Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Reeducación Funcional das Afeccións Podolóxicas Código 750G02137
Titulación
Grao en Podoloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Coordinación
Souto Gestal, Antonio
Correo electrónico
antonio.souto@udc.es
Profesorado
Souto Gestal, Antonio
Correo electrónico
antonio.souto@udc.es
Web http://https://campusvirtual.udc.gal/
Descrición xeral Esta materia ten como obxectivo dar a coñecer aos estudiantes de podoloxía un protocolo de carácter interdisciplinar para a valoración do complexo articular do nocello e pé, así como as súas implicacións globais no resto de segmentos corporais, utilizando para ilo a exploración física e o razonamento clínico seguidos no proceso de fisioterapia. A partir de biomecánica clínica, exponse protocolos de valoración neuro-ortopedica e funcional a partir dos cales implementar estratexias terapéuticas baseadas na cinesiterapia nas súas distintas modalidades e a reeducación sensorio-perceptivo-motora.

Competencias do título
Código Competencias do título
A66 CE2 -Coñecer a anatomía específica do membro inferior
A69 CE5 - Coñecer os principios físicos aplicables á marcha humana
A70 CE6 - - Coñecer o concepto anatómico e funcional da enfermidade e a clasificación de enfermidades, adquirindo capacidade de describir as patoloxías máis prevalentes do ser humano
A85 CE21 - Coñecer os instrumentos de análise biomecánico e a biomecánica da marcha humana e obter a capacidade de análise da marcha
A86 CE22 - Coñecer as alteracións estruturais do pé e o seu comportamento biomecánico e coñecer as alteracións posturais do aparello locomotor e a súa influencia sobre o pé e viceversa
A89 CE25 - Coñecer e desenvolver as técnicas de exploración física e clínica e os parámetros clínicos normais en decúbito, bipedestación estática e dinámica
A90 CE26 - Coñecer os fundamentos da Podoloxía, o concepto de profesión e saber recoñecer as capacidades profesionais propias da mesma no equipo multidisciplinar de saúde
A96 CE32 - Identificar e analizar os problemas de saúde do pé nos diferentes aspectos ambiéntais, biodinámicos e sociais, así como unha aprendizaxe relativa á avaliación dos feitos cientificamente probados e á análise dos datos en xeral, para aplicar a Podoloxía Baseada na Evidencia Científica
A100 CE36 Coñecer e diferenciar, segundo os parámetros clínicos, os procesos patolóxicos do pé, as afeccións estruturais e funcionais do aparello locomotor, as patoloxías de membro inferior e os procesos sistémicos con repercusión podolóxica
A103 CE39 - Coñecer e desenvolver as técnicas de exploración, para emitir un diagnóstico e prognóstico, e deseñar o plan de tratamento ortopodolóxico de acordo aos obxectivos terapéuticos
A112 CE48 - Coñecer e aplicar os métodos físicos, eléctricos e manuais na terapéutica das distintas patoloxías morfolóxicas e funcionais do pé e no tratamento da dor e a inflamación
B23 CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B24 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B25 CB3 -- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B29 CG02 - Coñecer a estrutura e función do corpo humano en especial da extremidade inferior, semioloxía, mecanismos, causas e manifestacións xerais da enfermidade e métodos de diagnóstico dos procesos patolóxicos médicos e cirúrxicos, interrelacionando a patoloxía xeral coa patoloxía do pé.
B30 CG03 - Obter a capacidade, habilidade e destreza necesarias para diagnosticar, prescribir, indicar, realizar e/ou elaborar e avaliar calquera tipo de tratamento podolóxico, ortopodolóxico, quiropodolóxico, cirurxía podolóxica, físico, farmacolóxico, preventivo e/ ou educativo, baseado na Historia clínica
B32 CG05 - Colaborar cos profesionais sanitarios especificamente formados na materia, na adaptación e uso de prótese e axudas técnicas necesarias, segundo as condicións físicas, psicolóxicas e sociais dos doentes
C9 CT01 - - Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma
C15 CT07 - Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sustentable ambiental, económico, político e social

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Ser capaz de aplicalas técnicas de exploración clínica do aparato locomotor en decúbito, bipedestación estática e dinámica para o diagnóstico das afeccións podolóxicas A66
A69
A70
A85
A86
A89
A100
A103
B23
C9
Ser capaz de aplicalo protocolo de exploración analítica do complexo articular nocello-pé, así como de identificar a súa posible relación cos segmentos corporais supraxacentes (xeonllo, coxofemoral, cinturón pélvico e raquis), integrando estos aspectos no tratamento das afeccións podolóxicas máis frecuentes. A66
A69
A85
A86
A89
A100
A103
B23
B24
B25
B29
B30
C9
C15
Ser capaz de identificalas técnicas empregadas na abordaxe fisioterápica das afeccións podolóxicas, sexan de natureza curativa ou paliativa. A90
A96
A112
B32
C15
Coñecer o funcionamento e indicacións dos medios físicos empregados no tratamento das afeccións podolóxicas, especialmente os derivados do uso do movemento como axente terapéutico. A90
A96
A112
B23
B24
B25
B29
B30
B32
C15
Ser capaz de aplicalos medios físicos no tratamento das afeccións podolóxicas máis frecuentes A90
A96
A100
A103
A112
B32
C15
Coñecer os fundamentos terapéuticos do manexo do doente con dor A70
A89
A96
A100
A103
A112
B24
B25
B29
B30
C15

Contidos
Temas Subtemas
Bloque Temático I.
Valoración funcional do pé e membro inferior.
Tema 0. Recordo anatómo-biomecánico do pé e as súas relacións cinéticas e cinemáticas co membro inferior.

Tema 1. Exploración funcional e neuro-ortopédica do membro inferior. Xeneralidades do proceso de valoración. Concepto de disfunción e adaptación biomécanica. O sistema nervioso como estrutura integradora. Heterometrías, cadeas disfuncionais ascendentes e descendentes.
Bloque Temático II.
Reeducación funcional e Fisioterapia nos procesos inflamatorios e dexenerativos do pé. Modelo de estrés de tecidos e rexeneración de partes brandas.
Tema 2. O sistema fascial como fonte de dor e disfunción. Mecanotransducción celular.

Tema 3. Sistema nervioso e neuromecánica. O sistema nervioso como fonte de dor e disfunción. Avaliación e principios de tratamento neurodinámicos.

Tema 4. Modelo de rexeneración de tecidos brandos baseado no estímulo mecánico controlado. Resposta inflamatoria, fases e implicacións clínicas. Escordadura de nocello, Implicacións locais e ascendentes. Inestabilidade crónica de nocello. Propiocepción e captores posturais.

Tema 5. Modelo de estrés de tecidos. Teoría rotacional e o sistema de windlass. Consideracións cinéticas e as súas implicacións clínicas. Relacións ascendentes e descendentes.
Bloque Temático III.
Avaliación e intervención funcional nas principais afeccións podolóxicas. Dor, propiocepción e control motor.
Tema 6. Manifestacións de estrés tisular no sistema suro-aquileo-plantar. Tendinopatía aquilea. Implicacións locais e ascendentes.

Tema 7. Manifestacións de estrés tisular no sistema tibial: síndrome de estrés tibial medial, túnel tarsal e disfunción do tibial posterior. Implicacións locais e ascendentes.

Tema 8. Manifestacións de estrés tisular dos tecidos plantares. Implicacións locais e ascendentes.

Tema 9. Manifestacións de estrés tisular no antepé: metatarsalxias, sindrome de predislocación, fibrose perineural e disfuncións do primeiro radio. Implicacións locais e ascendentes.
Bloque Práctico I.
Valoración funcional do pé. Exploración neuro-ortopédica do pé e membro inferior.
Práctica 1. Exploración da postura e dos captadores posturais.

Práctica 2. Exploración neurodinámica do membro inferior: test de provocación neural e avaliación dos potenciais puntos de conflito mecánico do sistema nervioso periférico no membro inferior.

Práctica 3. Avaliación estática e dinámica da pelvis. Test ortopédicos e funcionais.

Práctica 4. Exploración da estática e dinámica da articulación coxofemoral. Alteracións torsionales e capacidade rotacional. Exploración do xeonllo.

Práctica 5. Exploración da mobilidade articular analítica do complexo nocello-pé.

Práctica 6. Valoración dinámica: marcha e test funcionais de control motor.
Bloque Práctico II.
Reeducación funcional e Fisioterapia nas principais afeccións podolóxicas.
Práctica 7. Técnicas articulares do complexo nocello-pé.

Práctica 8. Estiramentos, técnicas miofasciais manuais e instrumentais.

Práctica 9. Estratexias para a mellora da propiocepción e control motor do membro inferior.

Práctica 10. Vendaxe funcional e propioceptiva.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A66 A69 A70 A85 A86 A96 A100 A103 A112 B23 B24 B25 B29 B30 B32 C9 21 21 42
Prácticas de laboratorio A66 A69 A85 A86 A89 A96 A100 A112 B24 B25 B29 B30 B32 C9 C15 7 14 21
Discusión dirixida A90 A96 A100 B23 B24 B25 B32 C9 C15 7 7 14
Estudo de casos A70 A85 A86 A90 A96 A100 A103 A112 B23 B24 B25 B29 B30 B32 C9 C15 7 21 28
Lecturas A66 A69 A70 A86 B29 0 20 20
Proba mixta A89 A96 A100 A103 A112 B23 B24 B25 B29 C9 2 18 20
Actividades iniciais A66 A69 A70 A90 C9 C15 2 0 2
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. Realizarase a través das plataformas de teleformación.
Prácticas de laboratorio Metodoloxía que permite que os estudantes aprendan efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como demostracións, exercicios, experimentos e investigacións.
Nesta materia os módulos prácticos centraránse por una parte na exploración estático-dinámica do complexo articular nocello-pe así como a súa relación coa valoración global dos segmentos corporales supraxacentes. Posteriormente experimentaránse algunhas das técnicas terapéuticas que dan resposta ás posibles disfuncións que resulten do proceso de valoración, fundamentalmente a través da aplicación de axentes físicos baseados no movemento (vendaxe funcional e propioceptiva, exercicio terapéutico, técnicas manuais, etc.). Realizaranse de forma presencial.
Discusión dirixida Técnica de dinámica de grupos na que os estudantes discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, especialmente a resolución dun problema xeralmente de natureza patomecánica e que garda relación co ámbito clínico, exposto e coordinado polo moderador do debate, neste caso o profesor. Realizarase de forma presencial no marco das prácticas de laboratorio e de forma telemática no contexto da sesión maxistral e estudo de casos.
Estudo de casos Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Lecturas Son un conxunto de textos e documentación escrita que se recolleron e editaron como fonte de profundización nos contidos traballados.
Proba mixta Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
Actividades iniciais Actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativos, que partan dos saberes previos do alumnado.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Discusión dirixida
Estudo de casos
Descrición
Nas prácticas de laboratorio o profesor encargase persoalmente de revisar de forma individual a correcta execución da mesma por parte do estudante.

Na discusión dirixida e no estudo de casos clínicos, o profesor é o encargado de moderalo debate e de propoñelas preguntas que o promovan, así como de que cada un dos estudantes participe e se beneficie das ideas que todos aportan.

Estímase un total de 3 horas para a atención personalizada en forma de titorías nas que poder resolver todo tipo de dúbidas, con especial atención á resolución dos casos clínicos.

A atención personalizada levarase a cabo a través de medios preferentemente telemáticos (plataforma microsoft Teams, Campus Virtual ou correo electrónico) aínda que tamén presenciais, nos horarios establecidos e/ou previa solicitude por parte do/a estudante.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A66 A69 A85 A86 A89 A96 A100 A112 B24 B25 B29 B30 B32 C9 C15 A valoración das prácticas de laboratorio fai referencia fundamentalmente á actitude e participación activa e con aproveitamento das mesmas, que se traduce na correcta execución e no grado de perfeccionamiento alcanzado nas técnicas ensinadas. 10
Estudo de casos A70 A85 A86 A90 A96 A100 A103 A112 B23 B24 B25 B29 B30 B32 C9 C15 Entrega en tempo e forma das resolucións de casos clínicos plantexados ao longo do curso, e que se solicitarán con antelación suficiente para a súa realización e con posibilidade de establecer grupos de discusión para un maior aproveitamento.
Os casos clínicos asignaranse por parellas durante a primeira metade do cuatrimestre. Contarán cunha descripción básica do suposto clínico, así como unha descripción das probas de avaliación efectuada e os seus resultados. Os estudantes deberán entregar unha memoria da resolución na que deberán:
1) replicar as probas, describir a súa execución práctica e os valores normativos.
2) ampliar con todas aquelas probas de exploración que estimen oportunas e relevantes para a resolución do caso.
3) propoñer un programa de tratamento funcional do caso e as disfuncións que o caracterizan
4) apoiar a resolución do caso con material preferentemente audiovisual (vídeos e ou fotografías), da realización das probas de exploración física e do tratamento proposto.
5) ao final do curso, os estudantes deberán presentar oralmente a resolución do caso diante de todolos compañeiros, promovendo un foro de debate.
A memoria será valorada sobre un máximo de 2 puntos (20% da calificación) e a presentación oral sobre un máximo de 1 punto (10% da calificación).
40
Proba mixta A89 A96 A100 A103 A112 B23 B24 B25 B29 C9 A proba mixta consistirá nunha combinación de preguntas tipo test de resposta única e unha ou varias preguntas curtas acerca da valoración e/ou resolución dun caso clínico plantexado durante o curso. 40
Sesión maxistral A66 A69 A70 A85 A86 A96 A100 A103 A112 B23 B24 B25 B29 B30 B32 C9 Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. Valorarase fundamentalmente a asistencia e participación activa nas mesmas, a través da entrega puntual de pequenas probas de coñecemento de respuesta inmediata (metodoloxía socrative) que facilitan a asimilación das ideas clave. 10
 
Observacións avaliación

Para superar a materia será obrigatorio:

1. A asistencia a un mínimo do 70% das sesións prácticas. A estos efectos, non se terán en conta as ausencias debidamente motivadas por cuestións de saúde, especialmente ante a sospeita de viriasis compatible con infección por SARS-CoV-2.

2. Únicamente se contempla a posibilidade dun 20% de faltas de asistencia a sesións prácticas sen aportar o correspondente xustificante.

3. Obter unha calificación superior a 5 puntos sobre 10 na proba mixta. Esta proba terá, con carácter xeral, un tempo máximo de execución de 1 hora.


Dado o carácter práctico e con orientación clínica da materia, non se contempla a posibilidade de dispensa académica que exima aos estudantes a tempo parcial da asistencia ás clases prácticas e de seminario.

Non se contemplan metodoloxías de avaliación diferentes para a segunda oportunidade ou oportunidade adiantada, nin para aqueles estudantes con matrícula parcial. Para os estudantes de segunda matrícula e posteriores, poderá conservarse previa solicitude a calificación obtida nos apartados de avaliación continuada do bloque práctico e interactivo, así coma do estudo de casos, sempre que estas resultasen superadas en anteriores cursos. En caso contrario, os citados apartados serán avaliados a través dun examen práctico.

Asignarase a calificación de Non Presentado aos estudantes que non se presenten á proba mixta, independentemente de que se conserve a calificación obtida na avaliación continuada do bloque práctico e interactivo así coma do estudo de casos.

Os estudantes que acaden unha calificación igual ou superiora 9/10 podrán optar á mención de Matrícula de Honra, dacordo aos límites establecidos no artigo 21 das "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario" de la UDC. A matricula de honra será otorgada en todo caso á/ás calificación/s globais máis altas.

PLAXIO: Na realización dos traballos da materia, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa orixe e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, será cualificado con suspenso (0,0) na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento.


Fontes de información
Bibliografía básica Neumann, Donald A. (2017). Kinesiology of the musculoskeletal system : foundations for rehabilitation. St. Louis : Elsevier
Arnold G. Nelson, Jouko Kokkonen (2020). Anatomía de los estiramientos. Madrid: Tutor
Kirby, K. A. (2012). Biomecánica del pie y la extremidad inferior. Payson: Precisión Intracast
Kisner, Carolyn (2010). Ejercicio terapéutico: fundamentos y técnicas. Buenos Aires: Médica Panamericana,
Bové, T (2021). El vendaje funcional. Barcelona: Elsevier
Mulligan, Brian R. (2010). Manual therapy : NAGS, SNAGS, MWMs etc.. Wellington: Plane View
Fernández de las Peñas, C., Cleland J.A., Dommerholt J. (2016). Manual therapy for musculoskeletal pain syndromes : an evidence and clinical informed approach. London: Elsevier
Ricard F.; Munuera P., Oliva Pascual Vaca, A. y Rodríguez Blanco C. (2012). Medicina osteopática: miembro inferior. Alcalá de Henares: Escuela de Osteopatía de Madrid,
Butler, David S. (2009). Movilización del sistema nervioso. Barcelona: Paidotribo
Zamorano Zárate, E. (2013). Movilización neuromeníngea : tratamiento de los trastornos mecanosensitivos del sistema nervioso. Madrid : Panamericana
Vleeming, A., Mooney, V., Stoeckart, R. (2008). Movimiento, estabilidad y dolor lumbopélvico : integración de la investigación con el tratamiento. Barcelona : Elsevier Masson
Cleland, Joshua (2022). Netter, Exploración clínica en ortopedia : un enfoque para fisioterapeutas basado en la evidencia. Barcelona : Elsevier
Jon Parsons, Nicholas Marcer (2007). Osteopatía: modelos de diagnóstico, tratamiento y práctica.. Madrid : Elsevier,
Quesada Molina, C. F. (2022). Pie y tobillo : consideraciones generales y síndromes dolorosos. Madrid: Panamericana
Rueda-Sánchez, M. (2004). Podología: los desequilibrios del pie.. Barcelona: Paidotribo
Bryan, E. (2018). The Comprehensive Manual of Therapeutic Exercises Orthopedic and General Conditions. Thorofare, NJ: Slack Incorporated
Myers, Thomas W. (2021). Vías anatómicas : meridianos miofasciales para terapeutas manuales y profesionales del movimiento. Barcelona : Elsevier Masson

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Anatomía xeral/750G02103
Anatomía específica do membro inferior/750G02104
Biomecánica do Membro Inferior/750G02111
Bases Biolóxicas e Físicas do Movemento Humano/750G02106
Podoloxía Física/750G02121

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Traballo Fin de Grao/750G02133
Prácticum III/750G02136

Materias que continúan o temario
Traballo Fin de Grao/750G02133

Observacións

<p>Ao tratarse dunha materia que habitualmente cursan estudantes de cuarto curso, recoméndase que se curse simultáneamente coa materia Prácticum 3, de forma que poidan aplicar novos coñecementes ao contexto clínico-asistencial.</p><p>ADAPTACIÓN DE  PRESENCIALIDADE Á  SITAUCIÓN EPIDEMIOLÓXICA: Todas as actividades presenciais realizaranse con asentos  preasignados, con máscara, ventilación, non permitindo o consumo de alimentos e bebidas e asegurando que se cumpran as medidas de prevención e hixiene do centro establecidas e publicadas en:  https://udc.es/es/fep/coronavirus/.</p><p>No caso de que o grupo de docencia maxistral chegue a superar as indicacións do aforo da aula estableceranse grupos rotativos de docencia híbrida, onde os estudantes que non caiban na aula seguirán esa semana a docencia de forma telemática e á seguinte de forma presencial, sendo outro grupo o que a realice de forma telemática, segundo planificación establecida polo docente da materia.</p><p>Consideracións medioambientais:</p><p>OBJECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE: Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostible e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sostible ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol":</p><p>A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos, no caso de realizarse en papel: non se empregarán plásticos, realizaranse impresións a dobre cara, empregarase papel reciclado e evitarase a impresión de borradores.</p><p>Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural tendo en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da  sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.</p><p>Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso idóneo, igualitario e proveitoso á vida universitaria.</p>



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías