Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Informática Básica Código 760G01005
Titulación
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Ferrol)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía Financeira e Contabilidade
Enxeñaría Naval e Oceánica
Coordinación
Lado Sestayo, Rubén
Correo electrónico
ruben.lado.sestayo@udc.es
Profesorado
Castro Santos, Laura
Lado Sestayo, Rubén
Correo electrónico
laura.castro.santos@udc.es
ruben.lado.sestayo@udc.es
Web
Descrición xeral Trataranse diversos bloques temáticos orientados a que o alumno coñeza e manexe sistemas de información, aplicacións de procesamento de texto, folla de cálculo, bases de datos, presentacións e ferramentas colaborativas e de xestión de tarefas entre outras.

Competencias do título
Código Competencias do título
A10 Organización e dirección de empresas.
A13 Transmitir e comunicarse por escrito e oralmente usando a terminoloxía e as técnicas adecuadas.
A31 Aplicar os coñecementos á práctica.
B2 Capacidade de análise e síntese.
B3 Capacidade de organización e planificación.
B4 Capacidade de xestión da información.
B8 Razoamento crítico.
B9 Traballo en equipos.
B12 Motivación para a calidade.
B13 Adaptación a novas situacións.
B14 Aprendizaxe autónomo.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Identificación das distintas funcións da administración das empresas A10
Transmitir e comunicarse por escrito e oralmente usando a terminoloxía e as técnicas axeitadas A13
Aplicar os coñecementos á práctica informática diaria A31
Capacidade de análise e síntese B2
Capacidade de organización e planificación. B3
Capacidade de xestión da información B4
Razoamento crítico B8
Traballo en equipos. B9
Motivación para a calidade B12
Adaptación a novas situacións B13
Aprendizaxe autónoma B14
Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma C1
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da profesión e para a aprendizaxe ao longo da vida. C3

Contidos
Temas Subtemas
Bloque I: Introducción a sistemas de información Tema 1: Hardware
Tema 2: Software
Bloque II: Procesadores de texto Tema 3: Tarefas básicas e aspecto do texto
Tema 4: Impresión de documentos, sobres e etiquetas
Tema 5: Xestión de formatos e estilos
Tema 6: Configuración de páxina e documento
Bloque III: Follas de cálculo Tema 7: Libros e datos
Tema 8: Funcións
Tema 9: Táboas, datos e gráficos
Tema 10: Análise avanzada de datos
Bloque IV: Bases de datos e presentacións Tema 11: Bases de datos
Tema 12: Presentacións efectivas
Bloque V: Programas de xestión na empresa Tema 13: Xestión de tarefas
Tema 14: Traballo colaborativo
Tema 15: Redes sociais e blogs aplicados a RRHH
Bloque VI: Biblioteca informática Tema 16: Biblioteca informática (outro software)

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Prácticas a través de TIC A10 A13 A31 B2 B3 B4 B8 B9 B12 B13 B14 C1 C3 49 98 147
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas a través de TIC Metodoloxía que permite ao alumnado aprender de forma efectiva, a través de actividades de carácter práctico (demostracións, simulacións, etc.) a teoría dun ámbito de coñecemento, mediante a utilización das tecnoloxías da información e as comunicacións. As TIC supoñen un excelente soporte e canal para o tratamento da información e aplicación práctica de coñecementos, facilitando a aprendizaxe e o desenvolvemento de habilidades por parte do alumnado.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas a través de TIC
Descrición
As prácticas a través de TIC requiren unha atención personalizada ao alumnado para guialo no proceso de aprendizaxe. Esta realizarase indivualmente para cada alumno, co obxectivo de resolver as dúbidas que xurdan no proceso de ensinanza-aprendizaxe.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A10 A13 A31 B2 B3 B4 B8 B9 B12 B13 B14 C1 C3 Todos os bloques tratados nas prácticas a través de TIC deberán ser superados para alcanzar a nota máxima. Terase en conta a calidade, contidos e puntualidade das entregas que se soliciten ao longo do curso.

100
 
Observacións avaliación

*Os datos que aparecen na táboa de avaliación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado.


Fontes de información
Bibliografía básica

Utilizaranse preferentemente os manuais dos programas a utilizar

Bibliografía complementaria

Méndez, D. G., Jimeno-Morenilla, A., Mora, H. M., & Romero, J. L. S. (2007). Ejercicios de informática básica. Servicio de Publicaciones.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías