Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Aspectos macroeconómicos e territoriais do mercado de traballo Código 760492004
Titulación
Mestrado Universitario en Xestión e Dirección Laboral (Plan 2011)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Coordinación
Picatoste Novo, José María
Correo electrónico
j.pnovo@udc.es
Profesorado
Picatoste Novo, José María
Correo electrónico
j.pnovo@udc.es
Web
Descrición xeral Este curso consolida a aprendizaxe da Economía, permitindo que o/a alumno/a amplíe a súa formación e coñocemento do funcionamento do mercado de traballo a través do estudo dos principais modelos macroeconómicos que o explican. Afondarase especialmente nas diferentes políticas económicas que afectan ao mercado laboral.

Competencias do título
Código Competencias do título
A8 Adquirir coñecementos para unha idónea organización laboral nos cadros de persoal.
B1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
B2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vencelladas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
B4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións (e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan) a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
B5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
B6 Adquirir un coñecemento amplo das institucións básicas do ámbito socio-laboral especialmente do Dereito do Traballo e da Seguridade Social.
B7 Desenvolver os coñecementos, habilidades e aptitudes que permitan unha idónea dirección e xestión laboral.
B9 Desenvolver a capacidade de organización, planificación e toma de decisións.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Adquirir coñecementos previos de análise económica, co fin de que o/a alumno/a comprenda e domine as ferramentas que lle permitan aproximarse á análise do funcionamento do mercado de traballo. AP8
BP1
BP2
BP3
BP5
Coñecer a estrutura e o funcionamento do mercado de traballo desde a perspectiva propia da economía laboral, tanto nos aspectos microeconómicos como macroeconómicos. BP2
BP3
BP4
CM4
Saber recoñecer a incidencia de determinadas accións de política económica sobre a economía no seu conxunto e, moi especialmente, sobre o mercado laboral BP2
BP3
CM4
Coñecer o funcionamiento do mercado de traballo na Unión Europea, en España e en Galicia, desde unha perspectiva económica, e moi especialmente as políticas económicas adoptadas e as súas implicacións e consecuencias. BP2
BP3
BP6
CM4
Utilizar axeitadamente as fontes de información relativas á economía laboral e ao mercado de traballo e realizar traballos prácticos a partir daquelas. BP2
BP3
BP7
BP9
CM3
CM8

Contidos
Temas Subtemas
PARTE 1. INTRODUCIÓN 1.1. Introdución ao mercado de traballo
1.2. Medir a economía. Emprego e desemprego
1.3. Fontes de información estatística
PARTE 2. ASPECTOS MACROECONÓMICOS DO MERCADO DE TRABALLO 2.1. Enfoques teóricos para a análise do mercado de traballo
2.2. Oferta de traballo. O capital humano
2.3. A demanda de traballo. A decisión de contratación da empresa
2.4. Equilibrio no mercado laboral e la distribución do ingreso
PARTE 3. AS INSTITUCIÓNS LABORAIS 3.1. Lexislación e administración laboral
3.2. Sindicatos e organizacións patronais
3.3. Dialogo social
PARTE 4. POLÍTICAS LABORAIS 4.1. Políticas laborais para abordar o desemprego e a desigualdade
4.2. Políticas activas de emprego
4.3. Políticas pasivas de emprego
4.4. O futuro do trabajo
PARTE 5.- ASPECTOS TERRITORIAIS DO MERCADO DE TRABALLO 5.1. Estrutura territorial do mercado de traballo
5.2. O contexto mundial e europeo
5.3. A situación en España e as Comunidades Autónomas

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A8 B3 C4 C8 12 15 27
Lecturas A8 B6 0 5 5
Obradoiro B1 C3 C4 C8 4 0 4
Prácticas a través de TIC B5 C3 C4 C8 0 4 4
Traballos tutelados B4 B5 B7 B9 C3 6 12 18
Aprendizaxe colaborativa B5 B9 1 2 3
Proba obxectiva B1 B2 B9 4 0 4
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Presentación e explicación por parte do profesor dos temas incluídos no programa con apoio de TICs. As devanditas presentacións faranse cunha dinámica participativa por parte do alumnado. O profesor será quen de autorizar, no seu caso, o uso de dispositivos e TICs polo alumnado durante as clases maxistrais.
Lecturas Recomendarase a lectura de textos académicos ou de actualidade, relacionados co contido da asignatura para que os estudantes os analicen, interpreten e os comprendan en base aos coñecementos e ás ferramentas da análise económica e social, que se estudian na materia.
Obradoiro Poderánse realizar Realizánse obradoiros ou conferencias de participantes invitados/as, con persoas directamente relacionadas con proxectos ou experenzas que aporten coñecemento empírico sobre o contido da asignatura.
Estes oobradoiros poderán ser presenciais ou online.
Prácticas a través de TIC O alumnado tratará de aplicar o uso das TIC para aprender de forma efectiva, a través de actividades de carácter práctico, baseadas en documentación escrita, audiovisual e de calquera índole, relacionada coa materia, mediante a utilización das tecnoloxías da información e as comunicacións. Trátase de ampliar coñecementos e obter información para facilitar a aprendizaxe autónoma e o razoamento crítico. A plataforma Moodle será un vehículo importante para a aplicación desta metodoloxía.
Traballos tutelados Realización de traballos de investigación breves (5-10 páxinas) sobre temas relacionados co programa. Dirixidos polo profesor, afectuararse de forma individual ou en grupos reducidos.
Aprendizaxe colaborativa Metodoloxía de ensinanza-aprendizaxe que permite a división da clase en grupos pequenos fomentando o traballo en conxunto para a resolución de tarefas académicas de forma non competitiva. A persoa docente guiará o proceso de resolución de tarefas ben de forma presencial ou ben apoiándose nas TIC.
Proba obxectiva Proba realizada ao final do curso que versará sobre o contido de toda a materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Prácticas a través de TIC
Traballos tutelados
Descrición
Apoio a aqueles/as alumnos/as que teñan especial dificultade cos coñecementos previos de teoría económica e cos instrumentos matemáticos de análise.
Establecemento da temática dos traballos a realizar. Orientación nos contidos e nas fontes de información. Titoría sobre os avances dos traballos, presentación, conclusións, etc.
Asesoramento na sistemática de presentación. Uso de TICs. Formación de grupos de discusión.
A equipa docente estará dispoñible para á atención personalizada aos/ás estudiantes, sempre que eles/elas o requiran, para aqueles temas que estimen oportuno, en relación co temario da asignatura. Particularmente para a resolución problemas, leituras, etc.
Esta atención poderá ser online a través dos mecanismos facilitados pola universidade.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados B4 B5 B7 B9 C3 A avaliación terá en conta a materia, o grao de síntese así como as conclusións e a súa coherencia co procedemento de análise realizado.
Así mesmo, valorarase a estrutura do traballo e a súa adecuación á redacción de textos científico-académicos, incluídas as referencias bibliográficas.
40
Proba obxectiva B1 B2 B9 Valoraranse coñecementos adquiridos ao longo do curso. As probas poderán consistir en cuestións de tipo teórico ou práctico.
Poderá ser realizada presencialmente ou online a través da plataforma Moodle ou utros medios dixitais que se acorden.
60
 
Observacións avaliación

A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN:

1. Condicións de avaliación: está prohibido acceder á sala de exames con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e / ou o almacenamento de información, agás no caso de exames en liña ou así o indique a equipa docente.

2. Identificación do alumno/a: o alumno/a deberá demostrar a súa personalidade segundo a normativa vixente.

B) TIPOS DE VALORACIÓN:

1. Cualificación de non presentado/a: corresponde ao alumno/a, cando só participa en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, independentemente da cualificación acadada.

2. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: os estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial, aínda que estean exentos de asistencia, serán avaliados cos mesmos criterios que os estudantes a tempo completo.

C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN:

Primeira oportunidade: aplicaranse os criterios de avaliación indicados anteriormente nesta sección.

Segunda oportunidade: os criterios de avaliación son os mesmos para todas as oportunidades de avaliación. Na avaliación da segunda oportunidade (artigo 18, sección 5, das Normas de avaliación, revisión e reclamacións de cualificacións de estudos de bacharel e máster) os estudantes terán a oportunidade de realizar unha proba final, consistente nun cuestionario mixto, equivalente ao 100% da avaliación, na que os estudantes deberán demostrar que acadaron as competencias da materia.

Convocatoria adiantada: as condicións de avaliación da oportunidade adiantada (art. 19 das Normas de avaliación, revisión e reclamacións das cualificacións dos estudos de grao e mestrado) serán específicas para esta oportunidade. Avaliarase mediante unha proba objetiva que representará o 100% da nota final.

D) OUTRAS OBSERVACIÓNS DE AVALIACIÓN:

  1. Para aprobar a materia será necesario acadar unha nota de 5 sobre 10.
  2. Se se obtén a nota 5 de 10 na avaliación continua (CE) realizada durante o curso, non será necesario realizar os exames finais. Os estudantes que non superen a avaliación continua poderán presentarse ao exame final, consistente nunha proba mixta (100% da avaliación total), na que deberán demostrar que adquiriron os coñecementos e habilidades necesarios para acreditar as competencias relacionadas coa materia.
  3. En caso de plaxio, aplicarase a sanción correspondente. A detección de fraude, xa sexa plaxio ou calquera outra actuación, dará lugar a unha cualificación final de 0 puntos. A nota de suspensio aplicarase na convocatoria na que se cometa a infracción e respecto da materia na que se cometese: o alumno cualificarase con "suspensio" (grado numérico 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para iso, modificarase a súa valoración no informe de primeira oportunidade, se é necesario.

Fontes de información
Bibliografía básica Picatoste, X. (2019). Análisis Económico del Mercado de Trabajo. EDaSS
http://emprego.ceei.xunta.gal/ (). Consellería de Economía, emprego e industria.
http://www.ces-galicia.org/ (). Consello Económico e Social de Galicia.
http://www.ces.es (). Consello Social (España).
Mc. Connell , S.L. Brue y D.A. Macpherson (2007). Economía Laboral. Madrid
Palacio Morena, V. y C. Alvarez Aledo (2004). El mercado de trabajo: análisis y políticas. Madrid
https://foroeconomicodegalicia.es/ (). Foro Económico de Galicia.
http://www.ige.eu (). Instituto Galego de Estatística.
http://www.ine.es (). Instituto Nacional de Estatística.
Blanchard, O., & Sheen, J. (2013). Macroeconomics. Pearson Higher Education AU
http://www.mitramiss.gob.es/es/el_ministerio/index.htm (). Ministerio de Trabajo, migraciones y seguridad social.
Ruesga Benito, S. M. (2016). Reformas laborales en la Gran Recesión. Tirant Lo Blanch
http://www.seg-social.es (). Seguridade Social.
http://www.sepe.es (). Servizo Público de Emprego Estatal.
Ruesga Benito, S. M., V. (2017). ¿Cobraremos la pensión?. Anaya

Bibliografía complementaria Fernández, F. F., Pérez, J. I. G., & Jansen, M. (2018). La contratación temporal en España.. Papeles de economía española, 156, 47-61.
García, J. M., & Ruesga Benito, S. M. (2015). Economía española. Estructura y regulación. Ediciones Paraninfo
Toharia, L. (1998). El mercado de trabajo en España: situación y perspectivas.. CLM.ECONOMÍA, Nº 4, Primer Semestre de 2004
Viñals, J., & Jimeno Serrano, J. F. (1997). El mercado de trabajo español y la Unión Económica y Monetaria Europea. Banco de España. Servicio de Estudios.
Felgueroso, F., Jansen, M., Jimeno, J. F., et al. (2020). Por un mercado de trabajo moderno y resiliente. Informes del Grupo de Trabajo Mixto Covid-19.. FEDEA Policy Papers, (2020-10)
Cruz Villalón, J. (2005). Villalón, J. C. (2005). El problema de la temporalidad en España: un diagnóstico.. Revista (No. 80). Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales Subdireccion Genera.
García, N. & Ruesga Benito, S. M. (Coord.) (2014). ¿Qué ha pasado con la economía española?: La Gran Recesión 2.0 (2008-2013). Ediciones Pirámide


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Recoméndase seguir con asiduidade as indicacións e novidades da plataforma MOODLE, xa que esta plataforma, xunto coas clases presenciais, constitúe un sistema esencial de comunicación entre a equipa docente e o estudantado.

Ademáis, fanse as seguintes observacións e recomendacións, con carácter xeral:

1. A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

a. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático 

b. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos

2. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores de sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

3. Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

4. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.

5. Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria incorporare a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...).

6. Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

7. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

ATENCIÓN Á DIVERSIDADE:

O curso poderá adaptarse ao alumnado que requira a adopción de medidas orientadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionadas coa saúde mental). Se é o caso, deberán dirixirse aos servizos dispoñibles na UDC/no centro: nos prazos oficiais estipulados con anterioridade a cada cuadrimestre, coa Unidade de Atención á Diversidade (Servizos de apoio ao estudantado (udc.es)); no seu defecto, co titor ADI da Facultade.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías