Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Xestión dos riscos ergonómicos Código 760482014
Titulación
Mestrado Universitario en Prevención de Riscos Laborais e Riscos Comúns
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Industrial
Coordinación
Rodríguez Gómez, Benigno Antonio
Correo electrónico
benigno.rodriguez@udc.es
Profesorado
Rodríguez Gómez, Benigno Antonio
Correo electrónico
benigno.rodriguez@udc.es
Web
Descrición xeral

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Planear a acción preventiva a desenvolver, nas situacións nas que o control ou redución dos riscos supón a realización de diferentes actividades, que implican a intervención de distintos especialistas.
A4 Avaliar os riscos relacionados coa carga física e psíquica no traballo e propoñer as medidas adecuadas de prevención.
B1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
B2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
B4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións (e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan) a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
B5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Será capaz de planear a acción preventiva a desenvolver, nas situaciones nas que o control ou redución dos riescos supón a realización de diferentes actividades, que implican a intervención de distintos especialistas. AP1
BP1
BP2
BP3
Será capaz de avaliar os riscos relacionados coa carga física e psíquica no traballo e propoñer as medidas adecuadas de prevención. AP4
BP3
BP4
Sera capaz de utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida BP5
CM1
CM3
Será capaz de valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. CM4
CM5
CM6
Asumirá como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida CM7
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. CM8

Contidos
Temas Subtemas
1) Ergonomía. Conceptos e obxectivos 1.1. Introducción
1.2. Posto de traballo
1.3. Tipos de ergonomía
1.4. Obxectivos.
2) Metodoloxía Ergonómica 2.1. Análise das tarefas. Metodoloxía
2.2. Análise das capacidades persoais.
2.3. Análise das condicións de traballo.
2.4 Valoración da carga de traballo.
2.5 Análise dos postos de traballo.
3) Datos antropométricos 3.1. A estatística como elemento de análise.
3.2. Datos antropométricos da poboación española. ISO 7250, ISO 6682. Repartición de masas e centros de gravidade
3.3. O uso dos valores no deseño.
4) Biomecánica 4.1. O modelo biomecánico.
4.2. Elementos básicos de mecánica vectorial.
4.3. Equilibrio.
4.4. Pancas.
4.5. Análise estática de modelos en dúas dimensións.
5) Carga física 5.1. Posturas de Traballo
5.2. Fisioloxía das Posturas de Traballo.
5.3. Avaliación das Postuas de Traballo. Metodoloxía de avaliación.
5.4. Norma UNE EN 1005-4. Seguridade das máquinas. Comportamento físico do ser humano. Avaliación das posturas e movementos de traballo en relación coas máquinas.
5.5. Prevención e control de riscos derivados das posturas de traballo.
6) Carga Mental 6.1. Definición de Carga mental.
6.2 O proceso de tratamento da información polo home.
6.3. Esixencias dos postos de traballo.
6.4. Factores que inflúen na aparición da carga mental.
6.5. Efectos sobre a saúde.
6.6. Prevención dos riscos derivados da carga mental.
6.7. Métodos de avaliación da carga mental
7) Factores ambientais (I). Iluminación 7.1. Iluminación.RD 486/1997, de 14 de Abril.
7.2. Magnitudes luminosas.
7.3. Leis fundamentais da luminotecnia.
7.4. A cor.
7.5. Compoñentes básicos dun sistema de iluminación.
7.6. Sistemas de iluminación.
7.7. Efectos dunha mala iluminación: Fatiga visual e deslumbramientos.
7.8. A iluminación nos lugares de traballo. Medidas de control. Equipos para medir a iluminación
8) Factores ambientais (II). Ambiente térmico. 8.1. Parámetros físicos relacionados co ambiente térmico.
8.2. Equilibrio térmico. Termorregulación.
8.3. Efectos do desequilibrio térmico sobre a saúde.
8.4. RD 486/1997, de 14 de abril.
8.5. Guía técnica para a avaliación e Prevención de riscos.
8.6. Norma UNE 100-012-84. climatización. Bases para o proxecto, zona de benestar.
8.7. Cálculo do PMV e PPD.
8.8. Medición dos parámetros relacionados co ambiente térmico.
8.9. Control dos riscos. RD 1751/1998, de 31 de xullo.Regulamento de Instalacións Térmicas de Edificios (RITE), e as súas Instrucións técnicas complementarias (ITE).
8.10. Mantemento dos sistemas de climatización
9) Factores ambientais (III). Calidade do aire interior. 9.1. Aire. Composición e propiedades.
9.2. Efectos da calidade sobre a saúde.
9.3. Orixe dos contaminantes do aire interior.
9.4. Medición de contaminantes no aire interior.
9.5. Valores de referencia.
9.6. O tabaco.
9.7. Contaminantes biolóxicos.
9.8. Control da calidade do aire en interiores.
9.9. Legionelosis.
9.10. Síndrome do edificio enfermo.
10) Factores ambientais (IV).Ventilación. 10.1. Descrición e funcionamento.
10.2. Referencias Legais: RD 486/1997 de 14 de abril; RD 1751/1998 de 31 de Xullo; RD 1618/1980 de 4 de xullo.
10.3. O CO2 como indicador da calidade do aire.
10.4. Medición de caudais de ventilación.
10.5. Control da ventilación
11) Diseño del Puesto de Trabajo 11.1. Concepto de utilizabilidad.
11.2. Metodoloxía.
11.3. Compoñentes dun sistema de traballo
11.4. Deseño do espazo de traballo.
11.5. Deseño dos medios de traballo.
11.6. O proceso de traballo
12) Factores organizacionais 12.1. Factores psicosociais
12.2. Factores persoais.
12.3. Factores da organización do traballo.
12.4. Efectos sobre a saúde.
12.5. Avaliación dos factores psicosociais.
12.6. Medidas de control.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral B1 B3 B4 C1 C5 C6 C8 2 3 5
Análise de fontes documentais A4 B1 B3 B4 B5 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 0 18 18
Presentación oral B4 C1 C3 6 1 7
Aprendizaxe colaborativa A1 A4 B1 B3 B4 B5 C1 C3 C4 C6 C7 16 18 34
Proba obxectiva A4 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C6 C8 1 5 6
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral As sesións maxistrais enfocaranse por dúas vías:

1ª) O profesor introducirá moi brevemente os temas para o seu desenvolvemento posterior mediante a metodoloxía complementaria da aprendizaxe colaborativa; tamén comentará as dúbidas que se vaian plantexando nas exposicións dos temas desenvoltos polo alumnado.

2º) Tentarase traer algunha persoa invitada experta en cuestións relativas ao temario da materia para desenvolver a sesión a xeito de conferencia.
Análise de fontes documentais Ao longo do curso desenvolveranse varios traballos, en modalidade individual e grupal. O traballo individual consistirá polo menos en parte na análise de fontes documentais.
Tamén será necesaria a aplicación desta técnica na preparación dos traballos grupais.
Presentación oral Os traballos grupais serán expostos na clase debendo participar na súa presentación todos os membros do grupo.
Aprendizaxe colaborativa Esta é a metodoloxía principal no desenvolvemento do curso, e consistirá na formación de grupos o máis diversos posibles en canto a formación previa, para a preparación de diversos temas, especialmente métodos de avaliación dos riscos ergonómicos. Os materiais a emplear están dispoñibles na plataforma Moodle, e ademais hai libertade para propoñer e usar outros. Esta técnica supón que cada un dos membros dun grupo debe asumir (entre outros) o rol de formador dos demais.
Proba obxectiva Será unha proba escrita a realizar ao final de curso, a modalidade será preferentemente tipo test, aínda que non é descartable outro tipo de preguntas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba obxectiva
Análise de fontes documentais
Aprendizaxe colaborativa
Descrición
Os alumnos poderán contar co asesoramento do profesor para a preparación dos traballos que van ter que efectuar ao longo do curso, así como para a resolución das dúbidas que se podan plantexar cara a realización da proba obxectiva.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A4 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C6 C8 Probas para avaliar os coñecementos adquiridos durante o curso. 55
Sesión maxistral B1 B3 B4 C1 C5 C6 C8 Valorarase a asistencia ás sesións e o grao de participación, cando o tipo de sesión permítaa 5
Presentación oral B4 C1 C3 A asistencia será obligatoria para quen ten que realizar a presentación. Ademais valorarase a comunicación de coñecementos realizada na sesión utilizando os medios dispoñibles e que se consideren adecuados. 15
Aprendizaxe colaborativa A1 A4 B1 B3 B4 B5 C1 C3 C4 C6 C7 Valorarase a asistencia e o grao de participación nos grupos, así como a transmisión de coñecementos que cada grupo faga ao conxunto da clase. 25
 
Observacións avaliación

A criterio do profesor, poderán aplicarse técnicas de co-avaliación e/ou autoavaliación.

No caso de que algún alumno non puidese por razón debidamente justificada seguir esta metodoloxía docente, deberá porse en contacto co profesor para realizar unha serie de traballos e unha proba obxectiva que permita validar os seus coñecementos na materia.


Fontes de información
Bibliografía básica Alberto Conde Bóveda (2011). Ergonomía no traballo : guía básica . Santiago de Compostela: Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral
González Maestre, Diego (2008). Ergonomía y psicosociología . Madrid: Fundación Confemetal
Asociación Española de Ergonomía (). http://www.ergonomos.es.
Portal de Ergonomía del INSHT (). http://www.insht.es/portal/site/Ergonomia2/.
arlos García Molina ... et al (2007). Manual práctico para la evaluación del riesgo ergonómico . València: Direcció General de Treball i Seguretat Laboral

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Técnicas de prevención de riscos laborais.Medicina do traballo. Ergonomía e Psicosocioloxía aplicada./760482004

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías