Datos Identificativos 2017/18
Asignatura (*) Análise Contable Código 760492006
Titulación
Mestrado Universitario en Xestión e Dirección Laboral (Plan 2011)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Empresa
Coordinación
Ruiz Lamas, Fernando
Correo electrónico
fernando.ruiz@udc.es
Profesorado
Anido Martinez, Cristina
Ruiz Lamas, Fernando
Correo electrónico
cristina.anido@udc.es
fernando.ruiz@udc.es
Web
Descrición xeral

Competencias do título
Código Competencias do título
A2 Xestionar todas as cuestións relativas ao ámbito das relacións laborais.
A14 Adquirir as habilidades necesarias para poñer en funcionamento un Servizo de Prevención Propio ou Alleo e xestionalo.
B2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vencelladas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
B4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións (e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan) a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
B7 Desenvolver os coñecementos, habilidades e aptitudes que permitan unha idónea dirección e xestión laboral.
B8 Saber recoñecer os aspectos económicos da Seguridade Social e das Relacións Laborais.
B9 Desenvolver a capacidade de organización, planificación e toma de decisións.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. CM1
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. CM2
Desenvolver os coñecementos, habilidades e aptitudes que permitan unha axeitada dirección e xestión laboral. AP2
BP7
BP8
Desenvolver a capacidade de organización, planificación e toma de decisións. AP14
BP9
Xestionar programas informáticos de aplicación no ámbito das relacións laborais. CM8
Adquirir coñecementos dabondo para unha axeitada organización laboral nos cadros de persoal. AP2
BP8
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. CM1
CM2
CM3
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. BP2
BP3
BP4
CM7
CM8
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. CM3
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. CM4

Contidos
Temas Subtemas
PARTE I. CONTABILIDADE
Principios básicos de Contabilidade
Plan Xeral de Contabilidade (PEMES)
Marco conceptual da Contabilidade
Desenvolvemento do marco conceptual
PARTE II. ANÁLISE DE ESTADOS FINANCEIROS Contas anuais e a súa función na información sobre a xestión empresarial
Análise patrimonial
Análise financeira
Análise económica
Análise da conta de resultados
Rendibilidade do capital investido e do accionista

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Discusión dirixida B2 B4 B7 B8 1 1.5 2.5
Estudo de casos A2 B3 C1 C3 C7 10 20 30
Prácticas a través de TIC A14 B9 C8 13 6.5 19.5
Proba de resposta múltiple A2 B2 B3 1 3 4
Presentación oral B9 C4 C2 5 10 15
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Discusión dirixida Sobre un tema de actualidade económica empresarial
Estudo de casos Aplicación dos conceptos vistos a empresas reais
Prácticas a través de TIC Manexo de ferramentas informáticas para a preparación dos casos e das exposicións
Proba de resposta múltiple Test sobre coñecementos adquiridos
Presentación oral Exposición en clase dos casos estudados

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas a través de TIC
Estudo de casos
Descrición
Guiarase a cada un dos alumnos con relación ás actividades propostas.

Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, acordarase ao inicio do curso un calendario específico de titorías compatible coa súa dedicación, motivo polo cal dito alumnado deberá poñerse en contacto co profesor nos primeiros dez días do cuadrimestre en que a materia se imparte, coa finalidade de fixar o devandito calendario.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de resposta múltiple A2 B2 B3 Imprescindible superala 50
Prácticas a través de TIC A14 B9 C8 Para a realización e presentación do caso práctico de análise de estados financeiros, será imprescindible o uso de TIC: folla de cálculo, ferramentas de presentación, bases de datos, etc. 20
Discusión dirixida B2 B4 B7 B8 Valorarase a participación 10
Presentación oral B9 C4 C2 Pedirase aos estudantes que presenten no aula un caso práctico de análise de estados financeiros, que haberá de ser resolto previamente e traballando en grupo. Na valoración deste caso práctico terase en conta o rigor na resolución do mesmo, a presentación realizada no aula e a resposta ás preguntas formuladas por profesorado e estudantes 20
 
Observacións avaliación
Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia:
Agás para as datas aprobadas na Xunta de Facultade no que compete á proba obxectiva, para as restantes probas acordarase ao inicio do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación, motivo polo cal dito alumnado deberá poñerse en contacto co profesor da materia nos primeiros dez días do cuadrimestre en que a materia se imparte, coa finalidade de fixar o devandito calendario. As probas terán o mesmo formato que para os alumnos con dedicación a tempo completo.

Fontes de información
Bibliografía básica GONZALEZ PASCUAL, J. (2008). Análisis de la empresa a través de su información económico-financiera. Pirámide
AMAT SALAS, O. (2000). Análisis económico financiero. Gestión

Bibliografía complementaria GARCIA LORENZO, R. VELAR MARTIN, L. Y CAÑADAS SANCHEZ, A.F. (2009). Análisis de los estados contables en el nuevo PGC 2008. ESIC


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías