Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Iniciativa Emprendedora Código 760492020
Titulación
Mestrado Universitario en Xestión e Dirección Laboral (Plan 2011)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Empresa
Coordinación
Anido Martinez, Cristina
Correo electrónico
cristina.anido@udc.es
Profesorado
Anido Martinez, Cristina
Correo electrónico
cristina.anido@udc.es
Web
Descrición xeral A materia de Iniciativa Emprendedora intégrase no plan de estudos do Máster Oficial en Xestión e Dirección Laboral con carácter optativo, tratando de inculcar o espírito emprendedor e a metodoloxía da creación e dirección de empresas entre os/as universitarios/as, así como a súa capacitación para a elaboración do plan de empresa que todo proxecto empresarial require. Nunha sociedade na que as formas de organización económica son cada vez máis complexas, o estudo da presente materia axudará ás persoas que desexen por en marcha a súa propia empresa ou asesorar no proceso. Facilitará non só o coñecemento e comprensión dos procesos económicos, senón tamén a formación de actitudes éticas e sociais fronte a problemas tales como a creación de riqueza pola empresa, o seu papel na economía, a súa función na distribución de riqueza, a situación actual do mercado de traballo, etc.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Asesorar ás PYMES no campo sociolaboral.
A3 Identificar os distintos tipos de empresas e sociedades incluídas as de economía social e os seus rexímenes xurídicos.
A4 Capacitar para xestionar os tributos relacionados co ámbito empresarial.
A5 Coñecer as obrigas das empresas en materia de Seguridade Social e os trámites pertinentes ante as entidades xestoras e colaboradoras.
A10 Seleccionar as opcións estratéxicas de Recursos Humanos máis acomodadas á contorna multidisciplinar da empresa.
A11 Elaborar planes de Recursos Humanos, coherentes co obxectivo a acadar.
B2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vencelladas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
B4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións (e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan) a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
B9 Desenvolver a capacidade de organización, planificación e toma de decisións.
B10 Adquirir os coñecementos necesarios nos campos laboral, tributario e de Seguridade Social para prestar servizos de asesoría socio-laboral.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Adquirir as habilidades e competencias necesarias para poñer en marcha unha pequena empresa ou a incorporación ao mercado laboral como traballador autónomo. Coñecer de forma integrada a realidade da problemática da creación dunha empresa. Coñecer e aplicar os principios de formación básica na etapa de iniciación dun proxecto empresarial. Experimentar o esforzo do proceso de reflexión que supón a posta en marcha dun proxecto empresarial. Desenvolver no alumnado o nivel de autonomía e competencia necesario para a creación de empresas e o autoemprego. Introducir ao alumnado na análise e interpretación da bibliografía en torno ao eido da creación de empresas. Estimular o interese do alumnado na procura de fontes de información primarias e secundarias, así como o manexo da documentación necesaria para a elaboración do plan de empresa e a súa presentación. Saber definir obxectivos, medios, estratexias axeitadas para o tipo de empresa que se proxecta crear e a súa contorna. Experimentar e superar as dificultades que supón elaborar o plan de empresa dun proxecto empresarial e adquirir a capacidade de esforzo e reflexión necesarios. Adquirir habilidades para traballar en grupo e facer exposicións públicas dos traballos realizados. Valorar socialmente a iniciativa emprendedora e a súa importante labor social. Valorar e entender o traballo dos/das compañeiros/as para facilitar a aprendizaxe. Saber aplicar as diferentes técnicas de observación da realidade para detectar ideas de empresa. Coñecer e saber aplicar as diferentes ferramentas de análise de mercados. Coñecer e aplicar as técnicas do análise DAFO. Coñecer as diferentes estratexias posíbeis para unha pequena ou mediana empresa. Saber definir as variables de márketing e aplicalas ao caso dunha pequena ou mediana empresa. Coñecer as diferencias entre unhas formas xurídicas e outras, en canto a responsabilidade, requisitos, funcionamento, toma de decisións, etc. Coñecer a fiscalidade á que vaise ver sometida a empresa no seu funcionamento, tanto a imposición directa como indirecta. Adquirir competencias e habilidades que permitan atopar axudas para levar a cabo o proxecto. Saber facer o plan de empresa dunha pequena ou mediana empresa. AP1
AP3
AP4
AP5
AP10
AP11
BP2
BP3
BP4
BP9
BP10
CM4
CM5

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. A creación de empresas e a iniciativa emprendedora.
1. Introdución: o emprendemento e o valor social da creación de empresas
2. Elementos esenciais no proceso de creación de empresas
3. Aspectos legais da creación de empresas.
Tema 2. A elaboración do plan de empresa. 1. Introdución
2. Estudo de mercado
3. Análise DAFO
4. Márketing
5. Segmentación e estratexia
6. Previsión de vendas
Tema 3. A viabilidade do proxecto empresarial 1. Introdución á análise económica-financeira dun proxecto empresarial
2. Análise financeira
3. Análise económica

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba obxectiva A1 A10 A11 B2 B9 B10 C5 2 4 6
Sesión maxistral A1 A10 B4 B9 B10 C5 7 15 22
Foro virtual B2 B3 B4 C4 0 1 1
Simulación A1 A3 A4 A5 A10 A11 B2 B3 B4 B9 B10 C4 C5 14 30 44
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe.
Sesión maxistral Exposición oral e sistematizada por parte do docente, có fin de transmitir os coñecementos e conceptos básicos necesarios para o desenvolvemento e aplicación por parte do alumnado do contido da materia.
Foro virtual Utilización do foro de Moodle para propor dúbidas e/ou responder ás preguntas dos/das compañeiros/as sobre calquera aspecto relacionado ca materia, fundamentalmente, no proxecto de simulación.
Simulación Ponse ao alumnado ante condicións hipotéticas nas cales se proba o seu comportamento ante situacións concretas, os seus coñecementos, a súa capacidade de analizar alternativas e as súas consecuencias. Baséase, por tanto, na configuración de situacións similares ás que se producen nun contexto real, coa finalidade de utilizalas como experiencias de aprendizaxe e procedemento para a avaliación.

Atención personalizada
Metodoloxías
Simulación
Descrición
A atención personalizada (titorías individuais e grupais) desenvolverase mediante videoconferencias en Teams.

Para un mellor rendemento na aprendizaxe e realización de traballos tutelados é importante consultar co docente os avances que se vaian realizando progresivamente para ofrecer as orientacións necesarias en cada caso e así asegurar a calidade do proceso de ensinanza-aprendizaxe.

Asemade, durante o curso o alumnado poderá empregar as horas de titorías para aclarar dúbidas e cuestións sobre a materia.

Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, acordarase ao inicio do curso un calendario e titorías compatible coa súa dedicación. Dito alumnado deberá pórse en contacto co profesor nos primeiros dez días do cuadrimestre en que a materia se imparte.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Simulación A1 A3 A4 A5 A10 A11 B2 B3 B4 B9 B10 C4 C5 A simulación é OBRIGATORIA para aprobar a materia.

O xogo de simulación emprendedora constitúe un exercicio completo e integrador, tanto pola diversidade dos aspectos que aborda como do número de variables que se manexan ao analizar unha iniciativa emprendedora en grupo.

O traballo farase de forma grupal coas tarefas encomendadas en cada unha das tres fases:
1ª Deseño do modelo de negocio
2ª Elaboración do plan de empresa abreviado
3ª Estudo de viabilidade do proxecto

Os/As estudantes, integrantes dun grupo de traballo, terán tamén o reto de asumir un determinado rol dentro do grupo co que, en función das súas competencias e coñecementos sobre determinados aspectos do traballo a desenvolver, cada un optimice as súas habelencias individuais poñéndoas ao servicio do grupo para a presentación e entrega dun portafolios co Plan de Empresa e todo o traballo desenvolto en común
80
Proba obxectiva A1 A10 A11 B2 B9 B10 C5 Nas datas aprobadas en Xunta de Facultade terá lugar unha proba obxectiva na que o alumnado responderá ás preguntas dun cuestionario teórico-práctico (test de resposta pechada con catro alternativas, só unha certa e os erros restan ¼ do valor dun acerto) ou preguntas de resposta aberta (breve explicación, resumo, representación e interpretación de gráficas, resolución de problemas, etc.) ou de ámbolos tipos.

A proba obxectiva NON É OBRIGATORIA para aprobar a materia. Se non se realiza, o/a estudante será cualificado exclusivamente coa nota ponderada da simulación. No caso de realizar a proba obxectiva e non acadar unha nota mínima de 4,5 sobre 10, o/a estudante será cualificado exclusivamente coa nota de dita proba obxectiva sen engadir a cualificación da simulación e sen ponderar
20
 
Observacións avaliación

O alumnado debe traballar de xeito continuado ao longo do curso, preparar semanalmente a parte correspondente da simulación e participar activamente nas discusións promovidas durante as sesións e no foro virtual.  

A proba obxectiva formularase en castelán e se poderá contestar en calquera das linguas oficiais da UDC. En caso de desexala en galego, deberá indicarllo por escrito ao docente unha semana antes da súa realización.

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia. 

Segundo a normativa, dito alumnado deberá comunicar a súa situación ao docente nos primeiros dez días do cuadrimestre en que a materia se imparte. Seguirá o mesmo sistema de avaliación, coas seguintes particularidades: a súa participación activa terá lugar mediante o foro virtual e, agás para as datas aprobadas na Xunta de Facultade no que compete á proba obxectiva, acordarase ao inicio do curso un calendario específico de datas compatible co plan de traballo da materia e coa súa dedicación.

Cualificación de non presentado.

A simulación é obrigatoria para aprobar a materia. Se non se realiza, a cualificación será: NON PRESENTADO.

Avaliación da segunda oportunidade

Seguirá os mesmos criterios que os utilizados na avaliación da primeira oportunidade, coa excepción do alumnado que exprese a súa intención de participar nun novo proceso de avaliación continua (80% da cualificación final: Simulación). Neste caso:

a) É imprescindible enviar un correo electrónico ao docente, antes do inicio do período de exames da segunda oportunidade, indicando a súa renuncia á cualificación previamente obtida nesta metodoloxía, e recibir a correspondente autorización.

b) O proxecto de simulación será individual e será presentado na mesma data de realización da proba obxectiva, aprobada en Xunta de Facultade.

Avaliación adiantada

No caso de que ao alumnado se lle conceda unha oportunidade de "avaliación adiantada", e soamente neste caso, realizarase unha proba oral e/ou escrita encamiñada a avaliar todas as competencias e contidos propios da materia.

Condicións de realización dos exames

Está prohibido acceder á aula de exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información, non autorizado previamente polo docente.

Quebra dos principios de decoro, legalidade ou mérito individual

O docente pode requirir a posterior defensa oral, parcial ou total, das actividades entregadas e avaliadas.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na oportunidade correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria. 


Fontes de información
Bibliografía básica PEÑA-LAGAZKUE, IÑAKI; GUERRERO, MARIBEL Y OTROS (2020). Informe GEM España 2019-2020. Editorial Universidad de Cantabria. Santander
SANCHIS PALACIO, JOAN RAMON; CAMPOS CLIMENT, VANESSA Y OTROS (2020). Emprendimiento sostenible: emprendimiento desde la cocreación de valor y el bien común. Editorial Pirámide. Madrid
ASENSIO DEL ARCO, EVA; VÁZQUEZ BLÖMER, BEATRIZ (2019). Empresa e iniciativa emprendedora. Editorial Paraninfo. Madrid
CALDAS BLANCO, MARIA EUGENIA; HIDALGO ORTEGA, MARÍA LUISA (2019). Empresa e iniciativa emprendedora 360º. Editex
OSTERWALDER, ALEXANDER; PIGNEUR, YVES (2016). Generación de modelos de negocio . Deusto. Barcelona
RODRÍGUEZ MÁRQUEZ, ALICIA; NIETO, MARÍA JESÚS Y OTROS (2014). Manual de creación de empresas: de la oportunidad a la puesta en marcha. Civitas-Thomson Reuters

Bibliografía complementaria Ministerio de Industria, Comercio y Turismo (-). Crea tu empresa. www.ipyme.org/es-ES/CreaEmpresa/Paginas/Crea-tu-empresa.aspx
Instituto Gallego de Promoción Económica (IGAPE) (-). Crear una empresa. www.igape.es/es/crear-unha-empresa


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Nesta materia, a entrega dos traballos documentais realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.

Coa finalidade de mellorar o sistema de garantía interna de calidade do noso centro, sería convinte que o alumnado atendese á solicitude realizada pola UDC, con periodicidade cuadrimestral, respecto a participar no proceso de avaliación das materias cursadas respondendo ás enquisas que avalían a docencia do profesorado en cada materia



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías