Identifying Data 2022/23
Subject (*) Accounting Analysis Code 760492006
Study programme
Mestrado Universitario en Xestión e Dirección Laboral (Plan 2011)
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Official Master's Degree 1st four-month period
First Obligatory 3
Language
Spanish
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Empresa
Coordinador
Abeal Vazquez, Jose Pablo
E-mail
j.abeal@udc.es
Lecturers
Abeal Vazquez, Jose Pablo
E-mail
j.abeal@udc.es
Web
General description Introducir ao alumnado nos conceptos básicos relativos ao proceso de interpretación da información financeira.
Comprender os obxectivos e características dos estados contables publicados polas empresas.
Aplicar diferentes técnicas de análise para determinar a situación económica-financeira das empresas.
Identificar os datos relevantes para o proceso de toma de decisión dentro das empresas.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A2 Xestionar todas as cuestións relativas ao ámbito das relacións laborais.
A14 Adquirir as habilidades necesarias para poñer en funcionamento un Servizo de Prevención Propio ou Alleo e xestionalo.
B2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vencelladas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
B4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións (e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan) a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
B7 Desenvolver os coñecementos, habilidades e aptitudes que permitan unha idónea dirección e xestión laboral.
B8 Saber recoñecer os aspectos económicos da Seguridade Social e das Relacións Laborais.
B9 Desenvolver a capacidade de organización, planificación e toma de decisións.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. CC1
Desenvolver os coñecementos, habilidades e aptitudes que permitan unha axeitada dirección e xestión laboral. AJ2
BJ7
BJ8
Desenvolver a capacidade de organización, planificación e toma de decisións. AJ14
BJ9
Adquirir coñecementos dabondo para unha axeitada organización laboral nos cadros de persoal. AJ2
BJ8
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. CC3
CC8
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. BJ2
BJ3
BJ4
CC7
CC8
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. CC3
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. CC4

Contents
Topic Sub-topic
PARTE I INTRODUCIÓN
Tema 1. Sistema de información contable 1.1 Concepto
1.2 Usuarios
1.3 Normalización
Tema 2. Análise contable 2.1 Información financeira
2.2 Información non financeira
2.3 Obxectivos da análise de estados financeiros
PARTE II ANÁLISE PATRIMONIAL E DA SITUACIÓN FINANCEIRA
Tema 3. Estrutura do balance 3.1 Concepto, elementos e clasificación
3.2 Limitacións
3.3 Análise da importancia relativa e da evolución
Tema 4. Equilibrio financeiro 4.1 Liquidez ou situación financeira a curto prazo
4.2 Solvencia ou situación financeira a longo prazo
PARTE III ANÁLISE DOS RESULTADOS E DA SITUACIÓN ECONÓMICA
Tema 5. Estrutura da conta de resultados 5.1 Concepto, elementos e clasificación
5.2 Limitacións
5.3 Análise da importancia relativa e da evolución
5.4 Corrente económica fronte a corrente financeira
Tema 6. Rendibilidade económica 6.1 Concepto
6.2 Desagregación
Tema 7. Valor engadido e o seu reparto 7.1 Concepto
7.2 Reparto
Tema 8. Rendibilidade financeira 8.1 Concepto
8.2 Desagregación

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Guest lecture / keynote speech B3 B7 B8 B9 C7 C8 8.6 12.9 21.5
Directed discussion B2 B4 B7 B8 2 4 6
Case study A2 B2 B3 B7 B8 C1 C3 C7 4.5 11.25 15.75
ICT practicals A14 B2 B7 B9 C8 4.5 11.25 15.75
Oral presentation B4 B9 C4 3 3 6
Objective test A2 B2 B3 C1 1.5 3 4.5
Online forum B4 C1 C3 C4 0 1.5 1.5
 
Personalized attention 4 0 4
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech Exposición, feita polos docentes, dos conceptos básicos necesarios para que o alumnado poida buscar solución aos problemas de análise contable tratados no programa.
Directed discussion Preparación dos temas formulados polos docentes e participación na discusión dos mesmos.
Case study Traballo en grupo, guiado polos docentes, para a resolución e discusión dun caso baseado en empresas reais. O alumnado, a través da aplicación de técnicas de análise contable e dun proceso de discusión entre os membros do grupo de traballo, debe ser capaz de identificar información relevante, interpretala e chegar a unha conclusión razoada.
ICT practicals Uso da folla de cálculo para desenvolver a análise contable e emprego de ferramentas de presentación para a defensa do traballo.
Oral presentation Defensa durante as sesións de seguimento e presentación do traballo realizado en grupo.
Objective test Exame final sobre aspectos teóricos e prácticos.
Online forum Utilización do foro de Moodle (Campus Virtual) para propor dúbidas e/ou responder ás preguntas dos compañeiros sobre calquera aspecto relacionado coa materia.

Personalized attention
Methodologies
Objective test
ICT practicals
Directed discussion
Case study
Oral presentation
Description
A atención personalizada (titorías individuais e grupais) desenvolverase mediante videoconferencias en Teams.

Os equipos formados para o estudo de casos terán asignados sesións de atención personalizada para o seguimento do traballo realizado por cada un dos seus membros e do equipo en conxunto. O calendario das sesións de seguimento se indicará ao longo do curso en función do plan de traballo da materia.

Asemade, durante o curso o alumnado poderá empregar as horas de titorías para aclarar dúbidas e cuestións sobre a materia.

Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, acordarase ao inicio do curso un calendario e titorías compatible coa súa dedicación. Dito alumnado deberá pórse en contacto co profesor nos primeiros dez días do curso.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Objective test A2 B2 B3 C1 A fin de curso, no día e hora fixados polo centro, realizarase un exame dos contidos teóricos e prácticos. 40
Case study A2 B2 B3 B7 B8 C1 C3 C7 Resolución dun caso práctico de análise contable traballando en grupo. 15
Oral presentation B4 B9 C4 No marco do caso práctico de análise contable resolto en grupo, valorarase de xeito individual a defensa na presentación oral. 15
Guest lecture / keynote speech B3 B7 B8 B9 C7 C8 Puntuarase a realización de tarefas e probas aleatorias de avaliación. 30
 
Assessment comments

Avaliación da primeira oportunidade

Na primeira oportunidade a avaliación estará composta por: 1) Tarefas e probas a partir das sesións maxistrais (30%); 2) Resolución dun caso práctico en grupos de traballo (15%); 3) Defensa individual do caso práctico anterior (15%); 4) Exame dos contidos teóricos e prácticos da asignatura na data fixada polo centro.

Avaliación da segunda oportunidade

Na segunda oportunidade, para poder recuperar
a avaliación continua da primeira oportunidade, tomarase a maior entre:

a) Cualificación acadada
ao longo do curso nas metodoloxías de avaliación continua (60%); máis a
cualificación acadada na proba obxectiva da segunda oportunidade (40%).  

b) Exclusivamente pola cualificación acadada
na proba obxectiva da segunda oportunidade (100%)

Avaliación adiantada 

No caso de que ao alumno se lle conceda unha
oportunidade de "avaliación adiantada", e soamente neste caso,
realizarase unha proba oral e/ou escrita encamiñada a avaliar todas as
competencias e contidos propios da materia.

Sistema de avaliación continua e asistencia

Non se exise unha asistencia mínima para poder presentarse as probas de avaliación continua. Sen embargo, o alumnado debe traballar de xeito continuado ao longo do curso, preparar semanalmente as cuestións e os casos prácticos propostos e participar activamente nas discusións promovidas durante as sesións e no foro virtual. 

Idioma no que se farán as probas de avaliación

As probas de avaliación faranse en castelán. Os estudantes que desexen realizar a proba obxectiva en galego, deberán solicitalo cun mínimo de 7 días de antelación á data do exame.

Cualificación de non presentado.

Se non se entrega e presenta o caso práctico de análise contable, a cualificación nesa oportunidade será non presentado.

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia. 

Segundo a normativa, dito alumnado deberá comunicar a súa situación ao docente nos primeiros dez días do cuadrimestre en que a materia se imparte. Seguirá o mesmo sistema de avaliación, coas seguintes particularidades: a súa participación activa terá lugar mediante o foro virtual e, agás para as datas aprobadas na Xunta de Facultade no que compete á proba obxectiva, acordarase ao inicio do curso un calendario específico de datas compatible co plan de traballo da materia e coa súa dedicación.

Condicións de realización dos exames

Está prohibido acceder á aula de exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información, non autorizado previamente polo docente. 

A
realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente
a cualificación de suspenso '0' na materia na
convocatoria correspondente, invalidando así calquera calificación obtida en todas as actividades de
avaliación de cara a convocatoria extraordinaria


Sources of information
Basic Corona Romero, E.; Bejarano Vázquez, V. (2014). Análisis de estados financieros individuales y consolidados. UNED
Muñoz Merchante, Á. (2009). Análisis de estados financieros: ejercicios y test. Madrid: Ediciones Académicas
Flores, F.; Cortijo, V.; Flores, F. (2009). Análisis de estados financieros: fundamentos teóricos y casos prácticos. Pearson Educación
Muñoz Merchante, Á. (2009). Análisis de estados financieros: teoría y práctica. Madrid: Ediciones Académicas
González Pascual, J. (2008). Análisis de la empresa a través de su información económico-financiera. Fundamentos teóricos y aplicaciones. Madrid: Pirámide
González Pascual, J. (2008). Análisis de la empresa a través de su información económico-financiera: aplicaciones prácticas. Madrid: Pirámide
Archel Domench, P.; Lizarraga Dallo, F.; Sánchez Alegría, S.; Cano Rodríguez, M. (2018). Estados contables. Elaboración, análisis e interpretación. Madrid: Pirámide. 6ª ed.

Complementary Rodríguez Morales, L. (2012). Análisis de estados financieros: un enfoque en la toma de decisiones. México: McGraw-Hill
Label, W.A.; De León, J. (2015). Contabilidad para no contables. Madrid: Pirámide
Llorente Olier, José Ignacio (2017). Elaboración y presentación de informes económico-financieros y reporting. Madrid: Centro de Estudios Financieros
Soriano, M.J.; Amat, O. (coord.) (2010). Introducción a la contabilidad y las finanzas. Barcelon: Profit
Lev, B., Gu, F. (2016). The end of accounting and the path forward for investors and managers. Wiley


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments

Nesta materia, a entrega dos traballos documentais realizarase a través de Moodle (Campus Virtual), en formato dixital sen necesidade de imprimilos.



(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.