Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Aspectos xurídico-laborais en materia de igualdade Código 760492007
Titulación
Mestrado Universitario en Xestión e Dirección Laboral (Plan 2011)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Dereito Público
Coordinación
Lopez Arránz, Maria Asuncion
Correo electrónico
a.larranz@udc.es
Profesorado
Lopez Arránz, Maria Asuncion
Correo electrónico
a.larranz@udc.es
Web
Descrición xeral A materia ten por obxecto o estudo dos aspectos xurídico laborais en materia de igualdade, tales como os diferentes tipos de discriminación e o tratamento xurídico laboral que a nivel internacional, comunitario, estatal e autonómico ten esta materia.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
– Non se realizarán cambios

2. Metodoloxías
Metodoloxías docentes que se manteñen
– Sesión maxistral(computa na avaliación)
– Estudo de casos(computa na avaliación)
– Discusión dirixida (computa na avaliación)
– Traballos tutelados (con Atención personalizada) (computa na avaliación)
– Presentación oral (computa na avaliación)
– Atención personalizada

Metodoloxías docentes que se modifican
No decaen ninguna.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
As ferramentas empregadas (Moodle, Teams, etc.).

– Correo electrónico: Diariamente. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para
resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
– Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumando. Dispoñen de “foros temáticos
asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias. Tamén hai “foros
de actividade específica” para desenvolver as “Discusións dirixidas”, a través das que se se
pon en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia.
– Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos
tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade.
De 1 a 2 sesións semanais (ou mais segundo o demande o alumnado) en pequeno grupo (ate
6 persoas), para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”. Esta dinámica
permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do
alumando para desenvolver o traballo da materia.

4. Modificacións na avaliación
metodoloxía (% nopeso da cualificación) e a súa descrición.

Traballos tutelados (50): En relación cos traballos tutelados valorarase:
X A profundidade do contido.
X O dominio das aplicacións utilizadas na elaboración das propostas socioeducativas.
X O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar.
X A utilización de fontes documentais complementarias e actuais.


Estudo de casos (12%): En relación co Estudo de casos valorarase:
X A profundidade do contido.
X O dominio das aplicacións utilizadas na elaboración das propostas socioeducativas.
X O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar.
X A utilización de fontes documentais complementarias e actuais.

Discusión dirixida (8%) : En relación coa Discusión dirixida valorarase:
X O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar.

Sesión Maxistral (15%): En relación coa Sesión Maxistral valorarase:
X La presencia activa por teams.

Presentación oral (15%): En relación coa presentación oral:
X A presentación e a claridade da exposición


Observacións de avaliación:
(Para o alumnado con dedicación completa, alumnado a tempo parcial, requisitos para superar a
materia, condicións da avaliación na 2ª oportunidade, etc.)
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que:
? As referencias ao cómputo da asistencia, que só se realizará respecto das sesión que houbo
presencial ate o momento no que se suspendeu a actividade presencial.
1. SITUACIÓNS:
A) Alumnado con dedicación completa:
Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%:
a) Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo (100%).
B) Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de
exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN
AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212):
Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%:
a) Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo (100%).
2. REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:
1. Asistir e participar regularmente nas actividades da clase.
2. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación
(traballos tutelados, estudo de casos , discusión dirixida, sesión magistral, presentación oral).
3. Entregar e expoñer os traballos tutelados na data que se indique.
4. A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo da maneira
dixitalizada en Moodle.

Competencias do título
Código Competencias do título
A2 Xestionar todas as cuestións relativas ao ámbito das relacións laborais.
A8 Adquirir coñecementos para unha idónea organización laboral nos cadros de persoal.
A9 Tomar decisións e buscar solucións consensuadas a problemas complexos relativos á situación socio-laboral da empresa.
A11 Elaborar planes de Recursos Humanos, coherentes co obxectivo a acadar.
A15 Coñecer as respostas da Administración fronte aos incumprimentos laborais e ser capaz de participar no procedemento administrativo sancionador.
B1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
B2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vencelladas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
B4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións (e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan) a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
B5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
B6 Adquirir un coñecemento amplo das institucións básicas do ámbito socio-laboral especialmente do Dereito do Traballo e da Seguridade Social.
B7 Desenvolver os coñecementos, habilidades e aptitudes que permitan unha idónea dirección e xestión laboral.
B8 Saber recoñecer os aspectos económicos da Seguridade Social e das Relacións Laborais.
B9 Desenvolver a capacidade de organización, planificación e toma de decisións.
B13 Coñecer os dereitos e obrigas dos traballadores e as distintas formas de extinción do contrato de traballo.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Xestionar todas as cuestións relativas ao ámbito das relacións laborais. AP2
Adquirir coñecementos para unha idónea organización laboral nos cadros de persoal. AP8
Tomar decisións e buscar solucións consensuadas a problemas complexos relativos á situación socio-laboral da empresa. AP9
Elaborar planes de Recursos Humanos, coherentes co obxectivo a acadar. AP11
Coñecer as respostas da Administración fronte aos incumprimentos laborais e ser capaz de participar no procedemento administrativo sancionador. AP15
Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación. BP1
Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo. BP2
Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vencelladas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos. BP3
Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo. BP4
BP5
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. CM1
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. CM3
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. CM4
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. CM7
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. CM8
Adquirir un coñecemento amplo das institucións básicas do ámbito socio-laboral especialmente do Dereito do Traballo e da Seguridade Social. BP6
Desenvolver os coñecementos, habilidades e aptitudes que permitan unha idónea dirección e xestión laboral BP7
Saber recoñecer os aspectos económicos da Seguridade Social e das Relacións Laborais BP8
Desenvolver a capacidade de organización, planificación e toma de decisións. BP9
Coñecer os dereitos e obrigas dos traballadores e as distintas formas de extinción do contrato de traballo BP13

Contidos
Temas Subtemas
O PRINCIPIO DE IGUALDADE DE TRATO:ORÍXES E EVOLUCIÓN HISTÓRICA. Concepto.
A igualdade na Constitución.
Distintas modalidades de discriminación: por razón de sexo e acoso laboral.
Fontes da Discriminación internacionales, comunitarias, estatales, autonómicas
MEDIDAS ESTATAIS E AUTONÓMICAS SOBRE A IGUALDADE. Conciliación da vida laboral e familiar.
Traballo en igualdade de mulleres e homes.
Fomento da contratación indefinida.
MEDIDAS DE IGUALDADE NA NEGOCIACIÓN COLECTIVA A prevención do acoso sexual y sexista na empresa.
Diferentes plans de igualdade: estatais e autonómicos.
Responsabilidade Social Empresarial no sector público e na empresa privada.
MEDIDAS DE IGUALDADE NA ORDE LABORAL, SOCIAL E NO PROCEDEMENTO LABORAL.



Procedementos laborais dirixidos a protexer a igualdade.
O proceso de tutela antidiscriminatorio.
Cauces xudiciales específicos para a tutela dos dereitos de conciliación da vida personal, familiar e laboral.
Garantías na calificación dos despidos.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados A11 B3 B4 B5 B8 C1 C4 C7 C8 2 10 12
Estudo de casos A9 A11 A15 B7 B9 4 8 12
Discusión dirixida B1 8 5 13
Sesión maxistral A2 A8 B2 B6 B13 10 15 25
Presentación oral C3 2 10 12
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Estudo de casos Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Discusión dirixida Técnica de dinámica de grupos na que os membros dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinados por un moderador.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Presentación oral Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.

Atención personalizada
Metodoloxías
Presentación oral
Traballos tutelados
Estudo de casos
Discusión dirixida
Sesión maxistral
Descrición
Desenvolvemento da materia teórica no ámbito práctico, axudando ao alumno a trasladar de forma correcta os coñecementos aprendidos á resolución de casos prácticos.

Participación do profesor nas discusións para desenvolver o aspecto crítico do alumno.
Formar ao alumno na resolución práctica dos temas teóricos e na súa exposición. Axudar á elección de temas complementarios aos coñecementos adquiridos para a súa exposición e presentación individual ou colectiva.

Novas metodoloxías técnicas no desenvolvemento da lección maxistral que no caso de emerxencia sanitaria se impartira por teams.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral C3 Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica. 15
Traballos tutelados A11 B3 B4 B5 B8 C1 C4 C7 C8 Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
50
Estudo de casos A9 A11 A15 B7 B9 Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo. 12
Discusión dirixida B1 Técnica de dinámica de grupos na que os membros dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinados por un moderador. 8
Sesión maxistral A2 A8 B2 B6 B13 Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
15
 
Observacións avaliación

Os
alumnos que teñan recoñecido dedicación a tempo parcial desta materia, (sempre
que devandito recoñecemento sexa oficial) terán a posibilidade de superar a
mesma a través dun exame teórico práctico que levará a cabo nas datas
establecidas oficialmente pola Facultade e haberán de presentar para asistir ao
mesmo un cartafol  con todos os
exercicios que se lle fagan chegar a través da plataforma moodle. En canto á
segunda convocatoria os requisitos serán os mesmos que na primeira convocatoria. Sobre Unha calificación de 9.

 


Fontes de información
Bibliografía básica LÓPEZ ARRANZ, A. Y MILLOR ARIAS, P. (2010). A medición do tempo de traballo (remunerado e sen remunerar) da muller no sistema de contas nacional. Facultad de Ciencias del Trabajo. Anuario núm. 1
LÓPEZ ARRANZ, A. Y MILLOR ARIAS, P. (2010). Algunas reflexiones sobre el papel de la mujer inmigrante en el trabajo. Tirant lo Blanch. Monografías 734. Cuestiones actuales sobre el trabajo de la mujer y su prot. socia
SALA FRANCO, T. Y OTROS (2008). Comentarios a la Ley Orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para la Igualdad Efectiva de Mujeres y Hombres. La Ley
MARTÍNEZ GIRÓN, J., ARUFE VARELA, A., CARRIL VÁZQUEZ, X. M. (Última edición). Derecho del Trabajo. Netbiblo
MONTOYA MELGAR, A. (2006). Igualdad entre mujeres y hombres en el trabajo: políticas y normas. Revista Española de Derecho del Trabajo, nº 129
RODRÍGUEZ ESCANCIANO, S. (2008). La familia en el ámbito jurídico-laboral. Situación y protección. Tirant lo blanch
PÉREZ DEL RÍO, T. (2007). La función de los interlocutores sociales y de la negociación colectiva en la Ley Orgánica de Igualdad Efectiva entre Mujeres y Hombres 3/2007. Los planes de igualdad en la empresa. Revista del Ministerio de Trabajo y Asuntos sociales, nº extra "Igualdad efectiva entre mujeres
ARUFE VARELA, A. (2008). La igualdad de mujeres y hombres en Alemania. Estudio comparado de la legislación alemana con la legislación española, y traducción castellana. Netbiblo
CABEZA PEREIRO, J (2007). Prohibición de discriminación en las condiciones de trabajo. Temas Laborales, nº 91
LOUSADA AROCHENA, J.F., RON LATAS, R.P. (2015). Sistema de Derecho Procesal Laboral . Ediciones Laborum

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

En aras a contribuír cun medio ambiente responsable, desde esta materia pretendese contribuír, non utilizando máis que o papel imprescindible, no caso de los examines e algúns traballos de importancia, todo o demais realizarase por medios telemáticos.

Todo lo aquí  planificado se realizará en  forma de evaluación continuada e en o caso de emerxencia de forma telematica a través de teams.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías