Datos Identificativos 2017/18
Asignatura (*) Iniciativa Emprendedora Código 760492020
Titulación
Mestrado Universitario en Xestión e Dirección Laboral (Plan 2011)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Coordinación
Agullo Leal, Fernando
Correo electrónico
fernando.agullo@udc.es
Profesorado
Agullo Leal, Fernando
Correo electrónico
fernando.agullo@udc.es
Web http://fagullo.info
Descrición xeral A asignatura de Iniciativa Emprendedora intégrase no plan de estudos do Máster Oficial en Xestión e Dirección Laboral, no 2º curso e con carácter optativo. Para xustificar a súa inclusión neste plan de estudos pódese dicir que é unha maneira de facer fronte a situación na que se atopan os mozos ao tratar de se incorporar ao mercado de traballo e as dificultades que teñen que superar quenes pertencen ao devandito colectivo e ademaís son titulados universitarios. Aínda que a taxa de paro entre os universitarios veuse reducir nos últimos anos, estes seguen atopándose con moitas dificultades a hora de incorporarse ao mercado laboral e cando o conseguen é en condicións bastante precarias. Esta situación non é idéntica para todolos titulados xa que depende en gran medida do titulo que se posúa e da duración dos seus estudos, ou o que é o mesmo, do nivel do título alcanzado: diplomado, licenciado ou, doutor.
Tamén ten a sua xustificación no feito de que os alumnos que se especialicen na xestión sociolaboral poderán non soio montala súa propia empresa senon tamen asesorar a outros a facelo. Nunha sociedade na que as formas de organización económica son cada vez máis complexas, é necesario para quenes dexesen por en marcha a súa propia empresa ou quenes se dediquen ao asesoramento na materia, oestudo da presente materia é, non só instrumento para o coñecemento e comprensión dos procesos económicos, senón tamén para a formación de actitudes éticas e sociais fronte a problemas tales como a creación de riqueza pola empresa, o seu papel na economía, a súa función na distribución de riqueza, a situación actual do mercado de traballo para estes universitarios, en definitiva, a importante función social da empresa no momento presente, etc.
Ante esta situación, e en consoancia co que se ven facendo dende a propia UE, dende a Universidade e outos estamentos oficiais, incorpórnse ao plan de estudos esta materia tratando de inculcar o espírito emprendedor e a metodoloxía da creación e dirección de empresas entre os universitarios, así como a súa capacitación para a elaboración do plan de empresa que todo proxeto empresarial require. En definitiva, téntase acadar que os alumnos teñan inquedanzas polo eido empresarial, e que tras unha análise crítica da situación e da súa incorporación ao mercado laboral , espetar neles a súa capacidade creativa, e fomentar o espirito emprendedor.
A asignatura abrangue tanto a dimensión interna da empresa como das relacións coa súa contorna externa. Malia que pola súia natureza, esta materia ten un contido técnico propio da economía empresarial, integra, con todo, múltiples aspectos relacionados coa psicoloxia, a psicoloxia social e do traballo, a tecnoloxia, as técnicas e teorías da organización e da información, o dereito mercanrtil, etc. A parte da análise técnica, imprescindible para o coñecemento do fucionamento dunhas empresas cada vez máis complexas no seu funcionamento, preténdese que os alumnos desenvolvan actitudes éticas e críticas fronte ao papel da empresa na sociedade, recoñecer o valor social do espirito emprendedor, concedéndolle tanta relevancia ao análise puramente económico e instrumental como aos aspectos sociais.
A Integración desta asignatura no programa do máster queda plenamente xustificada porque:
1. Contesta á importante demanda social que nos últimos tempos esixe un coñecemento máis científico e técnico do ámbito sociolaboral e concretamente na dinamización do desenvolvemento local, meirande o asesoramento técnico nos concellos e outras institucións.
2. Responde á letra e ao espírito da normativa legal que regula a propia Universidade xa que ésta ha de servir para xerar coñecemento pero, ademais, debe transmitir ou transferir ese coñecemento á sociedade que a sustenta.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Asesorar ás PYMES no campo sociolaboral.
A3 Identificar os distintos tipos de empresas e sociedades incluídas as de economía social e os seus rexímenes xurídicos.
A4 Capacitar para xestionar os tributos relacionados co ámbito empresarial.
A5 Coñecer as obrigas das empresas en materia de Seguridade Social e os trámites pertinentes ante as entidades xestoras e colaboradoras.
A10 Seleccionar as opcións estratéxicas de Recursos Humanos máis acomodadas á contorna multidisciplinar da empresa.
A11 Elaborar planes de Recursos Humanos, coherentes co obxectivo a acadar.
B2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vencelladas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
B4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións (e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan) a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
B9 Desenvolver a capacidade de organización, planificación e toma de decisións.
B10 Adquirir os coñecementos necesarios nos campos laboral, tributario e de Seguridade Social para prestar servizos de asesoría socio-laboral.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Adquirir as habilidades e competencias necesarias para poñer en marcha unha pequena empresa ou a incorporación ao mercado de laboral como traballador autónomo. Coñecer de forma integrada a realidade da problemática da creación dunha empresa. Coñecer e aplica-los principios de formación básica na etapa de iniciación dun proxeto empresarial. Vivencia-lo esforzo do proceso de reflexión que supón a posta en marcha dun proxecto empresarial. Desenvolver no alumno o nivel de autonomía e competencia necesario para a creación de empresas e o autoemprego. Introducir ao alumno na análise e interpretación da bibliografía en torno ao eido da creación de empresas. Estimula-lo interese do alumno na procura de fontes de información primarias e secundarias, así como o manexo da documentación necesaria para a elaboración do plan de empresa e a súa presentación. Analiza-lo proceso de aprendizaxe na adquisición de habilidades necesarias para o funcionamento exitoso dunha empresa. Saber definir obxetivos, meios, estratexias axeitadas para o tipo de empresa que se proxecta creare a súa contorna. Experimentar e supera-las dificultades que supón elabora-lo plan de empresa dun proxecto empresarial e adquirir a capacidade de esforzo e reflexión necesarios. Adquirir habilidades para traballar en grupo e facer exposicións públicas dos traballos realizados. Valorar socialmente a iniciativa emprendedora e recoñecemento do importante labor social. Valorar e entede-lo traballo dos compñeiros na facilitación da aprendizaxe. Integración do alumnos no traballo grupal. Saber aplica-las diferentes técnicas de observación da realidade para detectar ideas de empresa. Coñecer e saber aplica-las diferentes ferramentas de análise de mercados. Coñecer e aplica-las técnicas do análise DAFO. Coñecer-las diferntes estratexias posibels para unha pequena empresa. Saber defini-las variables da mercadotecnia e aplica-las ao caso dunha pequena empresa ou dunha empresa de servizos do eido laboral. Coñece-las diferencias entre unhas formas xurídicas e outras, en canto a responsabilidade, requisitos, funcionamento, toma de dicisións, etc. Coñece-la ficalidade á que vaise ver sometida a empresa no seu funcionamento, tanto a imposición directa como indirecta. Adquirir competencias e habilidades que permitan atopar axudas para levar a cabo o proxecto. Saber facer o plan de empresa de unah pequena ou mediana empresa. AP1
AP3
AP4
AP5
AP10
AP11
BP2
BP3
BP4
BP9
BP10
CM4
CM5

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. A creación de empresas e a iniciativa emprendedora.
1. Introdución: o emprendemento e o valor social da creación de empresas
2. Os elementos esenciais no proceso de creación de empresas
2.1 A idea de empresa e manantiais para obtela. A validación da idea. O modelo de negocio (canvas).
2.2. O emprendedor: características do emprendedor e consecuencias da decisión de emprender
2.3 O plan de empresa: que é, para que e como se elabora.
3. Aspectos legais da creación de empresas.
Anexo. O asesoramento a emprendedores no proceso de creación de empresas.
Tema 2. A elaboración do plan de empresa. 1. Introdución
2. O estudo de mercado
2.1 Obxetivos e fases da elaboración
2.2 A contorna e a creación de empresas
3. A análise DAFO
4. A mercadotecnia
4.1 O produto/servizo
4.2 O prezo
4.3 A distribución
4.4 A comunicación
5. A segmentación e a estratexia
6.A previsión de vendas
Tema 3. A viabilidade do proxecto empresarial 1. Introdución á análise económica-financeira dun proxecto empresarial
2. A análise financeira
2.1 O balance
2.2 Técnicas de análises
3. A análise económica
3.1 A conta de resultados (PeG)
3.2 Técnicas de análises
Anexo. Guía para a elaboración do plan de empresa Guía para a elaboración do plan de empresa
1. Introdución
2. O estudo de mercado
3. O plan comercial
4. O plan de organización e de recursos humanos
5. Os aspectos legais
6. A análise económica-financeira
7. Conclusións
8. Anexos.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba obxectiva A1 A10 A11 B2 B9 B10 C5 2 0 2
Sesión maxistral A1 A10 B9 B10 C5 15 12 27
Simulación A3 A4 A5 A10 A11 B2 B3 C4 C5 24 6 30
Traballos tutelados A3 B4 B10 C4 C5 0 15 15
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba obxectiva Proba escritura utilizada para la avaliación del aprendizaxe, cuxo trazo distintivo es la posibilidade de determinar si las respostas dadas son o no correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. ES de aplicación tanto para la avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.

A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír cun só tipo dalgunha destas preguntas. Nas datas aprobadas en Xunta de Centro levará a cabo unha proba obxectiva na que o alumno terá que responder as preguntas dun cuestionario teórico-práctico (test de resposta pechada con catro alternativas, soio unha certa, e os erros restarán ¼ do valor dun acerto) ou preguntas de resposta aberta (breve explicación, resumo, representación e interpretación de gráficas, resolución de problemas, etc.) ou de ambos os tipos.
Sesión maxistral É a información ou desenvolvemento de contidos que incide sobre o nivel de coñecementos do alumno e que serven de punto de partida para a consolidación das aprendizaxes.
A lección maxistral consiste na exposición oral e sistematizada por parte do profesor, có fin de transmitir certos coñecementos ao alumno. É un recurso didáctico que permite ao profesor transmitir con precisión os conceptos mais importantes da materia, e debera polo xeral, reflectir coñecementos que lles sería difícil de atopar aos alumnos por outros meios.
A lección maxistral servirá fundamentalmente para transmiti-los contidos do programa dunha forma sistematizada e respetando unha orde expositiva que teña en conta os aspectos seguintes:
- Exposición dun marco global inicial que permita centra-lo tema.
- Análise dos aspectos principais que integran o tema.
- Síntese integradora do exposto.
- Fixación breve e sinóptica do tema.
Simulación Consiste na representación dun fenómeno de natureza física, técnica ou psicolóxica, que permite unha análise máis sinxela, económica ou inocua que si se levara a cabo sobre o orixinal ou na realidade. Ponse ao suxeito ante unhas condicións hipotéticas nas cales se proba o seu comportamento ante situacións concretas, os seus coñecementos, a súa capacidade de analizar alternativas e as súas consecuencias. Baséase, por tanto, na configuración de situacións similares ás que se producen nun contexto real, coa finalidade de utilizalas como experiencias de aprendizaxe ou como procedemento para a avaliación.
En concreto a simulación farese en tres fase:
1ª. Diseño do modelo de negocio (CANVAS)
2ª Elaboración dun plan de empresa abreviado sen análise economica-financeira
3ª Estudo de viabilidade do proxecto que se analiza co plan de empresa
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.A realización en grupo dos traballos tutelados consistirá na profundización de algúns dos temas propostos polo profesor nos contidos da asignatura ou que garde algunha afinidade con eles.


Atención personalizada
Metodoloxías
Simulación
Traballos tutelados
Descrición
Para un mellor rendimento na aprendizaxe e realización de traballos tutelados é importante consultar co profesor os avances que se vaian realizando progresivamente para ofrecer as orientacións necesarias en cada caso e así asegurar a calidade do proceso de ensinanza-aprendizaxe. Esta recomendación está especialmente indicada no caso de estudantes con dedicación ao estudo a tempo parcial.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Simulación A3 A4 A5 A10 A11 B2 B3 C4 C5 A simulación farese por medio de un xogo de simulación emprendedora por grupos e en tres fase. Cada unha das producións de estas fases valerá 20 puntos que se concederán en atención á calidade do traballo presentado e sempre que se respeten as datas de entrega tendo en conta a participación activa nas sesións presenciais, ás que deberá aistir, como mínimo nun 80%, e a clidade do resultado acadado co traballo grupal. Estas fases son:
1ª. Diseño do modelo de negocio (CANVAS)
2ª Elaboración dun plan de empresa abreviado sen análise economica-financeira
3ª Estudo de viabilidade do proxecto que se analiza co plan de empresa
60
Traballos tutelados A3 B4 B10 C4 C5 Se poderá realizar un traballo individual ou en grupo dun tema relacionado cos contidos da asignatura que, a proposta dos alumnos, o profesor deberá autorizar. Os puntos se otorgarán en función da calidade do traballo, bibliografía utilizada, forma elaboralo (grupo/individual) e e a data de presentación.
Tamén poderá consistir na entrega dun portafolios individual co Plan de Empresa e todo o traballo desenvolvido polo alumno no curso, tanto individual como grupal, no que se deberá incluir un resume dos contidos necesarios para elaborar a producción de cada fase, e unha valoración personal do traballo realizado na simulación.
10
Proba obxectiva A1 A10 A11 B2 B9 B10 C5 Se realizará unha proba na fecha establecida pola Xunta de Facultade. A proba será un cuestionario de preguntas tipo test.
O test será de resposta pechada con catro alternativas, soio unha certa, e os erros restarán ¼ do valor dun acerto.
30
 
Observacións avaliación

A proba obxetiva formularase en castelán e se poderá respostar e calquera das linguas oficiais da udc. En caso de desexala en galego, deberá indicarllo ao profesor una semana antes da súa realización.   

Os estudantes con dedicación ao estudo a tempo parcial, aos que se lles recomenda seguir un plan de titorías personalizado, terán o mesmo sistema de avaliación que os estudantes a tempo completo.

A calificación de APTO acadarase con 50 puntos. Se non se realizar a proba obxetiva ou non se entrega o portafolios individual da simulación, a calificación nesa oportunidade será NON PRESENTADO. No caso dos estudantes a tempo paracial que, con dispensa académica, non  asistan as sesión presenciais poderán entregar as produccións das diferntes fases da simulación nun portafolios non máis tarde da data do exame da oportunidade na que se presenten, no que se incluirá tamén o traballo do curso.   

As calificación das diferentes metodoloxías de avaliaciónda da primeira oportunidade da convocatoria se manterán para a segunda oportunidade.



Fontes de información
Bibliografía básica GUERRERO, MARIBEL Y OTROS ( 2017). Informe GEM España 2016 . Editorial Universidad de Cantabria. Santander
EQUIPO DE ECONOMISTAS DVE (1.991). Cómo crear su propia empresa. Editorial De Vecchi, S.A. Barcelona
LUDEVID, M. Y OTRO (1994). Como crear su propia empresa. Editorial Marcombo, Madrid
BAYÓN, Mº I. Y OTROS (1.986). Cómo crear una empresa. Editorial CEOE-CEPYME. Madrid
GIL ESTALLO, Mª A. Y OTRO (1993). Cómo crear y hacer funcionar una empresa. Editorial ESIC. Madrid
ALONSO JULIÁN, JOSÉ Mª (2000). Creación y gestión de la propia empresa. Editorial Santillana. Madrid
AGULLÓ LEAL, FERNANDO L. (2017). Curso de Iniciativa emprendedora. moodle.udc: https://moodle.udc.es/course/view.php?id=44255
HALLORAN, JAMES W (2000). Curso McGraw-Hill de creación de empresa. Editorial McGraw-Hill. Madrid
SOCIEDAD PARA LA PROMOCIÓN Y RECONVERSIÓN INDUSTRIAL, S.A (1986). Diez pasos para crear una empresa. Editorial el autor, Bilbao
ASENSIO DEL ARCO, EVA Y OTRO (2009). Empresa e iniciativa emprendedora. Editorial Paraninfo. Madrid
PENALONGA, ANXO (2010). Empresa e iniciativa emprendedora. Editorial Santillana.Madrid
SALINAS SÁNCHEZ, JOSÉ MANUEL (2009). Empresa e iniciativa emprendedora. Editorial McGraw-Hill. Madrid
CÁMARA OFICIAL DE COMERCIO E INDUSTRIA DE MADRID (2000). Guía para la creación de empresas.. Editorial Cámara de Comercio e Industria de Madrid. Madrid
BERMEJO, MANUEL Y OTROS (1996). La creación de la empresa propia. Consejos prácticos para su puesta en marcha con éxito. Editorial McGraw-Hill. Madrid
ALMOGUERA, JOSÉ ANTONIO Y OTRO (2000). Manual práctico de creación de empresas. Editorial SA de Promociones y Ediciones. Madrid
SOUFI GÓMEZ, S. (1.997). Manual práctico de creación de empresas. Editorial Cinco Días. Madrid
BELMONTE SÁNCHEZ, INMACULADA Y OTRO (1998). Proyecto empresarial. Editorial Editex, SA, Madrid

 

Bibliografía complementaria

La bibliografía complementaria para preparar cada uno de los subtemas de esta asignatura se facilitan con los contenidos que se pueden descargar en la web http://fagullo.info


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Para cursar esta asignatura (optativa) non é imprescindible ter coñecementos previos sobre temas económicos. Pero é unha asignatura de moito proveito cando o alumno ten idea de poñer en marcha un proxecto empresarial como vía para de acceso ao mercado laboral. A materia permitirá ao alumno coñecer como llevar a cabo a posta en marcha e comprender o proceso de elaboración do plan de empresa e experimentar o traballo de reflexión que conleva. Tamén serve para coñecer o proceso para asesorar a outras persoas na posta en marcha de unha empresa.

Para un mellor rendimento na aprendizaxe é importante facer titorías grupais e individuais. Esta recomendación está especialmente indicada no caso de estudantes con dedicación ao estudo a tempo parcial.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías