Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Dereito Societario e Cooperativo Código 760G01006
Titulación
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Ferrol)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Dereito Privado
Dereito Público
Coordinación
Fernández-Montells Fernández, Julian
Correo electrónico
j.fernandez-montells@udc.es
Profesorado
Fernández-Montells Fernández, Julian
Vizcaíno Ramos, Iván
Correo electrónico
j.fernandez-montells@udc.es
i.vizcaino@udc.es
Web http://www.fcct.es/
Descrición xeral Os obxectivos da materia concrétanse no coñecemento do Dereito e das funcións das sociedades, con especial referencia ás Sociedades Cooperativas coas súas especificidades na Comunidade Autónoma de Galicia.
No aspecto práctico, os obxectivos céntranse no manexo dos textos xurídicos referentes á materia, no estudo xurisprudencial e no desenvolvemento e mais na elaboración dos estatutos socias das cooperativas.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Marco normativo regulador das relacións laborais.
A13 Transmitir e comunicarse por escrito e oralmente usando a terminoloxía e as técnicas adecuadas.
A14 Seleccionar e xestionar información e documentación laboral.
A20 Realizar funcións de representación e negociación en diferentes ámbitos das relacións laborais.
A27 Asesoramento a organizacións sindicais e empresariais, e aos seus afiliados.
A30 Representación técnica no ámbito administrativo e procesual e defensa ante os tribunais.
A31 Aplicar os coñecementos á práctica.
A33 Comprender o carácter dinámico e cambiante das relacións laborais no ámbito nacional e internacional.
B1 Resolución de problemas.
B4 Capacidade de xestión da información.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B12 Motivación para a calidade.
B13 Adaptación a novas situacións.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Marco normativo regulador das relacións laborais A1
Transmitir e comunicarse por escrito e oralmente usando a terminoloxía e as técnicas adecuadas. A13
Seleccionar e xestionar información e documentación laboral A14
Realizar funcións de representación e negociación en diferentes ámbitos das relacións laborais. A20
Asesoramento a organizacións sindicais e empresariais, e aos seus afiliados A27
Representación técnica no ámbito administrativo e procesual e defensa ante os tribunais A30
Comprender o carácter dinámico e cambiante das relacións laborais no ámbito nacional e internacional A33
Resolución de problemas. B1
Capacidade de xestión da información B4
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional B6
Motivación para a calidade B12
Adaptación a novas situacións B13
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. C1
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. C7
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. C8
Aplicar os coñecementos á práctica A31

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1.- O Concepto de empresario. O empresario no Dereito Mercantil.
Tema 2.- Concepto de sociedade mercantil. As sociedades mercantiles no dereito español.
Tema 3.- As sociedades personalistas. Concepto e caracteres.
Tema 4.- Sociedades capitalistas. Especial referencia á Sociedade Anónima e á Sociedade de Responsabilidade Limitada. Constitución, aportacións dos socios, órganos de goberno, disolución e liquidación.
Tema 5.- Dereito de sociedades e Dereito laboral. Institucións de participación dos traballadores, nos resultados económicos e a xestión das sociedades mercantiles. Especial referencia á Sociedade Anónima Europea.
Tema 6.- Sociedades de tipo mutualístico.
A Sociedade Cooperativa. Categorías de socios.
Tema 7.- Constitución da Cooperativa. O Rexistro de Cooperativas. A condición de socio, nas Cooperativas. Diversas vicisitudes da relación de socio: transmisión e perda. A "baixa" de socios. Normas de disciplina social.
Tema 8.- Órganos sociais das Cooperativas. A asamblea. O consello rector. Os interventores. Outros órganos.
Tema 9.- Modificacións estatutarias e estructurais na Cooperativa. As contas sociais, na Sociedade Cooperativa. O proceso extintivo da Sociedade Cooperativa.
Tema 10.- Clases de Cooperativas (especial referencia ás de traballo asociado). Outras sociedades de tipo mutualístico. Sociedades laboráis.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Análise de fontes documentais A14 A33 B1 5 18 23
Discusión dirixida A13 A20 A31 B4 3 10 13
Estudo de casos A1 9 18 27
Presentación oral A13 A14 B13 C1 2 7 9
Proba obxectiva A33 B1 3 0 3
Sesión maxistral A1 A27 A30 B6 B12 20 50 70
Eventos científicos e/ou divulgativos A1 0 2 2
Portafolios do alumno C7 C8 0 2 2
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.
Discusión dirixida Técnica de dinámica de grupos na que os membros dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinados por un moderador.
Estudo de casos Preparación e resolución de casos prácticos, así como os comentarios á xurisprudencia sometida á consideración do alumno.

Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Presentación oral Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica
Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.

A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas
Sesión maxistral Asistencia a clase
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Eventos científicos e/ou divulgativos Actividades realizadas polo alumnado que implican a asistencia e/ou participación en eventos científicos e/ou divulgativos (congresos, xornadas, simposios, cursos, seminarios, conferencias, exposicións, etc.) co obxectivo de profundar no coñecemento de temas de estudo relacionados coa materia. Estas actividades proporcionan ao alumnado coñecementos e experiencias actuais que incorporan as últimas novidades referentes a un determinado ámbito de estudo.
Portafolios do alumno É unha carpeta ou arquivador ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumno nun período de tempo, cos comentarios e cualificacións asignadas polo profesor, o que lle permite visualizar o progreso do alumno. O portafolios ou carpeta inclúe todo o que fai o alumno, como: apuntes ou notas de clases, traballos de investigación, guías de traballo e o seu desenvolvemento, comentarios de notas, resumes, probas escritas, autoavaliacións, tarefas desenvolvidas, comentarios de progreso do alumno realizado polo profesor, etc.

Atención personalizada
Metodoloxías
Análise de fontes documentais
Discusión dirixida
Estudo de casos
Presentación oral
Proba obxectiva
Sesión maxistral
Descrición
Estudo e aprendizaxe do manexo das Fontes do Dereito a través da información e das directrices do profesor no manexo dos textos legais e da xurisprudencia.

Participación do profesor nas discusións para desenrolar o aspecto crítico do alumno. A través de tutorías nas que o profesor orienta, supervisa e corrixe o traballo do alumno conxuntamente con el.

Esta actividade poderá desenrolarse de forma presencial (directamente na aula e nos momentos que o profesor ten asignados a tutorías) e de forma non presencial (a través de correo electrónico ou do campus virtual).

Formar ó alumno na resolución práctica dos temas teóricos e na súa exposición.

Axuda á elección de temas complementarios aos coñecementos adquiridos na clase para a súa exposición e presentación individual ou en mesa redonda.

Novas metodoloxías técnicas no desenrolo da lección maxistral.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A33 B1 A proba obxectiva que deberá facer o alumno para avaliar o seu nivel de aprendizaxe poderá realizarse de diversas formas, podendo se así se considera necesario, combinarse distintos tipos de preguntas: preguntas de test, preguntas de resposta múltiple de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
Tamén de consideralo oportuno poderá construíirse cun só tipo dalgunha das formas anteditas.
70
Portafolios do alumno C7 C8 portafolios ou carpeta- para os efectos desta materia- inclúe todos os documentos ou arquivos que deban ser entregados polo alumno para a súa puntuación como "traballos" ou "prácticas" xa consistan en traballos de investigación, análise de casos, resumos, probas escritas, autoavaliacións, tarefas desenvolvidas, etc. 30
 
Observacións avaliación
1)A proba obxectiva será un exame oral ou escrito, en cualquera das súas modalidades (test, desenvolvemente, teórico-práctico ou unha combinación destos), constando de dous partes diferentes e puntuadas sobre 5 puntos cada unha: unha adicada a Dereito Societario; e outra, a Dereito Cooperativo.

E, para superar a asignatura, será necesario superar o 5 na suma das dúas partes das que se compón.

2)A proba obxectiva representa o 70% da valoración da materia e as clases prácticas e o resto de metodoloxías o 30% restante.

3) Nas convocatorias extraordinarias, a evaluación realizarase exclusivamente en base ás respostas dadas ás preguntas plantexadas nas correspondentes probas objectivas.

4) Recórdase ós alumnos que a asistencia a clase é preceptiva, de modo que isto permite a posibilidade de vincular a valoración das prácticas a entregar á asistencia participativa na clase correspondente.

5) A entrega das prácticas, documentos ou arquivos elaborados polos alumnos (e que integrarán os seus portafolios individuais) farase exclusivamente a través de Moodle e nos prazos fixados para cada unha delas.

6) Proba de conxunto: Contémplase a opción de presentarse a unha proba de conxunto para aqueles casos excepcionais que non permitisen a realización dos traballos relacionados no programa (alumnos con dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia). Esta proba estará composta dunha parte práctica e dunha teórica, todo isto sobre unha cualificación de 10. A proba realizarase na data aprobada para tales efectos polo centro. Será requisito imprescindible comunicar o profesor con antelación suficiente a opción por este sistema e xustificar as razóns alegadas

Fontes de información
Bibliografía básica FAJARDO GARCÍA, G. (Dir.) (2016). Cooperativa de Trabajo Asociado y Estatuto Jurídico de sus Socios Trabajadores . Valencia: Tirant Lo Blanch
FAJARDO GARCÍA, G., SENENT VIDAL, M. J. y VARGAS VASSEROT, C. (2011). Cooperativas: régimen jurídico y fiscal . Valencia: Tirant Lo Blanch
MORILLAS JARILO, M.J. y FELIÚ REY, M. (2002). Curso de Cooperativas. Madrid: Tecnos
MILLÁN CALENTI, R.A. (2003). El derecho de información en la sociedad cooperativa. Santiago de Compostela: Servicio de Publicacion de la USC
VV. AA. (1999). Estudio sobre a Lei de Cooperativas de Galicia. Santiago de Compostela: EGAP
BOTANA AGRA, M. (2004). Fundamentos de derecho de sociedades cooperativas de Galicia. Santiago de Compostela: Gallaecia Liber
VARGAS VASSEROT, C. (2006). La actividad cooperativizada y las relaciones de la cooperativa con sus socios y con terceros. Cizur Menor: Aranzadi
FAJARDO GARCÍA, G. (1997). La gestión económica de la Cooperativa: responsabilidad de los socios. Santiago de Compostela: Servicio de Publicacion de la USC
BROSETA PONT, M. (2006). Manual de Derecho Mercantil. Madrid: Tecnos
SANCHEZ CALERO, F. (2007). Principios de Derecho Mercantil. Madrid: Thomson Aranzadi

Bibliografía complementaria
Ley 27/1999, de 16 de julio, de Cooperativas. Ley 5/1998, de 18 diciembre, de Cooperativas de Galicia (*) Toda la bibliografía y legislación recomendada deberá ser de la última edición publicada.

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Introdución ao Dereito/760G01001

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Dereito do Traballo I/760G01011

Observacións
Recórdase ós alumnos que esta asignatura emprega Moodle como ferramenta esencial da materia, de modo que é responsabilidade destos a súa utilización para a entrega das prácticas e demáis usos para os que sexan requeridos, así como a súa consulta coa debida periodicidade.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías