Identifying Data 2020/21
Subject (*) Basic Computer Science Code 760G01005
Study programme
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Ferrol)
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 1st four-month period
First Obligatory 6
Language
Spanish
Teaching method Hybrid
Prerequisites
Department Empresa
Coordinador
Anido Martinez, Cristina
E-mail
cristina.anido@udc.es
Lecturers
Anido Martinez, Cristina
Enriquez Díaz, Joaquín
E-mail
cristina.anido@udc.es
joaquin.enriquez@udc.es
Web
General description Trataranse diversos bloques temáticos orientados a que o alumno coñeza e manexe sistemas de información, aplicacións de procesamento de texto, follas de cálculo, bases de datos, presentacións e ferramentas colaborativas e de xestión de tarefas entre outras.
Contingency plan 1. Modificacións nos contidos
– Non se realizarán cambios

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
– Non se realizarán cambios

*Metodoloxías docentes que se modifican
– Non se realizarán cambios

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
– Non se realizarán cambios

4. Modificacións na avaliación
– Non se realizarán cambios

*Observacións de avaliación:
– Non se realizarán cambios

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
– Non se realizarán cambios

Study programme competencies
Code Study programme competences
A10 Organización e dirección de empresas.
A13 Transmitir e comunicarse por escrito e oralmente usando a terminoloxía e as técnicas adecuadas.
A31 Aplicar os coñecementos á práctica.
B2 Capacidade de análise e síntese.
B3 Capacidade de organización e planificación.
B4 Capacidade de xestión da información.
B8 Razoamento crítico.
B9 Traballo en equipos.
B12 Motivación para a calidade.
B13 Adaptación a novas situacións.
B14 Aprendizaxe autónomo.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Coñecer os conceptos básicos dos sistemas de información A10
A13
A31
B4
B9
B14
C1
C3
Elaborar distintos tipos de documentos en procesadores de texto A10
A31
B2
B3
B8
B12
C1
C3
Elaborar distintos tipos de documentos en follas de cálculo B13
C1
C3
Crear bases de datos A10
B9
B14
C1
C3
Xestionar a empresa empregando software específico A10
B3
B4
B8
B12
C1
C3
Coñecer a biblioteca informática B4

Contents
Topic Sub-topic
Introdución aos sistemas de información (Presencial) Tema 1: Conceptos, compoñentes e funcións
Programas de xestión na empresa (Presencial / Virtual) Tema 2: Xestión de tarefas, contorna de traballo virtual e colaborativa
Procesadores de texto (Virtual) Tema 3: Tarefas básicas
Tema 4: Edición de informes
Follas de cálculo (Virtual) Tema 5: Tarefas básicas
Tema 6: Táboas, datos e gráficos
Tema 7: Análise avanzada de datos
Bases de datos e presentacións (Virtual) Tema 8: Presentacións efectivas
Tema 9: Bases de datos
Biblioteca informática (Virtual) Tema 10: Biblioteca informática

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Introductory activities A13 B12 C1 1 0 1
Guest lecture / keynote speech A10 B2 B3 B4 10 10 20
ICT practicals A10 A13 A31 B2 B3 B4 B8 B9 B12 B13 B14 C1 C3 32 64 96
Online forum B8 B12 C3 0 1.5 1.5
Aprendizaxe servizo A13 A31 B3 B9 B12 B13 C1 C3 3.5 10.5 14
Supervised projects A13 A31 B3 B9 C1 C3 3.5 10.5 14
 
Personalized attention 3.5 0 3.5
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Introductory activities Enquisa para determinar os coñecementos previos, competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado (Plataforma: Moodle)
Guest lecture / keynote speech Exposición, feita polo docente, dos conceptos básicos necesarios para que o alumnado poida buscar solución aos problemas tratados no programa (Plataforma: Teams -videoconferencia-)
ICT practicals Aprendizaxe a través de actividades de carácter práctico mediante a utilización das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC), favorecendo o desenvolvemento de habilidades por parte do alumnado (Plataforma: Teams -videoconferencia- y Moodle)
Online forum Utilización do foro virtual para propor dúbidas e/ou responder ás preguntas dos compañeiros sobre calquera aspecto relacionado coa materia (Plataforma: Moodle)
Aprendizaxe servizo Metodoloxía que combina o servizo á comunidade coa aprendizaxe nun único proxecto, no que o alumnado se forma traballando en necesidades reais da súa contorna co fin de mellorala. Propoñerase ao alumnado matriculado na materia a posibilidade de participar nunha actividade aprendizaxe-servizo con algunha entidade colaboradora. O estudante poderá escoller entre a actividade aprendizaxe-servizo ou o traballo tutelado, é dicir, esta actividade e a seguinte son excluíntes, de tal xeito que o alumnado só realizará unha delas. Polo tanto, o número de horas dedicadas a esta actividade será a suma das previstas para cada actividade, é dicir, 7 horas durante as sesións e 21 horas de traballo autónomo (Plataforma: Teams -videoconferencia-, Moodle e adpatación ás aplicacións requiridas para o servizo á entidade colaboradora)
Supervised projects Tal e como figura na metodoloxía anterior o alumnado pode escoller entre aprendizaxe-servizo e traballo tutelado. No caso do traballo tutelado o alumnado deberá realizar un traballo práctico relacionado con algún contido da materia. Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente do alumnado e o seguimento desa aprendizaxe polo docente (Plataforma: Teams -videoconferencia-, Moodle e adpatación ás aplicacións requiridas para o desenvolvemento do traballo práctico)

Personalized attention
Methodologies
Supervised projects
ICT practicals
Aprendizaxe servizo
Description
MECANISMOS DE ATENCIÓN PERSONALIZADA AO ALUMNADO

CORREO ELECTRÓNICO
– De uso cotiá para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.

MOODLE
– Foro de formulación e resolución de dúbidas. A disposición do alumnado en todo momento para iniciar o proceso de formulación e resolución de dúbidas
– Difusión de materiais. A disposición do alumnado en función da evolución no contido da materia
– Actividades de autoavaliación e avaliación. Na data e no horario acordado

TEAMS
– Videoconferencias para a realización das sesións expositivas e interactivas. Semanalmente na franxa horaria que ten asignada a materia
– Videoconferencias para a atención personalizada. Na data e no horario acordado entre o docente e o estudante/equipo de traballo mediante un correo electrónico previo
– Videoconferencias para a realización das actividades de avaliación. Na data e no horario acordado

OBXECTIVO DA ATENCIÓN PERSONALIZADA AO ALUMNADO

Os equipos formados no marco do aprendizaxe servizo / traballos tutelados terán asignadas sesións de atención personalizada para o seguimento do traballo realizado por cada un dos seus membros e do equipo en conxunto. O calendario das sesións de seguimento se indicará ao longo do curso en función do plan de traballo da materia.

Asemade, durante o curso o alumnado poderá empregar as horas de titorías para aclarar dúbidas e cuestións sobre a materia.

ALUMNADO QUE SE ATOPE EN CONDICIÓNS DE SOLICITAR O RÉXIME DE ESTUDOS A TEMPO PARCIAL E DISPENSA ACADÉMICA DE EXENCIÓN DE ASISTENCIA.

Acordarase ao longo do curso un calendario específico de atención personalizada compatible co plan de traballo da materia e coa súa dedicación, motivo polo cal dito alumnado deberá pórse en contacto co equipo docente da materia antes do 30 de setembro.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Supervised projects A13 A31 B3 B9 C1 C3 Tal e como se comentou no apartado de metodoloxías a actividade "aprendizaxe servizo" e a actividade "traballos tutelados" son excluíntes, polo que o alumnado escollerá entre realizar unha ou outra actividade, de tal xeito que a nota correspondente será a suma da asignada a cada actividade, é dicir un 20% da nota final. 10
ICT practicals A10 A13 A31 B2 B3 B4 B8 B9 B12 B13 B14 C1 C3 Pedirase aos estudantes a entrega de prácticas a través de TIC. Cada unha valorarase sobre 10 puntos e deberá acadar unha puntuación superior ou igual a 4 puntos. Terase en conta a calidade, contidos e puntualidade das entregas que se soliciten ao longo do curso.

80
Aprendizaxe servizo A13 A31 B3 B9 B12 B13 C1 C3 Tal e como se comentou no apartado de metodoloxías a actividade "aprendizaxe servizo" e a actividade "traballos tutelados" son excluíntes, polo que o alumnado escollerá entre realizar unha ou outra actividade, de tal xeito que a nota correspondente será a suma da asignada a cada actividade, é dicir un 20% da nota final. 10
 
Assessment comments

O alumnado debe traballar de xeito continuado ao longo do curso, preparar semanalmente as cuestións e os casos prácticos propostos e participar activamente nas discusións promovidos durante as sesións e no foro virtual. 

Prácticas a través de TIC. A entrega das prácticas para a súa valoración só poderá realizarse na plataforma Moodle e seguindo as indicacións dadas polo docente.

Aprendizaxe-servizo / Traballos tutelados. Tal e como se comentou no apartado de metodoloxías, a actividade "aprendizaxe servizo" e a actividade "traballos tutelados" son excluíntes, polo que o alumnado escollerá entre realizar unha ou outra actividade, de tal xeito que a nota correspondente será a suma da asignada a cada actividade, é dicir un 20% da nota final. 

Alumnado que se atope en condicións de solicitar o réxime de estudos a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia. Seguindo as indicacións normativas, dito alumnado deberá comunicar a súa situación ao equipo docente antes do 30 de setembro. Seguirá o mesmo sistema de avaliación (incluída a participación activa no foro virtual), acordando un calendario específico compatible co plan de traballo da materia e coa súa dedicación.

Cualificación de non presentado.

Aplicará cando o alumnado só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da nota acadada. 

Avaliación da segunda oportunidade. Axustarase ao mesmo esquema previsto para a primeira oportunidade coas seguintes particularidades:

  • As prácticas a través de TIC (80%) desenvolveranse nunha única proba a través de Moodle. O alumnado estará conectado mediante unha videoconferencia en Teams dende o inicio ata o final da proba para as oportunas verificacións por parte do equipo docente. Terase en conta a calidade e contidos da entrega, podendo o docente solicitar a defensa oral de parte da proba.
  • Desenvolverase o traballo tutelado (20%), dado que o proxecto ApS soamente pode levarse a cabo durante a avaliación continua do primeiro cuadrimestre, de xeito individual.
  • A proba e a súa defensa oral, así como a presentación do traballo tutelado terá lugar na data aprobada polo centro para a realización da avaliación da segunda oportunidade.

O alumnado que desexe concorrer á segunda oportunidade, deberá contactar co equipo docente antes do inicio do período de exames da segunda oportunidade, para coordinar o calendario de seguimento e entrega do traballo tutelado.

Adianto de oportunidade de avaliación ("avaliación adiantada")

As condicións de avaliación da oportunidade adiantada serán as establecidas para a avaliación da segunda oportunidade, coas seguintes adaptacións:

  • A proba e a súa defensa oral, así como a presentación do traballo tutelado terá lugar na data aprobada polo centro para a realización da oportunidade de avaliación adiantada.
O alumnado que desexe concorrer á avaliación adiantada, deberá contactar co equipo docente antes do inicio do período de exames da avaliación adiantada, para coordinar o calendario de seguimento e entrega do traballo tutelado.

Sources of information
Basic Arjonilla Domínguez, S.J.; Medina Garrido, J.A. (2009). La gestión de los sistemas de información en la empresa: teoría y casos prácticos. Madrid: Pirámide

Utilizaranse preferentemente os manuais dos programas a utilizar

Complementary Valentín López, G.M. (2014). Informática básica: sistema operativo, Internet y correo electrónico. Manual teórico. Madrid: CEP (recurso en liña)
Lapiedra Alcamí, R.; Devece Carañana, C.; Guiral Herrando, J. (2011). Introducción a la gestión de sistemas de información en la empresa. Valencia: Universitat Jaume I (recurso en liña)
Naranjo González, M.R. (2011). Manual Informática de Usuario. Madrid: CEP (recurso en liña)


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments

Nesta materia, a entrega das Prácticas a través de TIC realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilas.



(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.