctica clínica, garantindo un proceso integral de atención podológica ao paciente que inclúa todos os aspectos clínicos, documentais e legais.

Por iso, todos os contidos teóricos e teórico-prácticos da titulación impartidos ata o primeiro cuadrimestre do 4º curso de grao así como os impartidos simultaneamente no primeiro cuadrimestre do 4º curso de grao, son relevantes para a práctica clínica e de obrigado coñecemento, feito que debe ser tido en conta polo alumno que cursa a materia de Prácticum II, a efectos de que o seu coñecemento e actualización serán elementais para poder desenvolver as prácticas clínicas e garantir a adquisición das competencias, formando parte da avaliación continua e final da práctica clínica.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Prácticas clínicas A131 A132 A133 A134 A135 A136 A137 B24 B25 B26 B27 B28 B29 B30 B31 B32 B33 B34 B35 B36 B37 B38 B39 C9 C11 C12 C15 C17 240 0 240
Portafolios do alumno A133 A134 B25 B26 B27 B30 B34 B36 B38 B39 C9 C11 C15 C17 0 50 50
Proba obxectiva A131 A132 A133 A134 A135 A136 A137 B24 B25 B26 B27 B28 B29 B30 B31 B32 B33 B34 B35 B36 B37 B38 B39 C9 C11 C12 C15 C17 8 0 8
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas clínicas As prácticas clínicas consisten na participación gradual e supervisada do alumnado no proceso de atención podológica integral cos pacientes reais que sexan atendidos polos diferentes servizos da Clínica Universitaria de Podoloxía e as prácticas externas nos servizos do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol. O alumnado participará de forma activa, sempre baixo supervisión, en todo o proceso de atención clínica: a xestión de datos clínicos; a exploración física e a xestión de probas complementarias e interpretación das mesmas; o diagnóstico, a prescrición, indicación, obtención e/ou aplicación dos diferentes tratamentos, así como o seguimento das afeccións tratadas e a súa evolución. Do mesmo xeito participará de forma activa nas sesións clínicas dos servizos. A asistencia ás prácticas clínicas é obrigatoria.
A ausencia a prácticas só estará xustificada no caso de producirse algunha das seguintes causas (recollidas no artigo 12 das Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e máster universitario, aprobada polo Consello de Goberno da UDC), debidamente acreditada (con xustificante con data do mesmo día da ausencia que deberá de ser entregado antes de pasados 3 días da ausencia na administración da CUP), enfermidade ou lesión que incapacite para a realización da práctica, falecemento dun familiar ata o segundo grao, citación xudicial que coincida coa data da práctica, asistencia a unha sesión do Claustro ou do Consello de Goberno da UDC que coincida coa data da práctica, o/a estudante terá dereito a non recuperala ata un máximo de 3 prácticas. Un número maior a 25 horas en faltas xustificadas ou a existencia de faltas inxustificadas suporá o suspenso da materia.
Calquera suposto que se presente no límite da presente norma poderá ser revisado polo conxunto de profesorado do Prácticum para o curso en vigor, debendo adoptar unha resolución por unanimidade e a condición de que o alumno/a demostrase a adquisición das competencias superando os requisitos de avaliación previstos para o Prácticum II.
A fin de permitir a formación complementaria do alumno dentro das mesmas tamén poderán recoñecerse como tales prácticas a asistencia a actividades de relevancia e interese para a titulación. Da participación en tales actividades deberase de entregar o certificado de asistencia antes de que pasen 3 días desde a súa celebración e comunicando a intención de asistir con polo menos 10 días de antelación ao profesor que lle corresponda impartir a docencia ese día e ao coordinador da materia. Entre estas actividades das que se poden recoñecer un máximo de 4 ausencias a prácticas son:
- Congreso Nacional de Podoloxía
- Xornadas Galegas de Podoloxía
- Congresos Internacionais de Podoloxía
- Congreso de Estudantes de Podoloxía
- Xornadas Laboralia
- Actividades del Plan de Acción Green Campus Ferrol
- Outras actividades que poidan ser valoradas polos docentes desta materia

Todo o alumnado debe de asistir no grupo no que está inscrito e dado que debe de asistir todos os días a prácticas non existe a posibilidade de cambiar prácticas.

Existirán follas de control de asistencia nas que o alumno debe de asinar ao entrar en prácticas no mostrador de administración (estarán dispoñibles de 9.00 a 9.15). A firma é a garantía da asistencia do alumno polo que a ausencia desta poderase entender como unha falta ás prácticas. Calquera falta xustificada debe de documentarse adecuadamente coa causa e datas do día e entregarse ao responsable do Prácticum 2 directamente ou deixala en administración antes de pasados 3 días desde a ausencia.
A puntualidade na asistencia ás prácticas é de obrigado cumprimento, rexistrarase calquera hora de chegada posterior ás 9:15, as faltas de puntualidade serán penalizadas podendo chegar a supor o suspenso da materia.
Todo procedemento e tratamento será supervisado polo docente responsable de cada práctica. E tras a mesma será este quen estableza o prazo de próximas visitas e/ou revisións.
Durante todas as prácticas cada alumno/a deberá de levar pixama e calzado sanitario branco, así como un bolígrafo de 4 cores, lentes de protección. Do mesmo xeito deberán de respectarse as normativas da CUP (http://www.udc.es/fep/cup), a lexislación vixente e o Código Deontolóxico de Podoloxía moi especialmente no a segredo profesional refírese mantendo a orde e a limpeza en todo momento.
Nos primeiros días lectivos farase a presentación da materia onde se detallaran todos os aspectos relacionados con desenvolvimiento das prácticas.
Antes do 12 de setembro de 2022 todos os alumnos deberán enviar á plataforma Moodle da materia unha foto actualizada de carné, unha ficha de prácticas e a certificación negativa do Rexistro Central de delincuentes sexuais.
Portafolios do alumno Esta parte do Prácticum II consistirá no desenvolvemento de competencias relacionadas coa xestión documental clínica (elaboración da historia clínica, petición de probas complementarias, elaboración de informes clínicos, etc.), e a realización de seminarios e sesións clínicas para o desenvolvemento de competencias como emitir un diagnóstico e un prognóstico, interpretar os resultados das probas complementarias ou manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes, mediante a lectura crítica e a discusión de publicacións científicas.

Para iso todos os alumnos/as deben de elaborar e entregar a través do Campus Virtual en formato PDF nomeando ao arquivo con Apelido1_Apelido2_Nome.PDF as seguintes tarefas:
I.- Entregar un caso clínico dos pacientes vistos polo alumno. No devandito caso clínico xustificaranse os procedementos realizados e valorarán as alternativas en base á bibliografía científica e a evidencia científica dos mesmos incluíndo documentación fotográfica do mesmo. Extensión 3-20 follas por caso clínico, contando ademais cunha portada na que se inclúa o nome do alumno, o título do caso sobre o que versa e o servizo ao que fai referencia.
Devandito caso clínico constará dos seguintes apartados:
- Anamnesis e antecedentes podológicos.
- Exploración física.
- Probas complementarias.
- Tratamentos aplicados: descrición, valoración, xustificación e resultados.
- Alternativas ao tratamento aplicado.
- Bibliografía (Vancouver).
- Informe clínico para entregar ó doente.
- Folla de consentimento para comunicación e publicación do caso clínico cuberto polo/a alumno/a e firmado polo doente.
II.- Memoria das actividades do servizo de Cirurxía Ortopédica e Traumatología:
IIa.- Memoria Servizo de COT
Entrega da memoria cos seguintes apartados: 50% ou 5 puntos
a) Identificación: Nome e apelidos, correo electrónico e grupo de Practicum
b) Calendario do grupo prácticas e lugar de realización
c) Descrición detallada das actividades de realizadas en
i. Unidade de Hospitalización
ii. Consultas externas
iii. Quirófano convencional
iv. Quirófano de CMA (Cirurxía Maior Ambulatoria)
v. Sesións clínicas
Presentación da memoria no prazo establecido (15 días post-rotación): 10% ou 1 punto
A extensión da memoria será de 5 folios como máximo.
-Análise crítica das tarefas realizadas durante a rotación COT
Análise crítica das tarefas realizadas durante a rotación: 10% ou 1 punto
IIb.-Casos clínicos relevantes COT
Descrición de 2 casos clínicos relevantes: 20% ou 2 puntos
IIc.-Descrición de bibliografía consultada durante a rotación COT
Descrición de bibliografía consultada durante a rotación: 10% ou 1 punto
Proba obxectiva Os días de xaneiro marcados no calendario oficial de exames, realizaranse ao longo dos mesmos un exame final individual no que se avaliará calquera das competencias a adquirir detalladas neste programa.
Este exame será de carácter práctico clínico, con pacientes reais sen esquecer a base da aplicación da teoría á práctica polo que ademais incluirase unha proba escrita dentro do mesmo correspondente ao Servizo de Quiropodología e Cirurxía do pé. O exame erá elaborado en consenso polo conxunto dos profesores de cada servizo.
O tipo e a planificación do exame detallarase polo menos 15 días antes á data de exame. Este exame constará de dous partes unha correspondente ao Servizo de Quiropodología e Cirurxía do pé e outra correspondente co Servizo de Patoloxía mecánica e Tratamentos físicos e ortopodológicos para superar o exame e a materia será necesario obter unha cualificación de aprobado en cada unha das partes.

Atención personalizada
Metodoloxías
Portafolios do alumno
Descrición
O alumnado poderá realizar consúltalas pertinentes aos docentes de cada servizo cos que realice os casos clínicos, preferentemente co docente co que viu por primeira vez ao ou á paciente e aquel que avaliará dita tarefa.

Todos os asuntos relacionados coa organización e planificación da materia deben de ser remitidos ao correo do profesor coordinador da materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas clínicas A131 A132 A133 A134 A135 A136 A137 B24 B25 B26 B27 B28 B29 B30 B31 B32 B33 B34 B35 B36 B37 B38 B39 C9 C11 C12 C15 C17 A avaliación da práctica clínica consistirá nunha avaliación do grao de adquisición por parte do alumnado das competencias a desenvolver neste Prácticum II. A cualificación final obterase da recollida dos coñecementos, habilidades e actitudes que cada profesor recollerá nas prácticas supervisadas do seu servizo.
A porcentaxe global de cada servizo é:
- Prácticas Quiropodología e Cirurxía= 16 %
- Prácticas Patomecánica-Ortopodología= 16 %
- Prácticas Traumatología= 5 %
- Prácticas Externas e Hospitalarias (outros servizos: Cámara Hiperbárica...)= 2 %
- Prácticas sobre xestión e esterilización na CUP= 1 %

Sendo necesario superar cada apartado (5/10) para superar as prácticas clínicas e a materia.

Para a avaliación contínua das prácticas clínicas avaliaranse os seguintes ítems nunha ficha individual por cada alumno/a:
- Capacidade de expresión e comunicación cos e coas pacientes, compañeiros e compañeiras e resto do persoal.
- Cos e coas pacientes valorarase especialmente a capacidade de expresión e comunicación en todo o proceso de atención clínica, desde a anamnesis ata a prescrición terapéutica
- Coñecemento profesional na toma de decisións de exploración, diagnóstico, racionalización das probas complementarias, diagnóstico e manexo terapéutico
- Habilidade na utilización de instrumental, material e maquinaria para a aplicación, administración e fabricación de tratamentos
- Capacidade de iniciativa, traballo, responsabilidade, organización e planificación
- Asistencia, puntualidade, interese e colaboración no traballo

Durante as prácticas clínicas cada alumno/a deberá de portar o cartón identificativo, a indumentaria de prácticas (pixama e calzado sanitario branco), bolígrafo 4 cores, rotulador permanente, rotulador borrable, luvas de kevlar (ou equivalente), tesoiras multiusos ou lentes, máscara ou máscara de protección.
40
Proba obxectiva A131 A132 A133 A134 A135 A136 A137 B24 B25 B26 B27 B28 B29 B30 B31 B32 B33 B34 B35 B36 B37 B38 B39 C9 C11 C12 C15 C17 Ao longo dos días de xaneiro marcados no calendario oficial de exames, realizarase exame final individual no que se avaliará calquera das competencias a adquirir detalladas neste programa.
Este exame será de carácter práctico clínico con pacientes reais, sen esquecer a base da aplicación da teoría á práctica. Será elaborado en consenso polo conxunto dos docentes de cada servizo. O tipo e a planificación do exame detallarase polo menos 15 días antes á data de exame.

Este exame constará de dous partes unha correspondente ao Servizo de Quiropodología e Cirurxía do pé e outra correspondente co Servizo de Patoloxía mecánica e Tratamentos físicos e ortopodológicos para superar o exame e a materia será necesario obter unha cualificación de aprobado en cada unha das partes.
A porcentaxe global de cada apartado de probar obxectiva será: Exame Quiropodología e Cirurxía=20 %; Exame patomecánica-ortopodología=20 %
40
Portafolios do alumno A133 A134 B25 B26 B27 B30 B34 B36 B38 B39 C9 C11 C15 C17 A cualificación desta parte consiste na avaliación de todas as actividades individuais ou en grupo que se programaron nas sesións clínicas e seminarios descritos na planificación e metodoloxía do portafolios
A porcentaxe global de cada apartado do portafolio será:
I- Caso clínico = 14%
II- Memoria das actividades do servizo de Cirurxía Ortopédica e Traumatología (COT) = 6%
Non sendo necesario superar cada apartado para superar o portafolio e a materia.

Nos casos clínicos xustificaranse os procedementos realizados e valorarán as alternativas en base á bibliografía científica, o grao de evidencia e documentación fotográfica así como a calidade xeral de mesmo, así como a adaptación aos formatos e apartados marcados.
20
 
Observacións avaliación

Condicións a ter en conta para superar o Prácticum 2:

1) É obrigatorio asistir ao 100% das prácticas clínicas . O alumnado que falte aínda de forma xustificada a un número de prácticas maior a25 horas lectivass e aínda que só sexa unha non xustificada suporá un suspenso no Prácticum 2 debendo de matricularse no seguinte curso académico. En calquera caso un número de faltas ás prácticas superior ao 30% suporá automaticamente a cualificación de Non Presentado no conxunto da materia tanto para a primeira como para a segunda oportunidade, debendo de matricularse no seguinte curso académico.

2) Para superar a materia será necesario aprobar cada un dos apartados da avaliación contínua e exame así como obter unha cualificación global mínima de 5 sobre 10. Os/as alumnos/as que non superen a puntuación mínima ou non se presenten ao exame individual na convocatoria de xaneiro terán opción a facelo na convocatoria de xullo. Na avaliación de 2ª oportunidade (mes de xullo) só hai opción ao exame e o portafolio da materia polo que si avaliación continua está suspensa o/a alumno/a estará suspenso no Prácticum 2 debendo de matricularse no seguinte curso académico.

3) Calquera falta grave de disciplina ou comportamento cos doentes, compañeiros/as, profesorado ou persoal da CUP, así como faltas reiteradas ás normas de funcionamento da CUP , do segredo profesional e da lexislación sanitaria vixente , será sometida a avaliación polo claustro de profesorado da materia e pode supor o suspenso automático no Prácticum 2: 

  • Falar e permanecer nos corredores ou en recepción. 
  • Utilizar o teléfono móbil durante as prácticas. 
  • Escoitar música durante as prácticas. 
  • Realizar fotos ou gravacións con dispositivos que non pertenzan á CUP. 
  • Non rexistrar e comprobar os datos da historia clínica, rexistralos na recepción ou non identificar convenientemente ao paciente (por nome e apelidos) ou as tarefas realizadas por cada alumno/a e profesor/a responsable. 
  • Non recoller ou organizar os gabinetes e salas tras o seu uso. 
  • Dar o alta ou cita a un paciente sen supervisión por parte do docente responsable da atención. 
  • Ausentarse das prácticas sen unha xustificación e comunicación ao profesor responsable da práctica. 
  • Comer ou beber nas instalacións da CUP (só se permite na aula CPI ou cafetaría). 
  • Non portar o cartón identificativo, indumentaria de prácticas (pixama e calzado sanitario branco), bolígrafo 4 cores , rotulador permanente, rotulador borrable, luvas de kevlar (ou equivalente), tesoiras multiusos, lentes e máscara ou máscara de protección. 
  • Non manter un aseo adecuado incluíndo non manter o pelo recolleito ou curto, as uñas cortadas e sen pintar así como portar colares, aneis, pendentes longos ou pulseiras. 
  • Calquera outro incumprimento das normas da CUP ((http://www.udc.es/fep/cup)
Calquera outro suposto de falta de disciplina ou comportamento non contemplado nesta guía no que poida incorrer o alumno será motivo de advertencia e, en caso de reiteración, estudado polo profesorado para adoptar as medidas oportunas, incluindo o suspenso da evaluación continua da práctica.

Situacións especiais de avaliación

1) A cualificación de matrícula de honra : dado o seu carácter graciable, concederase automaticamente ao alumnado que obteña un 10 na cualificación media da materia. De darse o caso de que haxa máis alumnos/as con esa cualificación que matrículas se poidan outorgar pola cota oficial establecido, convocarase a todos os alumnos/as para a realización dunha proba específica de desempate, proba que consistirá en novo exame de características similares ás da proba obxectiva, exame que se fixará en data e hora de acordo cos interesados/as 3 días antes da data de actas.
En caso de non existir ningún alumno/a con cualificación de 10, todo o alumnado que obteña unha cualificación media superior a 9.0, requisito básico para optar á matrícula de honra, poderán optar á matrícula de honra por acordo do conxunto de docentes da materia naqueles casos que, cumprindo o requisito mínimo, puidesen ser merecedores de matrícula pola aptitude e a actitude mostradas durante o desenvolvemento da materia.

2) Segunda oportunidade: Na 2ª oportunidade só poderán optar a superar a materia aqueles alumnos/as que superando a avaliación continua non superasen o exame práctico, ou cando o sumatorio total das cualificacións non supere a nota mínima para superar o Prácticum II debido á cualificación do Portafolio do/a alumno/a. Para ambos os supostos no calendario académico quedará fixada unha data para as novas probas de exame práctico e/ou nova entrega de actividades de portafolio.

3) Convocatorias de segunda e posteriores matrículas : Para aqueles alumnos/as que cursen a materia e realicen as prácticas obrigatorias de forma completa, poden volver cursar toda a materia novamente ou presentarse só a aquelas partes que non obtivesen unha cualificación mínima de 5 sobre 10. En caso de non realizar a totalidade das prácticas clínicas terá que cursar a totalidade da materia novamente.

4) Conservaranse de forma automática as cualificacións superadas de calquera das metodoloxías dentro das 2 oportunidades da mesma convocatoria.

5) Para o alumnado con matrícula parcial : poderán desenvolver a materia realizando os diferentes conceptos da materia en dous cursos, sempre realizando as prácticas, portafolio e exame do mesmo servizo no mesmo curso. Para iso contarase o primeiro curso en que se curse a materia coa cualificación de N.P. e no segundo coa cualificación calculada de todos os conceptos no momento de realización dos mesmos. Deberán de solicitar e aprobarse esta modalidade de avaliación ao comezo do curso, en caso contrario avaliarase como na modalidade ordinaria.

6) Convocatorias da oportunidade adiantada de avaliación : Para aqueles alumnos/as que solicitasen a oportunidade adiantada de avaliación, cumpran cos requisitos, concédaselle e cursen e superen as prácticas clínicas (cuxa cualificación suporá o 40% da materia), poderán presentarse á proba obxectiva de carácter práctico clínico cuxa cualificación suporá o 60% da cualificación da materia. 
7) Non presentado: aqueles/as alumnos/as que asistan a menos do 70% das prácticas clínicas da materia a súa cualificación será automáticamente de Non Presentado (para calqueira das oportunidades do curso).
8) Alumnado de mobilidade (Erasmus , SICUE, Bilateral): A cualificación do alumnado de mobilidade (Erasmus, SICUE, Bilateral) realizarase só pola avaliación continua en caso de suspenso poderán recuperar no exame da materia. Estes distribuiranse entre todos os grupos de prácticas. 
9) Mentorización ERASMUS e Bilateral: Ao comezo da materia proporase a todos/as os/as alumnos/as que polo menos obtivesen unha cualificación de notable no Prácticum 1 priorizando a aqueles/as alumnos/as obtivesen unha maior cualificación no Prácticum 1 e os/as que en cursos anteriores realizasen unha estancia de mobilidade noutro país. Dita proposta deberá de realizarse por cada alumno/a que estea interesado en participar como mentor/a dentro da actividade Moodle onde voluntariamente cada solicitante achegará unha copia do seu expediente e xustificantes de realizar algunha estancia de mobilidade en cursos anteriores a fin de que sexa valorado polo conxunto de docentes da materia. A participación como mentor/a sumará ata +0,5 á súa cualificación final da materia.

Fontes de información
Bibliografía básica

Teniendo en cuenta que todos los contenidos teórico-prácticos de la titulación son relevantes para el ejercicio profesional y, por el mismo motivo, para las prácticas clínicas, las fuentes de información básicas y recomendadas por todas y cada una de las materias conforman las fuentes de información para consulta y estudio durante la realización de las prácticas clínicas comprendidas en el Prácticum.

No obstante, existen determinadas fuentes documentales de gran utilidad para su consulta durante la práctica clínica del día a día y que concretará el profesorado que supervise las prácticas clínicas de los diferentes servicios de la Clínica Universitaria de Podología.

Un ejemplo de estas fuentes documentales de uso cotidiano:

Buckup K. Pruebas clínicas para patología ósea, articular y muscular. 3ª ed. Barcelona: Elsevier; 2007

Espinás Boquet J, Vilaseca Canals J. coordinadores. Guía Terapéutica en Atención Primaria (Basada en la selección razonada de medicamentos). 4ª ed. Barcelona: Sociedad Española de Medicina de Familia y Comunitaria; 2010

Dockery GL. Cutaneous Disorders of the lower extremity. 1ª ed. Philadelphia: Saunders; 1997

Muñoz Calvo B et al, comité editorial. Cliniguía, actualización de diagnóstico y terapéutica. 4ª ed. España: Eviescience; 2009

Straus SE, Scoot Richardson W, Glasziou P, Haynes RB. Medicina Basada en la Evidencia. 3ª ed. Madrid: Elsevier; 2006

Tixa S. Atlas de anatomía palpatoria: tomo 2 miembro inferior. 2ª ed. Barcelona: Masson; 2006

Villa LF. Coordinación. Medimecum, guía de terapia farmacológica. 15ª ed. España: Luis F Villa Alcazar; 2010

Kevin A Kirby. Biomecánica del Pie y la Extremidad Inferior I. Colección de una Década de Artículos de Precisión Intracast. Arizona: Precisión Intracast, 1997.

Kevin A Kirby. Biomecánica del Pie y la Extremidad Inferior II. Artículos de Precisión Intracast: 1997-2002. Arizona: Precisión Intracast, 2002.

Kevin A Kirby. Biomecánica del Pie y la Extremidad Inferior III. Artículos de Precisión Intracast: 2002-2008. Arizona: Precisión Intracast, 2009.

Kevin A Kirby. Biomecánica del Pie y la Extremidad Inferior IV. Artículos de Precisión Intracast: 2009-2013. Arizona: Precisión Intracast, 2015.

Merton L. Roor, William P. Orien y John H. Weed. Función normal y anormal del pie. Barcelona: Editorial Base, 2012

Ana Esther Levy Benasuly, Jose Manuel Cirtés Barragán. Ortopodología y aparato locomotor. Ortopedia de pie y tobillo. Barcelona: Masson, 2003.

Santiago Gómez Ortiz, Santiago Gómez Facundo. Guía Farmacológica en Podología. Barcelona: ISDIN, 2015. [disponible en:http://www.podocat.com/Portals/0/PDF/PUBLICACIONS/Podemecum.pdf]

Comisión de formación del CGCOP. Guía de Protocolos de Pie Diabético. Madrid: Consejo General de Colegios Oficiales de Podológos, 2011. [disponible en:http://www.podocat.com/Portals/0/PDF/PUBLICACIONS/PROTOCOLOS_PIE_DIABETICO[1].pdf ]

Comisión de formación del CGCOP. Guía de Protocolos de Exploración y Biomecánica. Madrid: Consejo General de Colegios Oficiales de Podológos, 2010. [disponible en:http://www.podocat.com/Portals/0/PDF/PROTOCOLO_QUIRURGICO_WEB.pdf ]

Comisión de formación del CGCOP. Guía práctica de protocolos quirúrgicos en Podología. Madrid: Consejo General de Colegios Oficiales de Podológos, 2009. [disponible en: http://www.podocat.com/Portals/0/PDF/PROTOCOLO_QUIRURGICO_WEB.pdf ]

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Cirurxía Podolóxica Avanzada/750G02130
Cirurxía Podolóxica 2/750G02129
Psicoloxía Aplicada e Saúde/750G02105
Anatomía xeral/750G02103
Anatomía específica do membro inferior/750G02104
Dermatoloxía/750G02124
Prácticum I/750G02134
Fisioloxía Humana/750G02101
Microbioloxía e parasitoloxía /750G02107
Patoloxía Podolóxica I/750G02119
Patoloxía Podolóxica II/750G02120
Ortopodoloxía II/750G02116
Podoloxía Preventiva /750G02114
Ortesioloxía Dixital e Calzadoterapia /750G02117
Ortopodoloxía Clínica/750G02118
Biomecánica do Membro Inferior/750G02111
Quiropodoloxía 1/750G02125
Quiropodoloxía 2/750G02126
Patoloxía Xeral Aplicada en Podoloxía /750G02102
Farmacoloxía/750G02109
Podoloxía xeral /750G02110
Cirurxía Podolóxica 1/750G02128
Bases Biolóxicas e Físicas do Movemento Humano/750G02106
Conceptos Xerais de Cirurxía/750G02127
Podoloxía Física/750G02121
Bases para a Interpretación do Coñecemento Científico/750G02108
Ortopodoloxía I/750G02115
Diagnóstico por Imaxe/750G02112

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Podoloxía Deportiva/750G02123
Terapéutica Farmacolóxica/750G02122
Pé de Risco/750G02131

Materias que continúan o temario
Prácticum III/750G02136

Observacións

<p>O Prácticum consiste na aplicación dos coñecementos teóricos adquiridos nas diferentes materias do título á práctica clínica, garantindo un proceso integral de atención podológica ao paciente que inclúa todos os aspectos clínicos, documentais e legais.</p><p>Por iso, todos os contidos teóricos e teórico-prácticos da titulación impartidos ata o primeiro cuadrimestre do 4º curso de grao así como os impartidos simultaneamente no primeiro cuadrimestre do 4º curso de grao, son relevantes para a práctica clínica e de obrigado coñecemento, feito que debe ser tido en conta polo alumno que cursa a materia de Prácticum II, a efectos de que o seu coñecemento e actualización serán elementais para poder desenvolver as prácticas clínicas e garantir a adquisición das competencias, formando parte da avaliación continua e final da práctica clínica.</p><p>Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol":</p><div><ul>

  • A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos, no caso de se realizar en papel: non se empregarán plásticos, realizaranse impresións a dobre cara, empregarase papel reciclado e evitarase a impresión de borradores.
  • Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural tendo en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais
  • Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria
  • Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade, no caso de detectar situacións de discriminación por razón de xénero tomaranse medidas para corrixilas.
  • </ul><p>A fin de facilitar a conciliación familiar do profesorado do Practicum 2 aqueles docentes que así o estimen, poderán acordar cos alumnos/as que correspondan en cada rotación o troco de hora de inicio y fin de la práctica notificándoo ó persoal da CUP.</p><p>Na realización dos traballos da materia, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, será cualificado con suspenso (0,0) na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento.</p><br /></div>



    (*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías