Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) Análise Contable Código 760492006
Titulación
Mestrado Universitario en Xestión e Dirección Laboral (Plan 2011)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Empresa
Coordinación
Ruiz Lamas, Fernando
Correo electrónico
fernando.ruiz@udc.es
Profesorado
Anido Martinez, Cristina
Ruiz Lamas, Fernando
Correo electrónico
cristina.anido@udc.es
fernando.ruiz@udc.es
Web
Descrición xeral Introducir ao alumnado nos conceptos básicos relativos ao proceso de interpretación da información financeira.
Comprender os obxectivos e características dos estados contables publicados polas empresas.
Aplicar diferentes técnicas de análise para determinar a situación económica-financeira das empresas.
Identificar os datos relevantes para o proceso de toma de decisión dentro das empresas.

Competencias do título
Código Competencias do título
A2 Xestionar todas as cuestións relativas ao ámbito das relacións laborais.
A14 Adquirir as habilidades necesarias para poñer en funcionamento un Servizo de Prevención Propio ou Alleo e xestionalo.
B2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vencelladas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
B4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións (e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan) a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
B7 Desenvolver os coñecementos, habilidades e aptitudes que permitan unha idónea dirección e xestión laboral.
B8 Saber recoñecer os aspectos económicos da Seguridade Social e das Relacións Laborais.
B9 Desenvolver a capacidade de organización, planificación e toma de decisións.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. CM1
Desenvolver os coñecementos, habilidades e aptitudes que permitan unha axeitada dirección e xestión laboral. AP2
BP7
BP8
Desenvolver a capacidade de organización, planificación e toma de decisións. AP14
BP9
Adquirir coñecementos dabondo para unha axeitada organización laboral nos cadros de persoal. AP2
BP8
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. CM3
CM8
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. BP2
BP3
BP4
CM7
CM8
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. CM3
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. CM4

Contidos
Temas Subtemas
1. Sistema de información contable 1.1 Concepto
1.2 Usuarios
1.3 Normalización
2. Estados financeiros 2.1 Clasificación
2.2 Obxectivos da análise de estados financeiros
3. Análise patrimonial e da situación financeira 3.1 Estrutura do balance
3.2 Equilibrio financeiro a curto prazo
3.3 Equilibrio financeiro a longo prazo
4. Análise dos resultados e da situación económica 4.1 Estrutura da conta de resultados
4.2 Rendibilidade económica
4.3 Valor engadido e o seu reparto
4.4 Rendibilidade financeira

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral B7 B9 5 5 10
Discusión dirixida B2 B4 B7 B8 3 3 6
Estudo de casos A2 B3 C1 C3 C7 4 12 16
Prácticas a través de TIC A14 B9 C8 4.5 13.5 18
Presentación oral B9 C2 C4 4.5 4.5 9
Resumo B3 C1 C3 C4 1.5 3 4.5
Proba obxectiva A2 B3 B2 C1 1.5 4.5 6
Foro virtual B4 C1 C3 C4 0 1.5 1.5
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición, feita polos docentes, dos conceptos básicos necesarios para que os estudantes poidan buscar solución aos problemas de análise contable tratados no programa.
Discusión dirixida Preparación dos temas formulados polos docentes e participación na discusión dos mesmos na aula.
Estudo de casos Traballo en grupo, guiado polos docentes, para a resolución e discusión dun caso baseado en empresas reais. O alumnado, a través da aplicación de técnicas de análise contable e dun proceso de discusión entre os membros do grupo de traballo, debe ser capaz de identificar información relevante, interpretala e chegar a unha conclusión razoada.
Prácticas a través de TIC Uso da folla de cálculo para desenvolver a análise contable e emprego de ferramentas de presentación para a defensa do traballo na aula.
Presentación oral Presentación na aula do traballo realizado en grupo.
Resumo Identificación dunha noticia de actualidade relacionada co contido da materia e síntese dos seus principais contidos resaltando aqueles traballados na aula.
Proba obxectiva Exame final sobre aspectos teóricos e prácticos.
Foro virtual Utilización do foro de Moodle para propor dúbidas e/ou responder ás preguntas dos compañeiros sobre calquera aspecto relacionado coa materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba obxectiva
Prácticas a través de TIC
Discusión dirixida
Estudo de casos
Presentación oral
Resumo
Descrición
Guiarase a cada un dos alumnos con relación ás actividades propostas.

Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, acordarase ao inicio do curso un calendario específico de titorías compatible coa súa dedicación, motivo polo cal dito alumnado deberá porse en contacto co profesor nos primeiros dez días do cuadrimestre en que a materia se imparte, coa finalidade de fixar o devandito calendario.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A2 B3 B2 C1 A fin de curso, no día e hora fixados polo centro, realizarase un exame dos contidos teóricos e prácticos. 50
Estudo de casos A2 B3 C1 C3 C7 Pedirase aos estudantes que resolvan un caso práctico de análise contable traballando en grupo. Valorarase de xeito conxunto, tendo en conta o rigor na resolución, o traballo en equipo e o axeitado uso de TIC (folla de cálculo, ferramentas de presentación, bases de datos, etc.). 30
Presentación oral B9 C2 C4 Pedirase aos estudantes que presenten na aula o caso práctico de análise contable resolto previamente en grupo. Valorarase a presentación oral de xeito individual, tendo en conta a presentación e a resposta ás preguntas formuladas por profesorado e estudantes. 10
Resumo B3 C1 C3 C4 Pedirase aos estudantes que, individualmente, identifiquen unha noticia de actualidade relacionada co contido da materia e preparen unha síntese dos seus principais contidos, resaltando aqueles traballados na aula. 10
 
Observacións avaliación

O alumnado debe traballar de xeito continuado ao longo do curso, preparar semanalmente as cuestións e os casos prácticos propostos e participar activamente nas discusións promovidos na clase e no foro virtual. Valorarase positivamente a participación activa na aula/foro virtual, tendo en conta tanto o rigor nos argumentos utilizados, consecuencia da súa preparación previa, como a habilidade para presentar e defender o seu punto de vista fronte ao dos seus compañeiros. 

A nota agregada deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10 para poder superar a materia. Se non se realiza a proba obxectiva ou non se entrega e presenta o caso práctico de análise contable, a cualificación nesa oportunidade será non presentado.

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia. Agás para as datas aprobadas na Xunta de Facultade no que compete á proba obxectiva, para as restantes probas acordarase ao inicio do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación, motivo polo cal dito alumnado deberá porse en contacto co profesor da materia nos primeiros dez días do cuadrimestre en que a materia se imparte, coa finalidade de fixar o devandito calendario. As probas terán o mesmo formato que para os alumnos con dedicación a tempo completo.

Avaliación da segunda oportunidade. Seguirá os mesmos criterios que os utilizados na avaliación da primeira oportunidade.


Fontes de información
Bibliografía básica Archel Domench, P.; Lizarraga Dallo, F.; Sánchez Alegría, S.; Cano Rodríguez, M. (2015). Estados contables. Elaboración, análisis e interpretación. Madrid: Pirámide

Bibliografía complementaria Rodríguez Morales, L. (2012). Análisis de estados financieros: un enfoque en la toma de decisiones. México: McGraw-Hill
Label, W.A.; De León, J. (2015). Contabilidad para no contables. Madrid: Pirámide
Llorente Olier, José Ignacio (2017). Elaboración y presentación de informes económico-financieros y reporting. Madrid: Centro de Estudios Financieros
Soriano, M.J.; Amat, O. (coord.) (2010). Introducción a la contabilidad y las finanzas. Barcelon: Profit


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Nesta materia, a entrega dos traballos documentais realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías