Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Informática Básica Código 760G01005
Titulación
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Ferrol)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Empresa
Coordinación
Enriquez Díaz, Joaquín
Correo electrónico
joaquin.enriquez@udc.es
Profesorado
Anido Martinez, Cristina
Enriquez Díaz, Joaquín
Puime Guillén, Félix
Correo electrónico
cristina.anido@udc.es
joaquin.enriquez@udc.es
felix.puime@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.gal
Descrición xeral Trataranse diversos bloques temáticos orientados a que o alumno coñeza e manexe sistemas de información, aplicacións de procesamento de texto, follas de cálculo, bases de datos, presentacións e ferramentas colaborativas e de xestión de tarefas entre outras.

Competencias do título
Código Competencias do título
A10 Organización e dirección de empresas.
A13 Transmitir e comunicarse por escrito e oralmente usando a terminoloxía e as técnicas adecuadas.
A31 Aplicar os coñecementos á práctica.
B2 Capacidade de análise e síntese.
B3 Capacidade de organización e planificación.
B4 Capacidade de xestión da información.
B8 Razoamento crítico.
B9 Traballo en equipos.
B12 Motivación para a calidade.
B13 Adaptación a novas situacións.
B14 Aprendizaxe autónomo.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer os conceptos básicos dos sistemas de información A10
A13
A31
B4
B9
B14
C1
C3
Elaborar distintos tipos de documentos en procesadores de texto A10
A31
B2
B3
B8
B12
C1
C3
Elaborar distintos tipos de documentos en follas de cálculo B13
C1
C3
Crear bases de datos A10
B9
B14
C1
C3
Xestionar a empresa empregando software específico A10
B3
B4
B8
B12
C1
C3
Coñecer a biblioteca informática B4

Contidos
Temas Subtemas
Introdución aos sistemas de información Tema 1: Conceptos, compoñentes e funcións
Programas de xestión na empresa Tema 2: Xestión de tarefas, contorna de traballo virtual (teletraballo) e colaborativa
Procesadores de texto Tema 3: Tarefas básicas
Tema 4: Edición de informes
Follas de cálculo Tema 5: Tarefas básicas
Tema 6: Táboas, datos e gráficos
Tema 7: Análise avanzada de datos
Bases de datos e presentacións Tema 8: Presentacións efectivas
Tema 9: Bases de datos
Biblioteca informática Tema 10: Biblioteca informática

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A13 B12 C1 1 0 1
Sesión maxistral A10 B2 B3 B4 10 10 20
Prácticas a través de TIC A10 A13 A31 B2 B3 B4 B8 B9 B12 B13 B14 C1 C3 32 64 96
Foro virtual B8 B12 C3 0 1.5 1.5
Aprendizaxe servizo A13 A31 B3 B9 B12 B13 C1 C3 3.5 10.5 14
Traballos tutelados A13 A31 B3 B9 C1 C3 3.5 10.5 14
 
Atención personalizada 3.5 0 3.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Enquisa para determinar os coñecementos previos, competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado (Plataforma: Moodle)
Sesión maxistral Exposición, feita polo docente, dos conceptos básicos necesarios para que o alumnado poida buscar solución aos problemas tratados no programa (Plataforma: Teams -videoconferencia- e Presencialidade, irase indicando ó longo do curso)
Prácticas a través de TIC Aprendizaxe a través de actividades de carácter práctico mediante a utilización das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC), favorecendo o desenvolvemento de habilidades por parte do alumnado (Plataformas: Office 365, LibreOffice e Moodle)
Foro virtual Utilización do foro virtual para propor dúbidas e/ou responder ás preguntas dos compañeiros sobre calquera aspecto relacionado coa materia (Plataforma: Moodle)
Aprendizaxe servizo Metodoloxía que combina o servizo á comunidade coa aprendizaxe nun único proxecto, no que o alumnado se forma traballando en necesidades reais da súa contorna co fin de mellorala. Propoñerase ao alumnado matriculado na materia a posibilidade de participar nunha actividade aprendizaxe-servizo con algunha entidade colaboradora. O estudante poderá escoller entre a actividade aprendizaxe-servizo ou o traballo tutelado, é dicir, esta actividade e a seguinte son excluíntes, de tal xeito que o alumnado só realizará unha delas. Polo tanto, o número de horas dedicadas a esta actividade será a suma das previstas para cada actividade, é dicir, 7 horas durante as sesións e 21 horas de traballo autónomo (Plataforma: Moodle e adpatación ás aplicacións requiridas para o desenvolvemento do traballo práctico e ás necesidades/dispoñibilidades das entidades colaboradoras)
Traballos tutelados Tal e como figura na metodoloxía anterior o alumnado pode escoller entre aprendizaxe-servizo e traballo tutelado. No caso do traballo tutelado o alumnado deberá realizar un traballo práctico relacionado con algún contido da materia. Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente do alumnado e o seguimento desa aprendizaxe polo docente (Plataforma: Moodle, adaptación ás aplicacións requiridas para o desenvolvemento do traballo práctico e presentación do traballo presencial)

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Prácticas a través de TIC
Aprendizaxe servizo
Descrición
MECANISMOS DE ATENCIÓN PERSONALIZADA AO ALUMNADO

CORREO ELECTRÓNICO
– De uso cotiá para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.

MOODLE
– Foro de formulación e resolución de dúbidas. A disposición do alumnado en todo momento para iniciar o proceso de formulación e resolución de dúbidas


TEAMS

– Videoconferencias para a atención personalizada. Na data e no horario acordado entre o docente e o estudante/equipo de traballo mediante un correo electrónico previo


OBXECTIVO DA ATENCIÓN PERSONALIZADA AO ALUMNADO

Os equipos formados no marco do aprendizaxe servizo / traballos tutelados terán asignadas sesións de atención personalizada para o seguimento do traballo realizado por cada un dos seus membros e do equipo en conxunto. O calendario das sesións de seguimento se indicará ao longo do curso en función do plan de traballo da materia.

Asemade, durante o curso o alumnado poderá empregar as horas de titorías para aclarar dúbidas e cuestións sobre a materia.

ALUMNADO QUE SE ATOPE EN CONDICIÓNS DE SOLICITAR O RÉXIME DE ESTUDOS A TEMPO PARCIAL E DISPENSA ACADÉMICA DE EXENCIÓN DE ASISTENCIA.

Acordarase ao longo do curso un calendario específico de atención personalizada compatible co plan de traballo da materia e coa súa dedicación, motivo polo cal dito alumnado deberá pórse en contacto co equipo docente da materia antes do 30 de setembro.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A13 A31 B3 B9 C1 C3 Tal e como se comentou no apartado de metodoloxías a actividade "aprendizaxe servizo" e a actividade "traballos tutelados" son excluíntes, polo que o alumnado escollerá entre realizar unha ou outra actividade, de tal xeito que a nota correspondente será a suma da asignada a cada actividade, é dicir un 20% da nota final. 10
Prácticas a través de TIC A10 A13 A31 B2 B3 B4 B8 B9 B12 B13 B14 C1 C3 -Pedirase aos estudantes a entrega de prácticas a través de TIC.

-Cada práctica entregada valorarase sobre 10 puntos, e deberá acadar unha puntuación superior ou igual a 4 puntos para superar a materia.

-No caso de non entregar algunha das prácticas solicitadas o resto de prácticas entregadas non computarán na avaliación.

-Excepción: No caso de ter menos de 3 probas cunha calificación inferior a 4 ou non presentadas poderanse recuperar esa(s) proba(s) facendo a súa entrega a través da plataforma Moodle na data da convocatoria oficial do exame.

80
Aprendizaxe servizo A13 A31 B3 B9 B12 B13 C1 C3 Tal e como se comentou no apartado de metodoloxías a actividade "aprendizaxe servizo" e a actividade "traballos tutelados" son excluíntes, polo que o alumnado escollerá entre realizar unha ou outra actividade, de tal xeito que a nota correspondente será a suma da asignada a cada actividade, é dicir un 20% da nota final. 10
 
Observacións avaliación

O alumnado debe traballar de xeito continuado ao longo do curso, preparar semanalmente as cuestións e os casos prácticos propostos e participar activamente nas discusións promovidos durante as sesións e no foro virtual.

Prácticas a través de TIC. A entrega das prácticas para a súa valoración só poderá realizarse na plataforma Moodle e seguindo as indicacións dadas polo docente. No caso de non cumplirse as condicións de entrega valoraranse cunha calificación de 0 puntos.

Aprendizaxe-servizo / Traballos tutelados. Tal e como se comentou no apartado de metodoloxías, a actividade "aprendizaxe servizo" e a actividade "traballos tutelados" son excluíntes, polo que o alumnado escollerá entre realizar unha ou outra actividade, de tal xeito que a nota correspondente será a suma da asignada a cada actividade, é dicir un 20% da nota final.

Alumnado que se atope en condicións de solicitar o réxime de estudos a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia. Seguindo as indicacións normativas, dito alumnado deberá comunicar a súa situación ao equipo docente antes do 30 de setembro. Seguirá o mesmo sistema de avaliación (incluída a participación activa no foro virtual), acordando un calendario específico compatible co plan de traballo da materia e coa súa dedicación.

Cualificación de non presentado.

Aplicará cando o alumnado só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da nota acadada.

Avaliación da segunda oportunidade. Axustarase ao mesmo esquema previsto para a primeira oportunidade coas seguintes particularidades:

  • As prácticas a través de TIC (80%) desenvolveranse nunha única proba a través de Moodle. O alumnado poderá ter que estar conectado mediante unha videoconferencia en Teams dende o inicio ata o final da proba (o estudante deberá demostrar a súa capacidade para empregar ferramentas de traballo telemático). Terase en conta a calidade e contidos da entrega, podendo o docente solicitar a defensa oral de parte da proba.
  • Desenvolverase o traballo tutelado (20%), dado que o proxecto ApS soamente pode levarse a cabo durante a avaliación continua do primeiro cuadrimestre, de xeito individual.
  • A proba e a súa defensa oral, así como a presentación do traballo tutelado terá lugar na data aprobada polo centro para a realización da avaliación da segunda oportunidade.

O alumnado que desexe concorrer á segunda oportunidade, deberá contactar por mail con copia a todo o equipo docente  antes do inicio do período de exames da segunda oportunidade, para coordinar o calendario de seguimento e entrega do traballo tutelado.

Adianto de oportunidade de avaliación ("avaliación adiantada")

As condicións de avaliación da oportunidade adiantada serán as establecidas para a avaliación da segunda oportunidade, coas seguintes adaptacións:

  • A proba e a súa defensa oral, así como a presentación do traballo tutelado terá lugar na data aprobada polo centro para a realización da oportunidade de avaliación adiantada.

O alumnado que desexe concorrer á avaliación adiantada, deberá contactar co equipo docente (mediante correo electrónico) antes do inicio do período de exames da avaliación adiantada, para coordinar o calendario de seguimento e entrega do traballo tutelado.


Fontes de información
Bibliografía básica https://documentation.libreoffice.org/es/documentacion-en-espanol/ (). .
Arjonilla Domínguez, S.J.; Medina Garrido, J.A. (2009). La gestión de los sistemas de información en la empresa: teoría y casos prácticos. Madrid: Pirámide

Utilizaranse preferentemente os manuais dos programas a utilizar

Bibliografía complementaria Valentín López, G.M. (2014). Informática básica: sistema operativo, Internet y correo electrónico. Manual teórico. Madrid: CEP (recurso en liña)
Lapiedra Alcamí, R.; Devece Carañana, C.; Guiral Herrando, J. (2011). Introducción a la gestión de sistemas de información en la empresa. Valencia: Universitat Jaume I (recurso en liña)
Naranjo González, M.R. (2011). Manual Informática de Usuario. Madrid: CEP (recurso en liña)


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Nesta materia, a entrega das Prácticas a través de TIC realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilas.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías